Aristocracia

Aristocracia (do grego aristos =o mellor krátos= forza) significa o goberno dos mellores. De feito, o termo define un réxime político no que o poder está en mans das clases altas da sociedade. Co mesmo nome, desígnase aos nobres, e úsase aristocracia como sinónimo de nobreza. Platón e Aristóteles empregaron a palabra no seu sentido orixinal. Para Platón, "os mellores" eran os filósofos, "posuidores" ...

(erro filosófico) Pois Aristóteles acuñou o termo e deu este concepto de quen eran filósofos, distinguíndoos dos "Sabios" (quen crían ser POSUIDORES DA VERDADE...) mentres que os filósofos eran "BUSCADORES DA VERDADE..."

... da verdade e dun claro sistema ético. Para Aristóteles, a aristocracia era distinta á monarquía, goberno dun só, e á democracia, goberno do pobo. Na teoría aristotélica, os poucos exercen o poder en beneficio do todo. Cando non o fan así, a aristocracia convértese en oligarquía, goberno de facción. Máis aló do seu sentido orixinario, para gregos e romanos as aristocracias foron clases sociais ben definidas, que exercían o poder ou se empeñaban en manexalo detrás da escena.

É dicir que desde antigo identificouse o termo cun estrato social elevado e minoritario. Na Alta Idade Media, as monarquías non daban lugar ao crecemento das aristocracias. Na medida en que se desenvolveron as cortes, os títulos nobiliarios habilitaron a novos aristócratas que influían decisivamente na política dos reinos. Na práctica, non houbo historicamente casos significativos de "goberno dos mellores" ou goberno de poucos, xa que formalmente o poder exercérono os reis ou, en éraa contemporánea, os representantes do pobo. Tal vez só exceptuaron esta regra Venecia e Polonia.

Con todo, desígnase como aristocracia á nobreza ou a grupos poderosos, por tradición ou liñaxe, en calquera sociedade. Nun sentido máis amplo, o término úsase para falar de grupos selectos e excluintes en diversos ambientes ou contextos (por exemplo, "a aristocracia financeira", a "aristocracia do saber", ata a "aristocracia proletaria", polos traballadores mellor renumerados).

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Arriba e abaixo

Arriba e abaixo (en inglés: Upstairs, Downstairs) é unha serie británica drama ambientada nunha mansión da aristocracia no barrio de Belgravia de Londres durante o período eduardino, a Primeira Guerra Mundial e no período de entreguerras que emitiu a ITV entre 1971 e 1975. En Galicia emitiuno a Televisión de Galicia en 1991.

Autoritarismo

O autoritarismo é un réxime político no que é postulado o principio da autoridade. Esta é aplicada con frecuencia en detrimento das liberdades individuais.

Cultura castrexa

A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur.

Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais centroeuropeas, atlánticas e mediterráneas; as primeiras serían consideradas tradicionalmente celtas e de aí a identificación tanto culta como popular e mítica que deu raíz ao celtismo. No lento período formativo, que duraría ata o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara ao interior. Esta cultura desenvolveuse a continuación durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura romana no século II a.C. e continuou na forma de Cultura Galaico-romana despois da invasión romana e ata os séculos III ou mesmo o IV d.C.

Cónsul romano

Levou o nome de Cónsul a maxistratura romana formada que substituíu á monarquía á fronte do Estado (Véxase República Romana). Cada ano elixíanse dous cónsules.

Progresivamente van perdendo atribucións: primeiro algunhas facultades xudiciais civís e criminais (delegadas en Cuestores ou Decenviros nomeados en cada caso); despois as súas decisións deberon ser referendadas polo Senado; despois perdeu a administración do Tesouro (en favor dos Cuestores) e a dos arquivos públicos; despois perdeu o control das arcas do exército (en favor dos Cuestores Militares); máis tarde perdeu as súas funcións de censor (en favor dos Censores) e de nomear as vacantes do Senado (tamén atribuídas aos Censores); despois perdeu a facultade de nomear Cuestores (que pasou aos comicios tribunados); logo perdeu outras atribucións xudiciais (en favor do Pretor); despois as competencias sobre festas, policía e mercados (en favor dos Edís Curuis), e tamén a facultade de nomear ditador (que pasou ao Senado). Ao final só conservaba algunhas funcións menores, o poder executivo das leis e o mando do Exército.

