Antropoloxía cultural

antropoloxía cultural é unha póla da antropoloxía que estuda o ser humano como un ente cultural, entendendo como cultura todo o que a persoa fai sobre a natureza: ferramentas, comercios, prácticas, roupa, casas, relixións, música, relacións sociais, etc. Principalmente trata de explicar as causas dos estilos de vida dos seres humanos,[1] os seus cambios e estancamentos nas culturas de tódolos tempos.[2] Pode axudarse das outras pólas da antropoloxía para aumentar a calidade das conclusións da súa investigación.[1] Algúns autores consideran que a antropoloxía cultural é sinònima da social[1][3] mentres que outros as diferencian.[4] Ámbolos dous poden agruparse baixo o termo "antropoloxía socio-cultural".[5]

En principio, a antropoloxía non fixo distincións entre a física e a cultura, todo está baseado nas leis da evolución de Charles Darwin e estudou as culturas subdesenvolvidas. Coidaban que o desenvolvemento dunha cultura con respecto a outras se explicaba polo tamaño do cranio dos seus habitantes.[6]

Historia da antropoloxía cultural

Os antropólogos europeos consideran a Heródoto o primeiro antropólogo, especialmente antropólogo cultural, porque non só rexistrou o que vía e o que contaban sobre outras culturas senón que tamén se preguntou o porqué das diferenzas entre os pobos.[7]

Máis tarde, os viaxeiros e os colonos dos séculos XVI e XVII tamén se preguntaron o mesmo que Heródoto.[8]

O ensaísta francés Montaigne (que viviu no século XVI) foi un destes viaxeiros e escribiu un ensaio sobre os caníbales. Durante o século XVI houbo discusións teolóxica sobre se os humanos de pel escura tamén eran descendentes de Adán. Os misioneiros españois crían que os habitantes do Caribe non tiña alma.

Durante o século XVII, Hobbes cría que os nativos americanos vivían en estado natural de loita constante.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Harris 1990, p. 14.
  2. Harris 1990.
  3. Mair 1982, p. 9.
  4. Harris 1990, p. 21.
  5. Fisher, William F. (21 de outubro de 1997). "Doing good? The Politics and Antipolitics of NGO Practices". Annual Review of Anthropology 26: 439–464. doi:10.1146/annurev.anthro.26.1.439.
  6. Diccionario de Filosofía (en castelán) (1a ed.). Barcelona: SPES Editorial. 2003. p. 10. ISBN 84-8332-398-2.
  7. Mair 1982, p. 24.
  8. Mair 1982, p. 25.
Antropoloxía

A antropoloxía (do grego ἄνθρωπος e λόγος, anthropos logos, «coñecemento do ser humano») é a ciencia social que estuda todas as dimensións do ser humano de forma similar á socioloxía, pero holisticamente. Principalmente enfocada desde a cultura e por medio do método etnográfico como expoñente clásico.

A antropoloxía nace coma unha rama da filosofía que nas súas orixes se dedicaba ao estudo científico da historia. Ao impoñerse na cultura occidental o método científico, diversos autores pensaron que os fenómenos históricos tamén podían acharse gobernados por leis que podían pescudarse, enunciarse e ser utilizadas para a predición de resultados. Así mesmo coincide o seu desenvolvemento inicial co proceso de colonización europeo e a necesidade do estudo e descrición das sociedades non occidentais en América, Asia, Oceanía e África. Esta concepción abandónase durante o século XX, entendéndose actualmente por antropoloxía, segundo Marvin Harris, "o estudo da humanidade, dos pobos antigos e modernos e dos seus estilos de vida".

Antropoloxía filosófica

A antropoloxía filosófica é a parte da filosofía que ten como obxecto de estudo o ser humano (anthropos, en Grego). Como xa apuntou Kant, as cuestións fundamentais da filosofía pódense reunir todas baixo a pregunta: Que é o ser humano? En consecuencia, a antropoloxía filosófica é unha disciplina na que o ser humano reflexiona sobre si mesmo tratando de determinar a súa esencia. Esta constitúe unha estrutura común a todos os humanos, homes e mulleres, con independencia do entorno social e cultural no que vivan. Diferenciase doutras disciplinas que tamén teñen por obxecto de estudio ó ser humano, como poden son a psicoloxía, paleoantropoloxía, antropoloxía cultural e socioloxía. Mentres estas últimas só queren coñecer ó ser humano baixo un determinado aspecto (psicolóxico, anatómico, biolóxico, cultural ou social) a antropoloxía filosófica interésase por comprender ó ser humano no seu conxunto.

