Anxo Gómez Sánchez

Anxo Gómez Sánchez é un filólogo galego.

Anxo Gómez Sánchez
Anxo Gómez Sánchez (AELG)-2
 Galicia Galicia
Alma máterUniversidade da Coruña
XénerosEdición
EstudosFiloloxía Hispánica

Traxectoria

É licenciado en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña. Profesor de Lingua Galega en Carral.

Obras

Edición

Obras colectivas

  • La Galiciana, de Xan da Cova, 1995, Cadernos de Teatro, A Coruña. Con Mercedes Queixas.
  • Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX: antoloxía, 1996, AS-PG/A Nosa Terra. Edición con Pilar García Negro e Francisco Rodríguez.
  • A literatura galega do pre-renacemento (1808-1863), 1996, AS-PG/A Nosa Terra. Con Pilar García Negro.
  • Obra literaria e xornalística: antoloxía, de Valentín Lamas Carvajal, 1996, AS-PG/A Nosa Terra. Edición con Pilar García Negro e Mercedes Queixas.
  • Poetas entre a tradición e a modernidade: antoloxía, 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Con Manuel María.
  • Historia da lingua galega, 1998, Edicións A Nosa Terra. Con Xosé Ramón Freixeiro Mato.
  • Historia xeral da literatura galega, 2001, Edicións A Nosa Terra. Con Mercedes Queixas.
  • Linguas non normalizadas: presente e futuro. Actas do congreso (Pazo da Cultura de Pontevedra, 15, 16, 17 de novembro de 2001), 2002, AS-PG. Coordinador con Gonzalo Constenla e Mercedes Queixas.
  • A volta a Curros en 9 etapas, 2008, Concello da Coruña. Con Olga Patiño.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Anxo (antroponimia)

Anxo é un nome propio masculino de orixe grega na súa variante en galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". É un nome moi común en todo o mundo occidental coas súas propias derivacións árabes e hebraicas. Os anxos teñen sido os gardiáns do ceo en termos bíblicos e de mitoloxía hebraica concordante coa relixión predominante na civilización occidental, xunto ao mundo hebraico actual e islámico. O feminino galego é Anxa ou Ánxela.

Francisco Rodríguez Sánchez

Francisco Rodríguez Sánchez, nado en Serantes, Ferrol, o 22 de novembro de 1945, é un político e crítico literario galego.

Gonzalo Constenla

Gonzalo Constenla Bergueiro, nado na Estrada en 1965, é profesor, escritor e ex-político galego vinculado ao BNG e, posteriormente, a Compromiso por Galicia.

Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.

Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe".

Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2016.

Mercedes Queixas

Mercedes Queixas Zas, nada na Coruña o 22 de xullo de 1968, é unha profesora e escritora galega.

Pilar García Negro

María del Pilar García Negro, nada o 9 de outubro de 1953 en Lugo, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega.

Xosé Ramón Freixeiro Mato

Xosé Ramón Freixeiro Mato, nado en Vilanova (Cances, Carballo) o 13 de outubro de 1951, é profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Galego-Portuguesa.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.