Aralar

Aralar é un partido vasco de esquerdas que busca a independencia e o socialismo dos territorios do histórico País Vasco e liderado por Patxi Zabaleta e presente en Biscaia, Áraba, Guipúscoa e Navarra.

En Navarra é impulsora e fai parte da coalición electoral "Nafarroa Bai" xunto co PNV, EA, Batzarre e sectores de independentes.

Aralar
Partido político do País Vasco sur
Aralar
Dirixentes e organización
LíderPatxi Zabaleta
(Coordinador xeral)
MocidadesIratzarri
Filiación internacionalNingún
Historia
Fundación2000
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo vasco
Socialismo
Representación
Representación1 deputado no Parlamento Vasco
Outros datos
SedePamplona
Páxina webwww.aralar.net

Historia de Aralar

Naceu na década dos 90 como unha corrente crítica dentro de Herri Batasuna (HB) e Euskal Herritarrok (EH), liderada por Patxi Zabaleta e cunha presenza importante na formación, especialmente en Navarra.

A ruptura da tregua de ETA en 2000, provocou a refundación de Herri Batasuna en Batasuna xunto a independentes, pero non unha posta en cuestión da actitude da chamada esquerda abertzale respecto de ETA, suceso que, unido a discrepancias sobre o método de organización interna, precipitou o establecemento de Aralar como partido político independente que desde entón se constitúe como un partido nacionalista vasco de esquerdas, reclamandose tamén como "esquerda abertzale" (esquerda patriota) que reproba o exercicio da violencia e avoga pola acción exclusivamente política para a defensa da súa ideoloxía, motivo polo que foi ameazado polo outro sector ilegalizado desa "esquerda abertzale".

En novembro de 2004 tivo lugar en Donostia o II Congreso, no que o navarro Patxi Zabaleta volveu ser elixido como coordinador xeral do partido. Constituíronse as mocidades do partido, Iratzarri (¡Esperta! en éuscaro).

A irrupción de Aralar provocou un certo movemento no sector ilegalizado da "esquerda abertzale" expresado na chamada "Declaración de Anoeta", pero os militantes de Aralar decidiron continuar polo seu propio camiño como partido independente.

Aralar obtivo nas eleccións do 1 de marzo de 2009 ao Parlamento Vasco un total de 62.214 votos (o 6,05% do total), conseguindo catro escanos e duplicando o número de votos que no 2005, converténdose así na cuarta forza política vasca tras PNV-EAJ, PSE-EE e PP. Por provincias circunscricionais , obtivo 1 deputado en Álava (con 6.585 votos), 1 deputado en Biscaia (24.586 votos) e 2 en Guipúscoa (31.043 votos).

Repercusión electoral de Aralar

Nas eleccións municipais e a xuntas xerais de 2007 Aralar coaligouse con Ezker Batua no País Vasco e continuou a coalición electoral Nafarroa Bai. En Euskadi (ou CAV) Obtivo en coalición con Ezker Batua (EB), en solitario ou mediante plataformas, 56 concelleiros propios, e 4 xunteiros nos 3 territorios superando os 30 concelleiros e 1 xunteira conseguidos en 2003. En Navarra, correspóndenlle 5 parlamentarios dos 12 totais conseguidos por Nafarroa Bai, e 30 concelleiros obtidos pola devandita coalición.

Aralar ten tamén unha representante no Parlamento Vasco e comparte a cadeira de Nafarroa Bai no congreso dos deputados de Madrid xunto cos outros 3 partidos da coalición.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Abaltzisketa

Abaltzisketa é un concello da provincia de Guipúscoa (País Vasco), que conta cunha extensión de 11,18 km²; e unha poboación de 304 habitantes (2007). Atópase na parte sudoriental de Guipúscoa, dentro da comarca de Tolosaldea. Abaltzisketa sitúase nas estribacións da Serra de Aralar, nas faldras do monte Txindoki (1318m), que ademais marca el punto máis elevado do municipio.

A parte meridional do termo municipal está incluída dentro do Parque Natural de Aralar.

Trátase dunha localidade eminentemente rural. Existen 65 explotacións agrícolas e gandeiras censadas no municipio.

A lingua de uso común no territorio é o vasco, que domina case toda a poboación do municipio.

Resalta no concello a súa casa consistorial, de típico estilo vasco, situada na praza canda á Igrexa Parroquial de San Xoán Bautista. A Igrexa en si é do século XVI, aínda que mantén a portada románica de transición do século XIII. Posúe unha torre-campanario, na que destaca unha das súas campás datada en 1.493 e realizada na mesma localidade.

Entre os casaríos dispersos polo término municipal é recoñecido o Casarío Nahera-Haundi, exemplo de antiga construción vasca. Está no lugar de Sasiain.

O máis coñecido deste municipio é a paraxe de Larraitz, un barrio de casaríos dispersos. Nesta campa, enclavada ao mesmo pé do monte Txindoki, atópase a Ermida de Nosa Señora dos Remedios de Larraitz.