Antropoloxía social

A antropoloxía social é o constituínte dominante da antropoloxía no Reino Unido e a súa Mancomunidade de Nacións e a maioría de Europa (Francia en particular), onde se distingue da antropoloxía cultural. Nos Estados Unidos, a antropoloxía social está subsumida á antropoloxía cultural (ou dentro da antropoloxía sociocultural, denominación relativamente nova).

En contraste coa antropoloxía cultural, a cultura e a súa continuidade (incluíndo narrativas, rituais e o comportamento simbólico asociado con estas) foron tradicionalmente consideradas como a "variable" dependente pola antropoloxía social, incrustadas no seu contexto histórico e social, incluíndo a súa diversidade de posicións e perspectivas, ambigüidades, conflitos e contradicións da vida social; máis que a variable independente (explicativa).

No pasado, os temas de interese dos antropólogos sociais incluían as convencións, a organización económica e política, o dereito e a resolución de conflitos, os patróns de consumo e intercambio, o parentesco e as estruturas familiares, as relacións de xénero, a maternidade e a socialización e a relixión. No presente, os antropólogos sociais tamén se interesan por temas como a globalización, a violencia étnica, os estudos de xénero, o trans nacionalismo e as experiencias locais que del se desprenden e as culturas emerxentes do ciberespazo; e tamén poden mediar conflitos de intereses entre defensores do medio ambiente e responsables do desenvolvemento económico. Algúns antropólogos británicos e americanos, entre os que se atopan Gillian Tett e Karen Ho, que estudaron a Bolsa de Valores de Wall Street, proporcionaron unha explicación alternativa sobre a crise financeira de 2007–2010 fronte ás explicacións técnicas vinculadas ás teorías políticas e económicas.As diferenzas entre as perspectivas da antropoloxía sociocultural británica, francesa e americana diminuíron para dar paso cada vez máis a diálogos e préstamos de teorías e métodos. Os antropólogos sociais e culturais, ademais dalgúns socioculturais, atópanse na maioría de institutos de antropoloxía. Por iso, os nomes formais das institucións xa non necesitan reflectir o contido de disciplinas que estudan ó completo. Algúns, como o Institute of Social and Cultural Anthropology (Instituto de Antropoloxía Social e Cultural en inglés) de Oxford cambiou o seu nome para reflectir o cambio de composición. Outros como o Departamento de Antropoloxía Social da Universidade de Kent converteuse simplemente en Antropoloxía.

Atrapasoños

Nalgunhas cultura nativas americanas, os atrapasoños (en ojibwa: asabikeshiinh, a forma inanimada da palabra "araña", en lakota: iháŋbla gmunka) son aros feitos de salgueiro, en cuxo oco hai unha rede ou arañeira. O atrapasoños tamén pode incluír obxectos sagrados como certas plumas ou contas. Traditionalmente pendúranse nos berces como xeito de protección.Os atrapasoños son orixinarios do pobo ojibwa e foron adoptados gradualmente por pobos veciños a través da matrimonio mixto e o comercio. Non foi até o movemento panindianista da década de 1960 e 1970 cando foron adoptados por nativos americanos de diversos pobos e culturas. Algúns considérano como un símbolo de unidade das diferentes nacións indias, e un símbolo xeral de identificación cos nativos americanos e as Primeiras Nacións. Porén, outros nativos americanos consideran que os atrapasoños están sobreexplotados comercialmente e que foron apropiados ofensivamente por non nativos.

Bruxaría

A bruxaría é o grupo de crenzas, coñecementos prácticos e actividades atribuídos a certas persoas chamadas meigas (existe tamén a forma masculina, bruxos, aínda que é menos frecuente) que están supostamente dotadas de certas habilidades máxicas que empregan coa finalidade de causar dano.

A crenza na bruxaría é común en numerosas culturas dende a máis remota antigüidade, e as interpretacións do fenómeno varían significativamente dunha cultura a outra. No Occidente cristián, a bruxaría relacionouse frecuentemente coa crenza no Diaño, especialmente durante a Idade Moderna, en que se desatou en Europa unha obsesión pola bruxaría que desembocou en numerosos procesos e execucións de meigas (o que se denomina «caza de bruxas»). Algunhas teorías relacionan a bruxaría europea con antigas relixións pagás da fertilidade, aínda que ningunha delas puido ser demostrada. As meigas teñen unha grande importancia no folclore de moitas culturas, e forman parte da cultura popular.

