Aranga

Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arangués»[5].

Coordenadas: 43°14′00″N 08°00′57″O / 43.23333, -8.01583

Aranga
Escudo de Aranga
ConcelloAranga
Casa do Concello
Situacion Aranga
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación1.894 hab. (2018)
Área119,6 km²
Densidade15,84 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloPonte Aranga
Política (2019[2])
AlcaldeAlberto Platas (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Aranga
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes92,39%
Na rede
www.aranga.gal
Concello de Aranga
Mapa de Aranga coas súas parroquias.

Xeografía

Situación

Ten unha superficie de 119,6 km². Limita cos concellos de Guitiriz (da provincia de Lugo), Curtis, Oza-Cesuras, Coirós, Irixoa e Monfero. O concello está atravesado polo río Mandeo. Está situado a 40 km ao sueste da capital da provincia. Ten unha altitude media de 262 m sobre o nivel do mar.

Demografía

É un dos dous únicos concellos da provincia da Coruña que se considera concello rural marxinal (a poboación agraria supera o 70 % do total de poboación activa).

Censo total 2014 2033 habitantes
Menores de 15 anos 118 (5,8 %)
Entre 15 e 64 anos 1136 (55,88 %)
Maiores de 65 anos 779 (38,32 %)
Evolución da poboación de Aranga   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4710 4980 4618 2723 2274 2142 2113 2072 2051 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Consérvanse restos prehistóricos. Xunto á ermida de San Vitorio hai varios campos de dolmens e un castro. Na Costa do Sal hai varios petróglifos, mámoas e outros restos.

En Fervenzas existen tres castros: Castro do Valló, nos Casarellos e o castro das Cotorras. Aprézase ben toda a súa estrutura, as murallas e o antecastro. Na parroquia atopáronse outros restos arqueolóxicos, como pequenos utensilios, machados, puntas de frechas, e restos de enterramentos, especialmente nos arredores do Mato.

En Muniferral hai un castro, no que se aprecia ben toda a súa estrutura. En Feás está documentada a existencia dun castro denominado Castro de Flores, no lugar coñecido como Flores ou A Feira. Nas inmediacións do mesmo produciuse o achado dun torque, actualmente depositado no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid, e que aparece catalogado como torque de Ois (o lugar de Flores, e o propio castro, sitúanse da cabalo dos concellos de Coirós, parroquia de Santa María de Ois, e Aranga, parroquia de Feás), pero que tamén é coñecido como torque de Flores.

Arquitectura relixiosa

A igrexa de Muniferral é un templo románico, do século XII. A igrexa de San Paio é barroca, do século XVII. Na capela do Cristo consérvase a Santa Cruz, de latón do século X.

Son numerosos os cruceiros existentes nas distintas parroquias do concello. O cruceiro de San Vicente de Fervenzas está datado entre finais do século XV e principios do XVI. A capela de San Salvador de Fervenzas aparece citada no Catastro de Ensenada.

Arquitectura civil

A ponte sobre o río Mandeo en Ponte Aranga, data do século XVII. A Ponte Vella, na Castellana, tamén sobre o río Mandeo, data do século XVI, sendo posteriormente reformada. Por esta ponte pasaba o camiño real da Coruña a Lugo.

Existen varias pazos ou casas grandes de interese, como é o caso da casa do Vinculeiro, no lugar da Lagoa, na parroquia de Feás, hoxe en deficiente estado de conservación, e que presenta un interesante portalón de pedra.

Aranga na cultura popular

A Santa Cruz e a fonte de Aranga teñen propiedades curativas, ó dicir dos veciños. Para curar dalgunha enfermidade, o doente debe lavarse coa auga que se vai acumulando na cruz de pedra ó pé da fonte. Do mesmo xeito, para conseguir ter fillos, o interesado debe lavar as súas partes con esta auga, e disque tamén é eficaz para protexer as colleitas das diferentes pragas [6].

Cantigueiro

  • A verdadeira Cruz de Aranga / queda sentada na porta / mirando para os romeiros / como lle soben a costa.[7]
  • Pasei a ponte de Aranga, / non a pasei por ladrón, / paseina por bo mozo, / porque tamén eu son.[8]
  • Verdadeira cruz de Aranga/ que has de dar ós teus romeiros/ auguiña da túa fonte,/ sombra dos teus castiñeiros.[6][7]

Aparece tamén Aranga na terceira estrofa da «Cantiga da montaña» de Aurelio Ribalta: De Trasanquelos á Curtis, / dende Vilacoba a Aranga, / dende Monfero a Sobrado, / dende Libureiro a Caldas, dende Santiago a Millide[9]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Aranga.
Fonte de Santa Cruz. Aranga. Galiza

Fonte de Santa Cruz.

