Aparato circulatorio

O aparello circulatorio é a estrutura anatómica que comprende conxuntamente tanto ó sistema cardiovascular que conduce e fai circular o sangue (torrente sanguíneo), como ó sistema linfático que conduce a linfa.

Aparato circulatorio
Circulatory System es
Sistema circulatorio humano. O vermello indica sangue arterial, o azul sinala o sangue venoso
Grafik blutkreislauf
Esquema do sistema cardiovascular, mostrando as principais arterias (en vermello) e veas (en azul) para a circulación sanguínea
Latín systema cardiovasculare

Tipos de sistemas circulatorios

Existen dous tipos de sistemas circulatorios:

Sistema circulatorio pechado: consiste nunha serie de vasos sanguíneos polos que, sen saír deles, viaxa o sangue. O material transportado polo sangue chega ós tecidos a través de difusión. É característico de anélidos, moluscos cefalópodos e vertebrados.

Sistema circulatorio aberto: o sangue bombeado polo corazón viaxa a través de vasos sanguíneos, co que o sangue irriga directamente as células, regresando logo por distintos mecanismos. Este tipo de sistema preséntase nos artrópodos e nos moluscos non cefalópodos. Estes animais teñen un ou varios corazóns, unha rede de vasos sanguíneos e un espazo aberto grande no corpo chamado hemocele.[1]

A circulación do sangue ou circulación sanguínea describe o percorrido que fai o sangue dende que sae ata que volve ao corazón. A circulación pode ser simple ou dobre:

  • Circulación simple: ocorre cando o sangue forma un só ciclo e no seu percorrido pasa unha soa vez polo corazón. O sangue pasa unha vez polo corazón en cada volta.
  • Circulación sanguínea dobre: o sangue pasa dúas veces polo corazón en cada volta.

A circulación sanguínea tamén se clasifica en:

  • Circulación sanguínea completa: non hai mestura de sangue oxixenado e desoxixenado.
  • Circulación sanguínea incompleta: hai mestura de sangue oxixenado e desoxixenado.

O corazón dos seres humanos e da maioría dos vertebrados máis evolucionados divídese en catro cámaras (tetracameral). Noutros animais só teñen dúas ou tres cámaras, ou mesmo unha soa en forma tubular. Ademais hai animais que teñen máis dun corazón.

Sistema cardiovascular nos humanos

División en circuítos

No organismo humano hai dous tipos de circulación:

  • Circulación maior, somática ou xeral: o percorrido do sangue comeza no ventrículo esquerdo do corazón, cargado de osíxeno, e esténdese pola arteria aorta e as súas ramas arteriais ata o sistema capilar, onde se forman as veas que conteñen sangue pobre en osíxeno. Desembocan nunha das dúas veas cavas (superior e inferior) que drenan na aurícula dereita do corazón.
  • Circulación menor, pulmonar ou central: o sangue pobre en osíxeno parte desde o ventrículo dereito do corazón pola arteria pulmonar que se bifurca en cadanseu tronco para cada un de ambos pulmóns. Nos capilares alveolares pulmonares o sangue osixénase a través dun proceso coñecido como hematose e recondúcese polas catro veas pulmonares que drenan o sangue rico en osíxeno, na aurícula esquerda do corazón.
  • Circulación portal: é un subtipo da circulación xeral orixinado de veas procedentes dun sistema capilar, que volve formar capilares no fígado, ó final do seu traxecto. Existen dous sistemas porta no corpo humano:
  1. Sistema porta hepático: as veas orixinadas nos capilares do tracto dixestivo desde o estómago ata o recto que transportan os produtos da dixestión, transfórmanse de novo en capilares nos sinusoides hepáticos do fígado, para formar de novo veas que desembocan na circulación sistémica a través das veas suprahepáticas á vea cava inferior.
  2. Sistema porta hipofisario: a arteria hipofisaria superior, procedente da carótide interna, remifícase nunha primeira rede de capilares situados na eminencia media. Destes capilares fórmanse as veas hipofisarias que descenden polo talo hipofisario e orixinan unha segunda rede de capilares na adenohipófise que drenan na vea xugular interna.

