Arcade, Soutomaior

Santiago de Arcade é unha parroquia que se localiza no concello de Soutomaior. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 5.064 habitantes (2.540 homes e 2.524 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un grande aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.086 habitantes.

Arcade
VArcade
Vista xeral de Arcade.
ConcelloSoutomaior
Poboación5.064 hab. (2014)
Entidades de poboación5

Comunicacións

A localidade está atravesada pola N-550, que une Vigo e Tui e a fronteira portuguesa con Pontevedra, Santiago e A Coruña. Conta cunha ligazón coa autoestrada AP-9 a poucos quilómetros e posúe un apeadoiro no que paran algúns trens rexionais e que forma parte do eixo atlántico ferroviario de alta velocidade.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Arcade, Soutomaior.
Igrexa de Santiago de Arcade, Soutomaior

Igrexa de Santiago de Arcade.

EstatuaArcade

Estatua dunha mariscadora, obra de Carlos Tesouro, nos xardíns do Peirao.

Illas Alvedosas, Arcade, Soutomaior

Illas Alvedosas, fronte a Arcade.

Lugares e parroquias

Parroquias de Soutomaior

Véxase tamén

Outros artigos

A Calle, Arcade, Soutomaior

A Calle é un lugar da parroquia de Arcade, no concello pontevedres de Soutomaior na comarca de Vigo. Tiña 2855 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 1420 eran homes e 1435 eran mulleres.

A Devesa, Arcade, Soutomaior

A Devesa é un lugar da parroquia de Arcade, no concello pontevedres de Soutomaior na comarca de Vigo. Tiña 638 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 322 eran homes e 316 eran mulleres.

Ana María Ríos

Ana María Ríos Bemposta, nada en Arcade, Soutomaior, en 1979, é unha peiteadora que se fixo famosa logo de ser retida en Cancún (México) por presunto contrabando de armas.

Apeadoiro de Arcade

Arcade é un apeadoiro de ferrocarril de Adif situado en Arcade (Soutomaior, Pontevedra). Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. Antes da posta en servizo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, tiña a consideración de estación.

Bárbara Iglesias

Bárbara Iglesias, nada en Arcade (Soutomaior) en 1992, é unha piloto galega de bobsleigh. No ano 2012 converteuse na primeira muller española en participar nunha proba oficial da especialidade durante a disputa da proba correspondente a Copa de Europa en Igls, Austria.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Festas de interese turístico de Galicia

A seguinte é unha lista de festas de interese turístico de Galicia. Trátase dunha denominación honorífica outorgada a festexos ou acontecementos que se celebran en Galicia e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico. A declaración de Festas de Interese Turístico Galego é un nomeamento outorgado polo Consello da Xunta de Galicia a través dunha proposta por parte da Consellería de Economía e Industria.

As Festas de Interese Turístico Nacional e de Interese Turístico Internacional, son declaradas pola Secretaría de Estado de Turismo, dependente do Ministerio de Industria.

José Fernández Canosa

José Fernández Canosa, máis coñecido como o Ghaiteiro do Piñeiro ou o Ghaiteiriño, nado en Piñeiro (Aldán) o 1 de decembro de 1935, é un gaiteiro galego.

La Democracia (Arcade)

La Democracia foi un periódico editado en Arcade (Soutomaior) en 1930.

María Obelleiro Hermida

María Obelleiro Hermida, nada en Arcade, Soutomaior, o 4 de abril de 1985, é unha xornalista galega. É a directora de Sermos Galiza.

PO-264

A PO-264 é unha vía da Xunta de Galicia, que vai desde a estrada N-550 en Paredes (Vilaboa) até a mesma estrada en Arcade (Soutomaior).

Ponte Sampaio, Pontevedra

Santa María de Ponte Sampaio é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2008 tiña 1.111 habitantes (590 mulleres e 521 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.244 habitantes.

Toma o seu nome da ponte sobre o río Verdugo que a une coa parroquia de Arcade (Soutomaior). Por ela pasa a vía portuguesa do camiño de Santiago, e nela foi librada a Batalla de Ponte Sampaio, decisiva na guerra da Independencia española contra os franceses o 7 e 8 de xuño de 1809.

Desde 1833 até abril de 1960 foi concello de seu xunto coa parroquia da Canicouva.

Nesta parroquia están a illa da Insuíña e o illote do Castelo, na desembocadura do río Verdugo.

Vilaboa

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6043 habitantes (2943 homes e 3100 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.