Antropoloxía

A antropoloxía (do grego ἄνθρωπος e λόγος, anthropos logos, «coñecemento do ser humano») é a ciencia social que estuda todas as dimensións do ser humano de forma similar á socioloxía, pero holisticamente. Principalmente enfocada desde a cultura e por medio do método etnográfico como expoñente clásico.

A antropoloxía nace coma unha rama da filosofía que nas súas orixes se dedicaba ao estudo científico da historia. Ao impoñerse na cultura occidental o método científico, diversos autores pensaron que os fenómenos históricos tamén podían acharse gobernados por leis que podían pescudarse, enunciarse e ser utilizadas para a predición de resultados. Así mesmo coincide o seu desenvolvemento inicial co proceso de colonización europeo e a necesidade do estudo e descrición das sociedades non occidentais en América, Asia, Oceanía e África. Esta concepción abandónase durante o século XX, entendéndose actualmente por antropoloxía, segundo Marvin Harris, "o estudo da humanidade, dos pobos antigos e modernos e dos seus estilos de vida".

Contexto histórico e institucional

O antropólogo Eric Wolf algunha vez definiu á antropoloxía como "a máis científica das humanidades e a máis humanista das ciencias", tratando de explicar como o desenvolvemento da antropoloxía contribuíu a entender a forma de encaixar desta ciencia, dentro doutras disciplinas.

Os antropólogos contemporáneos fan remontar a orixe da súa disciplina á obra de varios pensadores do pasado. Con todo, resulta máis exacto considerar que o nacemento da antropoloxía tivo lugar no Século das Luces, cando en Europa se realizaron os primeiros intentos sistemáticos de estudar o comportamento humano. A xurisprudencia, a historia, a filoloxía e a socioloxía coñeceron un importante cultivo durante esta época, contribuíndo ao desenvolvemento das ciencias sociais, das que forma parte a antropoloxía. Ao mesmo tempo, a reacción romántica contra o movemento ilustrado produciu filósofos como Herder, e, posteriormente, Wilhelm Dilthey, cuxa obra é a base dos conceptos culturais que constitúen a base da antropoloxía.

Estes movementos intelectuais en parte lidaron cun dos maiores paradoxos da modernidade: como o mundo se empequenece e se integra, a experiencia da xente do mundo é cada vez máis atomizada e dispersa. Como Karl Marx e Friedrich Engels observaron na década dos 40s:

Ironicamente, esta interdependencia universal, no canto de levar a unha maior solidariedade na humanidade, coincidiu co aumento de divisións raciais, étnicas, relixiosas e de clase, e algunhas expresións culturais confusas e perturbantes. Estas son as condicións de vida que a xente na actualidade debe confrontar, pero teñen a súa orixe en procesos que empezaron no século XVI e aceleráronse no século XIX.

Institucionalmente, a antropoloxía emerxeu da historia natural (exposta por autores como Buffon). Este era o estudo dos seres humanos, xeralmente europeos, vivindo en colonialismo. Este estudo da linguaxe, cultura, fisioloxía, e artefactos das colonias europeas, era o equivalente ao estudo da flora e a fauna deses lugares. Por iso puido, por exemplo, escribir Lewis Henry Morgan á vez monografías tanto sobre A Liga dos Iroqueses como sobre O castor americano e as súas construcións. Tamén é por iso, que a cultura material de nacións 'civilizadas' como a Chinesa, foron exhibidas historicamente nos museos dedicados á arte, xunto a obras europeas, mentres que os artefactos de África ou das culturas nativas de América mostrábanse nos museos de Historia Natural, á beira dos ósos de dinosauro ou os dioramas de paisaxes. Dito isto, a práctica curatorial cambiou dramaticamente en anos recentes, e sería incorrecto ver a antropoloxía como simplemente unha extensión da regra colonial e do chovinismo europeo, posto que a súa relación ao imperialismo era e é complexa.

A antropoloxía foi crecendo distinguíndose da historia natural e para finais do século XIX a disciplina comezaba a cristalizarse na súa forma moderna. Para 1935, por exemplo, para T.K. Penniman lle foi posible escribir a historia da disciplina titulada 100 anos de Antropoloxía. Para este momento, este campo estaba dominado polo método comparativo. Asumíase que todas as sociedades pasaron por un único proceso evolutivo, do máis primitivo, ao máis avanzado. Así, as sociedades non europeas, foron vistas como fósiles viventes da evolución, que puideron ser estudadas para entender o pasado europeo. Eruditos escribiron historias de migracións prehistóricas, as cales foron algunhas valiosas e outras moi fantásticas. Foi durante este período, que os europeos puideron, por primeira vez, rastrexar as migracións polinésicas a través do Océano Pacífico, por exemplo, aínda que algúns crían que se orixinaron en Exipto. Finalmente, o concepto de raza estaba sendo discutido moi activamente como modo de clasificación de outorgar un nivel aos seres humanos baseados nas diferenzas biolóxicas herdadas.