Circulación sanguínea noutros vertebrados

Circulación en peixes

Blutkreislauf Fische-ES
Sistema circulatorio nos peixes.

Nos peixes, o corazón atópase en posición ventral, por baixo da farinxe e preto das branquias. A súa disposición é lineal e consta de catro cámaras (seo venoso, aurícula, ventrículo e cono arterial ou aórtico) comunicadas por válvulas que impiden o retroceso do sangue.

A arteria branquial leva o sangue ás branquias para a súa oxigenación. Xa que logo, a circulación nestes animais é simple e completa; é dicir, só existe un circuíto e non haberá mestura de sangues.

Circulación en anfibios

Blutkreislauf Amphibien ES
Sistema circulatorio dos anfibios.

Nos primeiros vertebrados pulmonados (anfibios e réptiles non crocodilianos) o corazón está en posición torácica e aparece unha circulación dobre, xa que existe un circuíto menor ou pulmonar, que leva o sangue venosa ós pulmóns e trae de volta ó corazón o sangue arterial desde aqueles, e o circuíto maior ou xeral, que leva o sangue arterial ó resto do corpo e trae de volta o sangue venoso ó corazón.

Nestes animais o corazón ten tres cavidades: dúas aurículas (dereita e esquerda) e un único ventrículo moi musculoso. A aurícula dereita recibe o sangue venoso procedente do resto do corpo, e mándaa ó ventrículo para que este a bombee ós pulmóns a través da arteria pulmonar. A aurícula esquerda recibe o sangue arterial procedente dos pulmóns, mándaa ó ventrículo e este bombéaa ó resto do corpo a través da aorta. Entre as dúas arterias existe un pequeno tubo chamado conduto de Botal. As aurículas contráense de forma sucesiva, polo que a mestura de sangues no ventrículo é escasa. De todos os xeitos, a circulación dobre será incompleta.

Circulación en réptiles

Blutkreislauf Reptilien-es
Sistema circulatorio dos réptiles.

Nos réptiles crocodilianos xa existe unha división completa do ventrículo en dous compartimentos (dereito e esquerdo). Xa que logo, o corazón xa é tetracameral e ten dous caxatos aórticos: o esquerdo que sae do ventrículo dereito e leva sangue venoso, e o dereito que sae do ventrículo esquerdo e leva sangue arterial. Prodúcese unha pequenísima mestura de sangue na aorta descendente. Deste xeito, considérase que a circulación é dobre e completa (aínda que non totalmente).

Ciclo cardíaco

Os capilares son os vasos sanguíneos máis numerosos do corpo. Todas as células do organismo atópanse preto dun vaso capilar de onde tomarán alimentos e oxíxeno e deixarán o dióxido de carbono. Os vasos capilares están conectados a veas pequenas, que se xuntan para formar veas máis grandes. As que devolven o sangue da cabeza e os brazos xúntanse para formar a vea cava superior. O sangue da parte inferior do corpo lévase cara ao corazón pola vea cava inferior.

Ambas as veas cavas, superior e inferior, levan o sangue á aurícula dereita, unha das catro cavidades do corazón. De alí pasa ao ventrículo dereito a través da válvula tricuspide. O ventrículo dereito contráese e empuxa o sangue, a través da válvula pulmonar, cara á arteria pulmonar.

A arteria pulmonar divídese en dúas ramas que levan o sangue cara aos vasos capilares de cada pulmón, onde o oxíxeno entra no sangue e o dióxido de carbono sae dela. Despois, o sangue regresa polas veas pulmonares ata a aurícula esquerda e de alí, pasando pola válvula mitral, chega ao ventrículo esquerdo. Este empuxa o sangue a través da válvula aórtica cara á arteria aorta, que leva o sangue de novo oxixenada a todos os capilares do noso corpo e así complétase o ciclo.[2]

Notas

  1. [1] Google libros: Biología: la vida en la tierra Escrito por Gerald Audesirk, Teresa Audesirk, Bruce E. Byerspag, p. 550.
  2. Pascuzzi, Dr. Javier. "Ciclo cardiaco". Arquivado dende o orixinal o 18-11-2016. Consultado o 12-11-2016.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aparato reprodutor feminino

O aparato reprodutor feminino é o aparato xenital situado na zona pélvica das mulleres no cal ten lugar a produción dos gametos femininos (óvulos), a fecundación e formación do cigoto, a xestación do embrión e a súa expulsión ao exterior (parto), e a produción de diversas hormonas. Consta de ovarios, trompas de Falopio, útero, vaxina e xenitais externos (vulva).

