Arianismo

O arianismo foi unha doutrina cristolóxica desenvolvida por Ario de Alexandria no século IV, negaba que Cristo e Deus fosen da mesma natureza e vía o Fillo como un ser divino creado polo Pai, a primeira das criaturas vindas ao mundo pola vontade de Deus, pero inferior a el. Negaba, polo tanto, a "consustancialidade" do Pai e do Fillo. O Primeiro Concilio de Nicea (325) condeouno como unha herexía, despois de moitas discusións, pero sobreviviu entre os xermanos ata o século VIII.

Constantine burning Arian books
Constantino queimando libros arianistas, ilistración dun compendium de dereito canónico, c. 825.

Historia

O arianismo estendeuse rapidamente por Alexandría e foi condenado en principio polo sínodo alexandrino de 321. Ario non o aceptou e pasou a Palestina, onde gañou a Eusebio de Nicomedia e Eusebio de Cesarea. No Primeiro Concilio de Nicea condenouse o arianismo e desterrouse a Ario, se ben en 328 o emperador Constantino, que o convocara, foi convencido por Eusebio de Cesarea de revogar o desterro.

En 335 os arianos celebraron un sínodo en Tiro que depuxo ao bispo Atanasio de Alexandría e reformulou, suavizándoas, algunhas das súas posicións. O sucesor de Constantino, Constancio, apoiou o arianismo e permitiu o acceso ao patriarcado de Constantinopla de Eusebio de Constantinopla. Porén, o Concilio de Sárdica (343), presidido por Osio, retornou ao Credo de Nicea e o arianismo declinou. Se, no entanto, en Occidente, o arianismo foi combatido por Constante, entre 351 e 355 celebráronse tres sínodos favorábeis (Sirmio, Arles e Milán), baixo a protección de Constancio. Este chegou a desterrar ao papa Liberio entre 356 e 358, onde asinou unha fórmula doutrinal ambigua. Algo semellante aconteceu nos sínodos de Rímini (occidente) e Seleucia (oriente) de 359. Coa morte de Constancio en 361 os arianos fragmentáronse e prevaleceu a ortodoxia de Nicea. O emperador Teodosio I perseguiu duramente os arianos a partir da publicación do seu edito en 380.

O bispo capadocio Ulfilas evanxelizara aos godos cun arianismo moderado. Coas invasións bárbaras, o arianismo foi reintroducido no Imperio Romano. Os visigodos conservárono en Hispania até o século VI (Terceiro Concilio de Toledo), os burgundios, os vándalos e os ostrogodos até o século VI e os longobardos até o VII

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
20 de marzo

O 20 de marzo é o 79º día do ano do calendario gregoriano e o 80º nos anos bisestos. Quedan 286 días para finalizar o ano.

Ario

Ario foi un presbítero alexandrino, configurador do arianismo, morto no 336, o día anterior ao fixado polo emperador Constantino para que se reconciliase coa Igrexa, asunto tratado no Primeiro Concilio de Nicea no ano 325.

Burgundios

Os burgundios foron unha tribo xermana orixinaria de Escandinavia, que a partir do ano 200 iniciou unha migración masiva cara a Europa seguidos polos vándalos cara a Pomerania (Polonia). Instaláronse na Galia, entre francos e alamáns, nas beiras do Rin. Estableceron a súa capital en Worms e tomaron Maguncia aos romanos.

Durante o século III, instaláronse pacificamente na Provenza e as terras entre as actuais Suíza, Francia e Italia, qua acabaría tomando o nome de Borgoña por eles. En 534, os francos derrotaron a Gundemaro, o último rei burgundio, e anexionáronse o seu territorio trala masacre de Tolbiac.

Foron feitos heroes grazas ás súas fantásticas sagas como o Tesouro dos Nibelungos, un gran relato da época, editado por vez primeira na idade Media no Sacro Imperio Romano. Como moitas tribos xermanas, convertéronse ao arianismo, aínda que os católicos creceron trala conversión do rei Gundebaldo en 500.

Encarnación

A encarnación é unha crenza común á maioría das confesións do cristianismo, que sosteñen que Deus se fixo home en Xesús de Nazaret. Trátase dun dogma fundamental que foi obxecto de enormes disputas no seu xeito de ser entendido. Dende o adopcionismo ata o monofisismo, pasando polo arianismo, o nestorianismo e o monotelismo.

