Arameos

Os arameos eran un pobo semítico nómade testemuñado desde o século XIV a.C. nos arquivos de Tell el-Amarna e logo nos de Ugarit, que se instalou no século XIII a.C. no norte de Mesopotamia, en Siria (Aram) e no Líbano. Aparecen na Biblia, onde se di que descendían de Aram, fillo de Sem.

Os arameos aparecen como tribos nómades, deambulando nas marxes do mundo cultivado e as estepas, onde poden atopar pastos para os seus rabaños de ovellas. Non poden internárense moito no deserto, pois só teñen ao burro como animal de carga.

A súa orixe xeográfica, como a dos seus devanceiros amorritas, non pode ser definida: a hipótese antiga, que supuña para o conxunto dos semitas, unha orixe en Armenia ou en Pamir, están hoxe abandonadas. A que fai de Arabia o seu fogar orixinario non pode ser mantida para unha época onde as tribos non posuían nin o cabalo nin o camelo. Mellor que unha orixe xeográfica é preferíbel buscarmos un modo de vida común, baseado no nomadismo (pastoreo e comercio). As tribos teríanse formado espontaneamente dentro dun sistema económico propio da bacía siro-mesopotámica. A transformación do modo de vida do clan de Abraham descrita na Biblia, que abandona Ur, en Caldea, onde vivía, ao que parece, como cidadán, para buscar, mediante o nomadismo, unha nova terra, que ha atopar en Palestina tras un paso por Harrán, podería explicar unha realidade parella.

Entre os séculos XI e IX a.C. foron penetrando en Siria, no curso medio e inferior do Éufrates, polo medio do Tigris e en dirección a Babilonia. Constitúense tamén pequenos estados: Bet-Adini, Lage, Bet-Bahiani (Tell-Halaf), Bet-Halupe ou Bet-Agusi en Mesopotamia e Soba, Bet Rejob, Maaká, Guesur, Samal ou Damasco en Siria.

A finais do Segundo Milenio estes arameos coaligábanse cos ammonitas e edomitas da Mesopotamia contra Israel. Foron vencidos por David e tamén por Salomón, que non puido, porén, someter a Damasco. Nela, o rei Rezón fundou o Imperio de Damasco. Desde o século IX até o VII a.C. a casa real de Damasco, máis forte, enfrontouse novamente a Israel e a Asiria. Porén, no Imperio neobabilónico, os arameos e o resto da poboación acabaron fusionándose.

Os arameos ignoraban a escrita e só os coñecemos por medio dos pobos aos que se enfrontaron, como os asirios.

Flag of the Syriac-Aramaic People
Bandeira dos arameos.
Amurru

Os amorreos (hebreo’emōrî, exipcio Amar, acadio Amurrū (correspondente ao sumerio MAR.TU ou Martu)) foron un pobo de orixe semita constituído por tribos nómades moi belicosas que ocupou a rexión ao oeste do río Éufrates, Siria e Canaán desde a segunda metade do terceiro milenio a.n.e. No curso das súas correrías chegaron a conquistar en dúas ocasións a cidade de Babilonia. Parece ser que o rei Hammurabi pertenceu a unha dinastía de orixe amorrita.

Armenia

Armenia (en armenio: Հայաստան, Hayastan), oficialmente República de Armenia (en armenio: Հայաստանի Հանրապետություն, Hayastani Hanrapetut’yun), é un estado montañoso sen litoral localizado na rexión eurasiática de Transcaucasia. Localizado no cruzamento de camiños entre Europa oriental e Asia occidental, está rodeado por Turquía ao leste, Xeorxia ao norte, Acerbaixán e a república independente de facto de Nagorno-Karabakh ao leste, e Irán e o enclave acerbaixaní de Nakhichevan ao sur. A súa capital e cidade máis poboada é Iereván.

