Anxo Lorenzo

Anxo Lorenzo, nado en Moaña en 1974, é un gaiteiro galego.

Anxo Lorenzo
Anxo Lorenzo y su banda
Anxo Lorenzo no Festival Intercéltico de Lorient.
Nome completoAnxo Lorenzo
Nacemento28 de decembro de 1974 (44 anos)
Moaña, Galicia Flag of Galicia.svg
OrixeMoaña
Ocupaciónmúsico
XéneroMúsica celta, folk
Instrumento(s)Gaita
Selo(s) discográfico(s)Zouma Records
Tempo en activo1979 — actualidade
Na rede
Páxina ofical

Traxectoria

Comezou a tocar a frauta con cinco anos e a gaita con seis. Aos 8 comezou a estudar no Conservatorio de Vigo, aprendendo solfexo, harmonía, piano e frauta barroca e gaita con Carlos Núñez. Asistiu a cursos de gaita con Moxenas, Patrick Molard e Fred Morrison. Durante cinco anos asiste ó obradoiro de Instrumentos Populares Galegos da Universidade Popular de Vigo, baixo a dirección de Antón Corral.

Dende os doce anos colaborou con grupos de música tradicional galegos como Xarabal, Duos Pontes, Semente Nova ou Lembranzas Galegas, cos que realiza traballos de investigación e recollida de música tradicional así como gravacións, concertos e xiras por España, Francia, Estados Unidos, Inglaterra e Irlanda.[1].

Ten participado en festivais do mundo celta[2][3] como o Festival Intercéltico de Lorient, Festival Intercéltico do Morrazo, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira[4] ou o William Kennedy Internacional Festival Piping.

Recibiu diversos galardóns do mundo da gaita, como o Premio Macallan en Lorient.

Colaborou con artistas como Mónica Molina, Ska-P, Chambao, Poncho Ka, Los Feliz, Amistades Peligrosas, Kathryn Tickell ou Rory Campbell, fusionando a gaita galega co pop, o rock e a música electrónica.

Xunto a Pedro González creou o grupo Spiritu 986, sacando o primeiro disco en 2001. Mesturan o son da gaita máis ancestral coa máis vangardista produción musical a través da máis moderna tecnoloxía.

En 2010 publicou o disco Tirán. A súa banda está formada por Xosé Liz (bouzouki), Luís Peixoto (bandolín, cavaquiño e percusións), Begoña Riobó (violín), Álvaro Iglesias (contrabaixo) e Eoghan Neff (violín). O disco conta con 11 temas variados, e conta coas colaboracións de Anxo Pintos, Pancho Álvarez, Kathryn Tickell, Peter Tickell, Pablo de Vigo, Luis Peixoto (Dazkarieh), Roi Adrio (Quempallou) e Jorge Arribas (La Musgaña).

Notas

  1. «Anxo Lorenzo de gira por Irlanda e Inglaterra», artigo en Xornal de Galicia 16 de xullo de 2010 (en castelán).
  2. «El gaitero Anxo Lorenzo dio toda una lección de virtuosismo», artigo en El Mundo, 13 de xullo de 2010 (en castelán).
  3. «John McSherry y Anxo Lorenzo actuarán en el Intercéltico de Moaña, de cuyo cartel se cae Solas», artigo no Faro de Vigo, 22 de xullo de 2010 (en castelán).
  4. «La música celta de Anxo Lorenzo ya suena en Ortigueira» Arquivado 09/04/2011, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 1 de xullo de 2010.

Véxase tamén

Ligazóns externas

28 de decembro

O 28 de decembro é o 362º día do ano do calendario gregoriano e o 363º nos anos bisestos. Quedan 3 días para finalizar o ano.

Anxo (antroponimia)

Anxo é un nome propio masculino de orixe grega na súa variante en galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". É un nome moi común en todo o mundo occidental coas súas propias derivacións árabes e hebraicas. Os anxos teñen sido os gardiáns do ceo en termos bíblicos e de mitoloxía hebraica concordante coa relixión predominante na civilización occidental, xunto ao mundo hebraico actual e islámico. O feminino galego é Anxa ou Ánxela.

Anxo Lorenzo (homónimos)

O nome de Anxo Lorenzo pode referirse a:

Anxo Lorenzo Suárez, sociolingüista e político galego (n. 1964).

Anxo Lorenzo, gaiteiro galego (n. 1974).

Anxo Lorenzo Suárez

Anxo Lorenzo Suárez, nado en Vigo en 1964, é un sociolingüista e político galego.