Godos

Os godos foron un pobo xermánico que, procedente da rexión costeira báltica, emigrou ós territorios limítrofes e á provincia romana de Dacia no século III.

Herexía

No cristianismo, a herexía, é unha opinión ou doutrina mantida en oposición ao dogma de calquera igrexa ou credo considerado ortodoxo.

Irán

Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km2, sendo a segunda nación máis grande de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 77 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo. É o único país que ten costa no Mar Caspio e no Océano Índico.

A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo).

Irán é a nación dunha das máis antigas civilizacións do mundo, que ten a súa orixe na formación do reino protoelamita e elamita entre os anos -3200 e -2800. Os medos unificaron o territorio no primeiro de moitos imperios no -625, despois do cal, convertéronse no poder político e cultural dominante da rexión. Irán acadou o cumio do seu poder durante o Imperio Aqueménida fundado por Ciro o Grande en -550, que na súa máxima extensión abranguía unha parte importante do mundo antigo, que limitaba co Val do Indo polo leste, e con Tracia e Macedonia polo noroeste, facendo del o maior imperio do mundo ata ese momento. O imperio colapsou no -330 trala conquista de Alexandre o Grande. A área gañou influencia posteriormente co Imperio Parto e co establecemento da Dinastía Sasánida en -224, baixo a cal Irán converteuse nunha das principais potencias de Asia Occidental e Central durante os seguintes catro séculos.

Leovixildo

Leovixildo, nado cara ao 525 e finado en Toledo o 21 de abril de 586, foi rei dos visigodos desde o ano 572 ata a súa morte, e rei de Galiza desde o 585.

Martiño de Dumio

San Martiño de Dumio, nado en Panonia (actual Hungría) contra 510 ou 520 e finado en Braga no 579 ou 580, tamén chamado san Martiño Dumiense, san Martiño de Dume ou san Martiño de Braga, foi un relixioso cristián do século VI.

Está considerado como o apóstolo dos suevos, responsable maior da súa conversión do arianismo ao catolicismo. A súa obra eclesial e literaria, presentando un cristianismo adaptado aos diferentes grupos de poboación; a súa preocupación por transmitir valores procedentes da Antigüidade clásica; a predicación dun crisitianismo ortodoxo en tempos de herexía e as súa relacións cos reis suevos, anuncian o ideal episcopal de Leandro e Isidoro de Sevilla.Foi bispo de Dumio e de Braga.

Recaredo

Recaredo I foi rei dos visigodos, fillo e sucesor de Leovixildo, reinou desde o 586 ao 601, ano da súa morte en Toledo. Irmán de Hermenexildo, foi asociado ao trono polo seu pai, o que levantou as protestas dos nobres visigodos, que viron nesta acción o intento de institucionalizar o herditarismo na monarquía visigoda caracterizada precisamente polo seu carácter electivo.

Casou por dúas veces: a súa primeira esposa chamábase Bauda (tamén aparece en escritos como Baddo) e a súa segunda esposa foi Clodosvinda, filla de Sixeberto I rei de Austrasia, con quen tivo ao futuro rei visigodo Suintila.

Combateu aos francos, aos bizantinos da Bética e aos vascóns, e houbo de sufocar varias revoltas dos nobres visigodos.

O feito máis destacado do seu reinado produciuse no 589, cando convocou o Terceiro Concilio de Toledo no que, xunto con varios nobres e dignatarios eclesiásticos, anatemizou dos erros do arianismo e converteuse ao catolicismo co seu pobo, tan só se produciu algunha revolta illada que foi facilmente sufocada.

Reino visigodo

O reino visigodo (en gótico: Gutþiuda Þiudinassus) foi unha entidade política que xurdiu no ano 419 tras asinar a paz os visigodos cos romanos que foi concluída cun foedus co rei Walia e o seu establecemento dese pobo bárbaro no territorio da Aquitania secunda con capital en Tolosa.

O rei Eurico (466-484) rompeu o foedus tras a desaparición da familia imperial e agrandou o territorio lanzando unha ofensiva sobre Hispania e sobre a Galia con notable éxito. No ano 475 selou a paz co emperador de Oriente Xulio Nepote e Eurico foi recoñecido como rei dun amplo reino entre o Loira e Xibraltar.

