Anxo Tarrío

Anxo Tarrío Varela, nado en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1945,[1] é un filólogo e profesor galego. Foi catedrático de filoloxía galega e portuguesa, na especialidade de literatura galega, na Universidade de Santiago de Compostela.

Anxo Tarrío
Anxo Tarrío (AELG)-2
Nacemento11 de marzo de 1945
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
XénerosEnsaio
EstudosFiloloxía galega e portuguesa

Traxectoria

Estudou Mestría Industrial, Maxisterio e Filoloxía Románica na Universidade compostelá, e doutorouse cunha tese sobre a novelística de Benito Pérez Galdós na Universidade de Oviedo. Impartiu docencia de lingua española, lingüística xeral, crítica literaria e Teoría da Literatura nos colexios universitarios de Lugo (1973-78) e Vigo (1978-81)[2]. En 1981 incorporouse á Universidade da súa cidade natal como profesor de Literatura Galega.[3]. Dirixiu a sección de literatura do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ata a súa xubilación en 2017.[4]

Colaborou con artigos na prensa diaria galega.: El Correo Gallego, O Correo Galego, Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.[5]

Obra en galego

Ensaio

  • De letras e de signos (Ensaios de semiótica e crítica literaria) (1987). Vigo: Xerais. Col. Universitaria. 200 páxs. ISBN 978-8475072432.
  • Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía (1989). Vigo: Galaxia. Col. Agra aberta. 144 páxs. ISBN 978-8471546562.
  • Opinións e xoguetes literarios (1992). Biblioteca 114, Editorial Compostela.
  • Primeiras experiencias narrativas de Eduardo Blanco-Amor (1993). Vigo: Galaxia. 140 páxs. ISBN 9788471548467.
  • Literatura galega. Aportacións a unha Historia Crítica (1994). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-778-1.
  • Recanto de cataventos (1996). Editorial Compostela/Caja de Madrid. 94 páxs. Colección de artigos.
  • Escrito en Compostela (1997). Editorial Compostela/Consorcio de Santiago. 162 páxs. ISBN 84-8064-064-2.
  • A baloira (2006). Vigo: Xerais. Col. Xornalismo. 512 páxs. ISBN 84-9782-351-6.[6]

Edicións

  • A escadeira de Jacob, de Eduardo Blanco-Amor (1993). Vigo: Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-7154-867-2.[7]
  • De catro a catro. Manuscrito. Manuel Antonio (2016). Alvarellos. ISBN 978-84-16460-13-7.[8]

Obras colectivas

Premios

Obra en castelán

Ensaio

  • Lectura semiológica de Fortunata y Jacinta (1982) Cabildo Insular de Las Palmas. ISBN 978-8450052350.
  • Literatura Gallega. (1988). Madrid: Taurus. 1ª reimpresión 1990. Col. Historia Crítica de la Literatura Hispánica, 28. 280 páxs. ISBN 978-8430625284.

Premios

  • Premio Internacional de investigación Galdós no 1979, por Lectura semiológica de Fortunata y Jacinta.[9]

Notas

  1. "Anxo Tarrío". www.aelg.gal. Consultado o 2019-07-02.
  2. "Anxo Tarrío Varela. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-07-02.
  3. "Anxo Tarrío. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-07-02.
  4. "El Centro Ramón Piñeiro tributa un homenaje a Anxo Tarrío por su jubilación". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-06-16. Consultado o 2019-07-02.
  5. "Publicacións - Angel Tarrio Varela - USC". webspersoais.usc.es. Consultado o 2019-07-02.
  6. "A baloira. Edicións Xerais de Galicia. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-07-02.
  7. "A escadeira de Jacob". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-07-02.
  8. Pena Pérez, Marcos. "Manuel Antonio foi un espírito moi rexo, só quería depender do seu propio albedrío e criterio". praza.gal. Consultado o 03/07/2019.
  9. "Premios e recoñecementos - Angel Tarrio Varela - USC". webspersoais.usc.es. Consultado o 2019-07-03.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista a Anxo Tarrío en El Correo Gallego (2008)-

11 de marzo

O 11 de marzo é o 70º día do ano do calendario gregoriano e o 71º nos anos bisestos. Quedan 295 días para finalizar o ano.