Aphonnic

Aphonnic, en ocasións estilizado como APHONNIC, é un grupo musical de metalcore melódico e metal alternativo con orixe en Vigo. O grupo leva publicados cinco discos de estudio. Para o último deles, titulado Indomables, o grupo comezou unha campaña de crowfunding para a súa publicación, chegando finalmente a un acordo e asinando co selo Maldito Records. O grupo recibiu o Premio da Música Maketón outorgado pola cadea de radio LOS40 Vigo ó mellor disco dun grupo local en tres ocasións, nos anos 2006, 2013 e 2016, e o Premio Martín Codax na categoría de metal no ano 2017.

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (CCEOU) é o órgano da Xunta de Galicia encargado dos asuntos culturais e da regulación do ensino dende a primaria ata a educación universitaria, a formación profesional e o ensino de adultos. O seu titular actual é Román Rodríguez González.

Dicionario bilingüe

Denomínase dicionario bilingüe a un dicionario que presenta as relacións léxicas de equivalencia entre dúas linguas.

Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés

O Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés é unha obra lexicográfica elaborada polo Seminario de Terminoloxía da Real Academia Galega e coordinada por Jaime Gómez Márquez, catedrático de Bioquímica e antigo decano da facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Ana María Viñas Díaz, profesora titular de Xenética desa universidade, e Manuel González González, catedrático de Filoloxía Románica da USC e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro.

Festa do queixo de Arzúa

A festa do queixo de Arzúa é unha festa gastronómica celebrada no concello coruñés de Arzúa, desde 1975. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

A festa celébrase sempre a primeira fin de semana de marzo. Esta festividade combina feira, festa e festival, tendo o queixo de Arzúa-Ulloa como o seu principal atractivo. As principais actuacións lévanse a cabo no recinto feiral Terra do Queixo.

Festival Internacional do Mundo Celta 2010

A edición de 2010 do Festival Internacional do Mundo Celta transcorreu na vila de Ortigueira entre os días 8 e 11 de xullo.

Fundación Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro é unha institución cultural galega, constituída o 15 de novembro de 1947 por Xosé Mosquera Pérez (O Vello dos Contos) no Hotel Compostela de Santiago de Compostela baixo o nome Patronato Rosalía de Castro que se converteu en Fundación Rosalía de Castro nun acto celebrado no Colexio de Fonseca da mesma cidade o 29 de decembro de 1995. Os seus estatutos foron legalizados pola Xunta de Galicia en decembro de 1997 e renovados en 2008 (en vigor desde 2009).

En 2015 réxese por unha Presidencia elixida polo Padroado entre os seus membros. O Padroado é o órgano de goberno, representación e administración da Fundación e está composto por quince membros institucionais e por personalidades da cultura que teñan especial vínculo coa obra de Rosalía de Castro. O Padroado designa un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e un Tesoureiro de entre os seus membros. Designará tamén unha Comisión Executiva que se compón pola Presidencia, pola Vicepresidencia, pola Secretaría, pola Tesouraría e por catro vogalías (sendo unha delas a Dirección do Centro de Estudos Rosalianos) cuxas funcións son: a xestión ordinaria dos asuntos da Fundación, a adopción de Acordos por razón de urxencia dando ulterior conta ao Padroado e as funcións que este delegue.

Nos seus 67 anos de historia contou con nove presidentes que foron —cronoloxicamente citados—: Luís Iglesias Iglesias, Juan Gil Armada, Xosé Mosquera Pérez, Octavio Sanmartín Domínguez, Agustín Sixto Seco, Carlos Amable Baliñas Fernández (en funcións tras a morte de Sixto Seco), Helena Villar Janeiro, Ana Blanco Gómez (durante dous meses tras a dimisión de Villar Janeiro) e Anxo Angueira Viturro, que a dirixe a maio de 2015.

Este organismo naceu coa vontade de restaurar a casa na que vivira Rosalía de Castro nos seus derradeiros anos e de a converter nunha casa museo (e sostela posteriormente), coidar do Panteón de Galegos Ilustres e difundir e promover a cultura galega.

Entre as súas finalidades están: fomentar o coñecemento e a conservación da memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fillos; a promoción do estudo, da edición e da divulgación da vida e obra de Rosalía, da Galicia do seu tempo e da súa influencia posterior; conservar o conxunto da Casa-Museo de Rosalía, conservar e incrementar o patrimonio rosaliano (mobles, pertenzas, recordos persoais de Rosalía etc.) dispoñéndoo do mellor xeito para que poida ser contemplado e estudado, coidar do Mausoleo de Rosalía sito no Panteón de Galegos Ilustres (Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago) e máis da campa que albergou antes o seu corpo no cemiterio de Adina en Iria Flavia (Padrón, A Coruña); celebrar actos, cando menos, nas dúas datas rosalianas (24 de febreiro e 15 de xullo) ademais da celebración da Misa Votiva do 25 de xullo —acto que se viña celebrando desde 1932 e desde 1969 en lingua galega converténdose no único acto público en que se consentían o galego, as reivindicacións galeguistas e a presenza de políticos disidentes durante a ditadura franquista— e da Ofrenda Floral no Panteón de Galegos Ilustres ante a tumba da poetisa e fomentar e difundir a lingua e a cultura galegas.

