Apeadoiro de Paderne

Paderne foi un apeadoiro de RENFE arredor do p. k. 9,5 da liña Betanzos-Infesta - Ferrol[1][2], para dar servizo ao concello de Paderne.

Coordenadas: 43°19′4″N 08°12′13″O / 43.31778, -8.20361

Paderne
SituaciónPaderne

Historia

Foi construído a medio camiño entre as estacións de Betanzos-Cidade e Miño-Castro[3] aínda que afastado das aldeas da zona, condición imposta pola Lei de Policía de Ferrocarrís da época, que dispuña que estas paradas habían de se instalar en puntos nos que pudiera dar servizo a varios núcleos de poboación e que, asemade, non podía estar a máis de 3 quilómetros de cada un dos mesmos.

Gozaba dun predio de viaxeiros construído en pedra con tellado a dúas augas do que aínda se poden ollar os muros en ruínas a carón da vía. O auxe deste apeadoiro tivo lugar entre as décadas de 1930 e 1970, grazas a que constituía o punto de partida dos produtos do agro da zona principalmente cara a cidade de Ferrol.[4]

Notas

  1. "Antiguo apeadero de Paderne - Wikimapia". wikimapia.org (en castelán). Consultado o 2018-10-12.
  2. "Documentos" (PDF). Camfergal. Consultado o 2018-10-12.
  3. Lendoiro, José Raimundo Núñez-Varela y. "Centenario del ferrocarril Betanzos-Ferrol". www.cronistadebetanzos.com (en castelán). Consultado o 2018-10-12.
  4. Gutiérrez Morán, Arturo. "FERROCARRIL DE BETANZOS A FERROL («EL RAMALILLO»)" (PDF). Anuario brigantino (en castelán). Consultado o 2018-10-12.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.