Ario

Ario foi un presbítero alexandrino, configurador do arianismo, morto no 336, o día anterior ao fixado polo emperador Constantino para que se reconciliase coa Igrexa, asunto tratado no Primeiro Concilio de Nicea no ano 325.

Ario
Arius
Nacementoanos 250xuliano
 Cirenaica
Falecemento336
 Constantinopla
NacionalidadeLibia e Roma Antiga
Ocupaciónasceta, teólogo e presbítero

Traxectoria

Discípulo de Luciano de Antioquía, enfrontouse ao seu bispo proclamando que Deus (o Pai) creara da nada ao Logos (o seu Fillo); que «houbo un tempo en que o Fillo non existía», e que xa que logo o Fillo era unha creación de Deus e non era Deus mesmo. Este era divino (un deus) pero que esta divindade non era da magnitude que a do Pai, polo tanto non se podía chamalo Deus Verdadeiro.

A súa doutrina coñécese como arianismo, aínda que xa existía antes de Ario; por exemplo, nas obras de Paulo de Samosata (bispo de Antioquía). En Tertuliano atópase a crenza análoga á de Ario de que o Fillo de Deus non existía antes de ser procreado. En Xustino Mártir atópanse sentenzas subordinacionistas similares ás de Ario, do mesmo xeito que en Oríxenes.

A defensa do arianismo foi asumida por diversos líderes eclesiásticos, entre os que se destaca Eusebio de Nicomedia (Arcebispo de Constantinopla), quen chegou a ser confesor do emperador Constantino I o Grande.

Con todo, o arianismo foi condenado como herexía polo Concilio de Nicea no ano 325. Neste sínodo de bispos reafirmouse a doutrina da consubstancialidade (homoousios, a mesma substancia) do Pai e do Fillo, polo que Ario e os seus seguidores foron exiliados e excomungados, aínda que outros concilios posteriores restauraron o arianismo como doutrina lexítima da Igrexa. A condena definitiva chegou no Primeiro Concilio de Constantinopla (381).

Posteriormente o arianismo perviviu entre os godos e outros pobos xermánicos. Ario era un predicador popular e dicíase que os seus sermóns eran cantados e repetidos pola xente do pobo. A súa obra principal foi Talía (Θαλια), hoxe desaparecida, do mesmo xeito que o resto dos seus libros, que foron queimados e proscritos, aínda que fragmentos dos seus textos perduraron nas obras dos seus detractores e grazas a eles o seu pensamento púidose reconstruír ata certo punto.

Ario morreu en estrañas circunstancias (posiblemente envelenado)xaneiro de 2014[Cómpre referencia] en 336, na véspera do día en que ía ser readmitido na comuñón da Igrexa.

Aciveiro

O fitónimo galego Aciveiro (do latín ACIFU-, + o sufixo abundancial -ario) fai referencia a un lugar con abundancia de acivros. Pode referirse a:

Aciveiro, parroquia do concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.

Aciveiro, lugar da parroquia de Fafián do concello de Rodeiro.

Aciveiro, lugar da parroquia de Goiriz do concello de Vilalba.

Aciveiro, lugar da parroquia de Vilapedre do concello de Vilalba.

O Aciveiro, lugar da parroquia de San Martiño de Condes no concello de Friol.

O Aciveiro, lugar da parroquia de Devesos no concello de Ortigueira.

O Aciveiro, lugar da parroquia de Cerdeira no concello de San Xoán de Río.

O Aciveiro, lugar da parroquia de Grandal no concello de Vilarmaior.

Coto Aciveiro, lugar da parroquia de Castrelo do concello de Forcarei.

O Monte do Aciveiro, lugar da parroquia de Armentón no concello de Arteixo.

Aciveiro, Forcarei

Santa María de Aciveiro (do latín acifu- 'acivro' + -ario, sufixo abundancial, 'lugar con abundancia de acivros') é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 329 habitantes (164 mulleres e 165 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 405 habitantes.

Aciveiro, Goiriz, Vilalba

Aciveiro (do latín acifu- 'acivro' + -ario, sufixo abundancial, 'lugar con abundancia de acivros') é un lugar da parroquia de Goiriz, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 17 habitantes (7 homes e 10 mulleres).

Amieiro

O amieiro (Alnus glutinosa), tamén coñecido por ameneiro ou abeneiro, é unha árbore do xénero Alnus, da familia das betuláceas. Atópase en toda Europa, Siberia e norte de África. É a árbore por excelencia das ribeiras galegas formando os chamados bosques galería.

Arianismo

O arianismo foi unha doutrina cristolóxica desenvolvida por Ario de Alexandria no século IV, negaba que Cristo e Deus fosen da mesma natureza e vía o Fillo como un ser divino creado polo Pai, a primeira das criaturas vindas ao mundo pola vontade de Deus, pero inferior a el. Negaba, polo tanto, a "consustancialidade" do Pai e do Fillo. O Primeiro Concilio de Nicea (325) condeouno como unha herexía, despois de moitas discusións, pero sobreviviu entre os xermanos ata o século VIII.

Atanasio de Alexandría

Atanasio de Alexandría, nado en Alexandría no 295 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 373, foi un relixioso exipcio, arcebispo de Alexandría e recoñecido pola Igrexa ortodoxa e pola Igrexa católica como un dos Pais da Igrexa. Defendeu a fe de Nicea contra o arianismo. Sufriu o exilio ata cinco veces por esta causa. É especialmente venerado pola Igrexa ortodoxa copta de fe monofisita. O Papa copto Shenouda III recibiu de Paulo VI as súas reliquias.