A tecedeira de Bonaval

A tecedeira de Bonaval é unha novela de Antonio López Ferreiro, publicada por entregas no xornal El Pensamiento Galaico, do 5 de xullo ao 21 de decembro de 1894. En 1895 foi editada por Andrés Martínez Salazar no volume X da Biblioteca Gallega, e en 1953 reeditouna Pedret Casado en Bibliófilos Gallegos nun volume conxunto coas súas outras dúas novelas: O niño de pombas e O castelo de Pambre.

Armando Requeixo

Armando Requeixo Cuba, nado en Mondoñedo o 14 de xuño de 1971, é un investigador, profesor e crítico literario galego.

Biblioteca 114

A Biblioteca 114 é un produto editorial formado por unha colección de 114 libros, tanto reedicións coma primeiras edicións, de autores galegos consagrados, en lingua galega e castelá, da Editorial Compostela-El Correo Gallego.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Blanca-Ana Roig

Blanca-Ana Roig Rechou, nada en Portosín (Porto do Son) o 28 de xuño de 1949, é unha profesora e crítica literaria galega.

Boletín Galego de Literatura

O Boletín Galego de Literatura (BGL) é unha revista literaria semestral que edita a Universidade de Santiago de Compostela e está dirixida por Anxo Tarrío Varela, profesor da facultade de Filoloxía da USC. A data de creación é 1989 e o primeiro número corresponde aos meses de xaneiro-maio. Esta publicación está redactada exclusivamente en lingua galega, exceptuando algunhas colaboracións escritas en español, portugués, catalán, francés, italiano, inglés ou alemán. Nela aparecen artigos sobre crítica e historiografía de calquera literatura do mundo, ademais de traballos de investigación en Teoría da Literatura, Crítica Literaria, Poética, Retórica, Hermenéutica, Semiótica etc.

Carmen Blanco García

Carmen Blanco García, nada en Lugo o 12 de maio de 1954, é unha escritora e feminista galega autora de poesía, narrativa e ensaio, e profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

Participou dende os anos setenta no movemento de liberación das mulleres, e, como ensaísta, centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo, lugar, memoria, cultura, arte e literatura, temática na que profundizou nun camiño libertario na súa obra ensaística e literaria. Centrouse tamén en literatura e cultura galegas, tendo colaborado, asemade, en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

Eulalia Agrelo

María Eulalia Agrelo Costas, nada en Asados (Rianxo) o 26 de xaneiro de 1974, é unha filóloga e ensaísta galega.

Grupo Nós

O grupo Nós ou xeración Nós foi un colectivo de intelectuais ourensáns, constituído legalmente en 1921, que lle imprimiu un importante pulo á cultura galega, principalmente no que se refire á renovación da prosa e do ensaio, así como ao seu cosmopolitismo.

Isabel Soto

María Isabel Soto López, nada en Vigo o 18 de xullo de 1969, é unha crítica literaria e tradutora galega.

María do Carmo Ríos Panisse

María do Carmo Ríos Panisse, nada en Santiago de Compostela o 18 de maio de 1946, é unha filóloga galega.

Norma de repertorio

Por normas de repertorio enténdense aqueles elementos repertoriais que, sen ser presentados como delimitadores de sistemas, dotan de maior xenuinidade ao entendemento e elaboración dos produtos desa comunidade como propios da mesma ou constitúen as especificidades de que se nutren as tendencias subsistémicas, entendendo estas últias como prácticas que, a pesar de presentaren determinadas especificidades dentro do sistema orixinario, non pretenden impugnar a súa pertenza a este.

Premios da Crítica Galicia

Os Premios da Crítica Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Orensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica Galicia. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. Dende 1993 outórgase tamén a distinción de Galego egrexio a unha personalidade caracterizada por manter ao longo da súa vida un firme compromiso coa cultura galega.