Aínda que este é o concepto máis frecuente do termo «bruxa», dende o século XX o termo foi reivindicado por seitas ocultistas e relixións neopagás, como a Wicca, para designar a todas aquelas persoas que practican certo tipo de maxia, sexa esta maléfica (maxia negra) ou benéfica (maxia branca), ou ben ós adeptos dunha determinada relixión. É considerada a bruxaría, unha forma de espiritismo.

Un uso máis extenso do termo emprégase para designar, en determinadas sociedades, ós magos ou xamáns.

Capela ardente

Chámase capela ardente a aquela en que se mantén iluminación permanente por razón do sacramento, ou por mor de conservarse ou acharse exposto nelas á veneración ou relixiosa atención dos fieis, o corpo ou reliquias dalgún santo ou o sarcófago dun príncipe ou outro personaxe.

Na actualidade, as capelas ardentes móntanse tras a morte dun personaxe popular do mundo da cultura, a política ou outros para a veneración dos seus admiradores ou fieis. Organízase antes do funeral descansando na mesma o defunto de corpo presente. Organízanse tanto en edificios relixiosos como noutros recintos amplos como polideportivos, centros culturais e mesmo en cines ou teatros, de forma que o público dispoña de espazo suficiente para a visita.

A capela ardente é un conxunto de ornamentos na súa maior parte luminosos —hoxe en día poden ser eléctricos— utilizados durante un velorio ou funeral e así honrar ao recentemente falecido antes de sepultalo ou incineralo. A capela ardente confórmase xeralmente por dúas filas de tres cirios cos seus respectivos candeeiros, colocados paralelamente a ámbolos dous lados do cadaleito co cadáver do defunto (tamén poden ser catro colocados un en cada esquina do catafalco, isto depende da dignidade); un reclinatorio aos pés do defunto para quen desexen orar; e un crucifixo na parte anterior ao mesmo cadaleito; estes dous últimos elementos adoitan darse en velorios católicos ou protestantes, neste último caso é unha cruz espida.

Ciencias sociais

As ciencias sociais son aquelas ciencias ou disciplinas científicas que se ocupan de aspectos da humanidade non estudados nas ciencias naturais. Dedícanse ao estudo das manifestacións materiais e inmateriais das sociedades.

Tamén se emprega a distinción entre ciencias da natureza e ciencias do espírito. Nestas últimas ciencias estarían situadas as ciencias sociais.

A maioría das ciencias sociais non busca descubrir leis de alcance universal, senón interpretar o sentido da acción humana. Isto realízase principalmente por medio da comprensión das intencións subxectivas das persoas. As ciencias sociais foron recoñecidas como tales no século XVIII. O seu principal obxecto de estudo é o home.

As principais ciencias sociais son: Política, antropoloxía, socioloxía, psicoloxía, dereito, xeografía historia, economía e filosofía.

Civilización árabe-musulmá

A civilización árabe-musulmá, tamén coñecida como civilización islámica ou civilización musulmá referírese á civilización das sociedades e espazos xeográficos onde esta se desenvolveu en distintos períodos históricos, fundamentalmente:

O islam clásico, período que:

comeza co final da Arabia preislámica (século VII),

inclúe o Imperio islámico ou Imperio árabe, os primeiros califatos (séculos VII e VIII),

a Idade de Ouro do Islam ou Renacemento islámico, desde o século VIII até o século XIII ou o XV, e

culmina co apoxeo do Imperio otomán, entre a Caída de Constantinopla (1453) e o segundo sitio de Viena (1683).

O Mundo islámico da actualidade.Nos seus aspectos relixiosos comprende:

O islam ou relixión islámica, cuxos crentes reciben o nome de musulmán.

A Umma ou comunidade de crentes, que ás veces se utiliza con valor político.

Dar al-Islam (Dar el Islam, ou Dar al Islam, traducíbel por "Terra do Islam" ou, literalmente, "a casa —ou o fogar— do Islam", ou "da submisión") para designar as terras controladas por gobernos musulmáns, fronte a Dar al-Harb, as terras habitadas polos non musulmáns (literalmente, "a casa da guerra").E nos sus aspectos culturais por:

A cultura musulmá ou cultura islámica que, a pesar da impropiedade, adoita identificarse coa civilización árabe ou cultura árabe, identificábel con estes termos por ser a cultura ou civilización (conceptos de equívoco significado) que utiliza o lingua árabe, a literatura árabe e a relixión islámica como os seus principais sinais de identidade. Porén, hai musulmáns de lingua e cultura non árabes, como os de Irán (lingua persa), Paquistán (lingua urdú) ou Indonesia (lingua indonesia).