Brumario

Brumario (en francés Brumaire) é o nome do segundo mes do calendario republicano francés, o segundo tamén da estación do outono, que dura desde o 22, 23 ou 24 de outubro ata o 20, 21 ou 22 de novembro, segundo o ano. Coincide aproximadamente co paso aparente do Sol pola constelación zodiacal de Escorpión.

O nome do mes deriva do francés brume (galego: "bruma"). Segundo o informe á Convención proposto por Fabre d'Églantine, o devandito nome refírese ás "brétemas e brumas baixas que son a transudación da natureza de outubro en novembro". O sufixo -ario denota que o mes pertence á estación do outono, igual que Vendimario e Frimario.

Estilicón

Flavio Estilicón (Flavius Stiliccho en latín), nado contra o 359 e finado no 408, foi un xeneral e un político do Imperio romano.

Frimario

Frimario é o nome do terceiro mes do calendario republicano francés, o terceiro tamén da estación do outono, que dura desde o 22, 23 ou 24 de novembro ata o 20, 21 ou 22 de decembro, segundo o ano. Coincide aproximadamente co paso aparente do Sol pola constelación zodiacal de Saggitarius.

O nome do mes deriva de frimas, que en francés denota poeticamente a xeada. Segundo o informe á Convención proposto por Fabre d'Églantine, o devandito nome refírese "ao frío, ás veces seco, ás veces húmido, que se fai sentir de novembro en decembro". O sufixo -ario denota que o mes pertence á estación do outono, igual que Vendimario e Brumario.

Herexía

No cristianismo, a herexía, é unha opinión ou doutrina mantida en oposición ao dogma de calquera igrexa ou credo considerado ortodoxo.

Lingua assamesa

O assamés é a lingua oficial do estado de Assam, no nordeste da India.

Tamén se fala en partes de Arunachal Pradesh e outros estados do nordeste da India; ademais de nos países de Bután e Bangladesh.

É falado por máis de 20 millóns de persoas.

A día de hoxe, é a lingua indoeuropea máis oriental.

O nome de idioma assamés deriva de Assam, nome dunha parte do val do río Brahmaputra.

En assamés, o estado chámase Ôxôm (pronunciado /ojóm/) e o idioma ôxômiya (/ojomíia/).

Olmo

Os olmos, tamén coñecidos como ulmeiros ou umeiros, son especies arbóreas pertencentes ao xénero: Ulmus, que conta con 204 especies de plantas de flores pertencente á familia Ulmaceae. En Galiza non abundan hoxe en día, mais aínda podemos atopar dúas especies bravas: o olmo de montaña (Ulmus glabra) e o olmo mediterráneo (Ulmus minor). Tamén existe o híbrido natural destes dous últimos: o Ulmus x hollandica.

Padres da Igrexa

Padres da Igrexa ou pais da Igrexa é a denominación que se lles dá aos autores da antigüidade cristiá que a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica consideran referencias fundamentais para a definición das verdades en materia de fe e de moral.

Pobos indoeuropeos

Os pobos indoeuropeos son aqueles que desde o norte do Cáucaso e os arredores do mar Negro e do mar Caspio (rexións de Asia Central), fixeron varias invasións, sobre todo á India e a Europa, onde se estableceron. O punto en común máis importante destes pobos era a lingua, e de feito esta foi a herdanza máis importante que deixaron nos lugares nos que se estableceron, saíndo deles as linguas indoeuropeas.

Primeiro Concilio de Nicea

O Primeiro Concilio de Nicea foi un concilio ecuménico, aceptado por case toda a cristiandade (agás grupos coma os mormóns), que se celebrou no ano 325.

Nel condenouse o arrianismo, que afirmaba que Xesucristo era inferior a Deus Pai, e estableceuse o coñecido como Credo de Nicea.

O convocante deste concilio foi o emperador Constantino, algo que tivo unha grande carga simbólica, dado que ata había poucos anos (antes do Edicto de Milán de 313) os cristiáns eran sometidos a persecucións dentro do Imperio Romano.

Este concilio foi un dos dous que tiveron lugar na cidade de Asia Menor de Nicea, xunto co Segundo Concilio de Nicea (787).

Raza aria

O termo raza aria é un concepto cuxa aceptación se xeneralizou no segundo ano da revolución hitleriana e na primeira metade do século da ponderación aria. Algúns etnólogos, durante o século XIX propuxeron que tódolos pobos indoeuropeos eran descendentes dun suposto pobo antigo, coñecido como o pobo dos arios. Varios movementos europeos de carácter colonialista e nacionalista da época aceptaron esta idea, tomándoa como propia, en especial o nazismo alemán, que empregou o concepto de raza aria (reinterpretado como unha raza de señores de pobos do norte de Europa) para tratar de xustificar os seus pretextos racistas e militaristas. A palabra ario quedou para sempre asociada, por mor diso, ó racismo e ó imperialismo nazi, por iso hoxe en día acostúmase empregar só no estudo histórico do nazismo.

Vendimario

Vendimiario (en francés Vendémiaire) é o nome do primeiro mes do calendario republicano francés, o primeiro tamén da estación do outono. Comeza o día do equinoccio de outono, que segundo o ano cae o 22, o 23 ou o 24 de setembro, e acaba o 21, o 22 ou o 23 de outubro. Coincide aproximadamente co paso aparente do Sol pola constelación zodiacal de Libra.

O nome do mes deriva do francés vendange (en galego: "vendima"). Segundo o informe á Convención proposto por Fabre d'Églantine, o devandito nome refírese "ás vendimas que teñen lugar en setembro e en outubro". O sufixo -ario denota que o mes pertence á estación do outono, igual que Brumario e Frimario.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.