No século XX, as disciplinas académicas comezaron a organizarse ao redor de tres principais dominios: Ciencia, Humanismo e as Ciencias sociais. O das ciencias, busca derivar leis naturais a través de experimentos falsables e reproducibles. A humanística reflectía un intento de estudar diferentes tradicións nacionais, a partir da historia e as artes, como un intento para prover á xente nas nacións-estados emerxentes un sentido de coherencia. As ciencias sociais emerxeron para este momento coma un intento de desenvolver métodos científicos para achegarse ao fenómeno social, tratando de prover bases universais para o coñecemento social. A antropoloxía non cabo facilmente nunha destas categorías, e cada rama diferente da antropoloxía caben nun ou máis destes dominios.

Baseándose nos métodos das Ciencias naturais, como tamén creando novas técnicas que involucraban, non só entrevistas estruturadas senón observacións participativas desestruturadas; e baseándose na nova Teoría da evolución a través da Selección natural, propuxeron un estudo científico dun novo obxecto: a humanidade, concibida como un todo. É crucial, o concepto de cultura, para este estudo, o cal os antropólogos denominaron como unha capacidade universal e como a propensión social para aprender, pensar, e actuar (que ven como un produto da evolución humana e algo que distingue ao Homo Sapiens; e quizais a todas as especies do xénero Homo; doutras especies), e como unha adaptación particular ás condicións locais que toman as forma de credos e practicas altamente variables. Por isto, a cultura non só transcende a oposición entre a natureza e a consolidación; transcende e absorbe peculiarmente as distincións entre política, relixión, parentesco, e economía europeas como dominios autónomos. A antropoloxía por isto supera as divisións entre as ciencias naturais, sociais e humanas ao explorar as dimensións biolóxicas, lingüistas, materiais e simbólicas da humanidade en todas as súas formas.

Campos e subcampos da antropoloxía

Disciplinas relacionadas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Arqueoloxía

A arqueoloxía é a ciencia que estuda as artes, monumentos e obxectos da antigüidade, especialmente a través dos seus restos. O nome ven do grego ἀρχαιολογία (transliteración: archaios), "vello" ou "antigo", e logos, "ciencia", "saber".

A arqueoloxía é unha disciplina dedicada ó estudo de culturas humanas pasadas. A maioría dos primeiros arqueólogos, que aplicaron a orixe da súa disciplina ós estudos dos anticuarios, definiron a arqueoloxía como o "estudo sistemático dos restos materiais da vida humana xa desaparecida"; outros arqueólogos fixeron énfase en aspectos psicolóxico-condutistas e definiron a arqueoloxía como "a reconstrución da vida dos pobos antigos".

Nalgúns países a arqueoloxía ten sido considerada sempre como unha disciplina pertencente á antropoloxía; mentres que esta se centraba no estudo das culturas humanas, a arqueoloxía dedicábase ó estudo das manifestacións materiais destas. Deste xeito, en tanto que as antigas xeracións de arqueólogos estudaban un antigo instrumento de cerámica como un elemento cronolóxico que axudaría a poñerlle unha data á cultura que era obxecto de estudo, ou sinxelamente como un obxecto cun certo valor estético, os antropólogos verían o mesmo obxecto como un instrumento que lles serviría para comprender o pensamento, os valores e a cultura de quen o fabricou.

A investigación arqueolóxica estivo relacionada fundamentalmente á idade de pedra e á antigüidade; non obstante, durante as últimas décadas a metodoloxía arqueolóxica aplicouse a etapas máis recentes, como a Idade Media ou ó período industrial. Na actualidade, os arqueólogos dedican ocasionalmente a súa atención a materiais actuais, investigan residuos urbanos, o que se coñece como arqueoloxía industrial.

Sendo a un tempo tanto humanística como científica, a arqueoloxía é unha disciplina académica realmente interdisciplinar. Entre as técnicas analíticas empregadas destacan aquelas que buscan datar os restos do pasado, como a datación por Carbono-14 ou a datación por termoluminiscencia.

