Area

A area é unha substancia granulosa ou pulverulenta proveniente da descomposición das rochas, estanto por tanto formada por un conxunto de partículas de rochas disgregadas.

En xeoloxía denomínase area ao material composto de partículas cuxo tamaño varía entre 0,063 e 2 mm. Unha partícula individual dentro deste rango é chamada gran de area. Unha rocha consolidada e composta por estas partículas denomínase arenita (Sin. psamita)

As partículas por baixo dos 0,063 mm e ata 0,004 mm denomínanse limo, e por riba da medida do gran de area e ata os 64 mm denomínanse grava.

Morocco Africa Flickr Rosino December 2005 84527213
Area

Compoñentes e características

Sand und Brandung
Area de praia

O compoñente máis común da area, en terra continental e nas costas non tropicais, é o sílice, xeralmente en forma de cuarzo. Con todo, a composición varía de acordo aos recursos e condicións locais da rocha. Gran parte da fina area achada nos arrecifes de coral, por exemplo, é calcaria moída que pasou pola dixestión do peixe papagaio. Nalgúns lugares hai area que contén ferro, feldespato ou mesmo xeso.

Segundo o tipo de rocha da que procede, a area pode variar moito en aparencia. Por exemplo, a area volcánica é de cor negra, mentres que a area das praias con arrecifes de coral adoita ser branca.

A area é transportada polo vento, caso en que recibe o nome de area eólica (que pode provocar o fenómeno coñecido como calima), e a auga, e depositada en forma de praias, dunas, médanos etc. No deserto, a area é o tipo de chan máis abundante. A granulometría da area eólica está moi concentrada ao redor de 0,2 mm de diámetro das súas partículas.

Os chans areosos son ideais para certas plantacións, como a sandía e o maní, e son xeralmente preferidos para a agricultura intensiva polas súas excelentes características de drenaxe.

Especialmente os nenos, utilizan a area para realizar construcións como castelos de area ou túneles.

A area utilízase para fabricar cristal polas súas propiedades tales como a extraordinaria dureza, a perfección do cristal ou o alto punto de fusión, e, xunto coa grava e o cemento, é un dos compoñentes básicos do formigón.

Atributos físicos

O volume dun gran de area de cuarzo, dun diámetro de 0,06 mm (o límite inferior), é 2,51 × 10-10 m3 cunha masa de 6,66 × 10-4 g. No límite superior, o volume e a masa dun gran de area con diámetro de 2,10 mm son 8,80 × 10-9 m3 e 23,3 × 10-2 g[1].

Granulometría

Dentro da clasificación granulométrica das partículas do chan, as areas ocupan o seguinte lugar no escalafón:

lixo nos ollos
Partícula Tamaño
Arxilas < 0,002 mm
Limos 0,002-0,06 mm
Areas 0,06–2 mm
Gravas 2 mm-6 cm
Cantos rodados 6–25 cm
Bloques >25 cm

Véxase tamén

Outros artigos

  • Limo
  • Légamo
  • Grava
  • Duna
  • Area (concreto), descrición do material a ser utilizado para confección do formigón.

Referencias

  1. "Mass of a Grain of Sand". The Physics Factbook. Consultado o 04/06/2019.
Al-Andalus

Al-Andalus (en árabe: الأندلس) foi o nome dado á Península Ibérica polos seus conquistadores islámicos do século VIII, sendo empregado para se referiren á península independentemente do territorio politicamente controlado polas forzas islámicas.

Inicialmente integrado na provincia norteafricana do imperio omeia, o Al-Andalus sería un emirato (756–929) e posteriormente un califato independente do poder abbásida (929–1031). Coa disolución do califato en 1031, o territorio pulverizouse en varios reinos de Taifas.

Coa reconquista dos territorios polos cristiáns, descendentes dos hispanovisigodos, que se refuxiaran nas zonas do norte da Península, nun proceso que ficou designado historicamente por Reconquista, o nome Al-Andalus foise adecuando ó cada vez menor territorio baixo ocupación árabe-musulmá, na metade sur da península, aproximadamente a mesma area da antiga provincia romana Bética, cuxas fronteiras foran progresivamente empurradas para o sur, até a toma de Granada polos Reis Católicos.