Armenia é unha nación-estado unitaria, pluripartidista e democrática cunha rica e antiga herdanza cultural. Urartu foi estabelecido o -860 e no século -VI foi substituído pola Satrapía de Armenia. O Reino de Armenia alcanzou ó seu máximo apoxeo baixo Tigranes II o Grande no século -I e converteuse no primeiro estado do mundo en adoptar o cristianismo como relixión oficial a finais do século III e comezos do IV. A data oficial da adopción é o ano 301. O antigo reino de Armenia foi dividido entre os bizantinos e o Imperio Sasánida arredor do século V. Baixo a dinastía Bagratuni, a Armenia bagrátida foi restaurada no século IX. Por mor das loitas contra os bizantinos, o reino caeu no ano 1045 e Armenia foi invandida polo Imperio Selxúcida. Un principado armenio e posteriormente o reino armenio de Cilicia asentáronse na costa do mar Mediterráneo entre os séculos XI e XIV.

Entre os século XVI e XIX, as patrias armenias tradicionais composta por Armenia Oriental e Armenia Occidental caeron baixo o goberno dos imperios Otomán e Iraniano. No século XIX, Armenia Oriental foi conquistada polo Imperio Ruso, mentres que a maioría das terras tradicionais armenias occidentais permaneceron baixo control otomán. Durante a primeira guerra mundial, os armenios que vivían no Imperio Otomán foron sistematicamente exterminados durante o xenocidio armenio. En 1918, despois da Revolución Rusa, tódolos países non rusos declararon a súa independencia despois de que o Imperio Ruso deixase de existir, o que levou ao estabelecemento da Primeira República de Armenia. En 1920, o estado foi incorporado á República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica, e en 1922 converteuse en membro fundador da Unión Soviética. En 1936, o estado Transcaucásico foi disolto, transformando os seus estado constituíntes, incluíndo a República Socialista Soviética de Armenia, en repúblicas da Unión. A moderna República de Armenia converteuse en estado independente en 1991 durante a disolución da Unión Soviética.

A moderna República de Armenia recoñece á Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa nacional máis antiga do mundo, como a principal relixión do país. Os armenios posúen ademais o seu propio alfabeto, inventado por Mesrop Mashtots no ano 405 d.C.

É ademais membro da Unión Económica Euroasiática, as Nacións Unidas, o Consello de Europa e a Organización do Tratado da Seguridad Colectiva. Armenia apoia a independente de facto República de Artsakh, que foi proclamada en 1991.

Asiria

Asiria foi un país da antigüidade situado no suroeste asiático na antiga Mesopotamia, no val do río Tigris cuxos límites foron: ó norte das montañas de Armenia, ó sur Caldea (Babilonia), ó leste a Media e ó oeste Mesopotamia.

A cidade máis importante achábase ás beiras do Tigris, ó lado do templo da súa principal divindade Assur; a cidade tamén se chamaba Assur ou El-Assur e o país tomou o mesmo nome denominándose Asiria. Outras cidades importantes foron Nínive, Harran, Nimrud, Dur-Sarrukîn (actualmente chamada Khorsabad). A civilización asiria é moi antiga. Así o confirman os achados arqueolóxicos que apareceron entre as dunas de Nimrud e Khorsabad.

Baal

Baal é o nome dun deus dos semitas occidentais: cananeos, fenicios, arameos e outros, aínda que é coñecido sobre todo como divindade dos dous primeiros. O seu nome significa "señor".

Baal aparece nos textos da cidade de Ugarit (actual Ras Shamra, na costa norte mediterránea da actual Siria), datábeis arredor de 1400 a.C. Por estes textos coñecemos algún relatos míticos referidos a este deus.

Babilonia

Babilonia foi a capital dun reino clave da antiga Mesopotamia dos séculos XVIII ao VI a.C.. No moderno Iraq, localízase a aproximadamente 110 quilómetros ao sur de Bagdad. A capital construíuse sobre o río Éufrates e dividíase en partes iguais ao longo das súas marxes esquerda e dereita, con terraplens empinados para conter as inundacións estacionais do río. Babilonia era orixinariamente unha pequena cidade acadia que data do período do Imperio acadio c.  2300 a.C.. O nome vén do grego Babel, que, á súa vez, deriva do semítico Babilu, que siginifica "Os Portóns de Deus". Esa palabra semítica é unha tradución do sumerio Kadmirra.