No ano 2015 estaba representada no Pleno do Consello da Cultura Galega e na Ascociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE).

Ten a súa sede na Casa da Matanza (antigamente coñecida como Horta da Paz), en Padrón (A Coruña).

Galería de imaxes de personalidades da política de Galicia

Galería de imaxes de personalidades da política de Galicia.

Gonzalo Jar Couselo

Gonzalo Jar Couselo, nado en Lérez (Pontevedra) o 14 de agosto de 1949 e finado en Madrid o 25 de decembro de 2009 foi un Xeneral de División da Garda Civil e doutor en Ciencias políticas, sendo un destacado intelectual que publicou numerosas e relevantes obras sobre temas militares, policiais e de dereito humanitario.

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Lista de grupos que participaron no Festival de Ortigueira

O Festival de Ortigueira, coñecido tamén como Festival Internacional do Mundo Celta, é un festival gratuíto de música folk e celta que se celebra anualmente na vila coruñesa de Ortigueira, España. Inaugurado en 1978, non se celebrou entre 1988 e 1994 por dificultades orzamentarias, polo que a correspondente ao ano 2017 foi a edición número 33 do festival. Ao longo dos seus 39 anos de historia pasaron polos seus escenarios os grupos e intérpretes máis significativos da música celta, así como da música popular e tradicional de Galicia e do noroeste de España.. No ano 2000 estableceuse o concurso «Proxecto Runas» no que participan bandas e artistas noveis e cuxo gañador obtén un premio económico e unha praza para actuar no escenario principal da edición do seguinte ano.

A historia do festival divídese en dúas etapas:

Anos 1978 - 1987: O dez primeiras edicións estiveron organizadas, xestionadas e promovidas pola Escola de gaitas e por voluntarios da localidade; sen ningunha axuda oficial durante o seis primeiros anos e coa colaboración —limitada— do concello de Ortigueira e da Xunta de Galicia, no catro últimas edicións desta primeira etapa. As actuacións musicais celebrábanse nun recinto valado ao que se accedía previo pago de entrada, pero a partir de 1985 pasou a ser totalmente gratuíto. As dificultades económicas, o cansazo dos organizadores e o declive de público motivaron a súa suspensión no ano 1987.

Anos 1995 - actualidade: Tras unha paréntese de sete anos o festival retornou en 1995 grazas ao apoio económico inicial da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e, sobre todo, do goberno municipal de Ortigueira encabezado polo seu entón alcalde, Jesús Varela Martínez. O concello de Ortigueira relevou á Escola de gaitas nas tarefas de organización do festival e comezou a recibir financiamento de patrocinadores privados como Estrela Galicia, Gadisa, Coca Cola e Abanca, entre outros.

Marisol López

Marisol López Martínez, nada en Sobrado (Poulo, Gomesende), é unha profesora e política galega.

Panorama de Galicia

Panorama de Galicia foi un programa do Centro Territorial da Televisión Española en Galicia que tivo a súa primeira emisión o 25 de xullo de 1974, transformándose en emisión diaria o 16 de agosto dese ano. Foi o primeiro espazo de televisión en utilizar de xeito regular a lingua galega, aínda que os primeiros anos era bilingüe. Tiña unha duración de quince minutos e era eminentemente informativo, a partir do ano seguinte aumentou a súa duración ata os 30 minutos, dando cabida a unha maior variedade de temas, con espazos de etnografía (A peneira), entrevistas (Xente) e reportaxes (Concellos) . En 1977 comezou o espazo cultural Adro da cultura.

Panorama de Galicia desapareceu en 1983 substituído pola primeira edición do Telexornal.

Valentín García Gómez

Non confundir con Valentín García Gómez (1963), político extremeño do PSOE.Valentín García Gómez, nado en Abades (Silleda) en 1970, é un sociolingüista e político galego.

Xavier Blanco

Xosé Xavier Blanco Nogueira, nado en Moaña o 20 de febreiro do 1966, é mestre gaiteiro, artesán e técnico en cultura tradicional do concello de Moaña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.