Arco Ártabro

O Arco Ártabro ou Golfo Ártabro é a denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, correspondéndose co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Ten un ancho máximo de 5.800 m. e intérnase uns 5.600 m. cara á desembocadura do río Mero na praia de Santa Cristina (Perillo, Oleiros) e forma parte das chamadas Rías Altas (ou Rías Medias, segundo autores[1]).

Arco Ártabro
Golfo Ártabro
'Portus Magnus Artabrorum'
A coruna torre de hercules sunset edit
Localización administrativa
EstadoGalicia Galicia
SubdivisiónA Coruña
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
Xeografía
Subdivisiónsrías de Ferrol
ría de Betanzos-Ares
do Burgo
Afluentesrío Mero
río Mendo
río Mandeo
río Lambre
río Vilariño
río Eume.
Cidades ribeiregasA Coruña
Ferrol
Características
Anchura máxima5.800 m
Mapa
Golfo artabro GL

Golfo Ártabro.

Xeografía

Trátase dunha comarca natural coñecida como As Mariñas Coruñesas, dunha área xeográfica delimitada nitidamente pola morfoloxía do terreo.

Comprende os arciprestados de Ferrol, Xuvia, Bezoucos, Pruzos, Cerveiro, Xan Rozo, Abegondo e Faro.

Caracterízase pola súa apertura ao mar, a modo dun anfiteatro, pechado polos montes da Zapateira, O Xalo, Castromaior, Tieira, O Gato, Queixeiro, Capelada e Forgoselo, e abertas ás rías. Estas rías son de augas tranquilas e costa baixa no interior e grandes acantilados nos seus cabos.

No interior os vales dos ríos Mero, Mendo e Mandeo dividen o territorio. O val do Mero é de maior entidade, os outros dous mais estreitos e os vales dos ríos Lambre, Vilariño e o Eume.

A xeoloxía da comarca caracterizase por comporse de grandes franxas orientadas norte-sur alternando granitos e xistos, localizándose pequenos xacementos de estaño (Arteixo), volframio (Culleredo) e ouro (Covas e Carral) asociados aos granitos.

Economía

Destaca a súa pluralidade de recursos agropecuarios froito do clima e mais a calidade da terra. Este potencial permite unha intensa rotación. A outra das bases económicas da comarca constitúena as reservas pesqueiras e marisqueiras. Os recursos metalúrxicos carecen na maior parte dos casos de interese económico.

Mapa - Mapa de Galicia por Lucas Jansz Waghenaer - Caerte vande zee Custen van Galissien, van Ortugal tot voer biki C. de Finisterre - 1586
Mapa de 1586 (o norte está abaixo).

Historia

Correspóndese co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Estrabón fala no libro III da súa Xeografía de que "os ártabros teñen moitas cidades situadas nun golfo que os navegantes chaman porto dos ártabros". Porén, hai quen interpreta que "porto" só pode designar unha poboación e que este texto debe referirse a unha cidade na que, posibelmente, os romanos pretenderon construír un porto moi grande, e que este plano se desbaratou debido ás guerras púnicas.

Consonte o que é típico na Galicia da Idade de Ferro existen restos arqueolóxicos que amosan unha gran concentración de pequenos núcleos poboacionais indíxenas. Entre eles, os autores clásicos destacan Adobrica, Flavia Lambris ou Flavium Brigantium.

Polo xeral trátanse de castros de pequeno tamaño cunha media de superficie de pouco mais de 0,5 Ha. Entre eles consérvanse restos de castros de distintas tipoloxías: castros de interior e castros costeiros. En ambos os tipos predomina a existencia dun só recinto defensivo. Os de interior sitúanse en cotas de altitude media e con febles sistemas defensivos.

Como excepción existen algúns castros localizados en lugares elevados, nas cabeceiras dos vales cunha finalidade e estrutura defensiva mais definida.

Elviña aceso a croa e muro
Porta de acceso á croa do Castro de Elviña.

