Araucaria

Araucaria é un xénero de árbores coníferas da familia Araucariaceae. Existen 19 especies no xénero, cunha distribucións altamente espallada. En Galicia é común atopala en parques e xardíns urbanos e areas residenciais. Comunmente coñécense coma araucarias, aínda que moitas especies reciben en galego o nome de piñeiros, por séren coníferas, pero cómpre non confundilas cos verdadeiros piñeiros, árbores do xénero Pinus.

Moitas das poboacións actuais son relictas.

Atópanse en bosques e estepas, cunha afinidade para os sitios expostos. Estas árbores verticais son fósiles viventes, da idade Mesozoica. Os rexistros fósiles demostran que o xénero tamén estivo antes no hemisferio norte até o final do período Cretáceo.

A especie Araucaria araucana é a árbore nacional do Chile; os nativos mapuches de Chile central e do suroeste da Arxentina utilizan a semente da araucaria coma alimento. Moitas veces tense chamado á araucaria "piñeiro", malia que a súa relación cos piñeiros (Pinus) está moi afastada.

Araucarias (xénero Araucaria)
Araucaria angustifolia.

Araucaria angustifolia.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Araucariaceae
Xénero: Araucaria
Juss.
Especies

Ver texto

Etimoloxía

O nome do xénero, e o común galego, deriva da rexión de América do Sur chamada Arauco, onde moran os nativos mapuches do Chile central e do suroeste da Arxentina.

Distribución

Nas Américas atópanse na Patagonia da Arxentina, Chile, e sur e parte do sueste do Brasil e o leste do Paraguai. En 1835, Charles Robert Darwin – na súa viaxe arredor do mundo no HMS Beagle - descubriu un bosque con máis de 52 araucarias fósiles en posición de vida, en Paramillos de Uspallata. En Oceanía na Nova Caledonia (onde trece especies son endémicas), Illa Norfolk, sueste da Australia, Illa de Nova Guinea,

Descrición

Son principalmente árbores grandes cun toro ergueito, groso, masivo, acadando unha altura de 30 a 80 m. As pólas acostuman ser horizontais e ben separadas; estando cubertas con follas coriáceas ou aciculares.

Nalgunhas especies, as follas son lanceoladas e de forma estreita, pouco imbricadas, noutras son anchas e planas, amplamente imbricadas. As árbores son sobre todo dioicas, os conos masculinos e femininos preséntanse en árbores separadas.

Os conos femininos, xeralmente na copa da árbore, son globosos, e varían de tamaño segundo a especie a partir dun diámetro de 7 a 25 cm. Conteñen de 80 a 200 sementes, grandes e comestíbeis, semellantes ás torcas de piñeiro, pero maiores. Os conos masculinos son mái miñudos, de 4 a 10 cm, con forma de cilindro, de 1,5 a 5 cm de largo.

Por mor ao seu crecemento tan amodo, non ten a mesma difusión que outras especies de árbores ornamentais, porén é posíbel ver algúns exemplares nos parques e prazas de Galicia e gran parte do mundo.

Usos

As araucarias, inclusive o piñeiro do Paraná (Araucaria angustifolia) son excelentes plantas para seren cultivadas coma árboriñas a xeito de 'bonsai' oriental, conforme as antigas tradicións da China e do Xapón.

Adoitan empregarse coma arbores ornamentais en parques e xardíns. En Galicia son comúns na xardinaxe de pazos e cidades.

Clasificación e lista das especies

O xénero divídese en dúas seccións, sendo algunhas veces tratados como xéneros separados:

Sección Araucaria

Follas extensas; piña con máis de 12 cm de diámetro; xerminación hipoxea da semente.

Sección Eutacta

Follas estreitas, forma de furador; piña con menos de 12 cm de diámetro; xerminación epixea da semente.

    • Araucaria bernieri. Nova Caledonia.
    • Araucaria biramulata. Nova Caledonia.
    • Araucaria columnaris. Piñeiro de Cook. Nova Caledonia.
    • Araucaria cunninghamii. Piñeiro da Baía Moretón. Leste da Australia, Nova Guinea.
    • Araucaria heterophylla. Araucaria da Illa de Norfolk Araucaria excelsa. Illa Norfolk.
    • Araucaria humboldtensis. Nova Caledonia.
    • Araucaria laubenfelsii. Nova Caledonia.
    • Araucaria luxurians. Nova Caledonia.
    • Araucaria montana. Nova Caledonia.
    • Araucaria muelleri. Nova Caledonia.
    • Araucaria nemorosa. Nova Caledonia.
    • Araucaria rulei. Nova Caledonia.
    • Araucaria schmidii. Nova Caledonia.
    • Araucaria scopulorum. Nova Caledonia.
    • Araucaria subulata. Nova Caledonia.