A arabización que, máis alá da conversión ao Islam (que pode producirse ou non), leva ao arabizado a asimilarse á lingua e cultura árabes e, co paso das xeracións, a identificarse como árabe.Non debe confundirse con outros conceptos non idénticos:

O Mundo árabe ou civilización árabe; hai árabes de lingua e cultura, pero non islámicos de relixión, como os cristiáns do Líbano, Siria ou Palestina.

Arabia ou península Arábiga, concepto de xeografía física.

Arabia Saudita, un estado, concepto de xeografía política.

O pobo árabe, entendido como un pobo, concepto da ciencia política; ou como unha raza ou etnia, concepto de antropoloxía cultural (máis que de antropoloxía física).

Crenza

Unha crenza é unha idea que se considera verdadeira por quen a profesa, independentemente das probas eventuais da súa existencia, realidade ou posibilidade. Por metonimia, o termo designa tamén o obxecto desta crenza.

O concepto filosófico de crenza forma parte da teoría do coñecemento. As crenzas (relixiosas ou outras) tamén son obxecto de estudo da antropoloxía cultural. Asóciase ás veces este termo ao de superstición. Fálase ás veces de mito para designar unha crenza manifestamente falsa, pero compartida por un número determinado de persoas.

En filosofía, máis especificamente en epistemoloxía, crenza é unha condición psicolóxica que se define pola sensación de convicción relativa a unha determinada idea independentemente da súa procedencia ou posibilidade de verificación obxectiva. Daquela pode non ser fidedigna á realidade e representa o elemento subxectivo do coñecemento. Pode tamén entenderse como sinónimo de fe.

A definición de crenza sufriu cambios substanciais ao longo dos séculos, definíndose de formas diferentes en diferentes períodos, ben como convicción non conforme á razón, ben como convicción racionalmente fundada. Platón, iniciador da tradición epistemolóxica, opón a crenza (ou opinión —δόξα "dóxa"—, en grego) ao concepto de coñecemento como modelo de explicación contrario ás premisas relativistas suxeridas polos sofistas, que abordaban as crenzas/opinións e o coñecemento de forma indiscriminada, reducindo a verdade á conxectura de interese individual.

Discriminación

A discriminación (do latín discriminare, que alude a seleccionar algo ou a alguén excluíndo aos demais) consiste en dar trato de inferioridade a unha persoa por causas inxustificadas. Por outra banda, a discriminación positiva é un neoloxismo que se refire á protección de carácter extraordinario ou aos privilexios que se dan a un grupo discriminado historicamente (especialmente por razón de raza, sexo, lingua e relixión) para lograr a súa plena integración na sociedade.

Dote

O dote é o patrimonio que a familia da noiva entregan ao noivo para soster as futuras cargas do matrimonio e que en moitos casos é directamente proporcional ao status social do futuro esposo. O dote outórgase ao marido, quen o administra durante a duración do matrimonio, xa que en caso de divorcio tería que devolvelo.

Miña nai, por me casar,

prometeume bois e vacas;

cando me foi da-lo dote,

doume unha cunca de papas.

Etnocentrismo

O etnocentrismo é unha actitude ou doutrina de carácter relativista que considera a propia cultura como modelo ou criterio absoluto desde o que comprender e xulgar outras culturas e sociedades. Esta actitude dáse debido a que se cre que o grupo étnico ou a cultura dun mesmo son superiores ás dos demais. Os individuos xulgan os outros grupos normalmente pola linguaxe, os costumes, os comportamentos, a relixión e as crenzas consciente ou inconscientemente. Todas estas diferenzas marcan a identidade cultural.

O etnocentrismo designa a tendencia que temos os seres humanos de tomar sempre como centro de referencia o propio país, pobo ou raza rexeitando así aos que son distintos nese aspecto. Ademais, este é realmente prexudicial para todos nós porque provoca discriminación e fai que os demais comportamentos ou actitudes se consideren como estrañas, erróneas ou mesmo salvaxes. Debido a isto, pode chegar a dificultar a comunicación respectuosa entre as persoas de diferentes civilizacións ou crenzas, así como impedir a aprendizaxe de certos temas ou cousas alleos ás crenzas propias.

Evolución tecnolóxica

Evolución tecnolóxica é o nome dunha teoría dos estudos de ciencia, tecnoloxía e sociedade (CTS) para describir o desenvolvo histórico da tecnoloxía, desenvolvido polo filósofo checo Radovan Richta.O concepto é confluente co de revolución tecnolóxica, posto que só durante os períodos de maior aceleración nas innovacións márcase entre ambos conceptos a diferenza de ritmo, de violencia e de transcendencia que existe entre os conceptos xenéricos de evolución e revolución. Durante a maior parte da historia da humanidade, o ritmo desas innovacións foi lento e imperceptible.