Os castros costeiros sitúanse en penínsulas e concentran as súas obras defensivas no istmo.

Entre os numerosos castros pódese falar do Castro de Elviña, Castro de Meirás, Castro de Nostián, Castro da Pastoriza, Castro de Castromaior ou Castro de Lobadiz.

Tamén se atoparon restos de villae romanas que foron obxecto de estudo: a Vila romana de Centroña, a Vila romana de Novelle, a Vila romana de Cambre ou entidades poboacionais rurais máis pequenas coñecidas como vicus, como as atopadas en Carral, Callobre, Sosmelle, Fene...

A poboación indíxena quizais estivese composta por xentes diversas pero todas elas pertencentes ao pobo ártabro, asentado nun espazo definido e cunhas manifestacións culturais comúns (como así nolo fai saber a arqueoloxía cos achados cerámicos e de ourivaría).

Como debeu ocorrer na maioría dos lugares da actual Galicia o proceso de romanización desenvolveuse dun xeito pacífico, un proceso no que houbo un primeiro momento en que os romanos respectaron as estruturas sociais indíxenas, estruturas que co tempo foron adaptando e transformando para adecualas á propia estrutura do Imperio. Este proceso deu como resultado unha sociedade galaico-romana que protagonizou a última etapa da Cultura castrexa.

Côtes d'Espagne partie de la Galice depuis le Cap Ortegal jusqu'au Cap Silleiro d'après les Plans levés en 1787 par Don Vicente Tofiño officier de la Marine d'Espagne
CÔTES
D ' E S P A G N E
PARTIE DE LA GALICE
depuis le CAP ORTEGAL jusqu'au CAP SILLEIRO, 1793.

O proceso de romanización da zona faise patente a través de moitas evidencias (cambios nos deseños urbanísticos, adopción de costumes e deuses romanos, uso de técnicas decorativas romanas...).

No eido da relixión produciuse unha asimilación entre o panteón oficial romano e as divindades indíxenas. As inscricións feitas nas aras votivas atopadas na zona son a fonte máis importante para o estudo deste proceso de asimilación da cultura romana. Na actual cidade da Coruña atopáronse aras dedicadas aos deuses Fortuna, Neptuno, Marte e Xúpiter, mentres no rural atopáronse catro aras todas elas dedicadas a Xúpiter. Preto da igrexa de Meirás atopouse a única ara con inscrición dedicada a un deus do panteón indíxena COSUS ADAVINIAGUS, sendo Cosus unha divindade guerreira asimilable ao deus Marte. A onomástica que aparece nelas tamén serve como medidor do grao de romanización das comunidades indíxenas. En comparación con outras zonas rurais do noroeste peninsular a onomástica indíxena ten moi pouca presenza en detrimento dos nomes romanizados.

Notas

  1. Véxanse estes artigos para aclaracións sobre a nomenclatura

Véxase tamén

Bibliografía

  • Naveiro López, Juan L. El Golfo Ártabro. Arqueología e historia del gran puerto de los Galaicos Lucenses. Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico de A Coruña. (1994).ISBN 84-604-8835-7

Outros artigos

Arco

O termo arco ( pronunciación ) pode referirse a:

Arco: arma portátil de metal, madeira ou outro material, destinada ao lanzamento de setas.

Arco musical: instrumento de corda.

Arco: en arquitectura é unha curva que describe unha bóveda e que se apoia polas súas extremidades en dous puntos sólidos.

Arco: en xeometría é a porción dunha curva continua comprendida entre dous puntos.

Arco: en música é unha vara gornecida de crinas, que serve para tocar o violín, o violoncello etc.

Arco eléctrico ou voltaico: en física, a descarga eléctrica a través dun gas, producindo temperatura moi elevada e luz fortísima.

Arco Ártabro: denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, Betanzos-Ares e do Burgo.

Arco da vella: efecto óptico que se produce cando chove e asemade dá o sol.