Aintzane Ezenarro

Aintzane Ezenarro Egurbide, nada en Getaria, Guipúscoa, o 18 de marzo de 1971, é unha xornalista e política vasca. De 2005 a 2012 foi deputada do Parlamento Vasco. Pertenceu ao partido independentista vasco Aralar até a súa expulsión en maio de 2012 xunto con outros dous compañeiros do grupo parlamentario. A diferenza doutros membros de Aralar, Aintzane Ezenarro non provén de Herri Batasuna senón do movemento Elkarri.

Amaiur (coalición)

Amaiur é unha coalición política española conformada por Eusko Alkartasuna, Alternatiba, Aralar e diversos independentes de esquerda abertzale, para concorrer ás eleccións xerais de 2011. Ten como obxectivo defender desde o País Vasco e Navarra o dereito de autodeterminación.A coalición colleu o nome da vila de Amaiur, onde tivo lugar unha das últimas batallas da conquista do reino de Navarra pola Coroa de Castela.

Asun Fernández de Garaialde

Asun Fernández de Garaialde y Lazkano Sala, nada en Altsasu, Navarra, 1969, é unha médica e política vasca de ideoloxía independentista, parlamentaria navarra por Aralar dende o ano 2007.

Basauri

Basauri é un concello da provincia de Biscaia, na comunidade autónoma do Euskadi. Esténdese por unha área de 7.16 km² onde no ano 2007 vivían 43.250 habitantes. Encóntrase a tan só 7 km da capital, Bilbao.

Durango, Biscaia

Durango é un concello do País Vasco, na provincia de Biscaia, na comarca do Duranguesado. Ten unha área 10,79 km² e unha poboación no 2005 de 28.229 habitantes (2009).

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Euskal Herria Bildu

Euskal Herria Bildu é unha coalición política vasca de esquerdas liderada por Laura Mintegi e creada no 2012. Está ideoloxicamente adscrita á esquerda abertzale e ten aspiracións soberanistas e independentistas. A plataforma está constituída por Eusko Alkartasuna, Aralar, Sortu e Alternatiba.

A coalición presentouse ás eleccións ó Parlamento Vasco do 21 de outubro de 2012, acadando 21 escanos dos 75 totais e converténdose así na segunda forza política do país tralos 27 logrados polo PNV.

Euskal Herritarrok

Euskal Herritarrok ("Cidadáns Vascos", en éuscaro) foi unha coalición independentista e de esquerdas vasca xurdida en 1998 como órgano electoral da esquerda abertzale. Euskal Herritarrok tivo unha vida efémera e a súa presentación a uns comicios electorais limitouse ás eleccións autonómicas de 1998 e ás municipais e forais de 1999. En ambas convocatorias superou a marca electoral que un partido defendendo esa ideoloxía nunca obtivera na comunidade autónoma vasca: 223.264 persoas lles deron o voto[Cómpre referencia]. Nas eleccións municipais estableceron unha coalición con outros partidos de esquerda extraparlamentar e superaron a marca anterior, aínda que cómpre ter en conta que Euskal Herritarrok se presentaba nun territorio maior en extensión, ao presentar listas aos municipios e ao Parlamento de Navarra.

Por discrepancias coa liña política seguida e a organización interna, produciuse a escisión de Aralar. O partido Batzarre, que preexistía á coalición e que non é independentista, participou da coalición electoral Euskal Herritarrok, coalición que abandonou trala ruptura da tregua de ETA, ao non haber condena algunha por parte de Euskal Herritarrok.

Máis adiante, diversas correntes da esquerda abertzale entraron nun proceso de discusión e refundación de onde xurdiu Batasuna, partido político que foi declarado ilegal en España no ano 2002, permanecendo legal en Francia.

O proxecto no que se apoiaba Euskal Herritarrok era o da creación dun Estado independente para as sete provincias vascas de Euskal Herria, catro das cales están baixo administración española e tres baixo administración francesa. Para isto a esquerda abertzale defende o dereito de autodeterminación. A aplicación do mesmo consistiría na celebración dun referendo sobre o status que debería ter o País Vasco nas sete provincias. A esquerda abertzale herda un ideario socialista. Se ben a forma en que ese socialismo sería definido é difícil, acuñaron o termo de "socialismo identitario" como unha forma de socialismo adaptado á situación do País Vasco. Respecto ao emprego da violencia, a esquerda abertzale entende que esta é produto dun conflito político, e polo tanto considera a condena como unha ferramenta fútil e avoga pola superación do conflito mediante o recoñecemento da territorialidade vasca e o exercicio do dereito de autodeterminación.

Geroa Bai

Geroa Bai, que traducido do éuscaro ao galego significaría Si ao futuro, é unha coalición política vasco-navarra creada para as eleccións xerais de 2011 en España e integrada por Partido Nacionalista Vasco (PNV), Atarrabia Taldea e a asociación Zabaltzen, ante a negativa de Eusko Alkartasuna, Batzarre e Aralar de reeditar a coalición Nafarroa Bai de face ás citadas eleccións. A súa cabeza de lista é Uxue Barkos.