Bivalvos

A dos bivalvos (Bivalvia) é unha clase de moluscos, mariños, de auga salobre ou auga doce, e que viven tamén en ríos, estanques e lagos.

Entre as especies que forman parte desta clase encontramos animais tan coñecidos como os mexillóns, as vieiras, as zamburiñas, as ameixas, as ostras, as navallas, os berberechos, etc.

No grupo hai unha gran variación de tamaño dende algunhas cunchas que miden entre 1 e 2 mm de diámetro ata individuos xigantes como algunhas especies do xénero Tridacna que poden acadar máis de 1 metro de lonxitude e ate 225 kg de peso.Como curiosidade, podemos dicir que nas portas de moitas igrexas de Galiza, e doutros países, úsanse como pías da auga bieita valvas de Tridacna traídas en séculos pasados das Filipinas. (Por este motivo en francés denomínanse as tridacnas como bénitiers).

A meirande parte dos bivalvos son filtradores e sedentarios e polo tanto dependen das correntes ciliares producidas polas branquias para conseguiren o alimento. A diferenza doutros grupos, como o dos cefalópodos, non teñen unha verdadeira cabeza (teñen moi pouca cefalización) e carecen de rádula.

Teñen o corpo comprimido lateralmente e un manto que contén no seu interior o saco visceral onde se aloxan as vísceras, pero a súa principal característica é a de posuíren unha cuncha composta por dúas valvas. Efectivamente, a cucha dos bivalvos, formada por carbonato de calcio e conquiolina (substancia orgánica constituída por proteínas complexas segregadas polo epitelio do molusco), consta de dúas partes, xeralmente similares, chamadas valvas (cuncha equivalva).

As valvas están unidas entre si nos seus bordos por un ligamento flexible que, unindo firmemente os dentes situados en cada unha das valvas, constitúe a chamada charneira. Esta disposición permite á cuncha abrirse e pecharse sen que as súas metades se desarticulen. A cuncha presenta xeralmente simetría bilateral, e a charneira encóntrase no plano saxital.

Os bivalvos foron desde hai moito tempo un compoñente da dieta das poboacións humanas costeiras (recordemos as acumulacións de cunchas en lugares como o castro de Baroña).

As ostras, os berberechos, as ameixas e as vieiras colléitanse e cómense desde a antigüidade, e a acuicultura converteuse recentemente nunha importante fonte de subministración de bivalvos para o consumo humano.

O mellor coñecemento dos ciclos reprodutivos dos moluscos levou ao desenvolvemento de novas técnicas de crianza, e unha mellor comprensión dos perigos do consumo de mariscos crus ou pouco cociñados axudou a mellorar o almacenamento e o procesado destes animais na industria alimentaria.

Ademais do seu uso como alimento, as ostras son a fonte máis común das perlas naturais. Así mesmo as conchas dos bivalvos utilízanse en artesanía para a fabricación de botóns e artigos de bisutaría (recordemos os colares que se venden aoa turistas na illa da Toxa). Finalmente, algúns bivalvos tamén se utilizan para controlar a contaminación do mar.

Existen arredor de 30.000 especies na clase dos bivalvos, moitas das cales son comestibles e representan un valioso recurso económico en moitas rexións do mundo como é o caso de Galiza, onde se rexistraron máis de 125 especies nas súas costas.Os máis antigos fósiles de bivalvos datan do cámbrico temperán, hai máis de 500 millóns de anos.