Arteixo

Arteixo é un concello costeiro da comarca da Coruña. A súa superficie é de 95,9 km². Segundo o IGE en 2015 tiña 30.950 habitantes (15.471 homes e 15.479 mulleres) (En 2012 30.725, 30.255 no 2010, 27.713 no 2007, 26.739 no 2006, 26.272 no 2005, 25.295 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arteixán».

A súa economía é principalmente industrial. Conta con varios polígonos, coa sede corporativa do grupo téxtil Inditex e a refinería de Repsol. En Punta Langosteira construíuse o Porto Exterior da Coruña.

Autoridade Nacional Palestina

A Autoridade Nacional Palestina (ANP; árabe: السلطة الوطنية الفلسطينية As-Sulṭah Al-Waṭaniyyah Al-Filasṭīniyyah) é a organización administrativa establecida para gobernar Cisxordania e a Faixa de Gaza, a raíz dos acordos de Oslo de 1993. Tralas eleccións de 2006 e o conseguinte Conflito de Gaza entre Fatah e Hamás, o seu dominio reduciuse só ata a Faixa de Gaza. Fundada orixinalmente co nome de Autoridade Nacional Palestina, o goberno de Fatah renomeouno co nome de Estado de Palestina despois de que Nacións Unidas o recoñecera mediante votación como Estado observador non membro.A Autoridade Nacional Palestina formouse en 1994, conforme aos acordos de Oslo entre a Organización para a Liberación de Palestina (OLP) e o goberno de Israel, como un goberno provisional de 5 anos. As negociacións posteriores, que se debían celebrar entre as dúas partes, estaban destinadas buscar un status final para o estado palestino. A día de hoxe, máis de dezasete anos despois da creación da Autoridade, este status aínda non se alcanzou.

Segundo os acordos de Oslo, a Autoridade Palestina designouse exclusivamente para controlar asuntos relacionados coa seguridade e cos civís palestinos nas zonas urbanas (coñecidas como "Area A") e só o control civil nas zonas rurais de Palestina ("Area B"). O resto dos territorios, incluíndo Asentamentos israelís, o Val do Xordán rexións e estradas entre comunidades palestinas, debían estar baixo control israelí ("Area C"). Xerusalén Leste non se incluíu nos acordos. Co tempo, os cambios políticos provocaron que os ámbitos controlados pola Autoridade tamén cambiaran. As negociacións con varios gobernos israelís lograron que a Autoridade conseguira un maior control nalgunhas áreas, pero este control perdeuse cando as Forzas de Defensa de Israel recuperou varias posicións estratéxicas durante a Intifada de Al-Aqsa. En 2005, despois da Segunda Intifada, Israel retirouse unilateralmente dos seus asentamentos na Faixa de Gaza, estendendo así o control palestino en toda a rexión.

Nas Eleccións Lexislativas Palestinas celebradas o 25 de xaneiro de 2006, Hamás saíu vitorioso e nomeou a Ismail Haniyeh Primeiro Ministro. Porén, o goberno de unidade nacional palestino derrubouse cun violento conflito entre Hamás e Fatah, especialmente na Faixa de Gaza. Despois de que a Batalla de Gaza de 2007, coa que Hamás pasou a controlar a zona, o presidente Mahmoud Abbas despediu ao goberno liderado por Hamás nomeou a Salam Fayyad Primeiro Ministro.

Aínda que o novo goberno reclamou autoridade sobre todos os territorios palestinos o control de Hamás na Faixa de Gaza provocou que o goberno só controlara Cisxordania. O presuposto da Autoridade provén principalmente de programas de axuda exterior e da Liga Árabe, mentres que o goberno de Gaza dependía na súa maior parte de Irán, ata o comezo da Primavera árabe.