Ciencias sociais

As ciencias sociais son aquelas ciencias ou disciplinas científicas que se ocupan de aspectos da humanidade non estudados nas ciencias naturais. Dedícanse ao estudo das manifestacións materiais e inmateriais das sociedades.

Tamén se emprega a distinción entre ciencias da natureza e ciencias do espírito. Nestas últimas ciencias estarían situadas as ciencias sociais.

A maioría das ciencias sociais non busca descubrir leis de alcance universal, senón interpretar o sentido da acción humana. Isto realízase principalmente por medio da comprensión das intencións subxectivas das persoas. As ciencias sociais foron recoñecidas como tales no século XVIII. O seu principal obxecto de estudo é o home.

As principais ciencias sociais son: Política, antropoloxía, socioloxía, psicoloxía, dereito, xeografía historia, economía e filosofía.

Comportamento

O comportamento ou conduta é o conxunto de respostas, ben por presenza ou por ausencia, que presenta un ser vivo en relación co seu contorno ou mundo de estímulos. O comportamiento pode ser consciente ou inconsciente, público ou oculto, voluntario ou involuntario, segundo as circunstancias que o afecten. A ciencia que estuda o comportamento animal é a etoloxía e a ciencia que estuda a conduta desde o punto de vista da evolución é a ecoloxía do comportamento. A ciencia que estuda a conduta humana é a psicoloxía, se ben é tamén obxecto de estudo noutras ciencias como a socioloxía e a antropoloxía.

Cova

Unha cova, caverna, espenuca, gruta, furna ou pala é unha abertura ou cavidade na superficie da codia terrestre.

Ernst Haeckel

Ernst Heinrich Philipp August Haeckel, nado en 1834 e finado en 1919, foi un biólogo e filósofo alemán que popularizou o traballo de Charles Darwin en Alemaña, propuxo novos termos como phylum, ecoloxía ou disteleoloxía.

Etnografía

A etnografía (do grego ethnos (έθνος) - "tribo, pobo", grapho (γράφειν) - "eu escribo"; literalmente "descrición dos pobos") é un método de investigación da antropoloxía. Consiste na compilación de datos no terreo e tendo como informantes aos integrantes dunha comunidade dada. Os datos recolleitos consisten na descrición pormenorizada dos seus costumes, crenzas, mitos, xenealoxías, historia etc. Dita información obtense maiormente por medio de longas entrevistas con membros da comunidade ou informantes claves delas.

Humanidade

Enténdese por humanidade o conxunto dos seres humanos, e está organizada segundo diversos criterios sociais e diferenciado de outras sociedades animais por características específicas que se atribúen ós humanos como a fala, o coñecemento propio ou a ironía.

Incesto

O incesto defínese como a relación sexual entre parentes próximos. Na maioría das culturas o incesto é un tabú, a gran maioría das lexislacións do mundo considérano como delito, mesmo de se practicar con "mutuo consentimento" entre maiores de idade, non obstante que o grao de parentesco en que esas relacións quedan prohibidas varía segundo as culturas e os períodos históricos. En toda a historia atópanse só tres excepcións á prohibición universal do incesto: as das monarquías do Antigo Exipto; a dos monarcas do Tawantinsuyo e as dos antigos monarcas hawaianos. En todos eses casos primaba unha razón de Estado que se podía resumir no intento de concentrar o poder nunha familia; por isto tales incestos adoitaban ser ás veces nominais e era frecuente a polixinia por parte dos homes nesas parellas legalmente incestuosas.

A consanguinidade, a procreación entre parentes, aumenta a frecuencia de homocigose dentro dunha poboación, reducindo a súa variabilidade xenética.

Manuel Amor Meilán

Manuel Pascual Amor Meilán, nado na Coruña o 31 de xaneiro de 1867 e finado en Lugo o 9 de decembro de 1933, foi un antropólogo, periodista, poeta, novelista, dramaturgo e historiador galego.

Maxia

A maxia (do grego μαγεία) é o conxunto de artes, coñecementos e prácticas coas que se pretende producir resultados contrarios ás leis naturais coñecidas, valéndose de certos actos ou palabras, ou ben coa intervención de seres fantásticos.Estes poderes especiais adoitan ser atribuídos a magos, meigas e bruxas. Pode ser usada para facer o ben ou o mal.

