Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño[1] de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega.[2] No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Aquilino Iglesia Alvariño
Aquilino Iglesia Alvariño 1929
Nacemento11 de xuño de 1909
 A Pedrosa, Seivane de Vilarente, Abadín
Falecemento29 de xullo de 1961
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e tradutor
Aquilino Iglesia, sinatura

Traxectoria

Formouse no Seminario de Mondoñedo, mais en 1931 abandonou a carreira eclesiástica ao nono acadar unha bolsa para continuar estudos en Roma. Logo de facer o servizo militar en Ferrol, en 1933 instalouse en Santiago de Compostela, onde traballou como corrector de probas para a Editorial Nós e como director do semanario A Nosa Terra, voceiro do Partido Galeguista. No verán dese mesmo ano é contratado polo colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa como profesor de latín, en substitución de Xosé Crecente Vega. Nesta vila recibiu clases de inglés do enxeñeiro Charles Lessner.

O 10 de marzo de 1938 casou coa catoirense Dolores Ferreirós, mestra no Carril, a quen coñecera en 1932 na voda de Jesús Garrido Álvarez. Tiveron tres fillos: Jaime (n. 1939), Aquilino (1941) e Manuel (1945).

En 1944 rematou a licenciatura de Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1949 aprobou as oposicións como catedrático de latín de Ensino Medio[3] e responsábel desta materia en institutos de Lugo e Pontevedra e máis tarde no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. En 1947 leu o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, sobre a lingua literaria nos poetas do norte da provincia de Lugo.

En setembro de 1929 recibiu o seu primeiro premio literario por "Ofrenda lírica a una santa", un poema en castelán sobre Tareixa de Lisieux. Traduciu ao galego textos de autores clásicos grecolatinos como Horacio, Teócrito e Tibulo. A súa poesía inscríbese dentro da corrente iniciada por Noriega Varela que deu en chamarse humanismo paisaxista ou neovirxilianismo, compartida con autores coma Xosé María Díaz Castro ou Crecente Vega.

Na súa obra percíbese a pegada da poesía clásica, do saudosismo portugués e, en menor medida, do imaxinismo herdado de Luís Amado Carballo e do vangardismo de Manuel Antonio. Os temas recorrentes na súa poesía son a dor existencial e a paisaxe. Antes da guerra publicou Señardá (1930), poemario formado por 50 sonetos no que o tema principal é a dor;[4] e Corazón ao vento (1933) onde hai unha maior abertura ao vangardismo, tamén foi colaborador de A Nosa Terra, fundador da Renacencia e militante do Partido Galeguista.

Cando estoupou a guerra civil, Iglesia Alvariño compuxo o poemario de signo fascista en castelán Contra el ángel y la noche.[4] En 1947 aparece Cómaros Verdes, considerado o primeiro libro de poesía de entidade publicado en lingua galega tras a guerra, no que abandona a rima empregando preferentemente o hendecasílabo branco e se mergulla nun paisaxismo no que a saudade é un tema fundamental, mesturando hilozoísmo, neotrobadorismo e clasicismo formal.

En 1951 participou no certame de tradución que organizou a editorial Bibliófilos Gallegos, cunha versión das Carmina de Horacio que traduciu como Canciós. Non gañou o certame, se ben os vencedores (Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega, cunha tradución de poemas gaélicos que escolmara Julius Pokorny) non cumpriron as bases ao non traducir directamente da lingua orixinal, senón do alemán[5].

En Día a Día (1960) domina a actitude existencial con continuas referencias ao pasado e nun ton grave e reflexivo. Con Lanza de Soledá (1961) volve ao soneto e a temática céntrase na angustia humana no medio dunha "noite" simbólica na que a contraposición luz/sombra ten grande importancia. Nese mesmo ano publica tamén Nenias, poemas homenaxe a autores galegos e foráneos, modernos e antigos que van dende Catulo ata Rosalía de Castro. Postumamente editouse Leva o seu cantare (1963), que recolle poemas inéditos ou espallados por diversas publicacións.

Obras

Biblioteca Galega 120
Cómaros verdes esta incluído na BG120.

Poesía

Traducións

  • Horacio, Carmina (Madrid: CSIC, 1950).
  • Plauto, A comedia da oliña (Vigo: Galaxia, 1962).

Ensaios

Galería de imaxes

Libro de Actas do Patronato Rosalía de Castro, 1947.
Libro de Actas do Patronato Rosalía de Castro, 1947. 
Lanza de soledá, Premio de Poesía Marina 1960, 1961.
Lanza de soledá, Premio de Poesía Marina 1960, 1961. 

Notas

  1. "O mundo das letras lembra a Aquilino Iglesia Alvariño no seu centenario" Arquivado 19/06/2009, en Wayback Machine., Ramón Loureiro en La Voz de Galicia, 10 de xuño de 2009.
  2. Varela Jácome, Benito et al.: "Iglesia Alvariño, Aquilino" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
  3. "Xerais publica unha monografía sobre Aquilino Iglesia Alvariño", El Progreso, 11 de xuño de 2009.
  4. 4,0 4,1 "Aquilino Iglesia Alvariño". Real Academia Galega. Consultado o 14 de maio de 2016.
  5. Alonso Montero, X. (2001): "A tradución galega, por Aquilino Iglesia Alvariño, das Odas de Horacio", en Soto Vázquez, A.: Insights into translation. A Coruña: Tórculo.
  6. Despois incluído na Biblioteca Galega 120.
  7. A lengua dos poetas do Norte de Lugo

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

12 de xuño

O 12 de xuño é o 163º día do ano do calendario gregoriano e o 164º nos anos bisestos. Quedan 202 días para finalizar o ano.

