Ares

Ares é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2014 tiña 5741 habitantes (2845 homes e 2896 mulleres)(en 2012 5839, 5673 no 2009, 5405 no 2006, 5301 no 2005, 5265 no 2004, 5188 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «aresán»[5].

Coordenadas: 43°25′43″N 08°14′34″O / 43.42861, -8.24278

Ares
Escudo de Ares
Ares-ria18
Vista panorámica da vila
Situacion Ares
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ferrol
Poboación5.671 hab. (2018)
Área18,3 km²
Densidade309,89 hab./km²
Entidades de poboación3 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJulio Iglesias Redondo (PSdeG-PSOE[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 7
Outros: NAL 1
Eleccións municipais en Ares
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes12,37%
Na rede
www.concellodeares.gal
Facebook

Demografía

Censo total 2014 5741 habitantes
Menores de 15 anos 674 (11,74 %)
Entre 15 e 64 anos 3661 (63,77 %)
Maiores de 65 anos 1403 (24,44 %)
Evolución da poboación de Ares   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4209 4850 4724 4708 5265 5673 5801 5839 5801 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio histórico

Ares conta cun estilo arquitectónico orixinal, con casas dunha soa planta e galerías de madeira pintada de cores vivas. Todo o concello está salpicado por edificios de arquitectura indiana. Moitos deles son dunha grande beleza e gozan dun case perfecto estado de conservación. A súa singularidade converteuna nun destino de veraneo moi visitado nos anos 80 e 90. Este feito contribuíu á propia degradación do contorno arquitectónico, que se viu inundado de casas modernas de varios pisos, aínda que hai zonas que conservan o encanto orixinal da vila, como O Porto, onde abundan as casas dunha altura e paredes encaladas que envolven arrevesadas canellas.

As construcións máis relevantes son o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro e as Baterías militares do Segaño e Coitelada, ademais dos restos dunha antiga torre situada ao final do espigón, en dirección a Estacas.

Xeografía

Esténdese pola franxa costeira que vai desde a Ría de Ferrol ata o porto de Redes.

A vila aresá está situada á beira dunha enseada rodeada de praias que suman case tres quilómetros costeiros de areais de augas tranquilas. As praias máis coñecidas de Ares son A Rampa, O Cruceiro e a A Xunqueira, Redes, Seselle, O Raso, Sabadelle, Río Sandeu e Chanteiro. Tamén hai algunhas calas como Estacas e Centeás e outras calas máis illadas.

Fauna e flora

En Ares teñen presenza especies como as andoriñas, os morcegos ou os lucecús. A ría é rica en marisco; abundan as centolas, nécoras, ameixas, berberechos, percebes, vieiras etc. Tamén os muxos asoman pola ría e, nalgunhas épocas do ano, sobre todo no verán, é común divisar grupos de arroaces gozando das tranquilas augas desta ría.

Ares ten territorio, o seu litoral máis exterior na ría, dentro da zona especial de conservación (ZEC) e a zona de especial protección para as aves (ZEPA) da "Costa Ártabra".[6]

Economía

A economía de Ares baséase na pesca, así como na agricultura e o turismo.

Turismo

Entre as festas locais destacan O Voto de Chanteiro, O Carme e as súas procesións marítimas tanto en Redes como en Ares, San Roque en Ares, San Pedro en Cervás e a festividade do Corpus Christi. Na véspera desta última, ata ben entrada a madrugada, toda a xente da vila afánase en cubrir varias rúas do centro con alfombras feitas de flores polas que pasará o día seguinte a procesión.

Ares conta ademais con dous cámpings próximos ás praias, hotel, bares e lugares onde gozar da gastronomía local.

Hai varias rutas de sendeirismo e bicicleta de montala polas que se pode gozar de vistas como a de Montefaro, coas Rías Altas e un Océano Atlántico sempre custodiado pola Torre de Hércules.