Co nome de revolución tecnolóxica ou revolución científico-técnica adoita referirse concretamente ás transformacións técnicas, económicas e sociais da terceira revolución industrial dende a segunda metade do século XX, aínda que tamén adoitase empregar para referirse ás dúas primeiras grandes transformacións que mereceron o nome de revolución económica: a Revolución Neolítica e a Revolución Industrial dos séculos XVIII e XIX.

Lydia Cabrera

Lydia Cabrera, nada en A Habana o 20 de maio de 1899 e finada en Miami o 19 de setembro de 1991, foi unha etnóloga, investigadora e narradora cubana. Os seus estudos sobre a presenza e pegadas da cultura africana na Illa nos seus aspectos lingüísticos e antropolóxicos son de ineludible consulta.

Mario de Langullo

Mario Rodríguez Losada, coñecido como Mario de Langullo e Pinche, nado en Cesuris (Manzaneda) o 29 de setembro de 1913 e finado en Seadur (Larouco) o 7 de xullo de 1986, foi un dos últimos guerrilleiros en abandonar a loita armada contra o réxime do Xeneral Franco. Pasou de escapado a guerrilleiro, e era moi afamado en todo o oriente da provincia de Ourense e no sur da de Lugo.[Cómpre referencia]

Santa Compaña

A Santa Compaña é unha procesión de mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños dunha parroquia. Trátase dun tema do folclore galego. O tema das procesións de mortos e/ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia, incluíndo o norte de Portugal e Asturias, xa que esta zona posúe características que a identifican como unha comunidade, reflectidas nos seus contos e na súa literatura e testemuñas do fenómeno.

A crenza na Santa Compaña, analizada por Vicente Risco como unha tradición cristiá de poucas pegadas anteriores, está rexistrada por outras fontes anteriores vinculada a tradicións europeas de raigame diferente, integrada máis ou menos ao cristianismo. Recollendo isto por exemplo Martín Sarmiento despois da súa viaxe a Galicia como elemento da antiga cultura aínda vixente. Logo, nos séculos seguintes, atópase en dicionarios, almanaques e na literatura, con máis ou menos consideración da súa función na cultura tradicional galega. Ramón María del Valle-Inclán deulle o toque máis poético. Está tamén estudada dende finais do século XX coma un elemento da antropoloxía cultural galega.

Na súa función de mito, a disgregación da crenza ilustra a desestruturación e a desintegración das partes constituíntes da antiga sociedade galega, é dicir, a desaparición dun estilo de vida tradicional anterior que se constrúe dende a urbanización e a industrialización modernas. Polo tanto a cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI considera a Santa Compaña como unha das lendas da mitoloxía popular galega máis arraigada no medio rural.

Tradición

Tradición é cada un daquelas pautas de convivencia que unha comunidade considera dignas de constituírse como unha parte integral dos seus usos e costumes. A tradición adoita versar xenericamente sobre o conoñecemento e tamén sobre principios ou fundamentos socioculturais selectos, que por consideralos especialmente valiosos ou acertados preténdese que se estendan ao común, así unhas xeracións os transmitirán ás seguintes a fin de que se conserven, se consoliden, se adecúen a novas circunstancias. Tamén se chama tradición aos patróns que poden formar idiosincrasias, como as tradicións: exipcia, grega, romana etc. O cambio social altera o conxunto de elementos que forman parte da tradición.

Tamén se emprega a locución tradición popular para aludir aos valores, crenzas, costumes e formas de expresión artística característicos dunha comunidade, en especial a aqueles que se transmiten por vía oral. O tradicional coincide así, en gran medida, coa cultura e o folclore ou a sabedoría popular, como nos refraneiros.

Xosé Manuel González Reboredo

Xosé Manuel González Reboredo, nado en Lugo o 12 de outubro de 1946, é un antropólogo galego. Influído por Fermín Bouza-Brey, especializouse en prehistoria e etnografía galegas.

Xosé Ramón Mariño Ferro

Xosé Ramón Mariño Ferro, nado en Castrofeito (O Pino) o 9 de xaneiro de 1950, é un escritor especializado na antropoloxía de Galicia. Actualmente é profesor titular de Antropoloxía Cultural na Universidade de Santiago de Compostela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.