Arciprestados de Galicia

Os arciprestados de Galicia son as agrupacións de parroquias eclesiásticas en que se subdividen as dioceses da Igrexa Católica con xurisdición en Galicia. Algúns dos topónimos fan referencia á comarca, a vila de cabeceira, ou a entidades étnicas prerromanas como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos.

Galicia eclesiastica
División eclesiástica de Galicia en 2008.

Arquidiocese de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela ten 33 arciprestados[1][2] divididos en tres vigairías. Estas, á súa vez, subdivídense en zonas pastorais (13 en total). Esta organización abrangue un total de 1.071 parroquias.[2]

Vigairía de Santiago

  • Arciprestado de Amaía
  • Arciprestado de Bama
  • Arciprestado de Barbeiros
  • Arciprestado da Barcala
  • Arciprestado de Céltigos
  • Arciprestado de Dubra
  • Arciprestado de Duio
  • Arciprestado de Entíns
  • Arciprestado de Ferreiros
  • Arciprestado de Iria Flavia
  • Arciprestado de Nemancos
  • Arciprestado de Ordes
  • Arciprestado de Posmarcos de Abaixo
  • Arciprestado de Posmarcos de Arriba
  • Arciprestado de Sobrado
  • Arciprestado de Soneira
  • Arciprestado de Tabeirós
  • Arciprestado de Ulla
  • Arciprestado de Xiro da Cidade
  • Arciprestado de Xiro da Rocha

Vigairía da Coruña

Vigairía de Pontevedra

  • Arciprestado de Arousa
  • Arciprestado do Lérez
  • Arciprestado de Montes
  • Arciprestado do Morrazo
  • Arciprestado de Ribadumia
  • Arciprestado do Salnés
  • Arciprestado de Umia

En 2009 houbo unha reorganización dos arciprestados, pola que desapareceron algúns arciprestados históricos: Laracha (repartido entre Bergantiños e Riazor); Seaia (integrado en Bergantiños); Berreo de Abaixo e de Arriba (fusionados en Ordes);[3] Vea (integrado en Tabeirós); Benvexo (integrado en Ferreiros); Ponte Beluso (repartido entre Iria Flavia e Posmarcos de Abaixo); Abegondo (repartido entre Alvedro e Xanrozo); Moraña-Caldas e Moraña-Cuntis (fusionados en Umia); Cotobade (integrado en Montes); As Pontes (integrado en Lérez); Piloño e Ribadulla (fusionados en Ulla).[4]

Diocese de Tui-Vigo

A diocese de Tui-Vigo ten 17 arciprestados, logo da ampliación levada a cabo en 2006, cando se crearon catro novos:

Diocese de Ourense

A diocese de Ourense ten 12 arciprestados, logo da reestruturación levada a cabo en 2013 polo bispo Leonardo Lemos Montanet[5]:

  • Arciprestado de Allariz
  • Arciprestado da Baixa Limia
  • Arciprestado do Carballiño
  • Arciprestado de Celanova
  • Arciprestado da Limia
  • Arciprestado dos Milagres
  • Arciprestado de Ourense-Leste
  • Arciprestado de Ourense-Norte
  • Arciprestado de Ourense-Oeste
  • Arciprestado de Ourense-Sur
  • Arciprestado de Ribadavia
  • Arciprestado de Verín

Diocese de Astorga

Da diocese de Astorga hai dous arciprestados en territorio galego:

  • Arciprestado do Barco de Valdeorras
  • Arciprestado da Rúa de Valdeorras

Diocese de Lugo

A diocese de Lugo ten 14 arciprestados, logo da reestruturación do ano 2010[6]:

  • Arciprestado de Abeancos
  • Arciprestado de Becerreá
  • Arciprestado de Camba-Ventosa
  • Arciprestado de Chantada
  • Arciprestado de Cotos de Lugo (dereita)
  • Arciprestado de Cotos de Lugo (esquerda)
  • Arciprestado de Deza-Trasdeza
  • Arciprestado de Ferreira de Pantón
  • Arciprestado da Fonsagrada
  • Arciprestado de Monforte de Lemos
  • Arciprestado de Lugo
  • Arciprestado de Quiroga
  • Arciprestado de Sarria-Samos
  • Arciprestado da Ulloa