Dende 2007, a Autoridade Nacional Palestina continuou supervisando os territorios palestinos en Cisxordania, mentres que o goberno da Hamás continuou controlando a Faixa de Gaza. Un acordo de reconciliación para unir a ambos gobernos, firmado no Cairo en 2011, ratificado no 2012. Porén, novas tensións entre eles, ademais dos efectos da Primavera árabe (especialmente a guerra civil siria), atrasaron a súa aplicación. En 2011, representantes da Autoridade non conseguiron mellorar o seu status nas Nacións Unidas, aínda que o seu status finalmente cambiou a membro de pleno dereito. En xullo de 2012, o goberno de Hamás en Gaza considerou a declaración de independencia da Faixa de Gaza, co apoio de Exipto.En agosto de 2012, o Ministro de Asuntos Exteriores Riyad al-Malki informou aos periodistas en Ramala que a Autoridade pediría o status de país observador na Asemblea Xeral das Nacións Unidas. O 29 de novembro de 2012, a Asemblea aprobou a Resolución 67/19, cambiando o status de "estado non membro" cunha votación con 138 votos contra 9, con 41 abstencións. Isto implicou o recoñecemento da súa soberanía.

Bandeira Azul

A Bandeira Azul é un distintivo que outorga anualmente a organización privada Fundación Europea de Educación Ambiental ás praias e portos que cumpren unha serie de condicións ambientais e instalacións.

Os criterios do programa da Bandeira Azul son os de promoción do desenvolvemento sostible en augas fluviais e mariñas. Esixe o cumprimento das autoridades locais das calidade de augas, xestión do ambiente, educación ambiental e seguridade da cidadanía. A condición de Bandeira Azul concédeselle ás praias de máis de trinta países de Europa, e a Suráfrica, Nova Zelandia, Canadá e o mar Caribe.

No ano 2014, España tiña 561 bandeiras, Francia 363 e Grecia 360.

Calcaria

A calcaria (do latín calx, calcis , "cal") é unha rocha sedimentaria composta principalmente por carbonato cálcico (CaCO3), adoitando presentarse en forma de calcita, aínda que pode ser dolomita, aragonita. A súa natureza intrínseca xeralmente é heteroxénea, polo que este tipo de rocha contén a miúdo cantidades variables de silicio, así como de hematita, siderita, arxila, limo ou area.

Cuatro Torres Business Area

Cuatro Torres Business Area (CTBA) é un parque empresarial de Madrid, formado fundamentalmente por catro rañaceos e o espazo comprendido por eles. Está situado no distrito de Fuencarral-El Pardo.

Densidade de poboación

A densidade de poboación é a intensidade da poboación, expresada coa relación entre o número de individuos e a superficie do territorio. Xeralmente exprésase en habitantes/km² ou habitantes/m².

Deserto

En xeografía, un deserto é unha área estéril da paisaxe onde se producen poucas precipitacións pluviométricas e, en consecuencia, as condicións de vida son hostís para a vida vexetal e animal. A falta de vexetación expón a superficie desprotexida do chan a procesos de denudación. Isto pode ser verdade, porén, examinándoo máis detalladamente, os desertos frecuentemente abrigan unha riqueza de vida que normalmente permanece agochada (especialmente durante o día) para conservar a humidade. Os desertos forman a zona máis extensa da superficie terrestre: con máis de 50 millóns de quilómetros cadrados, ocupan case un terzo desta. Deste total o 53 % corresponde a desertos cálidos e o 47 % a desertos fríos.Os procesos de erosión son factores de suma importancia na formación da paisaxe desértica. Segundo o tipo e grao de erosión que os ventos eólicos e a radiación solar causaron, os desertos presentan diferentes tipos de chans: deserto areoso é aquel que está composto principalmente por area, que por acción dos ventos forma as dunas, deserto pedregoso ou rochoso é aquel cuxo terreo está constituído por rochas ou pedras (este tipo de desertos adoita denominarse coa palabra árabe hamada).

Os desertos poden conter valiosos depósitos minerais que foron formados no ambiente árido, ou foron expostos pola erosión. Nas zonas baixas pódense formar desertos de sal. Debido á sequidade dos desertos, son lugares ideais para a preservación de artefactos humanos e fósiles.

