Apeadoiro

Apeadoiro é, segundo a definición do Regulamento de Circulación Ferroviaria español, unha infraestrutura ferroviaria para a subida e baixada de viaxeiros.[1]

Apeadeiro de Pedroso
Apeadoiro de FEVE na parroquia de Pedroso en Narón

Características

A diferenza fundamental respecto a unha estación radica en que esta última consta, como mínimo, de dúas vías máis os seus aparatos asociados, está protexida por sinais e ademais ten por obxecto coordinar os procesos de circulación, polo que un apeadoiro só terá unha vía, en caso de liñas de vía única, ou como máximo dúas nos casos de vía dobre máis as súas respectivas plataformas de acceso aos trens. Pode incluso darse a circunstancia de que nunha mesma liña existan paradas comerciais en apeadoiros habendo estacións que estean limitadas a simples paradas técnicas, nas que non se permite a subida ou baixada de pasaxeiros.

Habitualmente os apeadoiros se crean para dar acceso a núcleos de poboación próximos á unha liña ferroviaria que non contaban con servizos de pasaxeiros como os de Redondela-Picota, Friela-Maside ou Miño, por supresión de vías en antigas estacións con pouco uso, como Cambre ou Barallobre, ou para dar acceso a equipamentos próximos á vía que adoitan mover un significativo número de persoas a determinadas horas ou momentos do ano, como os campus universitarios de Elviña[2] ou Pontevedra.

Nos últimos anos tamén se converteron en apeadoiros dúas antigas estacións da liña Santiago-Redondela: Osebe e Arcade, que presentan a particularidade de que se ben continúan a gozar de servizo de tráfico de pasaxeiros e contar con dúas vías por mor do desdobramento do trazado para o integrar no Eixo Atlántico de alta velocidade; a eliminación dos aparatos de vía e os sinais que os protexían, fan que tecnicamente teña que ser considerados como apeadoiros.

Apeadoiros en Galiza

En servizo

Liña Santiago-Redondela

Liña León-A Coruña

Liña Zamora-A Coruña

Liña Betanzos-Ferrol

Clausurados ou fóra de servizo

Notas

  1. "Real Decreto 664/2015, de 17 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de Circulación Ferroviaria" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán).
  2. "El esperado apeadero de Elviña solo lo utilizan una media de 18 pasajeros". La Voz de Galicia (en castelán). 9-2-2009.
Apeadoiro da Ponte Pasaxe

Ponte da Pasaxe foi un apeadoiro de RENFE no p. k. 544 da liña León - A Coruña, construído na aldea da Pasaxe, na Coruña, próximo á ponte do mesmo nome.

Apeadoiro da Vila da Igrexa

A Vila da Igrexa foi un apeadoiro de tren de Adif situada na Vila da Igrexa, no concello coruñés de Cerceda. Non ten servizos de viaxeiros.

A estación inaugurouse o 14 de abril de 1943 dentro do trazado orixinal da liña que unía Zamora e A Coruña. Coa construción do Eixe atlántico de alta velocidade, esta estación foi substituída pola nova estación de Cerceda-Meirama o 13 de decembro de 2009.

Apeadoiro de Aranga

O apeadoiro de Aranga foi un apeadoiro de Adif, situado na parroquia de Vilarraso no concello de Aranga, provincia da Coruña. Próximo ós lugares tanto do Apeadeiro de Orosa coma ó do Apeadeiro, este último na parroquia de Aranga, estaba situado na liña férrea A Coruña-León e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Apeadoiro de Arcade

Arcade é un apeadoiro de ferrocarril de Adif situado en Arcade (Soutomaior, Pontevedra). Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. Antes da posta en servizo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, tiña a consideración de estación.

Apeadoiro de Barallobre

Barallobre é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Barallobre, no concello de Fene, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Apeadoiro de Cecebre

Cecebre é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na parroquia de Cecebre, no concello de Cambre, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Apeadoiro de Cesantes

Cesantes é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Cesantes, no concello de Redondela, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Apeadoiro de Elviña-Universidade

Elviña-Universidade é un apeadoiro de tren de Adif situada na parroquia de Elviña, no concello da Coruña. Dá servizo á propia localidade e ao campus da Universidade da Coruña.

Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. No ano 2008, daba servizo a 6000 pasaxeiros, é dicir, este apeadoiro é usado por unha media diaria de 18 persoas. Porén, logo de 2017, os datos de Renfe Operadora indicaban que menos dun milleiro de persoas empregaban este servizo anualmente.

Apeadoiro de Figueirido

Figueirido foi un apeadoiro de Adif, situado na vila de Figueirido, no concello de Vilaboa, provincia de Pontevedra. O antigo predio de viaxeiros consérvase na beira da liña Santiago - Redondela e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Apeadoiro de Guísamo

Guísamo foi un apeadoiro da liña León - A Coruña localizado en Guísamo (Bergondo). A el se accedía por unha escaleira desde a estrada DP-01810, que salva a vía férrea mediante un paso superior. As súas instalacións foron eliminadas.

Apeadoiro de Miño

Miño é un apeadoiro de Adif, situado no casco urbano de Miño, na provincia da Coruña. Está situado na liña Betanzos-Ferrol.

Foi construído a carón da estrada AC-154, a parada comercial que aquí se realiza substitúe á da antiga estación que había cara Betanzos-Cidade: a de Miño-Castro.

Apeadoiro de Oroso-Vilacide

Oroso-Vilacide era un apeadoiro de Adif, situado en Vilacide, no concello de Oroso, provincia da Coruña. Estaba situado na Liña Zamora - A Coruña e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Apeadoiro de Ourense-San Francisco

Ourense-San Francisco foi unha estación de tren, actualmente convertida en apeadoiro, de Adif situada no barrio de San Francisco da cidade de Ourense. É a segunda estación da cidade por detrás de Ourense-Empalme. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Apeadoiro de Paderne

Paderne foi un apeadoiro de RENFE arredor do p. k. 9,5 da liña Betanzos-Infesta - Ferrol, para dar servizo ao concello de Paderne.

Apeadoiro de Perlío

Perlío é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Perlío, no concello de Fene, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Apeadoiro de Piñoi

Piñoi é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Piñoi, no concello de Oza-Cesuras, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Apeadoiro de Pontevedra-Universidade

Pontevedra-Universidade é un apeadoiro ferroviario de Adif na cidade de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo, dando servizo ao campus universitario da Universidade de Vigo.

Apeadoiro de Redondela-Picota

Redondela-Picota é un apeadoiro de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña Santiago - Redondela.

Apeadoiro de Rubiáns

Rubiáns foi un apeadoiro de Adif, situado en Rubiáns, no concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra. Estaba situado na liña Santiago - Redondela e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Apeadoiro do Casal

Casal foi un apeadoiro de RENFE na parroquia de Laraño (Santiago de Compostela). Formaba parte da liña Santiago - Redondela e aínda se conserva o edificio de viaxeiros, que data de comezos do século XX.

O predio consta dunha planta rectangular e dúas alturas, con tellado a dúas augas. Ten muros recebados e pintados de branco con vans simétricos en altura, con remate superior de arco rebaixado e esquinas con perpiaño á vista, igual que os esquinais da construción. Beirado de pedra con molduras e un van redondo no hastial do penal.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.