Arcos da Condesa, Caldas de Reis

Santa Mariña de Arcos da Condesa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 439 habitantes (214 homes e 225 mulleres, distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento con respecto ao ano 2004 cando tiña 424 habitantes, malia que aínda por embaixo dos datos de 1999, con 469.

Debe o seu nome á condesa Munia, filla de Froila Vermúdez, que viviu no lugar de Marán[1]. Durante o Antigo Réxime foi un couto, aínda que non chegou a ser concello propio no momento da configuración dos concellos constitucionais. Actualmente é unha das 9 entidades locais menores de Galiza, recoñecida como tal por Decreto de 18 de xaneiro de 1946.

Coordenadas: 42°34′45″N 08°37′57″O / 42.57917, -8.63250

Entidade local menor
Escudo de Arcos de la Condesa (Pontevedra)
Arcos da Condesa
IAdCondesa
Igrexa parroquial.
ConcelloCaldas de Reis
Poboación439 hab. (2013)
Entidades de poboación9

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Caldas de Reis.
AdCondesa

Sede da Entidade Local

Escudo de Arcos de la Condesa (Pontevedra)

Escudo

Lugares e parroquias

Parroquias de Caldas de Reis

Notas

  1. Sar, M: "Arcos da Condesa", entrada na Gran Enciclopedia Gallega, tomo 2, páx. 161.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Arosa, Arcos da Condesa, Caldas de Reis

A Arosa é un lugar da parroquia de Arcos da Condesa, no concello pontevedres de Caldas de Reis na comarca de Caldas. Tiña 45 habitantes no ano 2014 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 25 eran homes e 20 eran mulleres.

Badoucos, Arcos da Condesa, Caldas de Reis

Badoucos é un lugar da parroquia da Arcos da Condesa, no concello pontevedrés de Caldas de Reis, na comarca de Caldas. Segundo o IGE, en 2018 tiña 43 habitantes (20 homes e 23 mulleres).

Entidade local menor

Dentro da división territorial dos concellos existen casos particulares que se constitúen en Entidades Locais Menores, entes con personalidade xurídica propia de ámbito inferior ó municipal creados para facilita-la administración descentralizada de núcleos de poboación afastados da capital municipal.

Esta figura está presente nas distintas comunidades autonómicas, onde recibe diferentes denominacións: Entidade local autónoma en Andalucía, Entidade municipal descentralizada en Cataluña ou pedanía na Comunidade Valenciana e Murcia. En Galicia recibe tamén o nome de pedanía[Cómpre referencia].

Corresponden ó que tradicionalmente se viña denominando casaríos, parroquias, aldeas, lugares, concellos abertos, anexos e outras figuras análogas. Estas entidades de poboación poden solicita-lo recoñecemento como Entidade Local Menor se cumpren determinadas condicións.

Foxacos, Arcos da Condesa, Caldas de Reis

Foxacos é un lugar da parroquia de Arcos da Condesa, no concello pontevedrés de Caldas de Reis, na comarca de Caldas. Tiña 31 habitantes no ano 2013, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 17 eran homes e 14 mulleres.

O Ameal, Arcos da Condesa, Caldas de Reis

O Ameal é un lugar da parroquia de Arcos da Condesa, no concello pontevedrés de Caldas de Reis na comarca de Caldas. Tiña 72 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 31 eran homes e 41 eran mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.