Apeadoiro de Aranga

O apeadoiro de Aranga foi un apeadoiro de Adif, situado na parroquia de Vilarraso[1] no concello de Aranga, provincia da Coruña. Próximo ós lugares tanto do Apeadeiro de Orosa coma ó do Apeadeiro, este último na parroquia de Aranga, estaba situado na liña férrea A Coruña-León[2] e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Coordenadas: 43°10′46.17″N 7°59′0.66″O / 43.1794917, -7.9835167

Aranga
Apeadoiro de Aranga 3
SituaciónAranga

Situación

O apeadoiro atópase no extremo sueste tanto da parroquia de Vilarraso coma no do concello de Aranga. Está situado no punto quilométrico 481,2 da liña férrea de largo ibérico que une León e a Coruña, entre as estacións de Teixeiro e Guitiriz.[2] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

Apeadoiro de Aranga na Carta Xeométrica de Galiza de 1917
O apeadoiro de Aranga na Carta xeométrica de Galicia con el trazado de ferro-carriles y carreteras kilometradas (1917).

Entrou en funcionamento o 10 de outubro de 1875 coa apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[3] Recibiu o nome de Aranga, seguindo o costume castelán de pór os nomes dos concellos,[4] e deu nome ós lugares homónimos do Apeadeiro e do Apeadeiro de Orosa.

En outubro de 1908 realizouse no apeadoiro unha xuntanza de foreiros veciños de Aranga, á cal acudiu César Sánchez Díaz, onde se discutiu a oposición ó pagamento das rendas con que contribuían á condesa Emilia Pardo Bazán.[5] Ditas rendas foron adquiridas polo pai da escritora en 1845 e 1846 coa desamortización do mosteiro de Sobrado.[6]

Na literatura

No relato curto «Un saxo na néboa» do libro Que me queres, amor? (1995) de Manuel Rivas, o protagonista e maila Orquestra Azul baixan do tren na estación ou apeadoiro de Aranga para logo proseguir a pé cara a ficticia Santa Marta de Lombás.[7]

O apeadoiro aparece tamén en varios relatos do guitiricense Xosé Bergantiños, onde o autor conta como ía ás troitas ó río Mandeo desde Guitiriz, baixando no apeadoiro de Aranga e camiñando uns quilómetros pola vía do tren até o río.[8][9]

Por outra banda, nalgunhas cantigas populares faise referencia ó apeadoiro, aínda que sobre todo ó paso do tren pola zona:[10]

  • Dis que viches, que viches, / para min non viches nada; / non viches pasar o tren / de Teixeiro para Aranga.
  • Monte Salgueiro no alto, / A Castellana tamén; / chegando ao monte de Orosa / xa se ve pasar o tren.

Notas

  1. Monteoliva Díaz, Ángel L. (2013). PXOM de Aranga. Información xeográfica e histórica (PDF) (Informe). Concello de Aranga. p. 142.
  2. 2,0 2,1 "Listado de líneas y estaciones" (PDF). Rede ferroviaria española. Ministerio de Fomento (en castelán). p. 58. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010.
  3. García Raya, Joaquín (2006). "Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha" (PDF). Fundación de los Ferrocarriles Españoles (en castelán). p. 33. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de outubro de 2013.
  4. Erias Martínez, Alfredo; González Fernández, Juan Miguel (1989). "O marco xurisdiccional na antiga provincia de Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (12): 34. ISBN 84-505-9464-2.
  5. "Una aclaración" (PDF). La Aspiración. 275 (en castelán) (Betanzos) V: 1–2. 13.12.1908.
  6. Barros Guede, José (30.01.2009). "Familia y patrimonio de Emilia Pardo Bazán y de su marido José Quiroga (XXXIII)". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 15.12.2018.
  7. Rivas, Manuel (1995). "Un saxo na néboa". Que me queres, amor?. Galaxia. p. 43. ISBN 84-8288-027-6.
  8. Bergantiños, Xosé (1996). "A volta coas troitas". Arredor do meu río. Ir Indo. ISBN 978-84-7680-184-0.
  9. Bergantiños, Xosé (14.7.2018). "O que sabe sabe. Dúas xornadas de pesca". Diario de Ferrol.
  10. Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. pp. 62, 105. ISBN 978-84-9812-210-7.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Galería de imaxes de Aranga

Galería de imaxes do concello de Aranga na provincia da Coruña.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

O Apeadeiro, Aranga, Aranga

O Apeadeiro é un lugar da parroquia de Aranga no concello coruñés de Aranga na Comarca de Betanzos. Tiña 11 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 6 eran homes e 5 mulleres.

Está situado a carón do lugar homónimo do Apeadeiro de Orosa da parroquia de Vilarraso. Nas inmediacións está o apeadoiro de Aranga.

O Apeadeiro de Orosa, Vilarraso, Aranga

O Apeadeiro de Orosa é un lugar da parroquia de Vilarraso no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Non tiña habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.

Está situado a carón do lugar homónimo do Apeadeiro da parroquia de Aranga. Nas proximidades está o apeadoiro de Aranga.

Vilarraso, Aranga

San Lourenzo de Vilarraso é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 442 habitantes (220 homes e 222 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 525 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Sobrado, sendo a única parroquia do concello neste arciprestado.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.