Arbo

Arbo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o INE en 2015 tiña 2846 habitantes (4121 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arbés» ou «arbense»[5].

Coordenadas: 42°6′38.84″N 8°18′46.11″O / 42.1107889, -8.3128083

Arbo
Bandeira de Arbo
---
Escudo de Arbo
Concello de Arbo
Casa do Concello.
Situacion Arbo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca da Paradanta
Poboación2.637 hab. (2018)
Área42,9 km²
Densidade61,47 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloArbo
Política (2019[2])
AlcaldeHoracio Gil Expósito (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 6

Outros: Agrupación de Electores de Arbo 5
Eleccións municipais en Arbo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes51,45%
Na rede
http://www.concellodearbo.org/

Toponimia

Unha teoría defende que o topónimo Arbo ou Arvo ten unha orixe hidronímica prerromana. Edelmiro Bascuas sinala un diploma do rei de Galiza Afonso VII no que se mencionaría un ‘’Sanctus Petrus de Arauo’’ xa no século XII. Outras opcións falan do celta “ard bó” (alto da vaca). A última hipótese dálle unha orixe latina, de ARVUM 'campo ou rexión arable'. O lugar de Agrosagro (en Carboentes, Rodeiro) era Arvo Sagro (con similar significado) na Idade Media[6].

Xeografía

O concello está comprendido entre os montes da Paradanta e a ribeira do río Miño. Limita con Melgaço (Portugal) e cos concellos das Neves, A Cañiza e Crecente.

Poboación

Censo total 2.846 (2015)
Menores de 15 anos 268 (9.42 %)
Entre 15 e 64 anos 1625 (57.1 %)
Maiores de 65 anos 953 (33.48 %)

Historia

No concello apareceu unha machada neolítica, en Cabeiras, conservada no museo de Pontevedra. En San Xoán de Arbo existe un petróglifo, preto do río Miño.

O documento escrito máis antigo sobre Arbo e as súas terras é a concesión dun privilexio por parte do rei Afonso VII, que fai ao mosteiro de Melón unha doazón deste territorio. Consérvanse numerosos documentos posteriores en relación con outros privilexios e doazóns do mesmo mosteiro.

O enclave xeográfico que ocupa a zona, fronte á vila de Melgaço á outra banda do río, provocou que se vise directa ou indirectamente afectada por diferentes conflitos bélicos. Así, durante os séculos XVI e XVII tivo lugar a guerra de sucesión trala separación de Portugal da Coroa española con Filipe IV. Xa no século XIX, durante a Guerra da Independencia, en febreiro de 1809 tivo lugar un enfrontamento entre as tropas francesas e os veciños do lugar, que non foron quen de defender a ponte de Mourentán, un paso importante.

Cultura

Símbolos

O escudo heráldico oficial do concello de Arbo foi aprobado mediante decreto en 1995, e ten o seguinte brasonamento:

Ademais, en 2002 aprobouse tamén a bandeira do concello, sobre pano azul, a lamprea de amarelo e no cantón alto, ó batente, un acio de uvas, tamén de amarelo.[8]

Patrimonio

A ponte de Mourentán é unha construción de cachotería do século XVIII, con arco oxival e rasante alomado. Cruza o río Deva, e formaba parte do antigo camiño real que unía Ribadavia con Salvaterra de Miño e Tui. Ten un só van, cunha luz de 12,4 m. Atópase en bo estado de conservación.

Infraestruturas

O concello está atravesado pola estrada PO-400, que vai de Salvaterra de Miño a Crecente. Está conectada con Portugal cunha ponte internacional sobre o río Miño que une o concello coa poboación veciña de Melgaço.

Na estación de Arbo ten parada a liña 6 de Media Distancia de Adif na conexión Vigo-León e mais o tren Intercity Madrid-Vigo.