Arco de triunfo: tipo de monumento conmemorativo en forma de arco, decorado con inscricións e esculturas.

Arco do carpo: formación anatómica do membro superior, pertencente ao carpo.

Arco: marca de trens de Renfe.

ARCO (feira de arte): Feira Internacional de Arte Contemporánea de Madrid

Bernardo Máiz

Bernardo Máiz Vázquez, nado en Ferrol o 12 de maio de 1950, é un historiador galego.

Campionato de Galicia de fútbol 1938/39

O Campionato de Galicia 1938/39 foi a vixésimo quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Xogouse entre os meses de febreiro e marzo de 1939. O primeiro posto no torneo outorgaba a clasificación para a Copa do Xeneralísimo, disputada por primeira vez nesa mesma tempada.

Por instrucións da Comité Executivo da RFEF de Donostia, nominalmente non foi denominado Campionato, senón Torneo eliminatorio para a Copa do Xeneralísimo. Isto permitía que equipos non federados formados por militares puidesen tomar parte na competición, algo que finalmente non aconteceu en Galicia, mais si noutros campionatos territoriais do resto do estado. Inscribíronse inicialmente o Real Club Celta de Vigo, o Real Club Deportivo da Coruña e o Racing Club de Ferrol, mais finalmente o Celta decidiu non participar no torneo e soamente foi disputado polos dous equipos do Arco Ártabro. O torneo foi disputado en forma de liga a catro voltas, resultando vencedor o Racing de Ferrol.

Castro de Eiravedra

O castro de Eiravedra é un castro de ladeira situado en Sedes Narón.

Castro de Elviña

O Castro de Elviña é un castro galaico, posteriormente romanizado pertencente á coñecida como Cultura castrexa do noroeste peninsular. Está situado na parroquia de San Vicenzo de Elviña, próximo ao actual Campus de Elviña da Universidade da Coruña, nunha pequena elevación que domina as terras dos vales de Elviña e Mesoiro, no concello da Coruña.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Dexo

O topónimo galego Dexo pode referirse a:

Dexo, parroquia do concello de Oleiros;

Dexo, lugar de dita parroquia;

Costa de Dexo-Serantes, espazo natural no Arco Ártabro.

Ferrol (homónimos)

O topónimo Ferrol pode referise a:

Ferrol, concello e cidade da provincia da Coruña. Dá nome a:

Ferrol, parroquia de dito concello;

Ferrol, lugar de dita parroquia;

Porto de Ferrol

Ría de Ferrol, no Arco Ártabro;

Comarca de Ferrol

Ferrol Vello, conxunto histórico da vila de orixe mariñeira, orientado cara ao porto e refuxiado no fondo da ría de xeito compacto;

Ferrol, lugar da parroquia de Rus, no concello de Carballo;

Ferrol, lugar da parroquia da Rigueira, no concello de Xove;

Ferrol Vello, lugar da parroquia de Mera de Abaixo, no concello de Ortigueira.Nos Estados Unidos

Ferrol, aldea do estado de Virxinia;No Perú

Bahía Ferrol, entrante marítimo do litoral do departamento de Áncash;

Islas Ferrol, conxunto de tres illas na costa do departamento de Áncash;

Península del Ferrol, península do centro-oeste do país, no departamento de Áncash.Nas Filipinas

Ferrol, municipalidade na provincia de Romblón.

Galería de imaxes de mapas de cuncas das rías de Galicia

Mapas das cuncas das rías de Galicia

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Illas Gaveiras

As Illas Gaveiras é un pequeno arquipélago galego situado na costa da parroquia de San Xurxo da Mariña, en Ferrol. O arquipélago está formado por dúas illas: a illa Gaveira de Terra e a illa Gaveira de Mar, aínda que en realidade ámbalas dúas están unidas por un cordón rochoso conformando unha illa soa.