Diocese de Oviedo

A arquidiocese de Oviedo ten un arciprestado en territorio galego:

  • Arciprestado do Acebo

Diocese de Mondoñedo-Ferrol

A diocese de Mondoñedo-Ferrol ten 7 arciprestados:

Notas

  1. Monseñor Barrio tiene que suprimir diez arciprestazgos por la escasez de sacerdotes y la sangría de vocaciones
  2. 2,0 2,1 "Organización territorial". Arquidiocese Santiago de Compostela. Consultado o 4 de xullo de 2019.
  3. El arciprestazgo de Bergantiños se hace cargo de las parroquias de los de A Laracha y Seaia
  4. Parroquias de Ares, Lubre, Cervás e Limodre
  5. Diocese de Ourense (ed.). "Diocese de Ourense - Arciprestados e parroquias". Consultado o 15 de xaneiro de 2016.
  6. Diocese de Lugo (ed.). "Obispado de Lugo - Parroquias" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2018.
Arciprestado

O arciprestado é a unha agrupación de parroquias e asemade unha subdivisión das dioceses (ou bispados).

A súa etimoloxía vén de arki ("maior") + preste ("crego", cf. francés prêtre) + ado (sufixo derivativo para formar adxectivos, "relativo a", en referencia ó territorio do que está encargado).

Arciprestado da Guarda-Tebra

O arciprestado da Guarda-Tebra é un arciprestado da comarca do Baixo Miño, pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue parroquias dos concellos de Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño (aínda que a parroquia de Sobrada pertence ó arciprestado de Tui).

Arciprestado da Terra Chá

O Arciprestado da Terra Chá é un dos 7 arciprestados da diocese de Mondoñedo-Ferrol, que comprende as parroquias dos concellos lugueses de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras (agás Ambosores e O Sisto), Vilalba, Xermade e algunhas parroquias dos concellos de Castroverde, Outeiro de Rei e Pol.

Arciprestado de Miñor

O arciprestado do Miñor é un arciprestado da comarca do Val Miñor, pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue parroquias dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

Arciprestado de Santalla de Rei

Para a parroquia homónima, véxase: Santalla de Rei, A Pobra do Brollón.Santalla de Rei foi un arciprestado pertencente á diocese de Lugo que abranguía os concellos de Bóveda e A Pobra do Brollón. Estaba composto por 19 parroquias matrices e 5 anexas.

Hai constancia da súa existencia dende 1645. Dende 2006 formou, xunto co arciprestado do Incio, o Arciprestado do Incio-Santalla de Rei, por falta de sacerdotes na zona. A reestruturación do 2010 levou tamén á desaparición deste arciprestado

Arciprestado de Trasdeza

O arciprestado de Trasdeza foi un dos 29 arciprestados da diocese de Lugo, que comprendía 31 das 33 parroquias do concello pontevedrés de Silleda, quedando desde 2010 incluído no arciprestado de Deza-Trasdeza. O seu nome débese ao nome que daban os xeógrafos de Lugo ás terras de Silleda, antiga xurisdisción de Trasdeza (tras Deza = alén do Deza).

Arciprestado do Incio-Santalla de Rei

O Incio-Santalla de Rei foi un arciprestado pertencente á Diocese de Lugo, que se formou en 2006 coa fusión dos arciprestados de Santalla de Rei e O Incio, por falta de sacerdotes, e desapareceu coa reestruturación de 2010.

Parroquia eclesiástica

A parroquia —do latín eclesiástico parochĭa, e este do grego antigo παροικία paroikía, 'habitar cerca'— é unha división territorial das igrexas cristiás.

En particular, a parroquia encóntrase nas Igrexas Católica, Ortodoxa, Anglicana (Igrexa de Inglaterra), de Escocia, de Suecia, Metodista Unida e Presbiterianas.

O termo parroquia tamén designa á igrexa parroquial e ás comunidade de fieis.

Dioceses
Relacionadas historicamente
Catedrais
Divisións territoriais católicas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.