Tamén se define deserto como un lugar despoboado, non habitado por humanos nin apenas por ser vivo algún. Segundo esta definición, tamén son desertos os situados en climas máis fríos, como o ártico ou a tundra.

Duna

Unha duna, que na literatura de tradición oral tamén se coñece como tombo de area, moutillón, fenal, madorra, modorrón, mouteira, malloeira, monteirón ou medóns, é unha acumulación de area formada nos desertos ou no litoral xerada pola acción do vento. A duna de Pyla é a duna máis alta de Europa.

As dunas poden ser producidas por cambios no vento ou por variacións na cantidade de area. A granulometría da area que forma as dunas, tamén chamada area eólica, esta moi concentrada ao redor de 0,2 mm de diámetro das súas partículas.

Cando o vento ten unha dirección dominante, as dunas adquiren a forma dun C coa parte convexa en contra do vento dominante. Estas dunas xeralmente avanzan, móvense, empurradas polo vento. A velocidade de avance das dunas é inversamente proporcional ao seu tamaño, así, as dunas máis pequenas únense ás maiores, coas que se van fusionando, medrando así o seu tamaño. Cando a duna acada un tamaño significativo, máis de 4 a 6 m, comeza a desprenderse unha maior cantidade de material polas dúas puntas do C, dando orixe a novas dunas pequenas, as que ao ser máis veloces que as grandes, vanse afastando da duna nai. Este fenómeno de movemento de dunas, obsérvase con moita claridade no deserto de Sechura, no norte de Perú.

O movemento das dunas pode causar serios problemas, como: a invasión dos terreos cultivados, a obstrución e agochamento de estradas e vías de comunicación, e a invasión de áreas poboadas.

Para evitar estes problemas existen varios procedementos para minguar o avance das dunas, entre eles; sementar plantas que requiren pouca auga para subsistires, a retirada da humidade atmosférica; asperxer na parte convexa da duna materiais aglutinantes, como pode ser petróleo, ou aceites industriais usados.

Cando en amplas rexións fórmanse dunas de area fálase de mares de area ou campos de dunas, denominados ergs. Son especialmente visibles no deserto do Sahara.

Existen varias clases de dunas segundo a súa forma, condicionada normalmente polos ventos dominantes:

Duna en crecente: duna con planta de C ou media lúa. É un vocábulo árabe. Son dunas que se dan en zonas de subministración de area limitada e superficie dura, plana e carente de vexetación.

Duna lonxitudinal (Seif ou en espada): duna alongada e rectilínea formada máis ou menos paralela ao vento predominante.

Duna transversal: longas cristas separadas por depresións orientadas con ángulos rectos respecto ao vento. Danse en lugares onde a acumulación de area cobre por completo o chan.

Duna parabólica: con forma de O, os seus extremos apuntan en dirección contraria ao vento (ao revés que o barján). Típicas das zonas de costa e onde a vexetación cobre parcialmente a terra.

Duna en estrela ou piramidal: outeiro illado con varias cristas que parten da cima. Fórmanse cando hai direccións do vento variables.

Formigón

O formigón é un material de construción composto por unha mestura de cemento, áridos (area, pedras.. ) e auga, alén de outros materiais eventuais como aditivos.

O seu uso como formigón en masa é moi amplo, pero máis importante é a súa utilización con reforzos de aceiro. O formigón, como todos os materiais pétreos ten moi bo comportamento a compresión e bastante peor á tracción, polo que se combina con reforzos (ferralla) para conseguir un material cun comportamento equilibrado. Isto vese favorecido por teren os dous materiais coeficientes de dilatación similares, e polo tanto non sofren cos cambios de temperatura.

Cando está armado com ferrallas pasivas, recibe o nome de formigón armado, e cando o é con ferrallas activas recibe o nome de formigón pretensado.

Illa de Area

A Illa de Area (Illa da Insua da Area) é un illote de Lugo situado en plena ría de Viveiro, municipio ao que pertence. Ten unha característica orografía intricada cuberta de verde e cun arboredo de vellos piñeiros e eucaliptos. No pasado era moi frecuentada por campistas, actividade hoxe prohibida. Chegou a estar habitada estacionalmente durante o verán (a pesar do seu reducido tamaño), por iso consérvanse aínda as ruínas dalgunhas casas. O illote despoboouse a mediados do século XX.