As funcións dos cónsules, ao aumentar o territorio, houberon de ser delegadas para cada provincia: primeiro en cuestores insulares con funcións consulares (nas illas desde o -227.) e despois coa figura do procónsul (ou propretor) para Hispania Citerior e Ulterior (-197.).

O -190 estableceuse que para acceder ao Consulado debía pasarse con anterioridade polas maxistraturas inferiores, cun tempo de inactividade prefixado entre cada maxistratura (véxase cursus honorum). Como ocorreu coa censura, esta disposición fixo que o consulado fose accesíbel case en exclusiva á aristocracia.

Os Cónsules foron patricios ata as Leis do -367. (387 de Roma). Do 387 ao 412 de Roma, a cuestión é debatida, con alternativas; do 412 ao 581 de Roma, houbo un cónsul patricio e un plebeo; desde o 582 de Roma, ostentan o cargo ben un patricio e un plebeo ou ben dous plebeos, e nunca dous patricios.

Esparta

Esparta (en grego Σπάρτη / Spártê, en dorio Σπάρτα / Spárta), ou Lacedemonia (en grego Λακεδαίμων / Lakedaímôn) é unha antiga cidade grega do Peloponeso situada no río Eurotas na chaira de Laconia, entre o Taixetes e o Parnon. Era a capital da Laconia e unha das cidades-estado máis poderosas da Grecia antiga, xunto con Atenas e Tebas.

Estevan Perez Froian

Estevan Perez Froian foi un trobador portugués membro da pequena aristocracia e que estivo activo entre 1245 e 1290. Despois da vitoria de Afonso III contra Sancho II, refúxiase en Castela. Na actualidade só se conserva unha cantiga de amor.

Forma de goberno

Forma de goberno, sistema de goberno ou réxime político son diferentes termos, que en ocasións se utilizan con matices diferentes, pero que son comunmente utilizados para referirse ao conxunto das institucións políticas mediante as cales un estado se organiza para exercer os seus poderes sobre unha comunidade política. Esta definición é válida aínda que o goberno sexa ilexítimo ou estea incapacitado para exercer os seus poderes.

Moi habitualmente emprégase de forma sinónima a expresión forma de estado, que tamén se utiliza, ás veces, limitada á contraposición monarquía-república, aínda que a súa definición pode ser máis complexa.

Un concepto confluente é o de sistema político, que pode entenderse coa simplificación do espectro político esquerda-dereita, co que é un concepto máis efémero e cambiante, mentres que a forma de goberno é máis estable no tempo, aínda que tamén suxeita a cambios e ata a transformacións revolucionarias. O sistema político adoita incorporarse ao nome oficial do estado, como no caso da República Arxentina, os Estados Unidos Mexicanos, o Reino de España, a Federación Rusa ou a Gran Jamahiriya Árabe Libia Popular e Socialista. Só hai dezaoito países que non o fan así, como Xamaica, mentres que once só indican que son "estados". A forma máis común é "república", con 132 casos de moi distinto tipo. As monarquías son 33, 18 delas "reinos".

Johan Mendiz de Briteiros

Johan Mendiz de Briteiros foi un trobador portugués, activo contra 1270-1320. Membro da alta aristocracia portuguesa, era neto de Roi Gomez de Briteiros e fillo de Men Rodrigues de Briteiros. Residiu na corte de don Dinís e posibelmente tamén na de Afonso X. É autor de 9 textos: 6 cantigas de amor e 3 cantigas de amigo.

Mitanni

Mitanni e tamén Mittani (nas fontes asirias Hanigalbat ou Khanigalbat) foi un reino hurrita situado ao norte de Siria que existiu desde antes do -1500. O nome como concepto xeográfico foi utilizado máis tarde para as terras entre o Khabur e o Éufrates. O nome Mitanni conservaríase entre os kurdos (a tribo Motikan) que habitan xusto os mesmos territorios do antigo reino. Foi un reino de estrutura feudal, dirixido por unha aristocracia militar indoairania que chegaría á zona sobre o -1800 ou -1700.