A maxia e un fenómeno que existiu primitivamente en todas culturas. Polo tanto é un concepto elaborado en varias teorías intelectuais. Disciplinas como a antropoloxía, a filosofía e a socioloxía vano utilizar sen danlle sempre a mesma función na evolución do pensamento humano e na relación que ten coa relixión e o coñecemento.

Mouro (mitoloxía)

Os mouros eran un pobo de criaturas sobrenaturais presentes en mitos e relatos estendidos polo norte da Península Ibérica (Galicia, Asturias e Norte de Portugal) , e presentados como non bautizados e pagáns, que noutro tempo tamén eran coñecidos como xentís. Os homes eran escuros e en ocasións deformes, e as mulleres eran fermosas feiticeiras rubias e de tez branca, aínda que nalgúns relatos populares asócianse coa aparencia de vellas bruxas e meigas.

Muller

Unha muller (do latín mulĭer, -ēris) ( pronunciación ), é un ser humano de xénero feminino. O término muller adoita estar reservado para unha persoa adulta, sendo o termo meniña o termo habitual para unha nena ou adolescente. Muller tamén remite a distincións de xénero de carácter cultural e social que se lle atribúen así como ás diferenzas sexuais e biolóxicas da femia na especie humana fronte ao macho. Conta con aspectos físicos que a diferencian do varón da especie como voz máis aguda, cintura máis estreita, cadeira máis ancha e pelve máis ampla, menos pelame corporal, menos masa muscular e máis tecido adiposo, mamas máis grandes e é de menor estatura comparada co varón.

O Día Internacional da Muller Traballadora celébrase o día 8 de marzo.

Nómade

Os nómades (do grego: νομάδε, "nómade", "o que deixa os rabaños nos pastos") son comunidades que se trasladan dun lugar a outro, no canto de establecerse permanentemente nun só lugar. Estímase que, no planeta, ao redor de 30 a 40 millóns de persoas pertencen a pobos nómades.Os primeiros seres humanos foron nómades, mais aínda é a forma de vida de moita poboación do mundo.

Durante a Prehistoria, ó non coñecer o home a agricultura nin a gandaría, víase obrigado a seguir os rabaños dos animais dos que se alimentaba para cazalos e sustentarse, ó mesmo tempo que cazaba ou pescaba outros animais e recolectaba produtos vexetais.

O home descubriu a agricultura e a gandaría durante o Neolítico. Grazas a iso, moitas poboacións puideron asentarse nas terras que ocupaban e convertérense en sedentarios. Porén, nalgúns lugares do mundo era necesario desprazar constantemente o gando para que este puidese seguir pacendo unha vez que esgotaba o pasto dun lugar; ou era necesario buscar novas zonas onde cultivar plantas, coma nas selvas tropicais, onde se cultivaban (e séguese cultivando) sobre as cinsas dos terreos queimados, que unha vez cultivados, abandónanse e búscanse novos terreos.

Durante a antigüidade e a Idade Media houbo un gran número de pobos nómades. Moitos deles causaron estragos en grandes países sedentarios, como as invasións bárbaras no Imperio Romano, ó cal fragmentaron; ou as invasións mongois sobre a China e outras moitas rexións asiáticas e europeas, as cales devastaron e conquistaron.

Hoxe a maioría da poboación mundial é sedentaria, ou semisedentaria (coma en Bangladesh, país situado no delta de grandes ríos, a maioría do terreo é tan cambiante que é necesario abandonar as casas para construílas en novos sitios varias veces durante a vida).

Algúns exemplos de conxuntos diferenciables de pobos nómades que hoxe existen son os seguintes:

Tribos amazónicas

Tribos mongolas

Masais

Pigmeos

Esquimós

Persoa

O termo persoa provén do latín persōna, e este probablemente do etrusco phersona ('máscara do actor', 'personaxe'). O concepto de persoa é un concepto principalmente filosófico, que expresa a singularidade de cada individuo da especie humana en contraposición ao concepto filosófico de 'natureza humana' que expresa o común que hai neles.

O significado actual de persoa ten a súa orixe nas controversias cristolóxicas dos séculos IV e V. No transcurso do debate entre as diferentes escolas teolóxicas, desenvolvéronse conceptos até entón non coñecidos. Tratábase de dispor de ferramentas de pensamento filosófico, sobre as que manter un debate intelectual honesto e rigoroso acerca dos dogmas referidos ao Λóγος (Logos: “Palabra”), e que permitisen esclarecer as súas diferenzas ou similitudes con Deus Pai. Para iso a filosofía tomou prestado do teatro grego o termo πρόσωπον [prósôpon], e converteuno nun termo filosófico, definindo ao Λóγος (Logos) como Persoa divina. Por afinidade, o concepto foi posteriormente aplicado ao Espírito Santo, aos anxos e aos homes.