Economía

Nos últimos anos, a súa poboación decreceu considerabelmente a pesar de que algúns sectores económicos creceron. O máis espectacular foi o caso do cultivo e comercio de viño. Adegas sonadas teñen a súa base aquí (As Laxas, Marqués de Vizhoja, Bodegas Eidosela,...). Grazas á boa calidade do clima, conseguiuse unha variedade de albariño de alta calidade, que pertence ao Consello Regulador das Rías Baixas. Outro sector de importancia é o turismo rural. Existen tres casas de hospedaxe e unha manchea de restaurantes, especializados na lamprea, produto estelar do concello, que lle dedica a súa festa principal no mes de abril.

Evolución da poboación de Arbo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.267 5.245 6.442 5.037 4.018 3.877 3.741 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Arbo.

Lugares de Arbo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Arbo vexa: Lugares de Arbo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Arbo". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Costa, M. (31 de outubro de 2009). "Los nombres de los concellos galegos: A)". Verba escrita.
  7. DOG, ed. (16 de xuño de 1995). "DECRETO 196/1995, do 16 de xuño, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de Arbo.". Consultado o 8 de abril de 2014.
  8. DOG, ed. (25 de abril de 2002). "DECRETO 165/2002, do 25 de abril, polo que se aproba a bandeira do Concello de Arbo (Pontevedra).". Consultado o 8 de abril de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Abelenda do Cuarto, Mourentán, Arbo

A Abelenda do Cuarto é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña 15 habitantes (9 homes e 6 mulleres).

A Fraguiña, Mourentán, Arbo

A Fraguiña é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña catro habitantes (dous homes e dúas mulleres).

Agroi, Mourentán, Arbo

Agroi é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).

Arbo, Arbo

Santa María de Arbo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Arbo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.585 habitantes (789 homes e 796 mulleres) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 1.557 habitantes.

Barcela, Arbo

San Xoán de Barcela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Arbo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 388 habitantes (194 homes e 194 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 418 habitantes.

Cabeiras, Arbo

San Sebastián de Cabeiras é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arbo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 285 habitantes (152 homes e 133 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha gran diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 553 habitantes.

A economía da parroquia susténtase no sector primario, como a viticultura (adega Pazo Pondal) ou a pesca da lamprea.

O monte Chan do Padrón, lindando co concello das Neves, e o punto de maior altitude. En Cabeiras abundan os lugares de sendeirismo con mais de 10 rutas incluso para ciclismo. O 24 de febreiro celébrase o san Brais, o 24 de xullo O Carme, e o 1 de agosto san Fins no monte do mesmo nome.

Na praza da aldea hai un busto en homenaxe a Juan Alonso Rodríguez.

Cequeliños, Arbo

San Miguel de Cequeliños é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arbo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 178 habitantes (84 homes e 94 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 218 habitantes.

Comarca da Paradanta

A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226 habitantes no ano 2014.

Esmoriz, Mourentán, Arbo

Esmoriz é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).

Estación de Arbo

Arbo é unha estación de tren de Adif situada en Arbo, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación de Sela

Sela é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Sela, no concello de Arbo, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Louredo, Mourentán, Arbo

Louredo é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 estaba deshabitado.

Montes da Paradanta

Os montes da Paradanta son unha cadea montañosa que transcorre polos concellos pontevedreses da Cañiza, Arbo e As Neves, en dirección NL-SO. A maior altura chega á cota dos 954 metros no monte Paradanta, situado na Cañiza. Outros montes salientables da serra son o San Nomedio, nas Neves, e o San Fins, en Cabeiras, Arbo.

O último domingo de agosto acolle o curro da Paradanta. Tamén é salientábel a Romaría da Franqueira.

Mourentán, Arbo

San Cristovo de Mourentán é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arbo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 571 habitantes (282 homes e 289 mulleres) distribuídos en 63 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 738 habitantes.

O Coto de Barcia, Mourentán, Arbo

O Coto de Barcia é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).

O Outeiro de Abelenda, Mourentán, Arbo

O Outeiro de Abelenda é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña 12 habitantes (7 homes e 5 mulleres).

O Pazo de Sande, Mourentán, Arbo

O Pazo de Sande é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña con dous habitantes, dous homes.

Riás, Mourentán, Arbo

Riás é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres).

Sela, Arbo

Santa María de Sela é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arbo. Segundo o IGE en 2012 tiña 406 habitantes (197 mulleres e 209 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 534 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.