Aranga, Galiza

Pico montañoso.

Reflexos no río Mandeo. Aranga. Galicia

Reflexos no río Mandeo.

Pisada de Roldan, Cambás, Aranga

Pisada de Roldán.

Lugares de Aranga

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Aranga vexa: Lugares de Aranga.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións municipais de 2019
  3. Saúdo do alcalde, consultado o 14-09-2019
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Universidade de Vigo. p. 40. ISBN 978-84-8158-706-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4.11.2018.
  6. 6,0 6,1 Gran Enciclopedia Galega III, s. v. Aranga.
  7. 7,0 7,1 Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 104. ISBN 978-84-9812-210-7.
  8. "Lugar de referencia: Aranga". Portal de ditados tópicos galegos.
  9. Ribalta, Aurelio (7.11.1897). "Cantiga da montaña". Revista Gallega (A Coruña) (139): 4.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

A Maía, Cambás, Aranga

A Maía é un lugar da parroquia de Cambás no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña quince habitantes (sete homes e oito mulleres).

Apeadoiro de Aranga

O apeadoiro de Aranga foi un apeadoiro de Adif, situado na parroquia de Vilarraso no concello de Aranga, provincia da Coruña. Próximo ós lugares tanto do Apeadeiro de Orosa coma ó do Apeadeiro, este último na parroquia de Aranga, estaba situado na liña férrea A Coruña-León e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Aranga, Aranga

San Paio de Aranga é unha parroquia que se localiza no centro-leste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 520 habitantes (273 homes e 247 mulleres) distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 643 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Pruzos.

Baltar, Cambás, Aranga

Baltar é un lugar da parroquia de Cambás no concello coruñés de Aranga na Comarca de Betanzos. Tiña 8 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 5 eran homes e 3 eran mulleres.

Boade, Cambás, Aranga

Boade é un lugar da parroquia de Cambás no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 10 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 6 eran homes e 4 eran mulleres.

Brixeu, Cambás, Aranga

Brixeu é un lugar da parroquia de Cambás no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 5 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 3 eran homes e 2 eran mulleres.

Cabo de Aldea, Cambás, Aranga

Cabo de Aldea é un lugar da parroquia de Cambás no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 18 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 10 eran homes e 8 eran mulleres.

Cambás, Aranga

San Pedro de Cambás é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 439 habitantes (219 mulleres e 220 homes) distribuídos en 38 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Pruzos.

Castelo de Aranga

O castelo de Aranga, tamén coñecido como castelo de Almanzor, Hermanzón ou Barmanzón, foi construído na Alta Idade Media no territorio de Pruzos enriba do antigo Castro de Almanzor, sito a 317 m de altitude nun outeiro que domina a desembocadura do río Cambás no río Mandeo, con boas condicións de defensa natural. As ruínas están próximas ó lugar do Barreiro, na parroquia de Aranga, no concello de Aranga.

Comarca de Betanzos

A comarca de Betanzos é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Betanzos. Pertencen a ela os concellos de Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. Ten unha superficie de 669,3 km² e no 2014 tiña 38.768 habitantes.

Cordal de Montouto

O cordal de Montouto é unha importante elevación divisoria das provincias da Coruña e Lugo, entre os concellos de Aranga e Guitiriz.

Feás, Aranga

San Pedro de Feás é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 114 habitantes (62 homes e 52 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.

Muniferral, Aranga

San Cristovo de Muniferral é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 289 habitantes (153 homes e 136 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 389 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.

Negrelle, Cambás, Aranga

Negrelle é un lugar da parroquia de Cambás no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 17 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 8 eran homes e 9 eran mulleres.

Penas do Porto, San Vicente de Fervenzas, Aranga

Penas do Porto é un lugar da parroquia de San Vicente de Fervenzas (segundo o Nomenclátor de Galicia) ou da parroquia de Vilarraso (segundo o PXOM) no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 1 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 1 era home e 0 eran mulleres.

Ponte Aranga, Aranga, Aranga

Ponte Aranga é un lugar da parroquia de Aranga no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña nove habitantes (cinco homes e catro mulleres).

É a capital do concello.

San Vicente de Fervenzas, Aranga

San Vicente de Fervenzas é unha parroquia que se localiza no ooeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 247 habitantes (133 mulleres e 114 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.

Vilarraso, Aranga

San Lourenzo de Vilarraso é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 442 habitantes (220 homes e 222 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 525 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Sobrado, sendo a única parroquia do concello neste arciprestado.

Xocín, Cambás, Aranga

Xocín é un lugar da parroquia de Cambás no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 25 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 10 eran homes e 15 eran mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.