Braquiópodos

Os braquiópodos (Brachiopoda, do grego βραχίων brachíōn, "brazo" e πούς, ποδός poús, podós, "pé", que podemos traducir como "pé en forma de brazo") son un filo de animais pertencentes o clado dos lofoforados. Aínda que se describiron máis de 12.000 especies fósiles, só existen unhas 300 especies actuais.Apareceren no rexistro fósil desde o cámbrico inferior.Os son animais mariños celomados, protóstomos, bilaterais que posúen un lofóforo e o seu corpo está contido nunha cuncha bivalva (diferente ás que teñen os moluscos lamelibranquios). Son animais de vida sedentaria que viven fixos ao substrato.

Briozoos

Os briozoos (Bryozoa, do grego βρύον brýon, "musgo", e ζωον zōon, "animal"), o que xustifica o nome que lle dan algúns[quen?] de animais musgo,[Cómpre referencia] tamén chamados polizoos (Polyzoa) e ectoproctos (Ectoprocta, do grego εκτός ektós, "fóra", "afora", e πρωκτόσ prōktós, "ano"). son un filo de pequenos animalis coloniais, que presentan un lofóforo, coroa de tentáculos ciliados que serven para captar alimento, nos que o ano se abre fóra de diita coroa tentacular.

Describíronse unhas 5.700 especies maioritariamente mariñas; só unhas 50 viven en auga doce.

Durante anos clasificáronse xunto aos entoproctos, nos que o ano se abre dentro da coroa tentacular, pero hoxe dubídase de que ambos os grupos estean realmente relacionados.Son animais triblásticos, deuteróstomos e esquizocelomados, con tentáculos lofoforais retráctiles nunha vaíña tentacular. Carecen de nefridios e de aparato circulatorio.

Estes animais posúen algúns caracteres que os achegan aos protóstomos, porén outras características como a orixe do mesoderma ou a natureza do celoma aproxímanos máis aos deuteróstomos.

Circulación

A circulación, acción de circular, é o movemento continuo dalgunha cousa, e pode referirse especificamente a:

A circulación sanguínea no corpo humano e nos animais (ver aparato circulatorio).

A circulación da auga nas plantas (ver planta vascular).

A circulación de células tumorais no proceso de metástase tumoral (ver cancro).

A circulación termohalina das masas de auga.

O movemento do aire (ver circulación xeral atmosférica).

A circulación de enerxía (ver circulador).

O tránsito de vehículos (ver transporte).

En física e matemáticas, á circulación dun campo vectorial ao longo dun camiño, tamén coñecida como integral de liña.

A tirada dun periódico ou revista, tamén denominada "tiraxe" ou "circulación".

Corazón

O corazón é un órgano muscular dos humanos e outros animais, que bombea o sangue a través dos vasos sanguíneos do sistema circulatorio. O sangue fornece o corpo de osíxeno e nutrientes, e tamén axuda á eliminación de residuos metabólicos. En humanos, o corazón atópase entre os pulmóns, no mediastino medio da cavidade torácica.Nos seres humanos, outros mamíferos e aves, o corazón está dividido en catro cámaras: aurículas superiores esquerda e dereita; e ventrículos esquerdo e dereito. A aurícula e o ventrículo dereito adoitan ser designados en conxunto como corazón dereito e as súas contrapartes como corazón esquerdo. Os peixes, en contraste, teñen dúas cámaras, unha aurícula e un ventrículo, mentres que os réptiles posúen tres cámaras. Nun corazón saudable o sangue flúe nun só sentido a través do corazón debido ás válvulas cardíacas, que impiden o refluxo. O corazón está pechado nunha protección sacular, o pericardio, que tamén contén unha pequena cantidade de fluído. A parede do corazón está composta de tres capas: epicardio, miocardio e endocardio.O corazón bombea o sangue cun ritmo determinado por un grupo de células marcapaso no nó sinoauricular. Estas xeran unha corrente que provoca contracción do corazón, viaxando a través do nó auriculoventricular e ao longo do sistema de condución cardíaco. O corazón recibe sangue con baixa concentración de osíxeno desde o aparato circulatorio, que entra na aurícula dereita polas veas cavas superior e inferior e pasa ao ventrículo dereito. A partir de aquí, é bombeado cara á circulación pulmonar, a través dos pulmóns, onde recibe o osíxeno e libera o dióxido de carbono. O sangue osixenado despois volve á aurícula esquerda, pasa a través do ventrículo esquerdo e é bombeado para fóra a través da aorta ao sistema circulatorio, onde o osíxeno é utilizado e metabolizado a dióxido de carbono. O corazón bate cunha frecuencia cardíaca de repouso de preto de 72 latexos por minuto. O exercicio físico aumenta temporalmente a frecuencia, pero diminúe a frecuencia cardíaca de repouso a longo prazo e é bo para a saúde do corazón.As doenzas cardiovasculares (DCV) son a causa máis común de morte en todo o mundo dende 2008, correspondendo a un 30% de mortes. Destas, máis de tres cuartos son resultado da doenza arterial coronaria e ataque cerebrovascular. Os factores de risco inclúen: tabaquismo, sobrepeso, pouco exercicio físico, colesterol alto, hipertensión arterial e diabetes mal controlados, entre outros. As doenzas cardiovasculares a miúdo non presentan síntomas ou poden causar dor no peito ou dificultade para respirar. O diagnóstico da doenza cardíaca faise moitas veces tendo en conta a historia clínica, escoitando os sons do corazón cun estetoscopio, ECG e ultrasóns. Os especialistas en doenzas do corazón chámanse cardiólogos, aínda que moitas outras especialidades da medicina poidan estar implicadas no tratamento.

