Antonio de Padua

Santo Antonio de Lisboa ou santo Antonio de Padua, nado en Lisboa o 15 de agosto de 1195 e finado en Padua o 13 de xuño de 1231, foi un relixioso portugués, considerado santo pola Igrexa católica romana, festexado o día 13 de xuño. Foi un dos doutores da Igrexa.

Antonio de Padua
Artus Quellinus de Jonge, Ontwerp voor een beeld van de heilige Antonius van Padua- Ébauche d'une statue de saint Antoine de Padoue, KBS-FRB
Nome completoFernando Martins de Bulhões
Nacemento15 de agosto de 1195
 Lisboa
Falecemento13 de xuño de 1231
 Padua
CausaEdema
SoterradoBasílica de Santo Antonio de Padua e Italia
NacionalidadePortugal
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpresbítero
Guercino Antonio Bambino
Antonio de Lisboa.

Traxectoria

Naceu en Lisboa, nunha familia nobre, aprendeu as disciplinas de Agostiño de Hipona antes de entrar na franciscanos. Foi de misioneiro a Marrocos pero tivo que ser repatriado en 1221 por problemas de saúde. Viviu un ano nunha cova. Aprendeu e ensinou teoloxía en Italia, principalmente en Bologna, despois estableceuse no sur de Francia. Fundou un mosteiro en Brive, onde fixo numerosas conversións. De volta en Italia, sobre o 1227, foi enviado a Padua. Foi canonizado polo papa Gregorio IX un ano despois da súa morte.

O culto a santo Antonio de Padua espállase sobre todo nos século XV e XVI. Converteuse no santo patrón de Portugal, dende onde os exploradores o deron a coñecer ó mundo enteiro. É tamén o patrón dos mariñeiros, dos náufragos e dos prisioneiros.

A partir do século XVII, santo Antonio de Padua é igualmente invocado para atopar os obxectos perdidos, despois para recuperar a saúde, e ó final, para que se cumpra un desexo. A idea de invocar a santo Antonio para atopar obxectos perdidos vén do feito de que un ladrón que lle roubara os seus comentarios sobre os salmos viuse obrigado a devolverllos.

Numerosos episodios sobrenaturais sonlle atribuídos, como ter durante unha noite o Neno Xesús no colo.

Representacións artísticas

Na Idade Media, as representacións de Santo Antonio de Lisboa son bastante raras, pero vólvense correntes a partir do século XIV. As máis das igrexas contan hoxe cunha estatua deste santo. É xeralmente representado como un home vestido co hábito franciscano atado por un cordel de tres nós.

Represéntase a miúdo predicando ás xentes ou ós peixes, en conversa con San Francisco, guerreando cos malvados, poñendo no seu sitio a perna dun home que a cortara en signo de penitencia, facendo axeonllarse unha burra diante da Sagrada Forma para convencer a un xudeu que dubidaba da presenza de Deus nesta oblea, ou aínda asistindo á aparición da Virxe e do Neno Xesús (sentado ou de pé sobre un libro).

Os seus principais atributos son o hábito franciscano, o Neno Xesús, unha burra, un libro, peixes, un corazón en chamas...

13 de xuño

O 13 de xuño é o 164º día do ano do calendario gregoriano e o 165º nos anos bisestos. Quedan 201 días para finalizar o ano.

Antonio López de Santa Anna

Antonio de Padua María Severino López de Santa Anna y Pérez de Lebrón, nado o 21 de febreiro de 1794 e finado o 21 de xuño de 1876, foi un político e militar mexicano.

Antón

Antón ou Antonio é un antropónimo galego que entrou a través do latín, coa forma Antonius, interpretada como "aquel que se enfronta aos seus adversarios" ou "inestimábel", mais de probábel orixe etrusca. Emprégase en todo mundo. A forma feminina é Antona ou Antonia.

Dende o Renacemento atribuíuselle unha orixe grega por mor da súa semellanza co substantivo "άνθος" (anthos) que significa "flor". Isto levou a pensar que a súa etimoloxía era "digno de loanza" ou "aquel que merece flores". De feito, a partir do século XVII, na lingua inglesa comeza a aparecer escrito coa grafía "th" ("Anthony" no canto de "Antony"), facendo referencia a esta suposta orixe grega. Algúns autores consideran as orixes do nome no antigo rei grego Anthonios, rei de Acaia.

O nome é común en Galiza. A forma Antonio é o segundo nome máis frecuente en España (1.543.089 persoas), e o primeiro se temos en conta como nome completo (765.138 persoas).

