Apeadoiro de Cecebre

Cecebre é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na parroquia de Cecebre, no concello de Cambre, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 43°17′16″N 08°18′28″O / 43.28778, -8.30778

Cecebre
Apeadoiro de Cecebre Cambre
Apeadoiro de Cecebre, Cambre.
SituaciónCambre
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 533,1 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Betanzos-Infesta e Cambre. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

Cando se inaugurou o tramo A Coruña-Lugo da liña Palencia-A Coruña o 10 de outubro de 1875[2], non se dispuxo de ningunha parada na zona. O apeadoiro foi construído posteriormente sen que conste a súa data exacta de apertura. Dá nome á aldea de Apeadeiro.

A estación

As súas instalacións dispoñen dun edificio de planta baixa, con aspecto de vivenda propio dalgunhas construcións ferroviarias da década de 1970 recuberto por un tellado dunha soa vertente. Conta cunha única plataforma lateral á que accede a vía principal.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme
5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  2. Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

Apeadeiro, Cecebre, Cambre

Apeadeiro é un lugar da parroquia de Cecebre no concello de Cambre, na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2010) ten 73 habitantes (33 homes e 40 mulleres).

Recibe o nome do apeadoiro de Cecebre, na liña ferroviaria que une Lugo e A Coruña.

Cecebre, Cambre

San Salvador de Cecebre é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2016 tiña 1.314 habitantes (648 homes e 666 mulleres), 29 menos ca en 2015. Ten 16 lugares.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.