A cidade pasou a formar parte dunha pequena cidade-estado independente co ascenso da primeira Babilonia no século XIX a.C. Despois de que o rei amurru Hammurabi creara un imperio de curta duración no século XVIII a.C., converteu Babilonia nunha cidade importante e declarouse a se mesmo o seu rei. O sur de Mesopotamia fíxose coñecida como Babilonia e Babilonia eclipsou a Nippur como a súa cidade santa. O imperio desvaneceuse baixo o fillo de Hammurabi Samsu-iluna e Babilonia pasou longos períodos baixo o dominio dos asirios, Casitas e Elamitas. Despois de ser destruído e reconstruído polos asirios, Babilonia converteuse na capital do Imperio neobabilónico de curta duración do 609 ao 539 a.C. Os Xardíns colgantes da Babilonia foi unha das sete marabillas do mundo antigo, aínda que algúns estudiosos creen que estes estaban realmente na capital asiria de Nínive. Trala caída do Imperio neo-babilónico, a cidade quedou baixo o goberno dos aqueménidas, Seléucidas, Partos, Romanos, e sasánidas.

Estímase que Babilonia era a cidade máis grande do mundo c.  1770 – c.  1670 & nbsp; a.C, e de novo c.  612 – c.  320 & nbsp; a.C . Talvez foi a primeira cidade en alcanzar unha poboación superior aos 200.000 habitantes. Estimacións do alcance máximo da súa área comprendida entre 890 a 900 hectáreas.Os restos da cidade atópanse na actual Hillah, Gobernación de Babilonia, Iraq, ao redor de 85 km. ao sur de Bagdad, formando unha grande tell de edificios e restos de tixolos de lodo rotos.

As principais fontes de información sobre Babilonia son: escavación do sitio, referencias en textos cuneiformes atopados noutras partes de Mesopotamia, referencias na Biblia, descricións nas escrituras clásicas (especialmente por Herodoto) e descricións de segunda man (citando a o traballo de Ctesias e Beroso) presenta unha imaxe incompleta e ás veces contraditoria da cidade antiga, mesmo no seu apogeo no século VI a.C.

Canaán

Canaán (en fenicio 𐤊‏𐤍‏𐤏‏𐤍‏, knʕn; en hebreo: כְּנַעַן

, kanaʕan; en árabe کنعان, kanaʕān; en grego Χαναάν, Khanaán) é a denominación antiga dunha rexión de Asia Occidental, situada entre o mar Mediterráneo e o río Xordán e que abrangue parte da faixa sirio-fenicia coñecida tamén coma o Crecente fértil. En 2016 correspóndese co Estado de Israel, a Faixa de Gaza e Cisxordania, xunto coa zona occidental de Xordania e algúns puntos de Siria e o Líbano. As súas estremas comportarían dende a antiga Gaza ao Sur, deica a foz do río Orontes ao Norte, englobando todas as terras non desérticas do interior, até unha profundidade duns 150 km dende a beiramar Mediterránea, deica algúns quilómetros máis aló da ribeira oriental do río Xordán.

Ciro II

Ciro II o Grande (antigo persa Kurash, persa moderno کوروش بُزُرگ Kurosh-e Bozorg), nado c. -600 e finado no -530, foi un rei iniciador da dinastía aqueménida de Persia e fundador do Imperio aqueménida que gobernou desde c. -559 ata a súa morte en -530.

Copa Mundial de Fútbol ConIFA 2014

A Copa Mundial de Fútbol ConIFA 2014 é a primeiro edición da Copa Mundial de Fútbol ConIFA, un torneo de fútbol de estados, minorías e rexións non afiliados á FIFA organizado pola ConIFA.

Elefante sirio

O elefante sirio (Elephas maximus asurus) é un nome proposto para nomear ás poboacións de elefante asiático (Elephas maximus) que vivían máis ó oeste, e que se extinguiu na antigüidade. Restos de esqueletos de E. m. asurus foron atopados en Oriente Medio (Turquía, Iraq e Siria) dun período que data entre hai 3 millóns de anos e -100.