Museo

Un museo (do latín musēum e este á súa vez do grego μουσεον = museión 'museo', lugar das musas) é unha institución pública ou privada, permanente, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, e aberta ao público, que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósitos de estudo, educación ou deleite coleccións de arte, científicas etc., sempre cun valor cultural, segundo o International Council of Museums (ICOM). Este tipo de coleccións, case sempre valiosas, existiu desde a Antigüidade. Nos templos gardábanse obxectos de culto ou ofrendas que de cando en vez se exhibían ao público para que puidese contemplalos e admiralos. O mesmo ocorría cos obxectos valiosos e obras de arte que coleccionaban algunhas persoas da aristocracia en Grecia e en Roma; tíñanos expostos nas súas casas, nos seus xardíns e ensinábanos con grande orgullo aos amigos e visitantes.

En 1977 a ONU declarou o 18 de maio como Día Internacional dos Museos.

Neoclasicismo

O neoclasicismo ou estilo neoclásico foi un movemento cultural, artístico e literario orixinado en Italia que se desenvolveu na Europa e nas súas colonias desde mediados do século XVIII como reacción ao estilo barroco e durou até ás primeiras décadas do século XIX, en que foi substituído polo Romanticismo. Asóciase coa recuperación da cultura clásica da Europa e as súas manifestacións máis notorias danse na arquitectura.

Njord

Na mitoloxía nórdica, Njord ou Njörðr é un dos Vanir e o deus da terra fértil e da costa mariña, así tamén como o da náutica e a navegación.

Njord é o esposo de Skaði e pai de Frey e Freia. A súa nai foi, de acordo coa Heimskringla, a súa propia irmá e amante. Aparentemente, os Vanir, a diferenza dos Æsir, tiñan o costume do matrimonio consanguíneo. O nome da súa irmá pode que sexa tamén Njord, de acordo coa reconstrución do nome da deusa teutónica que Tácito traduciu ao latín como Nerthus (= Njörðr). Dise que a súa morada é Noatún navío-pobo. Njord é tamén un deus relacionado estreitamente coa fertilidade, como o son todos os Vanir en xeral.

Njord e os seus fillos uníronse aos Æsir como reféns dos Vanir despois da guerra entre ambos os bandos. Tales reféns son considerados parte da familia da aristocracia e líderes lexítimos, pero non son libres de partir para asegurar os intereses mutuos do tratado de paz.

Oligarquía

Oligarquía (do grego ολιγαρχία, de olígoi, poucos, e arché, goberno) significa, literalmente, goberno de poucos. Porén, como aristocracia significa, tamén, goberno de poucos -neste caso, os mellores-, tense, por oligarquía, o goberno en beneficio propio dun grupo reducido de persoas que pertencen a unha clase social privilexiada.Logo, o termo oligarquía presenta un contido eticamente negativo ó denominar ó goberno dos ricos, mais tamén pode indicar o goberno de poucos mantido pola intimidación, como no caso da oligarquía militar.

Ordoño II

Ordoño II (871 — León, 924) foi rei de Galiza desde o ano 910 e rei de Galiza e de León desde o ano 914.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Samurai

Os samurais servían como soldados da aristocracia do Xapón entre 1100 e 1867. Coa era Meixi os samurais chegaron ao seu final. A súa principal característica era a gran disciplina, lealdade e mais súa grande habilidade coa catana.

Silvestre IV, antipapa

Silvestre IV, chamado Maginulfo de nacemento, nado en Roma cara ao 1050, foi elevado a antipapa pola aristocracia romana en novembro de 1105.

Tareixa, condesa de Portugal

Tareixa de León, nada cara a 1080 e finada o 11 de novembro de 1130, foi a primeira condesa de Portugal.

Æsir

Para os antigos nórdicos os Æsir (singular Áss, feminino Ásynja, feminino plural Ásynjur) eran os principais deuses do panteón do paganismo nórdico, aquí están incluídos a maioría das máis salientables figuras tales como Odín, Thor, Tyr e Balder ata un total de 32 deuses principais. Eran fundamentalmente divindades guerreiras, ás que lle rendían culto a aristocracia e os guerreiros, e se opoñían ós deuses Vanir, divindades agrícolas, coas que estaban en permanente conflito.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.