Arcebispo

Un arcebispo (do grego αρχεπίσκοπος, archepiskopos: arche > primeiro, e epi-skopos > supervisor) é un membro pertencente á orde episcopal cristiá, pero goza dun status superior ao dos "simples" bispos; xeralmente están ao fronte dunha diocese particularmente importante, xa sexa polo seu tamaño, a súa relevancia histórica ou por ámbalas dúas, chamada arquidiocese. Cando un bispo se converte en arcebispo non está sendo, de ningún modo, ordenado nin está recibindo ningún sacramento; en contraste (na maioría das igrexas de goberno episcopal) alguén que é ordenado bispo está sendo consagrado.

Un arcebispo non ten, por forza, maior poder que un bispo; porén, están a cargo de dioceses máis prestixiosas. De calquera modo, moitos arcebispos son tamén os metropolitanos da provincia eclesiástica na que se localiza a súa arquidiocese. Nas igrexas occidentais (p. ex. a católica Latina ou a Anglicana), este é case sempre o caso. Porén, na Igrexa católica, os arcebispos que non son tamén os metropolitanos son chamados Arcebispo ad personam, e non teñen dereito a usar o palio. Nas Igrexas eslavas orientais (tanto católica como Ortodoxa) os arcebispos e os metropolitanos están diferenciados, aínda que un metropolitano pode ser chamado arcebispo metropolitano. Na Igrexa ortodoxa, os arcebispos ostentan un rango maior que o dos metropolitanos e teñen os mesmos dereitos que os metropolitanos ortodoxos eslavos (orientais). A distinción entre arcebispos / metropolitanos continúa, xeralmente, o mesmo patrón na Igrexa Ortodoxa Oriental e na Igrexa Ortodoxa Eslava.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
29 de decembro

O 29 de decembro é o 363º día do ano do calendario gregoriano e o 364º nos anos bisestos. Quedan 2 días para finalizar o ano.

Arcebispo de Canterbury

O arcebispo de Canterbury é o bispo primado da Igrexa de Inglaterra e da Comuñón Anglicana. A súa sé episcopal é a diocese de Canterbury. Funciona tamén como metropolitano da provincia de Canterbury. Considerado un dos cinco grandes, co arcebispo de York e os bispos de Londres, Durham e Winchester. A súa diocese cobre o leste de Kent. O arcebispo de Canterbury é, ex officio, membro da Cámara dos Lores. O actual arcebispo de Canterbury é Justin Welby.

Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Arquieparquía maior de Kiev-Galicia

A arquieparquía maior de Kiev-Galicia é a única arquieparquía maior e sé da Igrexa católica bizantina ucraína, sendo o arcebispo maior actual

.

Barcia, Lalín

Santo Estevo de Barcia é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 261 habitantes (141 mulleres e 120 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 323 habitantes.

Nesta parroquia naceu o bispo de Lugo e arcebispo de Compostela Cayetano Gil Taboada.

Bispo

Un bispo (do grego do Novo Testamento ἐπίσκοπος, epískopos, "supervisor", "gardián") é un membro do clero cristián que ostenta unha posición de autoridade. Dentro das igrexas católica, ortodoxa, anglicana e veterocatólica, así como na Igrexa Asiria Oriental, os bispos pretenden ter sucesión apostólica, é dicir, unha liña directa descendente dos Doce Apóstolos. Dentro destas igrexas, os bispos son aqueles que recibiron o sacerdocio no seu máximo grao, é dicir, o episcopado, e quen poden ordenar sacerdotes e bispos. Algunhas igrexas protestantes e metodistas teñen bispos con funcións similares, aínda que non considéranse herdeiros dos Apóstolos.

O termo epískopos non estaba nos comezos do cristianismo claramente diferenciado do termo presbýteros ("ancián", hoxe en día co significado de sacerdote), pero o termo xa era empregado no seu sentido actual, distinto de sacerdote, nos escritos de Ignacio de Antioquía (finado arredor de 108), e as fontes de mediados do século II xa amosan como todos os centros do cristianismo organizábanse arredor da figura do bispo, empregando unha forma de organización que non variou até a reforma protestante.

Calisto II, papa

Calisto II ou Callistus II en latín (kallistos, o máis belo en grego antigo), nado coma Guido de Bourgogne en Borgoña en data descoñecida e finado en Roma o 13 de decembro de 1124, foi o 162º papa da igrexa católica, entre o 1 de febreiro de 1119 e o día da súa morte. Da familia dos Condes de Borgoña, da Casa Ivrea, resolveu a Querela das Investiduras (45 anos de guerra entre o poder xerárquico do papado e os emperadores xermánicos) e apoiou a peregrinación a Santiago de Compostela, contribuíu nas cruzadas e na fundación da Orde do Císter maila do Temple.

Castelo da Rocha Forte

O castelo da Rocha Forte é un sitio arqueolóxico en proceso de escavación do castelo medieval máis emblemático da mitra compostelá, que tivo un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 ao 1467, ano no que foi destruído ata os seus alicerces polos irmandiños. Nel tiveron lugar feitos moi sinalados da historia de Compostela.

Clemente V, papa

Clemente V (nado en Villandraut en 1264 e falecido en Avignon o 20 de abril de 1314) foi o Papa nº 195 da Igrexa católica, sendo o primeiro que instaurou a sé papal en Avignon.