Os antigos artesáns sirios usaron os seus cairos para facer esculturas de marfil. En Siria, a produción de obxectos de marfil acadou o seu apoxeo durante o primeiro milenio a.C, cando os arameos acostumaban decorar o seu mobiliario con incrustacións de marfil. A sobre explotación deste tipo de elefante debeu na súa extinción no -100.

Emar

Emar foi unha cidade nas ribeiras do Éufrates, ao sur de Karkemish, no lugar onde o Eufrates fai un xiro, a uns 100 km ao leste de Alepo.

Importante centro comercial fundado no terceiro milenio, Emar é mencionada nas taboíñas atopadas en Ebla como centro comercial xa sobre o -2500 (cando estaba baixo influencia de Ebla) e nas de Mari sobre o -1800 ac (cando estaba baixo influencia de Iamkhad).

Sobre o -1300 foi trasladado do seu emprazamento inicial a un lugar non demasiado distante ao oeste (uns 500 metros), un chisco máis elevado, debido a unha mudanza de curso do río, traslado obra do rei hitita Suppiluliumas I ou do seu fillo Mursilis II e foi a capital do chamado país de Ashtata, vasalo do reino de Karkemish. A monarquía de Emar foi establecida sobre o século –XIII, pero o poder efectivo permaneceu en mans do consello de anciáns e os clans. O sistema feudal coñecido como ilku era similar ao de Ugarit.

As taboíñas mencionan os anos de desastres, guerras e a venda de propiedades ou de rapaces como escravos para facer fronte á fame durante os anos de desastres.

A orixe da monarquía é pouco coñecida, dado que a cidade non tiña antecedentes monárquicos. Probabelmente estea relacionado co establecemento dunha fortaleza defensiva contra o incremento do poder de Asiria. Un dos textos explica un golpe de estado durante o reino dun dos seis reis que tivo a cidade, no que participaron activamente os hupsu, un grupo social marxinado. Sobre o -1200 menciónanse ataques de grupos hurritas e dun grupo descoñecido chamado os tarwu, talvez un grupo dos pobos do mar; tamén os arameos tiñan incidencia na zona neste tempo. Non hai dúbida que os asirios non tiveron que ver no final da cidade que se produciu sobre o -1187, debido ao lume, como testemuñan as escavacións.

En época bizantina repoboouse e chamouse Barbalissos, e baixo os árabes foi chamada Balis.

O moderno lugar de Tell Meskéné foi escavado por Jean-Claude Margueron entre 1972 e 1976 e sacáronse á luz templos (entre eles o chamado templo de Devin onde se atopou unha biblioteca con textos sagrados rituais e literarios) e casas e 900 taboíñas cuneiformes, moitas escritas en acadio, un centenar en hurrita e un par en hitita. Actualmente coñécense preto de 1200. Os estudos serían publicados por Daniel Arnaud nos anos oitenta do século XX. En 1996 recomezaron as escavacións, baixo a dirección do alemán Uwe Finkbeiner.