En Galicia

Existen varios exemplares de diferentes especies de araucarias que figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, o que demostra o seu cultivo ornamental dende hai séculos.

Galería de imaxes

Araucaria araucana playa

Araucaria araucana (Provincia do Neuquén).

Araucaria cunninghamii

Araucaria cunninghamii.

Norfolkpine001

Araucaria heterophylla.

Araucaria mirabilis

Araucaria mirabilis (fósil)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alameda de Santiago de Compostela

A Alameda de Santiago de Compostela, ou o Parque da Alameda de Santiago de Compostela constitúe o parque urbano máis destacado da cidade de Santiago de Compostela.

América do Sur

América do Sur ( pronunciación ), tamén chamada Suramérica ( pronunciación ), anteriormente coñecida simplemente como América (1507-1538), é o subcontinente austral de América. Está atravesada pola liña ecuatorial no seu extremo norte, quedando así a maior parte do seu territorio comprendida dentro do hemisferio sur. Está situada entre o océano Atlántico e o océano Pacífico, que delimitan os extremos leste e oeste respectivamente, mentres que o mar Caribe delimita polo norte e o océano Antártico o seu extremo sur. Ocupa unha superficie de 17,8 millóns de km², o que representa un 42% do continente americano e un 12% das terras emerxidas, e está habitada polo 6% da poboación mundial.Inclúe hoxe en día doce países: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname, Uruguai e Venezuela, aínda que hai libros que inclúen á nación caribeña de Trinidad e Tobago por atoparse sobre a plataforma continental de Venezuela. Os países que bordean o mar Caribe —Colombia, Venezuela, Güiana, Suriname e Trinidad e Tobago e tamén a Güiana Francesa, que é un departamento de ultramar de Francia, e Aruba, Curaçao e o estado de Bonaire pertencentes ao Reino dos Países Baixos— coñécense en conxunto como o Caribe suramericano, mentres que Arxentina, Chile, Uruguai e o sur de Brasil, forman o Cono Sur, unha rexión do subcontinente que se caracteriza polos máis altos estándares de calidade de vida e desenvolvemento en relación ao resto de Latinoamérica. Colombia e Venezuela, ademais de estaren na rexión Caribe, pertencen tamén xunto a Bolivia, Ecuador e Perú á zona andina e aos países da conca do Amazonas.

Desde o século XVI ata principios do século XIX a maior parte de América do Sur estaba dividida en colonias gobernadas, maioritariamente, por España e Portugal, seguidas por unha colonia do Reino Unido, unha de Francia e outra dos Países Baixos que se foron convertendo en repúblicas, coa excepción da Güiana Francesa convertida en Departamento de Ultramar francés (Rexión Ultraperiférica europea) e as illas Malvinas e illas veciñas. Aínda que o límite actual de América do Sur con América Central se sitúa nunha liña imaxinaria na selva do Darién, foi a partir da construción da Canle de Panamá que se comeza a asociar este país con América Central en medios anglosaxóns. Finalmente no ano 1955, Panamá pasa a formar parte de América Central xeograficamente, pero mantén lazos históricos e culturais con América do Sur.

Araucaria australiana

A araucaria australiana ou piñeiro bunia (Araucaria bidwillii), é unha árbore sempreverde conífera no xénero Araucaria, da familia Araucariaceae. É nativa do sueste de Queensland con dúas poboacións separadas no norte do trópico de Queensland, e moitos excelentes exemplares plantados en Nova Gales do Sur. Medra até 50 m de alto.

É o último sobrevivente da sección Bunya do xénero Araucaria. Esta sección era diversa e estendida durante o mesozoico con algunhas especies tendo unha morfoloxía do cono similar a A. bidwillii, que apareceu durante o xurásico. Fósiles da sección Bunya atopáronse en América do Sur e Europa.

É menos frecuente que outras araucarias coma ornamental, aínda que si o atopamos nalgúns xardíns de Galicia.