Pobos indíxenas de América

Os pobos indíxenas de América, tamén chamados amerindios, indios ou nativos americanos son os nomes dados ós habitantes das Américas antes da chegada dos europeos, e os seus descendentes actuais. A hipótese máis aceptada para a súa orixe é que os primeiros habitantes da América viñeran de Asia atravesando a pé o estreito de Bering.

Malia que algúns pobos indíxenas de América eran tradicionalmente cazadores recolectores, especialmente na bacía do río Amazonas, aínda quedan moitos grupos que practican a acuicultura e a agricultura. O impacto da súa dotación agrícola no resto mundo é unha testemuña do seu traballo na remodelación e no cultivo da flora autóctona das Américas. Malia que algunhas sociedades teñen unha forte dependencia da agricultura, outras practicaron unha mestura de agricultura, caza e recolección. Nalgunhas rexións, os pobos indíxenas crearon arquitecturas monumentais, cidades organizadas a grande escala, sociedades de xefatura, estados e imperios.

Moitas partes de América seguen habitadas por pobos indíxenas e algúns países contan con poboacións especialmente significativas, como Belize, Bolivia, o Canadá, Chile, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Güiana, México, Panamá e o Perú. Existen arredor de mil linguas indíxenas diferentes faladas en América. Algunhas, como o quechua, o aimará, o guaraní, as linguas maias e o náhuatl contan os seus falantes en millóns. Moitos pobos manteñen prácticas e trazos culturais indíxenas en diferentes graos, incluíndo a relixión, a organización social e as prácticas de subsistencia. Como moitas culturas, algunhas evolucionaron para incorporar aspectos tradicionais pero tamén atenden ás necesidades modernas. Algúns pobos indíxenas aínda viven relativamente illados da cultura occidental e uns poucos son pobos non contactados.

Sociedade

A sociedade é o conxunto de individuos que comparten fins, condutas e cultura, e que se relacionan interactuando entre si, cooperativamente, para constituír un grupo ou unha comunidade. Existen sociedades animais, cuxo estudo realízao a sociobioloxía ou a etoloxía social, como as sociedades de formigas ou as de primates. As sociedades de humanos son estudadas polas chamadas disciplinas sociais, principalmente a socioloxía e outras como a antropoloxía e a economía. Modernamente, existe un interese da física, desde a perspectiva de sistemas complexos, polo estudo de fenómenos sociais; este esforzo deu lugar a disciplinas como a sociofísica e a econofísica. Nun sentido aínda máis amplo, fálase de sociedade virtual referida ós fenómenos que se xeran e observan en grupos baixo interacción no ciberespazo, sociedades artificiais como a de ordenadores interconectados ou sociedades de robots, de autómatas, de criaturas dixitais etcétera.

Tradición

Tradición é cada un daquelas pautas de convivencia que unha comunidade considera dignas de constituírse como unha parte integral dos seus usos e costumes. A tradición adoita versar xenericamente sobre o conoñecemento e tamén sobre principios ou fundamentos socioculturais selectos, que por consideralos especialmente valiosos ou acertados preténdese que se estendan ao común, así unhas xeracións os transmitirán ás seguintes a fin de que se conserven, se consoliden, se adecúen a novas circunstancias. Tamén se chama tradición aos patróns que poden formar idiosincrasias, como as tradicións: exipcia, grega, romana etc. O cambio social altera o conxunto de elementos que forman parte da tradición.

Tamén se emprega a locución tradición popular para aludir aos valores, crenzas, costumes e formas de expresión artística característicos dunha comunidade, en especial a aqueles que se transmiten por vía oral. O tradicional coincide así, en gran medida, coa cultura e o folclore ou a sabedoría popular, como nos refraneiros.

Tribo

Unha tribo é un conxunto de persoas que proceden xeralmente dunha familia ou da asociación de varias familias, que habitan un poboado ou aldea nun territorio xeográfico definido, que están dirixidas polas persoas maiores (xefes ou patriarcas). Os humanos que compoñen unha tribo adoitan ser da mesma raza, crenzas e costumes. As tribos xorden no neolítico e tras a asociación das primeiras tribos nas cidades xorden as civilizacións.

Campos de estudo das ciencias
Ciencias naturais
Ciencias sociais
Ciencias aplicadas
Ramas
Zoologos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.