Estado de Palestina

Palestina (Árabe: فلسطين, Filasṭīn, Falasṭīn ou Filisṭīn), oficialmente declarado como o Estado de Palestina (Árabe: دولة فلسطين, Dawlat Filasṭin), é un Estado con recoñecemento limitado situado no Oriente Medio, máis concretamente no Levante mediterráneo, e que limita con Israel, Xordania, Exipto e a ribeira sudoriental do mar Mediterráneo. Tamén é considerado un protoestado. Foi proclamado no exilio en Alxer o 15 de novembro de 1988, cando o Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) adoptou a declaración de independencia de Palestina de forma unilateral. Nese tempo a OLP non exercía control sobre territorio algún, e era un goberno no exilio. Aínda hoxe parte do territorio reclamado mantense baixo ocupación israelí. Reivindica os territorios palestinos definidos antes da guerra de 1967, e designou a Xerusalén Leste como a súa capital. En 1994, conforme aos acordos de Oslo entre a OLP e o Goberno de Israel, foi establecida a Autoridade Nacional Palestina como unha entidade administrativa transitoria. O 31 de outubro de 2011, foi admitida como membro número 195 da UNESCO, como estado membro de pleno dereito.O 29 de novembro de 2012 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Resolución 67/19 (proxecto de resolución A/67/L.28) en virtude da cal concedeu a Palestina a condición de «Estado observador non membro» da organización, reafirmando ademais o dereito do pobo palestino a un territorio baixo as fronteiras definidas antes da Guerra de 1967. Esta resolución non implica aínda a admisión de Palestina como membro pleno da organización, pois para iso necesitaríase da aprobación do Consello de Seguridade das Nacións Unidas no cal Estados Unidos se opón.

O 17 de decembro de 2014 o Parlamento Europeo apoiou publicamente o recoñecemento do Estado de Palestina, tras facelo os parlamentos de varios países membros como Reino Unido, España, Francia, Irlanda e Italia. O recoñecemento do Parlamento Europeo e dos parlamentos nacionais é puramente simbólico, xa que o recoñecemento efectivo débeno realizar cada un dos gobernos dos estados membros. Na actualidade, o único país da UE que o recoñeceu sendo xa membro da Unión foi Suecia, en maio de 2015 tamén foi recoñecido oficialmente pola Santa Sé.

Idade Antiga

A Idade Antiga é a época histórica que coincide co xurdimento e desenvolvemento das primeiras civilizacións ou civilizacións antigas.

O concepto máis tradicional de historia antiga presta atención ao descubrimento da escrita, que convencionalmente a historiografía considerou o fito que permite marcar o final da Prehistoria é o comezo da Historia, dada a primacía que outorgan ás fontes escritas fronte á cultura material, que estuda co seu propio método a arqueoloxía. Outras orientacións procuran atender ao sistema social ou o nivel técnico. Recentemente, os estudos de xenética de poboacións baseados en distintas técnicas de análises comparativos de ADN e os estudos de antropoloxía lingüística están chegando a reconstruír dun xeito cada vez máis preciso as migracións antigas e a súa herdanza nas poboacións actuais.Sexa cal for o criterio empregado, coincide que en tempo e lugar uns e outros procesos cristalizaron no comezo da vida urbana (cidades moi superiores en tamaño e diferentes en función ás aldea neolíticas), a aparición do poder político (palacios, reis), das relixións organizadas (templos, sacerdotes), unha complexa estratificación social, esforzos colectivos de grande envergadura que esixen prestacións de traballo obrigatorio e impostos, e o comercio de longa distancia (todo o que se veu en chamar Revolución urbana); nivel de desenvolvemento social que por primeira vez se acadou na Sumeria do IV milenio a. C., espazo propicio para a constitución das primeiras cidades-estado competitivas a partir do substrato neolítico que levaba xa catro milenios desenvolvéndose no crecente fértil. A partir delas, e de sucesivos contactos (tanto pacíficos como invasións) de pobos veciños (culturas sedentario-agrícolas ou nómade-gandeiras que se nomean tradicionalmente con termos de validez cuestionada, máis propios de familias lingüísticas que de razas humanas: semitas, camitas, indoeuropeos etc.), fóronse conformando os primeiros estados de grande extensión territorial, ata acadar o tamaño de imperios multinacionais.

Procesos semellantes tiveron lugar en diversos momentos segundo a área xeográfica (sucesivamente Mesopotamia, o val do Nilo, o subcontinente indio, China, a conca do Mediterráneo, a América precolombiana e o resto de Europa, Asia e África); nalgunhas zonas especialmente illadas, algúns pobos cazadores-recolectores actuais aínda non abandonarían a prehistoria mentres que outros entraron violentamente na idade moderna ou contemporánea da man das colonizacións do século XVI ao XIX.