Tarrío

O topónimo Tarrío pode referirse a:

Tarrío, parroquia do concello de Monterroso;

Tarrío de Buxergos, lugar de dita parroquia;

Tarrío, lugar da parroquia de Bugallido no concello de Ames;

Tarrío, lugar da parroquia de Vilabade no concello de Castroverde;

Tarrío, lugar da parroquia de Dimo no concello de Catoira;

Tarrío, lugar da parroquia de San Fiz de Asma no concello de Chantada;

Tarrío, lugar da parroquia de Culleredo no concello de Culleredo;

Tarrío, lugar da parroquia de Laíño no concello de Dodro;

Tarrío, lugar da parroquia de Santa Cristina de Vea no concello da Estrada;

Tarrío, lugar da parroquia de Perlío no concello de Fene;

Tarrío, lugar da parroquia de Papucín no concello de Frades;

Tarrío, lugar da parroquia de Novelúa no concello de Monterroso;

Tarrío, lugar da parroquia de Serantes no concello de Oleiros;

Tarrío, lugar da parroquia de Mandaio no concello de Oza-Cesuras;

Tarrío, lugar da parroquia de Cruces no concello de Padrón;

Tarrío, lugar da parroquia de Lesón no concello da Pobra do Caramiñal;

Tarrío, lugar da parroquia de Combarro no concello de Poio;

Tarrío, lugar da parroquia de Samieira no concello de Poio;

Tarrío, lugar da parroquia de Romai no concello de Portas;

Tarrío, lugar da parroquia de Baroña no concello de Porto do Son;

Tarrío, lugar da parroquia de Queiruga no concello de Porto do Son;

Tarrío, lugar da parroquia do Carballal no concello de Santiago de Compostela;

Tarrío, lugar da parroquia de Freán no concello do Saviñao;

Tarrío, lugar da parroquia de Recesende no concello de Teo;

Tarrío, lugar da parroquia de Bama no concello de Touro;

Tarrío, lugar da parroquia de Beseño no concello de Touro;

Tarrío, lugar da parroquia de Restande no concello de Trazo;

Tarrío, lugar da parroquia de Xavestre no concello de Trazo;

Tarrío, lugar da parroquia de Coruxo no concello de Vigo;

Tarrío, lugar da parroquia de Goiriz no concello de Vilalba;

Tarrío, lugar da parroquia de Caleiro no concello de Vilanova de Arousa;

O Tarrío, lugar da parroquia de Xubial no concello de Melide.Amais, como apelido pode referirse a:

José Tarrío, xornalista e político galego de finais do século XIX.

Anxo Tarrío, profesor de literatura galega (n. 1945).

Xosé Tarrío, preso anarquista galego (1968 - 2005).

Terra Chá (poemario)

Terra Chá é un poemario de Manuel María, quizais o máis coñecido do autor. Publicouse por primeira vez no ano 1954, na Editorial Celta, en Lugo. Na primeira edición estaba formado por 55 poemas aos que se lle foron engadindo outros nas sucesivas edicións. O tema que dá unidade ao libro é a evocación da súa terra natal, a comarca da Terra Chá: Como di o profesor Anxo Tarrío Varela, Manuel María imprime "un cambio de rumbo cara a unha poética menos complexa, dende o punto de vista conceptual, cá que se decanta dos seus primeiros poemarios (...) aínda que máis transparente e emotiva, inmediatamente comunicadora"

O poemario comeza cunha dedicatoria a súa nai, á súa muller Saleta e aos seus irmáns Xosé e Antón.

Xosé Antonio Perozo

Xosé Antonio Perozo Ruiz, nado en Llerena, Estremadura, o 28 de outubro de 1951, é un xornalista, editor e escritor en lingua galega e lingua castelá. Reside en Galicia dende os anos setenta. Traballou en diversos medios de comunicación e foi director da Área de Cultura da Televisión de Galicia, onde dirixiu e presentou o programa Visións (1987), A noite das badaladas (1988) e Ás de ouros (1989). Director da editorial Ir Indo e director da Enciclopedia Galega Universal, ten publicados máis dunha trintena de títulos que abranguen desde obras de teatro, contos infantís e libros de divulgación. É director literario de Auga Editora.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.