Arcos

O topónimo Arcos pode referirse a:

Na provincia da Coruña
  • Arcos, parroquia do concello de Mazaricos;
    • Arcos, lugar de dita parroquia.
Na provincia de Lugo
Na provincia de Ourense
Na provincia de Pontevedra
En Portugal

Véxase tamén

Outros artigos

Arcada

En arquitectura denomínase arcada a:

A abertura do arcoUnha serie de arcos.Como formas de arcadas deste tipo, poden distinguirse:

A arcada tradicional.

Se os arcos son cegos ou pechados, chámaselle arcada falsa ou arcada cega.Dáselle o nome de arquería ao conxunto de arcadas falsas ou decorativas.

Arco (arquitectura)

O arco é un elemento arquitectónico sustentante xeralmente de forma curva, que cobre un van entre dous puntos fixos, sobre os que reparte os empuxes exercidos sobre el.

Arco de Triunfo de Barcelona

O Arco de Triunfo de Barcelona (en catalán: Arc de Triomf) é un monumento desa cidade que se ergue na confluencia do paseo de Lluís Companys e o paseo de Sant Joan. Foi construído con motivo da Exposición Universal de 1888 e era a portada de acceso ao recinto feiral. É obra do arquitecto Josep Vilaseca i Casanovas.

Arcos, Antas de Ulla

Santa María de Arcos é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 35 habitantes (20 mulleres e 15 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 40 habitantes.

Arcos, Castroverde

San Paio de Arcos é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 109 habitantes (56 mulleres e 53 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.

Arcos, Chantada

Santa María de Arcos é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Tiña 117 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 64 homes e 53 mulleres. O que supón unha diminución de 42 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 159 habitantes (82 homes e 77 mulleres).

Arcos, O Carballiño

Santa María de Arcos é unha parroquia do Concello do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2009 tiña 209 habitantes (104 homes e 105 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 258 habitantes. Na actualidade a parroquia de Arcos está unida ó mesmo núcleo do Carballiño.

Arcos, Outeiro de Rei

San Pedro de Arcos é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 67 habitantes, deles 37 eran homes e 30 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Arcos de Frades, Pol

Santiago de Arcos de Frades é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 47 habitantes, deles 23 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Arcos de Jalón

Arcos de Jalón é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 1.839 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 441,54 km².

Arcos de la Frontera

Arcos de la Frontera é un concello andaluz, pertencente á provincia de Cádiz.

Arcos de la Llana

Arcos de la Llana é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 1.410 habitantes (INE 2012).

Arquitectura gótica

A arquitectura gótica é o estilo arquitectónico propio da arte gótica, o estilo artístico, comprendido entre o románico e o renacemento, que se desenvolveu na Europa Occidental na Baixa Idade Media, dende finais do século XII até o século XV, aínda que máis aló de Italia continuou até os comezos do século XVI.

O vocábulo «gótico» é o adxectivo correspondente a godo. Foi empregado neste contexto por primeira vez polo tratadista florentino Giorgio Vasari, quen na súa famosa obra de biografías de pintores toscanos, inclúe varios capítulos sobre a arte na Idade Media. Vasari usou este termo en sentido pexorativo para denominar a arquitectura anterior ao Renacemento, propia dos bárbaros ou godos, cuxos compoñentes lle parecían confusos, desordenados e pouco dignos, por contraste á perfección da arte clásica. Na súa época adoitábase denominar como opus francigenum (estilo francés), por referencia á orixe da innovación.

Arquivolta

Unna arquivolta é cada unha das roscas ou molduras que forman unha serie de arcos concéntricos decorando o arco das portadas medievais no seu paramento exterior, percorrendo a súa curva en toda a súa extensión e terminando na imposta. Adoitan arrincar dunha xamba do pórtico e terminar na outra. É moi frecuente o seu uso na arquitectura románica e na arquitectura gótica.

É frecuente que sexa adornado con relevos, segundo se foi estendendo o seu uso. Inicialmente fixéronse decoracións de tipo xeométrico con forma de dentes de serra, axadrezados ou dados, para pasar posteriormente a elementos vexetais e finalmente á decoración con elementos escultóricos de medio vulto (Santos, Apóstolos etc.). O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela é un exemplo magnífico de arquivoltas.

Dous exemplos do arranque de arquivoltas do románico e outros dous de arquivoltas do gótico

Cuntis

Cuntis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.931 habitantes (5.340 en 2005). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cuntense» .

Lea, Pol

San Bartolomeu de Lea é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 41 habitantes (19 homes e 22 mulleres), 3 menos ca en 1999.

Anexo da parroquia de Santiago de Viladonga (Castro de Rei), arciprestado de Azúmara e diocese de Mondoñedo-Ferrol. Limita ao norte con Arcos de Frades, ao sur con Suegos, ao leste con Cirio, e ao oeste, con Fraialde e Viladonga.

Los Arcos

Los Arcos é unha vila e un municipio español situado na Comunidade Foral de Navarra, na comarca de Estella Oriental e a 62 km da capital da comunidade, Pamplona. A poboación do municipio en 2013 era de 31.029 habitantes

Mazaricos

Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2014 tiña 4.289 habitantes (4.939 en 2009, 5.179 en 2007, 5.329 no 2006, 5.488 no 2005, 5.639 no 2004, 5.787 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mazaricán».

Pol

Pol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.738 habitantes (En 2009 tiña 1.865, 1.913 en 2007).

Seoane de Arcos, O Carballiño

San Xoán de Seoane de Arcos é unha parroquia do concello do Carballiño, que fai fronteira entre este e o concello de Cea. Segundo o IGE en 2011 tiña 400 habitantes (192 homes e 208 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 480 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.