Araucariaceae

Véxase Pinidae para unha introdución a estes gruposAs araucariáceas (nome científico Araucariaceae) son unha familia de coníferas da orde Araucariales, comprende 3 xéneros. Son árbores de longa vida, altamente resinosos, usualmente moi simétricos e cónicos. Os conos son solitarios, máis ou menos erectos, e pesados, as escamas ovulíferas cada unha cun óvulo, sementes grandes. A familia está practicamente restrinxida ao hemisferio Sur.

Bandeira da Illa Norfolk

A bandeira da Illa Norfolk foi adoptada o 21 de outubro de 1980. Mostra o piñeiro da Illa Norfolk (Araucaria heterophylla).

É parecida á bandeira de Canadá que emprega só dúas cores e un símbolo local prominente no medio. Tamén ten unha proporción de 1:2. Mais non ten o rectángulo canadense

Bosque

Un bosque (da palabra xermánica busch: arbusto e por extensión monte de árbores), ou foresta (do latín foresta) se é de grande extensión, é unha superficie con gran densidade de árbores pero con presenza de estratos arbustivos, herbáceos e musgos máis ou menos importantes. Estas comunidades de plantas cobren grandes áreas do globo terráqueo e funcionan como hábitats dos animais, moduladores de fluxos hidrolóxicos e conservadores do solo, constituíndo un dos aspectos máis importantes da biosfera da Terra. Aínda que a miúdo consideráronse como consumidores de dióxido de carbono, os bosques maduros son practicamente neutros en canto ao carbono, e son soamente os alterados e os novos os que actúan como devanditos consumidores. De calquera xeito, os bosques maduros xogan un importante papel no ciclo global do carbono, como reservas estables de carbono e a súa eliminación comporta un incremento dos niveis de dióxido de carbono atmosférico.

Os bosques encóntranse en tódalas rexións en que é posible o seu crecemento, ata a altitude chamada "a liña das árbores" (liña tope imaxinara a partir da cal non se dá o crecemento, debido ó frío ou a escaseza de osíxeno) e excepto en zonas de baixa pluviosidade ou risco frecuente de incendios forestais. En xeral, os bosques conteñen un gran número de árbores de diferentes especies e alturas combinadas con capas de vexetación baixa, o que proporciona unha eficiente distribución da luz solar. Os bosques ás veces conteñen moitas especies de árbores dentro dunha pequena área (como a selva chuviosa tropical e o bosque temperado caducifolio), ou relativamente poucas especies en áreas grandes (por exemplo, a taiga e bosques áridos montañosos de coníferas). Un bosque, na súa forma natural, é o fogar de moitas especies animais e vexetais, e o peso da súa biomasa nun quilómetro cadrado dado é alto, comparado con outros ecosistemas. A maior parte desta biomasa áchase no subsolo nos sistemas de raíces e como detritos de plantas parcialmente descompostos. O compoñente leñoso dun bosque contén lignina, cuxa descomposición é relativamente lenta comparado con outros materiais orgánicos como a celulosa e outros carbohidratos.

A ciencia que estuda os bosques como explotación comercial denomínase silvicultura.

Callitris pancheri

Callitris pancheri é unha especie de conífera da familia das cupresáceas (Cupressaceae).

En numerosos textos de botánica aparece denominada co seu antigo sinónimo Neocallitropsis pancheri (que era a única especie do xénero Neocallitropsis).

Chile

Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte por Perú, ó leste por Bolivia e Arxentina, totalizando 6.339 km de fronteiras terrestres, ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo Océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile.Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas. A primeira delas, situada na costa occidental do Cono Sur e coñecida como Chile continental, comprende unha longa e estreita franxa de terra que se estende, maiormente, entre a ribeira suroriental do océano Pacífico e a cordilleira dos Andes, desde os 17º29'57'S ata os 56º32'S de latitude, ao longo de 4.270 km. O seu ancho máximo alcanza os 445 km no paralelo 52º21'S e o seu ancho mínimo, os 90 km en 31º37'S. A segunda, denominada Chile insular, corresponde aos territorios insulares no océano Pacífico Sur: por unha banda, o arquipélago Juan Fernández e as illas Desventuradas, pertencentes a América do Sur; doutra banda, a illa Sala y Gómez e a illa de Pascua, situadas na Polinesia. Chile continental e Chile insular totalizan unha superficie de 756.096,3 km². A terceira, chamada Territorio Chileno Antártico, comprendida entre os meridianos 90º e 53º oeste, é unha zona da Antártida de 1 250 257,6 km² sobre a cal Chile reclama soberanía, prolongando o seu límite meridional ata o Polo Sur. Esta reclamación está conxelada de acordo ao estipulado polo Tratado Antártico, do que Chile é signatario, sen que a súa firma constitúa unha renuncia. Localízase tamén en Chile a punta sur de América do Sur: o Cabo Horn, que é tamén o punto máis próximo da Antártida. Tamén en Chile está o lugar considerado como o máis seco do planeta: o Deserto de Atacama.