Política e goberno

Goberno municipal

Julio Iglesias Redondo é o alcalde de Ares dende xuño de 2007. Goberna en solitario cos únicos apoios estables dos cinco concelleiros do seu grupo, o PSdeG. Na oposición, sentan os edís de PPdG, BNG e do grupo independente NAL.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ares.
Ría de Ares, vista dende Pontedeume.
Ría de Ares, vista dende Pontedeume
Praia de Chanteiro, unha vista da praia.
Praia de Chanteiro, unha vista da praia. 
A ermida da Virxe da Mercede, lugar de Chanteiro.
A ermida da Virxe da Mercede, lugar de Chanteiro. 
Redes.
Redes. 
A ermida da Virxe da Mercede, entrada.
A ermida da Virxe da Mercede, entrada. 

Lugares de Ares

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ares vexa Lugares de Ares.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións municipais 2019
  3. Saúdo do alcalde, consultado o 14-09-2019
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 41. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Costa Ártabra".

Véxase tamén

Ligazóns externas

Air Galicia

Air Galicia foi un programa de humor da TVG producido por Zopilote S.L e CTV, e creado por Carlos Ares, Xosé Castro e Andrés Mahía e que comezou a emitirse no 2007.

Amazonas (mitoloxía)

As amazonas (grego: Ἀμαζόνες, Amazónes, singular Ἀμαζών, Amazōn), eran unha nación de mulleres guerreiras na mitoloxía grega e na Antigüidade clásica. Heródoto situounas na rexión de Escitia, en Sarmatia (territorio moderno de Ucraína). Outros historiadores sitúanas en Asia Menor, ou tamén en Libia.Raíñas notábeis das amazonas foron Pentesilea, que participou na Guerra de Troia, e a súa irmá Hipólita, cuxo cinto máxico, agasallo do seu pai Ares, foi o obxecto dun dos traballos de Heracles. As guerreiras amazonas foron representadas en batallas contra guerreiros gregos en amazonomaquias da arte clásica.

Antroponimia

A antroponimia é a rama da lingüística que se ocupa dos nomes propios e apelidos das persoas, como parte da onomástica, división que estuda os nomes propios en xeral.

Arco Ártabro

O Arco Ártabro ou Golfo Ártabro é a denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, que se corresponde co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Ten un ancho máximo de 5.800 m. e intérnase uns 5.600 m. cara á desembocadura do río Mero na praia de Santa Cristina (Perillo, Oleiros) e forma parte das chamadas Rías Altas (ou Rías Medias, segundo autores).

Desde unha concepción máis ampla deste accidente xeográfico, tamén se considera que o Golfo Ártabro abrangue todo o entrante que fai o océano na costa entre o Cabo Prior, en Ferrol, e o cabo de Santo Hadrián, en Malpica.

Ares, Ares

San Xosé de Ares é unha parroquia que se localiza na parte central do concello de Ares. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 3.669 habitantes (1.847 mulleres e 1.822 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 4.127 habitantes.

Ares (deus)

Na mitoloxía grega, Ares (en grego Ἂρης, "home", "home", "conflito") era o deus da guerra, fillo de Zeus e Hera e un dos deuses olímpicos. Os romanos chamábano Marte.

Cando Halirrotio violou a Alcipe, filla de Ares e Agraulo, Ares matouno, polo que foi levado a xuízo: o primeiro xuízo por asasinato da historia. Foi absolto. Entre os seus compañeiros estaban a súa irmá Eris, os seus fillos Fobos e Deimos e Enio. A Ares acompañábao un séquito que incluía a Dor, o Pánico, a Fame e o Esquecemento. A pesar de ser inmortal, era moi sensíbel á dor e acudía correndo onda o seu pai, Zeus, cada vez que era ferido. Foi adorado principalmente en Tracia.

Ares deu a Hipólita o cinto que logo lle arrebataría Heracles.

Unha noite, mentres mantiña relacións sexuais con Afrodita (que era esposa de Hefestos), Ares puxo a un mozo chamado Alectrión á súa porta para que os gardase. Pero este quedou durmido e Helios, o sol, sorprendeu á parella. Ares transformou a Alectrión nun galo, que dende entón anuncia a chegada do sol pola mañá.