Na actualidade a illa atópase despoboada. Non obstante, existe evidencia da presenza de poboados castrexos, probabelmente en relación co castro de Lobadiz situado na costa en fronte das illas, a poucos quilómetro destas. Restos de cerámicas foron atopados nas illas, o que apoia á idea da presenza humana nas illas na antigüidade.

Norte

Norte ou setentrión, símbolo N, é un dos catro puntos cardinais da Rosa dos Ventos, que ven orientado pola Estrela Polar. A orientación determinada polo norte tamén se adxectiva coma ártico, boreal ou setentrional. O seu punto cardinal oposto é o sur.

Rebordelos, Carballo

San Salvador de Rebordelos é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo, na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 218 habitantes (106 homes e 112 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación (Rebordelos, Sambade, Vilar de Peres, Costenla, Cestro, Carballedo e Leira), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.

Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é unha reserva da biosfera declarada o 28 de maio de 2013, que abrangue 17 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A reserva ten unha superficie de 113.970 hectáreas e nela vive unha poboación dunhas 190.000 persoas.

Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000 e un monumento natural.

Ría da Coruña

A ría da Coruña ou ría do Burgo é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das Rías Altas galegas.

Fórmase pola desembocadura do río Mero no mar e baña catro municipios (A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre).

Tamén se coñece polo nome de ría do Burgo, e ás veces utilízase o termo de "ría da Coruña" para referirse á parte da ría situada entre a ponte da Pasaxe e o mar, e o termo de "ría do Burgo" para referirse á parte situada entre a ponte da Pasaxe e o río Mero.

Rías Altas

As Rías Altas é a denominación coa que se coñece a parte setentrional do litoral de Galiza. Caracterízanse en xeral polo seu pequeno tamaño e mais pola súa elevada colmatación. Incluíndo as denominadas Rías Medias (Costa da Morte e Arco Ártabro) neste grupo, as Rías Altas abranguerían a parte norte e noroeste da provincia da Coruña e toda a costa da provincia de Lugo, limitando con Asturias ao leste e co cabo de Fisterra ao suroeste.

Con todo, en hidrografía considérase que o cabo Ortegal marca o punto de separación entre as Rías Altas propiamente ditas e as Rías Medias. En rigor, as Rías Altas son cinco:

Ría de Ortigueira

Ría do Barqueiro

Ría de Viveiro

Ría de Foz

Ría de Ribadeo

Rías Baixas

As Rías Baixas son as rías galegas situadas entre a fronteira portuguesa e o cabo Fisterra.

De sur a norte son:

Ría de Vigo

Ría de Pontevedra

Ría de Arousa

Ría de Muros e Noia

Ría de CorcubiónEntre elas atópanse as seguintes baías e enseadas:

Ría de Baiona

Ría de AldánCaracterízanse polo seu tamaño, grandes en relación ó resto das rías de Galiza, e pola súa orientación transversal á costa. A súa colmatación é relativamente baixa.

Rías Medias

O nome de rías Medias, ou centrais, englobándose ás rías Altas entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares. Formáronse despois das rías Baixas e antes do resto das rías Altas, hai 5 millóns de anos .

Esta costa de rías tamén se pode subdividir en Costa da Morte e Arco Ártabro.

As rías medias son de sur a a norte e de oeste a leste:

Ría de Camariñas.

Ría de Corme e Laxe.

Ría da Coruña ou Ría do Burgo.

Ría de Betanzos.

Ría de Ares.

Ría de Ferrol.

Ría de Cedeira.

Ría de Ortigueira.En xeral son abondo expostas ó mar, é dicir, con entrada ancha en relación á súa profundidade, e excepto as dúas últimas, cunha colmatación media (Cedeira e Ortigueira teñen unha colmatación elevada).

Ártabros (homónimos)

O termo ártabro pode referirse a:

A tribo dos ártabros.

O Arco Ártabro.

O equipo de fútbol gaélico Ártabros de Oleiros.

A Sociedade de Montaña Ártabros.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.