Os pobos cronoloxicamente contemporáneos á Historia escrita do Mediterráneo oriental poden ser obxecto da Protohistoria, pois as fontes escritas por romanos, gregos, fenicios, hebreos ou exipcios, ademais das fontes arqueolóxicas, permiten facelo.

A Antigüidade clásica localízase no momento de plenitude da civilización grecorromana (século V a.C ao século II d. C.) ou en sentido amplo, en toda a súa duración (século VIII a.C ao século V d. C.). Caracterizouse pola definición de innovadores conceptos socio-políticos: os de cidadanía e de liberdade persoal, non para todos, senón para unha minoría sostida polo traballo escravo; a diferenza dos imperios fluviais do Antigo Exipto, Babilonia, India ou China, para os que se definiu a imprecisa categoría de modo de produción asiático, caracterizadas pola existencia dun poder omnímodo na cúspide do imperio e o pago de tributos polas comunidades campesiñas suxeitas a el, pero de condición social libre (pois aínda que exista a escravitude, non representa a forza de traballo principal).O final da Idade Antiga na civilización occidental coincide coa caída do Imperio romano de Occidente (no ano 476; o Imperio romano de Oriente sobreviviu toda a Idade Media ata 1453 como Imperio bizantino), aínda que tal descontinuidade non se observa noutras civilizacións. Xa que logo, as divisións posteriores (Idade Media e Idade Moderna) poden considerarse válidos só para aquela; mentres que a maior parte de Asia e África, e con moita máis claridade América, son obxecto na súa historia dunha periodización propia.

Algúns autores culturalistas fan chegar a Antigüidade tardía europea ata os séculos VI e VII, mentres que, a escola "mutacionista" francesa esténdea ata algún momento entre os séculos IX e XI. Distintas interpretacións da historia pon o acento en cuestións económicas (transición do modo de produción escravista ao modo de produción feudal, desde a crise do século III); políticas (desaparición do imperio e instalación dos reinos xermánicos desde o século V); ou ideolóxicas, relixiosas (substitución do paganismo politeísta polos monoteísmos teocéntricos: o cristianismo -século IV- e posteriormente o islam -século VII-), filosóficas (filosofía antiga pola medieval) e artísticas (evolución desde a arte antiga -clásica- cara a arte medieval -paleocristiá e prerrománica-).As civilizacións da Antigüidade son agrupadas xeograficamente pola historiografía e a arqueoloxía en zonas en que distintos pobos e culturas estiveron especialmente vinculados entre si; aínda que as áreas de influencia de cada unha delas chegaron en moitas ocasións a mesturarse e ir moito máis lonxe, formando imperios de dimensións multicontinentais (o Imperio persa, o de Alexandre Magno e o Imperio romano), talasocracias ('goberno dos mares') ou rutas comerciais e de intercambio de produtos e ideas a longa distancia; aínda que sempre limitadas polo relativo illamento entre elas (obstáculos dos desertos e océanos), que chega a ser radical nalgúns casos (entre o Vello Mundo e o Novo Mundo). A navegación antiga, especialmente a natureza e extensión das expedicións que necesariamente tiveron que realizar as culturas primitivas de Polinesia (polo menos ata a Illa de Pascua), é un asunto aínda polémico. Nalgunhas ocasións recorreuse á arqueoloxía experimental para probar a posibilidade de contactos con América desde o Pacífico. Outros conceptos de aplicación discutida son a prioridade do difusionismo ou do desenvolvemento endóxeno para determinados fenómenos culturais (agricultura, metalurxia, escritura, alfabeto, moeda etc.) e a aplicación do evolucionismo en contextos arqueolóxicos e antropolóxicos.

Igrexa etíope tewahedo

A Igrexa etíope tewahedo é unha Igrexa non caldedoniana de confesión monofisita, cuxas orixes remóntanse aos primeiros séculos do cristianismo. Conta con arredor de 40 millóns de fieis.

Lingua aramea

O arameo é unha lingua semítica falada orixinariamente polos arameos da zona de Siria Palestina. Pertence xunto co ugarítico, o fenicio e o hebreo ao grupo noroccidental das linguas semíticas. Foi empregado como lingua franca e diplomática durante séculos en Asia occidental.