O Grove

O Grove é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2018 tiña 10 700 habitantes, mantendo un lento declive desde o 2010, cando alcanzou a cifra de 11.297 habitantes. Forma unha península situada na beira sur da ría de Arousa. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «grovense», «groveiro» ou popularmente «meco».

Piñeiro, Cedeira

San Cosme de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 437 habitantes (230 mulleres e 207 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 407 habitantes.

Praia de San Roque

A Praia de San Roque é unha pequena praia urbana da Coruña situada en San Roque de Fóra, ó oeste de Riazor. Zona rochosa. Ten area fina e está resgardada do vento.

Reinante, Barreiros

Santiago de Reinante é unha parroquia do concello de Barreiros que se atopa na Mariña Oriental, no norte de Galiza. Segundo o IGE en 2011 tiña 146 habitantes (73 mulleres e 73 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.

Limita coa parroquia de A Devesa (Ribadeo) ó oeste e ó sur, ó norte, co Cantábrico e ó leste con S. Miguel de Reinante, Barreiros.

A esta parroquia de Santiago de Reinante pertence parte da praia de Arealonga, onde na festividade parroquial de Santiago (o 25 de xullo) acostuma ter lugar o concurso de esculturas na area.

Seattle

Seattle ( [siˈætəɫ] ) é a cidade máis grande do noroeste dos Estados Unidos. Fundada en 1853, a cidade está localizada no estado de Washington, na rexión de Puget Sound, a 182 quilómetros da fronteira con Canadá. En 2007 tiña unha poboación de 594 210 habitantes e na súa area metropolitana vivían 3 263 497 persoas.

Seattle é un centro comercial, cultural e de tecnoloxía avanzada para o noroeste do Pacífico estadounidense e unha das principais cidades portuarias para o comercio transpacífico e europeo. A zona metropolitana de Seattle está arrodeada por montañas e corpos de auga.

Serra Leoa

Serra Leoa é un país da África Occidental. Limita ao nordés con Guinea, ao sueste con Liberia e ao suroeste co océano Atlántico. A súa capital é Freetown.

Suances

Suances é un municipio e capital municipal da comunidade autónoma de Cantabria, España, situado na costa occidental de devandita rexión. Limita ao norte co Mar Cantábrico, ao oeste con Santillana del Mar, ao sur con Polanco e ao leste coa ría de San Martín de la Arena, desembocadura dos ríos xa unidos Saja e Besaya. Alén da ría de San Martín da Area atópase a praia de Cuchía do municipio de Miengo.

Tíbet

O Tíbet (བོད་ Bodo tibetano e Xizang 西藏 en chinés) é unha rexión xeográfica de Asia, que designa tres entidades distintas:

Rexión Autónoma do Tíbet (西藏自治区 Xīzàng zìzhìqū (Pinyin) བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས་ Bod Rang Skyong Lbyongs) que é unha rexión administrativa da China cun estatuto particular, coma o Xinjiang ou a Mongolia Interior;

a meseta do Tíbet, zona xeográfica situada ao norte do Himalaia, coñecida como «teito do mundo», formada de altas mesetas desérticas dominadas por potentes cadeas de oeste e (Kouen-louen, Trans-Himalaia);

a zona de poboamento Tibetano, correspondente cunha area lingüística onde o tibetano é a lingua maioritariamente utilizada, así como unha área cultural cunha especificidade marcada, cunha relixión común: o lamaísmo, variante do budismo.O nome occidental Tibet, vén do nome mongol Töbüt; non está ligado ao nome tibetano bode. En chinés, o nome antigo do Tíbet e Tufan 吐蕃 (incorrectamente pronunciado Tubo por moitos chineses), mais o nome actual da rexión Xizang 西藏 significa literalmente gTsang occidental, facendo referencia a esta rexión do Tíbet.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.