Endoproctos

Os endoproctos (Entoprocta, do grego ἔντóς entós, "dentro", "no interior", e πρωκτός prōktós, "ano"), ás veces escrito entoproctos, respectando a ortografía latina, non a pronuncia, tamén chamados kamptozoos (Kamptozoa, do grego κάμτω kámtō, "alombar", "dobrar", e ζωον zōon, "animal") son un filo de animais bilaterais protóstomos, acuáticos, que miden de 0,5 a 5 mm de lonxitude e provsitos dun lofóforo, que se poden distingiuir doutros lofoforados similares, como os briozoos ou ectoproctos pola posición do ano, que queda incluído na coroa de tentáculos.

Son animais sésiles, a maioría deles mariños, aínda que existe algún xénero de auga doce (como Urnatella). Apareceron no xurásico, e se describiron unhas 170 especies.A miúdo viven en colonias, nas que os individuos, en lugar de fixarse ao substrato por un pé, únense mediante unha especie de estolón (que pode, ao igual que o pedúnculo, producir novos individuos) a outros animais fixos ( como briozoos) ou móbiles (como sipúnculos ou anélidos).

Escafópodos

Os escafópodos (Scaphopoda), coñecidos vulgarmente como cabeiros ou dentalios, son un pequeno grupo de moluscos que teñen unha cuncha lixeiramente curvada en forma de dente de elefante que está perforada polos dous extremos: unha parte anterior que é máis ancha e esta disposta cara a abaixo, e unha parte posterior que é máis estreita e está disposta cara a arriba, xa que é o lugar por onde entra e sae a auga.

Estes animais posúen simetría bilateral e viven enterrados na area ou na lama e teñen un pé furador trilobulado que sobresae pola abertura anterior arredor do cal saen uns tentáculos longos e delgados chamados captáculos que serven para procurar o alimento.

Gasterópodos

A dos gasterópodos (Gasteropoda), ou gastrópodos (Gastropoda), é unha clase de animais pertencentes ao filo dos moluscos, de vida acuática ou terrestre, que xurdiron a principios do cámbrico e que hoxe están estendidos por todos os continentes e océanos ocupando tamén charcas, correntes de auga doce e lugares onde hai unha cantidade suficiente de humidade.

Este grupo contén un moi extenso número de especies descritas, ocupando o segundo lugar neste aspecto tras os insectos. Hai 611 familias de gasterópodos, das que 202 están extintas e só aparecen no rexistro fósil.A clase dos Gastropoda (anteriormente coñecida como univalvos, e ás veces denominada Gasteropoda) constitúe unha parte moi importante do filo dos moluscos, e é a clase máis diversificada deste filo, con de 60 000 a 80 000 especies. A clase comprende cerca dunhas 15 000 especies fósiles e ao redor de 40 000 vivas, das cales as máis coñecidas son os caracois, os cornos, as bucinas, as lapas, as lesmas, as patelas, as borrachas, os caramuxos e as peneiras.