1909

1909 foi Ano Santo Xacobeo.

29 de xullo

O 29 de xullo é o 210º día do ano do calendario gregoriano e o 211º nos anos bisestos. Quedan 155 días para finalizar o ano.

A Nosa Terra (1916)

A Nosa Terra foi o voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936). Editouse integramente en galego e foi fundamental para o espallamento do ideal galeguista, así como para o achegamento a outras nacións. Publicáronse en total 422 números.

Antonio Noriega Varela

Antonio Noriega Varela, nado en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869 e finado en Viveiro o 27 de marzo de 1947, foi un mestre, xornalista e poeta galego de ideoloxía tradicional-católica.

Cristal (revista)

Cristal foi unha revista literaria editada en Pontevedra entre 1932 e 1933.

Cómaros verdes

Cómaros verdes é un libro de poesía en lingua galega escrito por Aquilino Iglesia Alvariño, e publicado por en 1947. A portada está deseñada por Carlos Maside.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Francisca Herrera Garrido

Francisca Herrera Garrido, nada na Coruña o 6 de marzo de 1869 e finada o 4 de novembro de 1950, foi unha escritora galega, primeira muller elixida académica na Real Academia Galega. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Guieiro

Guieiro foi unha publicación periódica, subtitulada Outavoz patriótico da FMG, era o voceiro da Federación de Mocedades Galeguistas do Partido Galeguista. O primeiro número apareceu o 1 de novembro de 1935 e tiña ao primeiro periodicidade quincenal para pasar despois a aparecer mensualmente ata que o comezo da Guerra Civil española fixo que desaparecera. Constaba de catro páxinas e editábase na cidade de Ourense. En 1936 o seu director foi José de Castro Arines. Entre os seus colaboradores estiveron os principais dirixentes da FMG: Celso Emilio Ferreiro, Francisco Fernández del Riego, Xaime Illa Couto, Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel Vázquez Martín, Cesáreo Múñiz e Antonio Moure.

Luciano Rodríguez Gómez

Luciano Rodríguez Gómez, nado en Viana do Bolo en 1951, é un filólogo e crítico literario galego.

Manuel Leiras Pulpeiro

Manuel Leiras Pulpeiro, nado en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 9 de novembro de 1912, foi un escritor galego do Rexurdimento.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1983.

Neovirxilianismo

O neovirxilianismo é unha vangarda galega da primeira metade do século XX e que fai referencia a Virxilio, autor de xeórxicas e bucólicas inducidas por César para gabar a vida do campo nun momento de éxodo rural.

Santiago, mar de pedra

Santiago, mar de pedra é o décimo álbum de estudio (e décimo segundo na discografía) do cantante de folk galego Suso Vaamonde. Foi publicado en 1997 baixo o selo Produccións Trebón.

Trátase dun disco dedicado á capital de Galiza, con composicións dos poetas Avelino Abuín de Tembra, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Díaz Jácome, Xosé Antón Neira Cruz, Ramón Cabanillas, Manuel Fabeiro Gómez, Eusebio Lorenzo Baleirón e Bernardino Graña.

Vallibria

Vallibria foi un semanario literario de Mondoñedo fundado por Xosé Trapero Pardo en 1930 e que apareceu ata 1940. Contou como colaboradores con xente como o crego Celestino Cabarcos, José Rodríguez Fernández, Eduardo Lence-Santar, Aquilino Iglesia Alvariño, Antonio Noriega Varela, José Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro.

Vallibria foi a primeira publicación onde escribiu Álvaro Cunqueiro e onde apareceu un texto literario en galego en Galicia durante a Guerra Civil española, o 25 de xullo de 1936, durante toda a contenda continuaron a aparecer nela textos galegos inseridos, as máis das veces, nun ton de exaltación do bando franquista.

Xeración do 36

Este artigo refírese á Xeración do 36 de poetas galegos, non confundir coa Generación del 36 de escritores en castelán.A Xeración de 1936 estivo formada por escritores nados nas décadas de 1910 e 1920 e que comezaron a publicar as súas obras na década de 1950.

Ó comezo estes escritores consideráronse herdeiros da Xeración Nós de 1925, pero máis adiante foron desenvolvendo as súas propias liñas creativas. As súas principais liñas poéticas foron o clasicismo, o intimismo, o ruralismo e o hilozoísmo. A súa maior contribución á literatura galega foi a poesía socialrealista, poesía de carácter social cuxo maior representante foi Celso Emilio Ferreiro.

Xosé María Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro, nado no lugar do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz) o 19 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990, foi un poeta e tradutor galego. O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG e o instituto de Guitiriz IES Poeta Díaz Castro leva o seu nome.

A Real Academia Galega decidiu adicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014. Os outros escritores propostos foron Ricardo Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Fiz Vergara Vilariño e Ramón de Valenzuela.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.