Debido á súa presenza en América, Oceanía e a Antártida, Chile defínese a si mesmo como un país tricontinental.Ademais, Chile exerce dereitos exclusivos, reclamacións de diverso grao e soberanía sobre o seu espazo marítimo, chamado Mar chileno. Este comprende o mar territorial (120.827 km²), a zona contigua (131.669 km²), a zona económica exclusiva ou «mar patrimonial», cunha superficie total de 3 681 989 km², e a correspondente plataforma continental, cunha superficie de 145.194 km², que tamén forman parte do territorio chileno Chile posúe un bordo costeiro de 6.435 km de lonxitude.Os seus máis de 17 millóns de habitantes alcanzan índices de calidade de vida, e porcentaxe de globalización que se atopan entre os máis altos de América Latina.

Colombia

Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o Mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa. Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.

Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado.

Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina, forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD. Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.

Espermatófita

As espermatófitas ou, como din outros, respectando as normas de adaptación de cultismos de orixe grecolatina, os espermatófitos (Spermatophyta) é un taxon, con categoría de superdivisión, que inclúe as plantas que producen flores e, por tanto, sementes.

O nome científico provén do grego σπέρμα spérma, "semente") e φυτόν phytón, "planta", é dicir, "as plantas con semente". A circunscrición do grupo (é dicir, os taxons dos que se compoñe) coincide exactamente coa do antigo taxon ao que Linné deu o nome de fanerógamas que, por tanto é un sinónimo deste grupo.

A causa que nas espermatófitas o gran de pole produce un tubo polínico para chegar ao óvulo e facer posíbel a fecundación, o grupo tamén se chamou embriofitinas sifonógamas (do grego έμβρυον émbryon, "embrión"; φυτόν phytón, "planta"; σίφων sífon, "tubo" e γάμος gámos, "unión sexual"; literalmente, "plantas con embrión nas que a unión sexual ocorre nun tubo"). Tamén recibiron o nome de antófitos, que significa plantas con flores.

As veces, na literatura científica refírese xenericamente a este grupo como embriofitinas, deixando fóra as embriofitinas asifonógamas, que se reproducen por esporas, como os musgos e os fieitos e afíns.

Hoxe en día as espermatófitas son, con moita diferenza, a liñaxe máis extensa de plantas vasculares, cunhas 270.000 especies viventes. Un só subclado é o responsábel desta diversidade: as anxiospermas (as plantas con sementes encerradas en froitos). Outros subclados, normalmente agrupados como ximnospermas, son os das Pinophyta, Cycadophyta, Ginkgophyta e Gnetophyta, todas elas con plantas que producen sementes espidas.

Fósil vivente

Un fósil vivente é un taxon existente que é moi semellante a organismos que só eran coñecidos como fósiles. Para ser considerada un fósil vivente, a especie debe ser vella en relación co momento de orixe do clado hoxe existente. Os fósiles viventes son normalmente liñaxes con poucas especies, pero non necesariamente.

Os fósiles viventes mostran o fenñomeno da estase ao longo de escalas de tempo xeolóxicas. A literatura popular pode afirmar erradamente que un "fósil vivente" non experimentou unha evolución significativa desde o tempo dos fósiles similares a el, o que implica que tampouco sufriu practicamente evolución molecular ou morfolóxica, pero as investigacións científicas desminten esa idea.Os cambios superficiais mínimos dos fósiles viventes non implican ausencia de evolución, senón que son exemplos de selección estabilizante, que é un proceso evolutivo, e quizais o proceso dominante na evolución morfolóxica.

Piñeiro de Chile

O piñeiro de Chile , araucaria de Chile ou pehuén (Araucaria araucana) — é unha especie arbórea pertencente a xénero de coníferas Araucaria da familia Araucariaceae. É unha especie arbórea endémica do distrito do Pehuén dos bosques subantárticos, no extremo noroeste da Patagonia arxentina e no centro-sur de Chile, estando distribuída en zonas moi restrinxidas do cordal dos Andes e, en menor grao, na cordal da Costa chileno.