Getaria

Getaria é un concello da provincia de Guipúscoa, no País Vasco. No ano 2014 tiña 2 696 habitantes. É principalmente coñecida como destino turístico no País Vasco e por ser a vila natal do mariño Juan Sebastián Elcano, que participou na primeira expedición que deu a volta ao planeta Terra, e capitaneou os derradeiros compases desta. Tamén é famoso o seu chacolí, que posúe a categoría de Denominación de Orixe Getariako Txakolina dende o ano 1989.

Herri Batasuna

Herri Batasuna (HB) (Unidade Popular en éuscaro) foi unha coalición política independentista vasca de esquerdas fundada en 1978 e que desapareceu ó crearse Batasuna (2000) no cal se integraron a maioría dos seus membros agás o grupo que deu lugar a Aralar.

Defendía como programa político a alternativa KAS para a independencia de País Vasco o que implicaba o rexeitamento á constitución española e ó estatuto de autonomía da comunidade autónoma do País Vasco.

Presentábase ás eleccións pero non adoitaban participaban nos plenos dos parlamentos nos que tiñan representación. Frecuentemente relacionada con ETA a coalición sempre negou calquera vincallo coa banda armada.

Constituída a raíz da Mesa de Alsasua integráronse na coalición Acción Nacionalista Vasca, Euskal Sozialista Biltzarrea, Herriko Alderdi Sozialista Iraultzailea e Langile Abertzaleen Iraultzarako Alderdia ademais de dirixentes destacados e moitos militantes de Euskadiko Ezkerra . Vencellados a HB estaban as Xestoras Pro Amnistía, o sindicato LAB e as mocidades Jarrai

Irurtzun

Irurtzun (en castelán: Irurzun) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Pamplona, na bisbarra de La Barranca, no val de Arakil e a 20 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 2.300 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 3,5 km² e a súa densidade de poboación é de 657,14 hab/km².

Atópase na confluencia das autovías A-10, que comunica Iruñea con Vitoria e A-15, que comunica Iruñea con Donostia.

Nafarroa Bai

Nafarroa Bai ("Navarra Si" en éuscaro) foi unha candidatura conxunta de partidos vasquistas, vinculados na súa maioría ó nacionalismo vasco (Aralar, Eusko Alkartasuna, Batzarre e EAJ-PNV), de Navarra e un sector notable de independentes ligados a sectores progresistas de Navarra.

Parlamento Vasco

O Parlamento Vasco (en éuscaro: Eusko Legebiltzarra) exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos do País Vasco e impulsa e controla a acción do Goberno Vasco. Representa, así mesmo, aos cidadáns vascos. A súa sede atópase na capital da Comunidade Autónoma Vasca, Vitoria.

Patxi Zabaleta

Francisco Juan Zabaleta Zabaleta, nado en Leiza, Navarra, o 20 de maio de 1947, coñecido como Patxi Zabaleta, é un avogado, político e escritor vasco de ideoloxía nacionalista. Foi membro fundador e dirixente dos partidos de esquerda abertzale HASI e Aralar e das coalicións Herri Batasuna e Nafarroa Bai.

Segura, Guipúscoa

Segura é un concello da provincia e territorio histórico de Guipúscoa, en Euskadi. Forma parte da comarca de Goierri.

O seu termo municipal ten unha extensión de 9,22 km². Limita ao norte con Mutiloa, ao leste con Idiazabal, ao sur con Zegama e ao oeste con Zerain. Tiña en 2015 unha poboación de 1.476 habitantes.

Foi fundada como unha vila amurallada de nova planta polo rei castelán Afonso X o Sabio en 1256. Está situada preto da fronteira de Navarra e situábase sobre a estratéxica ruta que comunicaba Castela con Europa.

Serra de Aralar

Aralar é unha serra situada entre Guipúscoa e Navarra, que fai 30 quilómetros de longo de leste a oeste e 12 quilómetros de ancho de norte a sur. A parte guipuscoana, que abrangue un terzo da serra, foi declarada parque natural en 1994.

O cumio máis alto é o Intzako Dorrea (a Torre de Intza) ou Irumugarrieta, a 1 431 metros sobre o nivel do mar e no lado navarro, mais a montaña máis coñecida é o Larrunarri ou Txindoki, no extremo oeste e en territorio guipuscoano.

A serra está formada maioritariamente por pedra calcaria, da idade do xurásico e do cretáceo e de orixe mariña. Nestes materiais calcarios desenvolvéronse numerosos fenómenos cársticos, con 850 cavidades exploradas entre as que destaca lacova de Ormazarreta II pola súa lonxitude (6 815 metros) e profundidade (576 metros). Na superficie hai numerosos dolinas e lapías nas zonas onde o bosque non cobre as rochas.

A vexetación principal é a faia, con algúns teixos e acivros. Nalgunhas zonas baixas do norte hai carballos como o carballo común e nas zonas do sur algunhas enciñeiras.

Txentxo Jiménez

Txentxo Jiménez Hervás, nado en Solera, Xaén o 3 de xuño de 1957, é un político español de ideoloxía independentista vasca, parlamentario navarro por Aralar dende 2003 até 2015

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.