Anuario Brigantino

O Anuario Brigantino é unha publicación anual editada polo concello de Betanzos dende 1948.

Anuario Brigantino
Anuario Brigantino portadas
Portadas do Anuario Brigantino no Museo das Mariñas de Betanzos.
Formato de páxina24 x 28 cms.
Nº de páxinasvariable
Fundación1948
DirectorAlfredo Erias
FundadorFrancisco Vales Villamarín
EditorConcello de Betanzos
IlustradoresCarlos Pereira
LinguaGalega, castelá
LocalidadeBetanzos
ÁmbitoGaliza
PeriodicidadeAnual
Prezo10 euros
Tiraxe1.250
PredecesorXogos Froraes (1918)[1]
ISSN1130-7625
Na rede
Web
ArquivoColección completa

Historia e características

Fundado por Francisco Vales Villamarín en 1948. Revista de investigación histórica, artística, literaria e antropolóxica de ámbito galego. Ten unha sección adicada a acontecementos do ano e memorias das entidades culturais da cidade.

O Anuario Brigantino é unha das publicacións incluída na categoría C-Normal segundo valoración do Ministerio de Cultura de España integrada na base de datos ISOC de Ciencias Sociais e Humanidades, clasificada pola UNESCO. Os seus artigos son seguidos nas bases de dados do CSIC.

A publicación véndese a un prezo simbólico e a súa tiraxe na meirande parte emprégase para trocos con outras entidades culturais de Galiza, España e outros países.

Números

O Anuario Brigantino publicouse por primeira vez en 1948, dende entón teñen saído máis de 30 números. Todo o contido da revista está acceso na rede.

1948 1949 1950
non se publicou
1951 non se publicou
en 30 anos
1981 1982 1983 1984 1985
1986 1987 1988 1989 1990
1991 1992 1993 1994 1995
1996 1997 1998 1999 2000
2001 2002 2003 2004 2005
2006 2007 2008 2009 2010
2011 2012 2013 2014 2015
2016 2017

Notas

  1. Página Wed del Anuario Brigantino La Opinión de A Coruña, 28 de setembro de 2007.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alejandro Barreiro Noya

Alejandro Barreiro Noya, nado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1874 e finado na Coruña o 22 de novembro de 1948, foi un escritor e xornalista galego.

Alfredo Erias

Alfredo Erias Martínez, nacido en Presedo (Abegondo) o 29 de maio de 1954, é un historiador, pintor, debuxante e gravador, director do Museo das Mariñas, en Betanzos.

André Pena Graña

André Pena Graña, nado en Ferrol en 1955, é un historiador contemporáneo galego especializado en procesos históricos de larga duración e investigacións sobre a civilización celta.

Betanzos

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).

Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia. Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes. Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465. Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico.Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.

A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro, brigantino ou popularmente garelo.

Cinexética

A cinexética é a arte da caza, entendendo por esta a actividade ou acción en que xeralmente se captura un animal.

Fernando García Acuña

Fernando García Acuña, nado en Macurijes (Cuba) en 1861 e finado en Betanzos o 16 de xaneiro de 1895, foi un escritor e xornalista galego.

José García Acuña

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

José Luis López Sangil

José Luis López Sangil, nado na Coruña o 27 de marzo de 1938 e finado na mesma cidade o 8 de marzo de 2016 , foi un enxeñeiro industrial e historiador galego.

José Manuel Vázquez Varela

José Manuel Vázquez Varela, nado na Coruña o 21 de decembro de 1946, é un historiador galego.

Leixa, Ferrol

San Pedro de Leixa é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ferrol. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 109 habitantes (59 mulleres e 50 homes) nunha entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 107 habitantes.

De época prehistórica existe un campo de catro mámoas no límite con Narón e o Castro A Croa de San Pedro de Leixa.

Luísa Crestar

Luísa Crestar, nada en Betanzos en 1908 e finada na Coruña o 23 de febreiro de 1988, foi unha poeta galega, coñecida tamén por recitar poesía de Rosalía, Curros ou Cabanillas. Accionista da Editorial Galaxia, doou a súa biblioteca persoal á Biblioteca Municipal de Betanzos.

Lúpulo

O lúpulo ou lupio (Humulus lupulus) é unha planta herbácea perenne e rubideira da familia das cannabáceas que medra en zonas húmidas. As flores macho e femia medran en plantas diferentes, as primeiras son de cor verde clara e as segundas son amerelo verdosas. O seu froito madurece no outono e contén unha substancia, chamada tamén lúpulo, que tradicionalmente se utilizou para darlle sabor e aroma á cervexa.

Maside, Maside

San Tomé de Maside Vello é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 884 habitantes, deles 432 eran homes e 452 eran mulleres, o que supón un incremento de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Museo das Mariñas

O Museo das Mariñas é un museo histórico e etnográfico de Betanzos e das comarcas da mariña coruñesa. O museo atópase no antigo mosteiro de Santo Domingo de Betanzos (século XVII-XVIII), e inaugurouse en 1983. Nese mesmo edificio atópanse o arquivos e biblioteca municipal.No museo edítase a publicación cultural Anuario Brigantino.

Palmou, Lalín

San Xoán de Palmou é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 167 habitantes (84 mulleres e 83 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 225 habitantes.

Provincia de Betanzos

A Provincia de Betanzos era unha das sete provincias históricas nas que se dividía o territorio de Galicia na Idade Moderna, entre finais do século XV até a división territorial de España en 1833 feita por Javier de Burgos.

Sitio arqueolóxico da Pena Furada

O sitio arqueolóxico da Pena Furada podería corresponderse cun espazo ritual monumentalizado emprazado na Pena Furada no lugar de Figueiras, no concello de Coirós. Considérase un santuario pola presenza dunha figura antropomorfa co sexo feminino moi remarcado, insculturada nun podio, nun contexto construtivo de claro sentido ritual que define un amplo, complexo e monumental espazo simbólico.

Víctor Cancela Noguerol

Víctor Cancela Noguerol, nado en Betanzos e finado na mesma vila entre o 27 ou 29 de abril de 1936, foi un médico e político galego.

Víctor Montoto Arias

Víctor Montoto Arias, nado en Betanzos e finado na mesma vila o 27 de xullo de 1932, foi un político galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.