De nome Bertrand de Got, realizou estudos de dereito canónico en Orleáns e Boloña. Tras rematalos foi nomeado cóengo en Bordeos, vicario xeral en Lión, capelán do papa Bonifacio VIII, bispo de Commninges e, en 1299, arcebispo de Bordeos.

Colexio de Santiago Alfeo

O Colexio de Santiago Alfeo ou Colexio Novo, coñecido na actualidade maioritariamente como Colexio de Fonseca (e como pazo de Fonseca ao edificio que o albergaba), foi un Colexio Maior, xerme da Universidade de Santiago de Compostela, fundado polo arcebispo Alonso III de Fonseca en 1526.

O edificio segue formando parte da Universidade; é a sede da Biblioteca Xeral, e tamén alberga, no antigo refectorio e na capela, a ambos os lados do vestíbulo, salas de exposicións temporais.

Comuñón anglicana

O termo anglicano e o seu derivado anglicanismo, proveñen do latín medieval ecclesia anglicana, que significa igrexa inglesa, utilízase para describir as persoas, as institucións e as igrexas, como así mesmo ás tradicións litúrxicas e conceptos teolóxicos desenvolvidos tanto pola Igrexa de Inglaterra, no particular, como polas provincias eclesiásticas da comuñón anglicana. Tamén se utiliza no referente ás igrexas anglicanas sen comuñón co Arcebispo de Canterbury, como as partícipes do Movemento Anglicano de Continuación e moitas outras completamente independentes.

Diego Xelmírez

Diego Xelmírez foi bispo de Compostela de 1101 a 1136, e o seu primeiro arcebispo segundo privilexio papal do 26 de febreiro de 1120. É unha das personalidades fundamentais da historia de Galiza, pois a súa influencia á fronte do arcebispado de Santiago coincidiu cos reinados, na coroa de Castela, de Afonso VI, dona Urraca e Afonso VII, polo que hai autores que denominas a ese período de corenta anos como a "época de Xelmírez".

Diocese

Diocese ou bispado é o distrito ou territorio cristián en que ten e exerce xurisdición eclesiástica un prelado: arcebispo, bispo etc. Polo tanto é un sinónimo de bispado ou arcebispado. As dioceses agrúpanse en provincias eclesiásticas e subdivídense en arciprestados.

Dámaso II, papa

Dámaso II, nado co nome de Poppo de Brixen en Baviera e finado en Palestrina o 9 de agosto de 1048, foi elixido o Papa n.º 151 da Igrexa católica en 1048.Deposto Bieito IX, Poppo, que era bispo de Brixen, converteuse no terceiro alemán en acceder ao pontificado ao ser designado polo emperador Henrique III lodo de que a súa primeira opción, o arcebispo Halinard de Lión, rexeitase o ofrecemento.

A súa morte repentina (o pontificado durou só 23 días), puido deberse á malaria que contraeu cando se encontraba en Palestrina, onde fora fuxindo do caloroso verán romano.

Igrexa católica bizantina ucraína

A Igrexa católica bizantina ucraína, ou Igrexa greco-católica ucraína (en ucraíno: Українська Греко-Католицька Церква, Ukrainska Hreko-Katolytska Tserkva), é a maior Igrexa particular oriental da Igrexa católica. O primado da Igrexa é o arcebispo maior de Kiev-Galicia e toda a Rus. A Igrexa é unha das sucesoras da aceptación do cristianismo polo gran príncipe Vladímir o Grande de Kiev, en 988. A Igrexa tense estendido coa diáspora ucraína, e a día de hoxe ten uns 40 xerarcas nunha ducia de países en catro continentes, incluíndo outros tres bispos metropolitanos en Polonia, Estados Unidos e Canadá. Dende marzo de 2011 o arcebispo maior é Sviatoslav Shevchuk. Dentro da propia Ucraína, o catolicismo é unha confesión minoritaria, a segunda a distancia da maioría ortodoxa. En canto ao número de fieis, a Igrexa católica ucraína é a terceira igrexa do país, logo da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Moscova e da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Kiev.

Instituto Xelmírez

O Instituto Xelmírez, Instituto Arcebispo Xelmírez ou Arcebispo Xelmírez I, durante moitos anos denominado Instituto Arzobispo Gelmírez, foi o primeiro, e durante moitos anos o único, instituto de ensino secundario da cidade de Santiago de Compostela.

É, polo tanto, un dos cinco "institutos históricos" de Galicia.

Manuel Lago González

Manuel Lago González, nado en Randufe (Tui) o 25 de outubro de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1925, foi un eclesiástico, poeta, teólogo e arqueólogo galego, en lingua galega e castelán. En 1973 foille dedicado o Día das Letras Galegas.

Silvestre II, papa

Silvestre II, nado co nome de Gerberto de Aurillac en Auvernia (Occitania) cara ao 945 e finado en Roma o 12 de maio de 1003, foi o Papa nº 139 da Igrexa católica de 999 a 1003.

Urbano VIII, papa

Urbano VIII (Abril 1568 – 29 de xullo de 1644), nome Maffeo Barberini, foi Papa desde 1623 a 1644.

De nobre ascendencia florentina, era doutor en dereito, exercendo os cargos eclesiásticos de arcebispo de de Nazaret e de Spoleto, nuncio papal en Francia e cardeal.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.