Pobo asirio

Os asirios (en siríaco: ܐܫܘܪܝܐ), ou siríacos, son un grupo étnico de Oriente Medio. Algúns deles identifícanse a si mesmos como arameos, ou caldeos. Falan diversos dialectos do arameo moderno así como outras linguas, dependendo do país de residencia. Os asirios son cristiáns siríacos que descenden da antiga Asiria, unha das máis antigas civilizacións do mundo, que data do -2500 na antiga Mesopotamia.As áreas que forman parte da nación asiria son o norte de Iraq, o sueste de Turquía, o noroeste de Irán e o nordeste de Siria. Moitos asirios migraron cara a outras rexións do mundo durante o pasado século, incluíndo América do Norte, o Levante, Australia, Europa, Rusia e o Cáucaso. A emigración foi provocada en grande medida polo xenocidio asirio do Imperio Otomán durante a primeira guerra mundial, o masacre de Simele en Iraq en 1933, a Revolución Iraniana de 1979, as políticas ba'athistas en Iraq e Siria such, o xenocidio kurdo de Saddam Hussein, e o xurdimento do Estado Islámico (ISIS).

Semitas

Os semitas forman un conxunto de numerosos pobos e culturas estendidos desde a antigüidade nun gran territorio do Próximo e Medio Oriente e o norte da Península Arábiga, que desenvolveron importantes civilizacións.

O termo semita foi utilizado por primeira vez cara a finais do século XVIII, para referirse a pobos citados na Biblia descendentes de Sem, fillo primoxénito de Noé. Na Biblia, no libro do Xénese atópase a narración do diluvio e nela está a xenealoxía na táboa dos pobos onde se fai referencia aos semitas. O termo semita, desde entón, fai referencia aos pobos de lingua semítica. Os antigos pobos de fala semítica inclúen aos habitantes de Aram, Asiria, Babilonia, Canaán (incluídos os hebreos) e Fenicia. As poboacións actuais que teñen linguas semíticas inclúen aos árabes, os xudeus, os etíopes e os arameos.

A semellanza entre os pobos semitas débese á súa orixe lingüística e cultural, xa que non se pode falar dunha raza semita. Estaban constituídos por un conxunto heteroxéneo de tipos raciais, todos eles pertencentes á antiga familia lingüística semita.

Século -XI

século XII adC < século XI adC > século X adC

O século XI antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1100 a. C. e terminou o 31 de decembro de 1001 a. C.

O século XI a.C. en Europa forma parte do período da Idade de Ferro onde continúan os cambios postos en marcha no século anterior, de modo que as antigas civilizacións da Idade de Bronce ceden o control a novos pobos.

Teglatfalasar I

Teglatfalasar, tamén coñecido como Tiglatpileser I, foi rei de Asiria dende 1112 a 1074. Fillo de Ashur-resh-ishi I, pode ser considerado como o fundador do Imperio Asirio.

Árabes

Os árabes (en árabe: عربي ‎; transliteración: ʻarabī) son un pobo semita orixinario de Arabia. A pesar de que o concepto de pobo árabe ou de nación árabe cambiou moito ao longo dos tempos e dos diversos contextos sociopolíticos, e que a miúdo se confundiu con agrupamentos de tipo relixioso (o islam ou "comunidade dos crentes"), actualmente defínese principalmente polo feito de falar a lingua árabe e non ten ningunha connotación racial, relixiosa nin política. Debido á extensión da lingua árabe por todo o Oriente Medio e o norte de África a partir do século viii, modernamente adóitanse considerar árabes as persoas que teñen como lingua materna o árabe, sexa cal for a súa orixe étnica ou a súa relixión, e por extensión os naturais dos chamados países árabes, aínda que algúns destes teñen minorías étnicas de lingua non árabe. Os árabes, xa que logo, non constitúen un grupo étnico homoxéneo e a definición de "árabe" variou a través das épocas e os contextos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.