Durante a Guerra de Troia, Diómedes loitou con Héitor e viu a Ares loitando no bando troiano. Diómedes pediu ós seus soldados que se retirasen lentamente. Hera, nai de Ares, viu a interferencia deste e pediu permiso a Zeus, para apartar a Ares do campo de batalla. Hera animou a Diómedes a atacar a Ares e este lanzou a súa lanza contra o deus. Atenea guiou a lanza ata o corpo de Ares, que ruxiu de dor e fuxiu ó monte Olimpo, o que obrigou ós troianos a retiráremse.

Aínda que foi importante na poesía e na mitoloxía, Ares foi raramente obxecto de adoración. E era case sempre venerado en conxunción con outros deuses: por exemplo, compartía un templo con Afrodita en Tebas.

Homero chamouno nalgunhas ocasións:

Βροτολοιγός (Brotoloigos, "destrutor de homes"), Ανδρειφοντης (Andreiphontês, "asasino de homes"), Μιαιφόνος (Miaiphonos, "manchado de sangue") e Τειχεσιπλήτης (Teikhesiplêtês, "asaltante de murallas").

Caamouco, Ares

San Vicente de Caamouco é a parroquia máis oriental do concello coruñés de Ares. Segundo o Instituto Galego de Estatística tiña 716 habitantes no ano 2015, dos que 340 eran homes e 376 mulleres, o que supón un descenso en relación ó ano 2007 cando tiña 818, aínda que durante o verán a poboación chega a cuadriplicarse.

Caamouco ten boas praias na ría de Ares como as do Raso e Seselle e a vila típica mariñeira de Redes, que é un punto de interese turístico nas Rías Altas.

Cervás, Ares

San Pedro de Cervás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ares. Segundo o Instituto Galego de Estatística do ano 2007 tiña 608 habitantes (319 mulleres e 289 homes) distribuídos en 38 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 582 habitantes.

Comarca de Ferrol

A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 159.422 habitantes no 2014, distribuídos en 11 concellos.

Deuses olímpicos

Na mitoloxía grega, os deuses olímpicos son as deidades maiores do pantéon grego, entrando nesta consideración Zeus, Hera, Poseidón, Deméter, Atenea, Apolo, Ártemis, Ares, Afrodita, Hefesto, Hermes e Hestia ou Dioniso. Eventualmente, Hades, Perséfone, Heracles ou Asclepio foron considerados como membros dos deuses olímpicos (principalmente debido á influencia dos Misterios eleusinos), mais Hades foi excluído porque residía no inframundo e nunca visitou o Monte Olimpo.

Era visto!

Era visto! é unha serie de televisión galega producida e creada por Zopilote S.L., emítese na TVG desde abril de 2011.

Foi mellor serie de televisión nos Premios Mestre Mateo 2012 e nos Premios Mestre Mateo 2013.

Eros

Eros é o nome dun deus grego do amor, correspondente ó Cupido romano.

Hebe (mitoloxía)

Na mitoloxía grega, Hebe (en lingua grega antiga Ἥβη Hêbê) era a personificación da mocidade, descrita como filla de Zeus e Hera. Segundo a Ilíada, Hebe era a axudante dos deuses:

Servíaos nos seus convites: Sentados no adro de ouro do Olimpo, arredor de Zeus os deuses celebraban consello. A fermosa Hebe escanciaba o néctar e eles ofrecíanse as copas de ouro sen deixar de contemplar a cidade de Troia.

E axudaba tanta á súa nai, Hera, como a Ares:

Hera, a venerada filla de Zeus, preparou os cabalos que tiñan crinas suxeitas con aneis de ouro, e Hebe puxo con toda presa no eixo de ferro, a ámbolos dous lados do carro, as rodas de bronce de oito raios.Así de rápido sandou o furibundo Ares, a quen Hebe lavou e puxo magníficas vestesSegundo a Odisea, casou con Heracles trala apoteose deste: Vin despois ao fortísimo Heracles, ou por mellor dicir á súa imaxe, pois el está cos deuses inmortais, goza nos seus convites e ten por esposa a Hebe, a dos fermosos pés, filla de Zeus e Hera.Foi substituída nas súas labouras polo xove e fermoso príncipe troiano Ganímedes, raptado por Zeus. Aínda que outras tradicións posteriores contaban que fóra nai con el de dous fillos, Alexiares e Aniceto, y que era unha divindade co poder de rexuvenecer aos vellos, como fixo nunha ocasión con Iolao por un día, cando este ía loitar con Euristeo.