O tamaño dos membros deste grupo é moi variable, xa que vai dende formas microscópicas ata especies de gran tamaño como Pleuroploca gigantea duns 60 cm de longo, ou algúns dos individuos do xénero Aplysia que poden chegar a acadar 1 m de lonxitude. A meirande parte dos gasterópodos miden entre 1 e 8 cm de lonxitude, e existen fósiles que acadan os 2 m.Presentan cefalización cunha verdadeira cabeza, un pé musculoso ventral e unha cuncha dorsal, polo miúdo polícroma que pode reducirse ou ate perderse nos gasterópodos máis evolucionados.

Hemolinfa

Denomínase hemolinfa ao líquido circulatorio dos artrópodos, moluscos (agás nos cefalópodos) e outros invertebrados, etc. análogo ao sangue dos vertebrados.Trátase dun líquido corporal de transporte que baña directamente órganos e tecidos e enche os vasos e as cavidades hemocélicas (lagoas, seos) propias dos animais se sistema criculatorio aberto.

Mesoderma

En todos os animais de simetría bilateral, o mesoderma é unha das tres capas xerminais primarias que se forman nas primeiras fases do desenvolvemento do embrión. As outras dúas capas son o ectoderma (capa externa) e o endoderma (capa interna), en tanto que o mesoderma é a capa intermedia.). Os animais diblásticos (como cnidarios e ctenóforos) non teñen mesoderma.

O mesoderma diferénciase do resto do embrión por medio de sinalización intercelular, despois do cal é polarizado por un centro organizador.Comunmente divídese o mesoderma en paraxial, intermedio e lateral.

Mesozoos

Os mesozoos son un grupo de animais que historicamente clasificáronse no subreino Agnotozoa, e hoxe en día inclúense no subreino Mesozoa e que antes incluían a outros organismos con características especiais que non encaixaban en ningún outro filo. Mais co incremento dos coñecementos zoolóxicos, moitos deses seres foron descartados quedando só dous grupos de seres vivos claramente emparentados entre eles e que máis adiante comentaremos.

A palabra mesozoo fai referencia a que estes seres atópanse no medio ("meso") entre o Phylum dos Protistas e o dos Metazoos.

Monoplacóforo

A dos monoplacóforos (Monoplacophora) é unha clase de moluscos moi primitivos de, simetría bilateral, caracterizados por teren unha única cuncha semellente á das lapas e que viven nos mares a grandes profundidades (de aí o seu nome inglés Deep-sea Limpets.Considerábase que era un grupo de moluscos extintos do paleozoico, xa que só se coñecían fósiles dos períodos Cámbrico e Devoniano que se englobaban dentro do grupo dos pateláceos (gasterópodos prosobranquios), pero que difiren destes porque teñen moitos pares de músculos dispostos simetricamente e inseridos na cara interna da cuncha.O nome Monoplacophora foi cuñado en 1940 polo malacólogo sueco Nils Hjalmar Odhner para designar este grupo de moluscos. Pero en 1952 encontráronse exemplares vivos da especie Neopilina galatheae nunha profunda fosa submarina preto do litoral de Costa Rica, en América Central, o que veu a confirmar as hipóteses de Odher.

Desde o descubrimento de Neopilina colectáronse individuos de Monoplacophora de diferentes, sempre en augas profundas —entre os 2 000 e os 7 000 m de profundidade— no océano Pacífico Oriental, no Atlántico Meridional e no golfo de Adén.

Os monoplacóforos, que presentan algunhas relacións cos poliplacóforos, considéranase hoxe como o grupo basal do que derivaron os moluscos das clases dos gasterópodos, bivalvos e cefalópodos.

Nogueira

As nogueiras ou croucheiras (xénero Juglans) son plantas da familia Juglandaceae. Son árbores de folla caduca, de 10 a 40 metros de alto, con follas pinnadas.