Basílica de Santo Antonio de Padua

A basílica de Santo Antonio de Padua é un templo relixioso da cidade italiana de Padua, construído entre os anos 1238 e 1310. O seu núcleo orixinal foi a igrexa de Santa María Nai do Señor, Sancta Maria Mater Domini, onde instalouse o convento franciscano no cal foi sepultado Santo Antonio de Padua, feito que orixinou unha fervorosa devoción aos seus restos por parte dos católicos.

Na praza atópase o magnífico monumento ecuestre a Gattamelata de Donatello. Ademais no interior da basílica realizou este mesmo escultor, o Crucifixo de bronce, que Boito colocou anos máis tarde no altar maior. Para este mesmo altar, Donatello creou sete estatuas que representan a Virxe co Neno e os santos Francisco, Antonio, Xustina, Daniel, Luís e Prosdocimo.

Betanzos

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).

Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia. Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes. Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465. Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico.Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.

A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro, brigantino ou popularmente garelo.

Borreiros, Gondomar

San Martiño de Borreiros é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o IGE, no 2014, tiña 1.254 habitantes (666 mulleres e 588 homes), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.047 habitantes. O lugar de cabeceira, onde está a igrexa e o centro cultural, é San Martiño.

Donatello

Donato di Niccolò di Betto Bardi, nado en Florencia en 1386 e finado na mesma cidade o 13 de decembro de 1466, foi un famoso artista e escultor renacentista, coñecido co nome de Donatello, un dos pais do período xunta Leon Battista Alberti, Brunelleschi e Masaccio. Donatello converteuse nunha forza innovadora no campo da escultura monumental e no tratamento dos relevos, onde logrou representar unha gran profundidade dentro dun mínimo plano, o que recibe o nome de stiacciato, é dicir, relevo aplanado ou esmagado.

O David de mármore para a catedral de Santa María del Fiore en Florencia foi a súa primeira obra documentada entre 1444 e 1446. Nos anos sucesivos realizou numerosas obras en mármore, terracota, bronce e madeira para diversos mecenas e cidades. Volveu a Florencia en 1459 coa encarga de modelar unhas placas en bronce para a basílica de San Lourenzo e durante a súa elaboración faleceu en decembro de 1466.Entre as súas obras máis importantes atópanse o David de bronce no Museo Nacional do Bargello, o Púlpito exterior da catedral de Prato, a estatua ecuestre de Condottiero Gattamelata en Padua, a María Madalena penitente no Museo dell'Opera del Duomo en Florencia e Xudit e Holofernes no Palazzo Vecchio.

El Tanque

El Tanque é un concello español situado no noroeste da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. É un dos tres concellos da illa, xunto con Tegueste e Vilaflor de Chasna, que non ten costa.

Limita ao norte e leste con Garachico, ao sur con Santiago del Teide e ao oeste con Los Silos. O concello acada a súa altitude máxima no cono volcánico coñecido como Montaña Grande de Abeque, de 1.745 metros. A capital municipal atópase a 604 metros sobre o nivel do mar.

Tiña en 2016 unha poboación de 2.658 habitantes, agrupados nos núcleos de El Tanque, Erjos del Tanque, Ruigómez e San José de los Llanos.

Galería de imaxes de Ribadavia

Galería de imaxes do concello de Ribadavia na provincia de Ourense.

Gallur

Gallur é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca da Ribera Alta del Ebro. A súa poboación era de 2.921 habitantes en 2007, cunha área superficial de 41,70 km², o que lle conferúa unha densidade de poboación de 70,05 hab/km².

Gregorio IX, papa

Gregorio IX (nado en Anagni cara o 1170 e falecido en Roma o 22 de agosto de 1241) foi o Papa nº 178 da Igrexa católica.

De nome Ugolino di Conti, era sobriño do papa Inocencio III, que o foi nomeando sucesivamente capelán papal, arcipreste de San Pedro, cardeal diácono de San Eustaquio en 1198, e cardeal bispo de Ostia e Velletri en 1206.

En 1207 Inocencio III enviouno como legado a Alemaña coa misión de mediar na disputa sucesoria que xurdiu a raíz da morte de Henrique VI.

En 1217, baixo o pontificado de Honorio III, exerceu como delegado plenipotenciario para Lombardía e Toscana, onde predicou a Sexta Cruzada.

Elixido papa o 21 de marzo de 1227, tras renunciar á tiara o cardeal Conrado de Urach, elixido como primeira opción, adoptou o nome de Gregorio IX.