Piñeiro de Norfolk

O piñeiro de Norfolk, araucaria da illa de Norfolk ou araucaria excelsa (Araucaria heterophylla; sinónimo: A. excelsa) é unha conífera distintiva, membro da antiga familia Araucariaceae. O seu nome vernacular débese a que esta árbore, que non é un piñeiro, é endémica da illa Norfolk, Australia, aínda que actualmente está amplamente cultivada en todo o mundo polo seu valor ornamental. De grande porte, pode ser encontrada tanto en rexións frías como quentes.

Coñécese tamén como piñeiro de Norfolk debido a que foi nesa illa perdida no océano Pacífico onde o lendario capitán Cook -o mariño inglés James Cook-, na súa segunda viaxe en 1774, descubriu os espléndidos bosques desta especie e informou debidamente ao almirantado. Os troncos de Araucaria heterophylla, rectos, fortes, de até 50 m de altura, foron uns bos mastros para a Real Armada inglesa.

O seu maior atractivo consiste na exacta simetría da ramaxe, xa que desde o recto tronco emite as súas pólas case horizontais ou levemente oblicuas, en número de cinco, formando pisos; o plano de cada piso é un pentágono perfecto. A follaxe está formada por follas con escamas. As follas son agullas, de 1 a 1,5 cm de lonxitude, cerca de 1 mm de espesura na base, en árbores novas, e encurvadas, de 5 a 10 mm de lonxitude. As piñas miden de 10 a 12 cm e de 12 a 14 centímetros de diámetro, e botan 18 meses para madurecer, cando se abren e liberan os piñóns, que son comestibles.

O nome científico "heterophylla" ("diferentes follas") é pola variación das follas entre as plantas novas e as adultas.

É unha árbore dioica (froitos masculinos e femininos en distintas plantas), aínda que tamén pode ser monoica. Os froitos son conos globosos de até 12 cm de diámetro. A reprodución sexual da especie asegura a conservación da simetría, mentres que a obtención agámica de exemplares non podería asegurala.

A árbore adoita acadar alturas que van desde os 50 aos 80 m. En moitas partes do mundo son usadas como plantas decorativas de interiores (na súa etapa xuvenil), xa que é unha especie de crecemento lento.

Piñeiro do Paraná

O piñeiro do Paraná ou araucaria do Brasil (Araucaria angustifolia), en guaraní: curí, é unha especie arbórea pertencente á familia Araucariaceae, orixinaria da Rexión Sur do Brasil e da provincia arxentina de Misiones, aínda que tamén existe unha pequena poboación no Paraguai, no departamento do Alto Paraná e se dá espontaneamente na Serra dos Ríos, no nordés do Uruguai. Como todas as araucarias, é unha planta dioica, é dicir, presenta os xéneros masculino e feminino en pés distintos.

É símbolo do estado brasileiro do Paraná e a súa capital, a cidade de Curitiba, así como de São Carlos no estado de São Paulo, así como da cidade de San Pedro en Misiones, Arxentina.

En Galiza plántase coma ornamental, sendo común en xardíns urbanos e palacianos. Algúns exemplares acadan talles monumentais.

Pontedeume

Pontedeume é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. O seu xentilicio é eumés/eumesa. É un concello pequeno (29,3 km²) que en 2014 tiña unha poboación de 8 117 habitantes cunha alta densidade de poboación (277 hab./km²). Está situado entre as cidades da Coruña (38 km) e Ferrol (18 km), e preto de Betanzos (26 km) e As Pontes (31 km).

A vila de Pontedeume é unha das poucas poboacións galegas que conserva o seu centro histórico. As súas rúas e prazas manteñen moitos elementos tradicionais como os soportais, as casas con balcóns de madeira e galerías acristaladas, as fontes públicas e un gran número de edificios monumentais. Todo isto, unido a unha gran riqueza paisaxística e natural na súa contorna, fixo que en 1971 a comarca eumesa fose declarada Conxunto histórico e paraxe pintoresca. Pontedeume é un importante destino turístico, no seu territorio está un dos portais de acceso e o Centro de Interpretación do Parque Natural das Fragas do Eume. Por Pontedeume pasa o Camiño de Santiago, o Camiño Inglés.

Río Grande do Sur

O Río Grande do Sur é o estado máis meridional do Brasil. Limita ó norte co estado de Santa Catarina, ó leste co Océano Atlántico, ó sur coa República Oriental do Uruguai e ó oeste coa República Arxentina. A súa capital é Porto Alegre.

Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia dende o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.