Acostuma ser representada levando un vestido sen mangas.

Foi adorada en Atenas, onde tiña un altar no Cinosargo, a carón do de Heracles. Baixo o nome de Γανυμηδα Ganimeda (feminino de Ganimedes) ou Δια Dia foi tamén adorada nun bosque sagrado en Sición e Fliúnte.

A súa equivalente na mitoloxía romana era Iuventas, sendo tradición que os mociños lle ofreceran unha moeda cando vestían por primeira vez a toga dos adultos (a toga viril). Foi adorada desde época moi temperá, pois a súa capela no Capitolio existía antes de que se construíse o templo de Xúpiter. Outro templo de Iuventas, situado no Circo Máximo, foi xurado polo cónsul Marco Livio trala derrota de Asdrúbal Barca, no -207, e consagrado 16 anos despois.

Hera

Hera (Xuno na cultura romana) foi a principal esposa de Zeus, raíña do Olimpo. Protectora do matrimonio, é envexosa e as veces celosa -dende logo, con motivos- do seu marido. Nunca perdoou ao príncipe troiano Paris que pospuxera a súa beleza á de Afrodita no famoso Xuízo de Paris.

Odiaba as mulleres amadas polo seu marido e os fillos que delas tivo: ben o sufriu Heracles durante toda a súa vida.

Marte (deus)

Na mitoloxía romana, Marte (en latín Mars) era o deus da guerra, equivalente ó Ares da mitoloxía grega e mais ao Smertrios da mitoloxía celta. Fillo de Xuno e unha flor máxica (Xúpiter). Inicialmente foi o deus da fertilidade e a vexetación, e o protector do gando, pero despois foi asociado coa loita. Ofrecíanselle sacrificios antes das batallas e dicíase que aparecía nos campos de batalla acompañado por Bellona, unha deusa guerreira. Dise que a súa esposa era Nerio.

Mugardos

Mugardos é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2016 tiña 5335 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mugardés». Mugardos limita ao norte coa ría de Ferrol, ao leste con Fene e ao sur e oeste con Ares.

Nicandro Ares

Nicandro Ares Vázquez, nado o 7 de xuño de 1926 en Santalla de Bóveda de Mera e finado en Lugo o 22 de xullo de 2017, foi un sacerdote e filólogo galego.

Relixión da Grecia antiga

A relixión da Grecia antiga, tamén coñecida como Helenismo, (grego: Ἑλληνισμός) é un conxunto de crenzas e rituais practicados na Grecia antiga en forma de relixión popular e de diversos cultos. Os diversos grupos diferían dabondo como para falar de relixións gregas ou "cultos" en plural, malia que a maioría deles compartían moitas semellanzas.

A maioría dos antigos gregos louvaba ós deuses olímpicos: Zeus, Poseidón, Hades, Apolo, Ártemis, Afrodita, Ares, Dioniso, Hefesto, Atenea, Hermes, Deméter, Hestia e Hera. Non era raro que diferentes cidades adorasen ás mesmas deidaes, ás veces con epítetos que os distinguían e identificaban a súa orixe local.

As prácticas relixiosas dos gregos comprendían toda Grecia, as illas e costas Xonia en Asia Menor, a Magna Grecia (Sicilia e sur de Italia), e ata as colonias gregas espalladas polo oeste do Mediterráneo.

Ría de Betanzos

A ría de Betanzos é unha ría galega, unha das doce que conforman as Rías Altas, e unha das catro que forman o Golfo Ártabro. Atópase no norte da provincia da Coruña, e baña os municipios de Sada, Bergondo, Betanzos, Paderne, Miño e Pontedeume.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.