Igrexa de Santo Ildefonso de Madrid

A igrexa de Santo Ildefonso é un edificio relixioso, destinado ao culto católico, situado na praza do mesmo nome da cidade de Madrid (España).

Malcocinado

Malcocinado é un municipio español, pertencente á provincia de Badaxoz (comunidade autónoma de Estremadura).

Pazo do Cotón

O pazo do Cotón é unha fortaleza medieval a xeito de cidadela ameada que se atopa no lugar do Cotón na parroquia de Negreira, núcleo do concello coruñés de Negreira. As pedras armeiras lembran o vencellamento ás familias nobres de Luaces e Mariño de Lobeira; e tamén aos Saavedra, Figueroa, Bermúdez de Castro e Trastámara.

Foi construído no século XIV coma castelo medieval, porén sofre importantes reformas especialmente no século XVII, manténdose os cubos das antigas murallas enmarcando as diversas partes do edificio. Salientan as rexas torres medievais ameadas que reflecten o pasado militar do edificio[Cómpre referencia], tamén a pasarela de pedra que atravesa a rúa principal da vila (a Carreira de San Mauro, que foi un antigo Camiño Real), con tripla arcada ameada, balaustradas e miradoiros e que liga o pazo coa capela de San Mauro, do século XVIII; posúe ademais doce escudos.

No centro do edificio hai corpos ligados ás torres cilíndricas nos ángulos, obra dos séculos XVIII e XIX. Aínda do XX son algunhas partes, como a galería e algúns cuartos. No corpo central hai unha escaleira do barroco de placas, de acceso ao andar superior, ligando coa chamada Galería de Pedra, sobre piares de placas e que liga cun paseo-solaina de grandes piares en forma de floreiros e muro ameado.

No Cotón creárase tamén unha confraría para honrar á Virxe do Carme en 1740. Tivo unha capela de seu, hoxe desaparecida, nas inmediacións da actual rúa do Carme. Só queda unha imaxe de estilo ecléctico e naturalista nesta capela do pazo, compartindo espazo e cronoloxía do XX con tallas do Corazón de Xesús, San Xoán Bautista, San Antonio de Padua e San Xosé.

Pedrafita, Guitiriz

San Mamede de Pedrafita é unha parroquia de Guitiriz pertencente ó arciprestado de Parga. O seu nome vén do latín petra fictus, que significa pedra cravada.

Segundo o IGE en 2012 tiña 152 habitantes dos cales eran 82 homes e 70 mulleres censados en 14 grupos de poboación. En 1991 eran 215 as persoas censadas cunha densidade media de 15,7 hab/km². Esta parroquia prestou tres quendas na presentación do beneficio parroquial: á casa de Friol, á casa de Miraz e á casa de Trasmonte.

Rebordelos, Carballo

San Salvador de Rebordelos é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo, na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 206 habitantes (102 homes e 104 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación (Rebordelos, Sambade, Vilar de Peres, Costenla, Cestro, Carballedo e Leira), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.

Silva, Pol

Santiago de Silva é unha parroquia do concello de Pol na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2014 tiña 152 habitantes (73 homes e 79 mulleres).

Teñen especial vinculación con Silva os lugares de Cuenza, O Bento (desaparecido no século XX), A Rigueira, Gargallán, e A Carreira Blanca (Sitieles), que administrativamente pertencen a Castro de Rei (son os chamados Medianeiros). Medianeiros que tamén se poden incluír en Santa Mariña de Ramil-Castro de Rei.

Houbo muíño en Gargallán no lugar de Muíño Albeiro -no río Azúmara- e outros mais antigos dos cales non quedan restos (A Rigueira -no Rego de Doncide-, A casa do Muíño de Gargallán -no río Azúmara-)

No occidente da parroquia de Silva, o monte de Andraíde convoca na parte mais alta (592 metros) os termos municipais de Pol e Castro de Rei, arriba da paraxe das Louseiras.

Universidade Católica San Antonio de Murcia

A Universidade Católica San Antonio, coñecida tamén como Universidade Católica de Murcia (UCAM), é unha universidade española privada e católica da cidade de Murcia. É propiedade da Fundación Universitaria San Antonio, que, ao igual que a universidade, leva o nome do seu patrón: Santo Antonio de Padua.

Universidade Pontificia Comillas

A Universidade Pontificia Comillas é unha universidade privada, da Igrexa Católica, dirixida pola Compañía de Xesús, con sé en Madrid.

Conta con 9.301 alumnos e 1.712 profesores.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.