No ano 507 perdeu boa parte do seu territorio ultrapirenaico conquistado por Clodoveo, tras anos de presións sobre o episcopado católico para que traizoase ao seu rei que era ariano, os visigodos só conservaron Septimania e unha parte da Provenza fóra da Península Ibérica e a capital acabou trasladándose oficialmente a Toledo no 554, entrementres o reino visigodo atravesou un período caótico ata a chegada de Leovixildo ao poder. No ano 585 os visigodos conquistan o Reino de Gallaecia e pouco despois con Recaredo convértense ao catolicismo arrenegando do arianismo, no 624 os visigodos toman as posesións bizantinas da Bética, finalmente no ano 711 desapareceu como entidade independente coa entrada dos musulmáns na península.

Remismundo

Remismundo (finado no 469) foi un rei suevo de Gallaecia dende o 459 até a súa morte.

De acordo con Isidoro de Sevilla, Remismundo foi o fillo de Maldras. No 459, a pouco de chegar suceder ó seu pai, foi destronado por Frumario e tivo que batallar nunha guerra civil contra este e contra Requimundo, tornándose de novo rei no ano 463, trala morte dos seus contrincantes[Cómpre referencia]. Casou coa filla do rei visigodo Teodorico II. Converteuse ó arianismo no 465, e no 467, despois do asasinato de Teodorico polo seu irmán Eurico, mandou saquear Conímbriga. No ano 468, ocupou Lisboa. Coa súa morte en 469, iníciase un período escuro na historia dos Suevos, do que existen poucos datos.

Teodorico o Grande

Teodorico o Grande (Dacia, 454 - Rávena, 526). Rei dos ostrogodos (474-526).

Ulfilas

Ulfilas (en gótico Wulfila: pequeno lobo) nado cara o 311 – morto cara o 383) foi un bispo, misioneiro e tradutor da biblia gótico, que viviu no auxe da controversia ariana. Era de orixe grega, máis concretamente capadocia.

Os seus avós, capadocios helenizados, foron vítimas dos ataques godos en Asia Menor na fin do século III a.n.e. e Ulfilas naceu no seu reino, na beira do Mar Negro.

Ademais de aprender a lingua dos seus donos desde a máis tenra infancia, falaba tamén o grego, que aprendeu a escribir ao estar destinado probablemente á carreira eclesiástica.

O seu talento valeulle ser embaixador en favor do seu pobo adoptivo ante o Imperio romano de Oriente. Alí entrou en contacto co bispo ariano Eusebio de Nicomedia, que o consagrou bispo o ano 341.

Co fin de evanxelizar os godos, dedicouse a traducir a Biblia á lingua gótica, coa axuda dun alfabeto que inventou para tal fin. Convertido en apóstolo dese pobo bárbaro, dirixiuse a Constantinopla en moitas ocasións, especialmente a un concilio sobre o arianismo, en 360, e en 383 para defender o Arianismo contra o emperador Teodosio I.

Morreu pouco despois.

Ignórase precisamente as circunstancias da conversión de Ulfilas ao Arianismo: esta herexía era a relixión dominante baixo o emperador Constancio II. En calquera caso, Ulfilas mostrouse un ariano fiel ata a fin da súa vida e foi baixo a súa influencia cando os godos, e logo outros pobos xermánicos orientais adoptaron esta versión do cristianismo.

A el débese, aínda que indirectamente, o rexurdimento do arianismo en Occidente nos séculos VII e VIII, por medio dos godos, dos vándalos e dos burgundios, e finalmente dos longobardos.

A tradución da Biblia que el fixo consérvase ata hoxe e constitúe un dos documentos dos que dispomos para o coñecemento da lingua gótica.

Veremundo

Veremundo (cara ao ano 485) (en latín: Veremund ou Veremundus) foi un rei suevo do reino de Galicia documentado cara ao ano 485, durante o período escuro que proseguiu trala morte do historiador Hidacio de Chaves (469), e a conversión dos suevos ao arianismo (466). A falta de fontes fai dubidar da cronoloxía do reinado deste monarca suevo, que tería impulsado a construción de igrexas.

Visigodos

O pobo dos godos foi nomeado xa por Tácito, que os chamou Gotones. Entón habitaban o Norte de Xermania, en terras que antes poboaron Boii, Getae e Scythae. Ampliaron os seus territorios e incorporaron a outros grupos veciños (de orixe xermana e sármata) e dominaron do Theiß (en alemán) ou (Tisza) ao Don e do Ponto ao Báltico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.