As 21 especies do xénero espállanse polas zonas temperadas de Eurasia e, en América, dende o sueste de Canadá ata a Arxentina. O nome latino Juglans deriva de Jovis glans 'noces de Xúpiter'.

As nogueiras son usadas como alimento polas larvas de varios lepidópteros e coleópteros.

A especie máis coñecida en Europa e a de máis importancia comercial é a nogueira común (Juglans regia). A nogueira negra (Juglans nigra) e común na súa área nativa do leste de Norteamérica e cultívase tamén noutras zonas do mundo. As noces son comestibles, pero máis pequenas que ás da Juglans regia e de casca moi dura.

A nogueira xaponesa (Juglans atlantifolia) caracterízase polas súas noces redondas.

Onicóforos

Os onicóforos (Onychophora, do grego ὄνυξ, ὄνυχος ónyx, ónychos, "unlla", e φορός phorós, "portador") constitúen un filo de animais invertebrados terrestres semellantes a eirugas, coñecidos dende o Cámbrico. Teñen ollos pequenos e antenas, e están estreitamente emparentados cos artrópodos pero os seus numerosos pares de apéndices, os lobópodos, non son realmente articulados. Coñécense unhas 165 especies.

Ril

Os riles son dous órganos con forma de feixón que filtran o sangue do aparato circulatorio e permiten a excreción a través da urina de diversos residuos metabólicos do organismo por medio dun sistema complexo que inclúe mecanismos de filtración, absorción e excreción.

Tabaco

Este artigo trata sobre a manufactura, para a planta Nicotiana tabacum, véxase artigo: Tabaco (planta).

O tabaco é a manufactura en diferentes presentacións (picado, en po e, particularmente, en cigarros), das follas secas da planta do tabaco (Nicotiana tabacum L.); considérase hoxe en día unha droga legal. O seu consumo está moi estendido por todo o mundo. É unha herba perenne, robusta, de 50 a 120 cm de altura, pegañenta ó tacto. Ten follas grandes e sésiles, e flores verde amarelentas. É unha planta oriunda de América tropical. O tabaco moderno deriva case na súa maioría da Nicotiana tabacum. O compoñente máis característico do tabaco é a nicotina, un alcaloide que se encontra nas follas en proporcions variables (dende menos do 1 % ata o 12 %).

Traquea (artrópodos)

As traqueas son os órganos respiratorios aéreos dos artrópodos terrestres (insectos, arácnidos e miriápodos) e dos onicóforos. O conxunto de traqueas forma o sistema traqueal que é unha rede de tubos ocos que se abren na superficie do corpo por un poro (estigma) e se internan nos tecidos ramificándose; son progresivamente de menor diámetro conforme se internan no corpo (desde 0,8 mm a poucos micrómetros) e de paredes cada vez máis delgadas. Levan o osíxeno directamente ás células, polo que na respiración traqueal o transporte de gases respiratorios é totalmente independente do aparato circulatorio, e, a diferenza dos vertebrados, o fluído circulatorio (hemolinfa) non garda nin transporta o osíxeno, e crese que este é un dos factores que poden limitar o tamaño máximo dos artrópodos terrestres. Como as traqueas son invaxinacións do tegumento, están cubertas pola cutícula, que se renova coa muda (écdise).

Ábrense ao exterior por uns poros chamados estigmas. Polos estigmas entra no sistema traqueal aire rico en osíxeno e sae aire rico en dióxido de carbono, resutltado da respiración celular nos tecidos. Os gases poden moverse polo aparato respiratorio por medio dun sistema pasivo (difusión) ou activo (ventilación), como ocorre en insectos como os saltóns ou as abellas, que bombean activamente o aire a sacos situados no seu abdome e poden controlar o fluxo a través do corpo.

Vaso sanguíneo

Un vaso sanguíneo é unha estrutura oca e tubular que conduce o sangue impulsada pola acción do corazón.

TA 2-4:
Músculo-esquelético
TA 5-11:
espláncnico/
vísceras
TA 12-16
Non-TA
Circulación sistémica
Circulación pulmonar
Vasos sanguíneos
Arterias
Veas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.