Antonio de Nebrija

Antonio Martínez de Cala e Hinojosa, coñecido como Elio Antonio de Nebrija[1], nado en Lebrija en 1441 e finado en Alcalá de Henares o 5 de xullo de 1522,[2] foi un humanista castelán do século XV.

Antonio de Nebrija
Retrato de Antonio de Nebrija (fondo blanco)
Retrato de Nebrija.
AlcumeAntonio of Lebrixa
Nacemento1441
 Lebrija
Falecemento5 de xullo de 1522
 Alcalá de Henares
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca e Universidade de Boloña
OcupaciónHumanista
Coñecido/a porGramática de la lengua castellana e Bíblia Poliglota Complutense

Traxectoria

Juan de Zúñiga dibujo con orla
Nebrija na súa cátedra, por Juan de Zúñiga, ca. 1517.
Antonio de Nebrija (1517) Reglas de orthographia en la lengua castellana
Reglas de orthographia en la lengua castellana (1517).

Elio Antonio naceu na poboación sevillana de Lebrija no ano 1441. Despois de realizar os seus estudos preparatorios ingresou na universidade de Salamanca, a máis notoria da Coroa de Castela, na que realizou estudos de Humanidades. En 1463 foise para Boloña, Italia, a fin de ampliar a súa formación. Regresou ao cabo duns sete anos, e foi profesor, primeiro en Sevilla, e logo en Salamanca. Nesta altura xa publicara os seus primeiros traballos sobre a lingua latina, nun latín elegante, que o encheu de sona, non só en España, senón en toda Europa. Chamado polo cardeal Cisneros, en 1490, Nebrija acudiu a Alcalá de Henares, onde aquel o puxo a fronte da revisión das traducións grega e latina da monumental edición da Biblia Políglota, labor que rematou en 1502.

A Gramática Castelá de 1492

Antes, en 1492, publicou a Gramática de la Lengua Castellana, que dedicou aos Reis Católicos, na que aparecía a famosa frase, premonitoria, "a lingua sempre foi compañeira do Imperio", aínda que posibelmente Nebrija pensaba no Imperio Romano e outros da Antigüidade, antes que no castelán como lingua imperial. E, sen dúbida, era consciente do aboiar das linguas romances desde o Rinascimento italiano, pois non en van o seu texto ía redactado en castelán. Como for, o caso é que Nebrija innovaba con a súa Gramática e adiantaba ao castelán nas investigacións modernas sobre a lingua (basta comparar as datas das modernas gramáticas nas diversas linguas europeas). Por desgraza, segundo foron pasando os anos do século XVI, os estudos humanísticos españois deixaron de ser avanzados, e a Ciencia en xeral declinou.

Últimos anos

En 1509, foi nomeado cronista da corte, ao tempo que regresou á universidade salmantina. Mais en 1513, volveu para Alcalá de Henares, e alí faleceu Nebrija en 1522.

Obras principais

  • Introductiones in latinam grammaticam (1481).
  • Gramática de la Lengua Castellana (1492).
  • Dictionarium Latinum-Hispanicum et Hispanicum-Latinum (1492-1495), en dous volumes.
  • Elegancias romanzadas (1500).
  • Reglas de Ortografía Española (1517).

Notas

  1. O seu pseudónimo está basado no topónimo da súa cidade, como era costume de moitos humanistas da época. A forma latina era Aelius Antonius Nebrissensis, pois Nebrissa era o nome romano de Lebrija ou Nebrija, como tamén se dicía na época (ou para ser máis precisos Nebrixa).
  2. El Mundo, ed. (1996). Enciclopedia Universal de la Cultura A~Z El Mundo (en castelán). Barcelona. p. 652.
Benedicto Conde

Benedicto Conde González, coñecido como Bene, nado en 1895 en Castrelos, Vigo, e finado en Vigo o 31 de marzo de 1987, foi un xornalista e fotógrafo galego.

Benito Castro Nogueira

Benito Castro Nogueira, nado en 1923 en Aldán e finado en Cangas o 27 de outubro de 2010, foi un párroco galego.

Camilo Veiga Prego

Camilo Veiga Prego, nado o 25 de novembro de 1905 en Bouzas, Vigo, e finado o 2 de setembro de 1978, perito mercantil, foi un filántropo galego.

Casiano Martínez Fernández

Casiano Martínez Fernández, finado en Bouzas o 22 de xullo de 1925, foi un empresario e político galego.

Categoría gramatical

Categoría gramatical é o termo empregado para a clasificación das palabras segundo o seu tipo. Dito vocábulo foi introducido por Antonio de Nebrija.

Modernamente o termo categoría gramatical refírese a unha variable lingüística que pode tomar diferentes valores que condicionan a forma morfolóxica concreta dunha palabra moito máis xeral có uso tradicional do termo.

Enrique Suárez Guntín

Enrique Suárez Guntín, nado en 1931 no antigo concello de Lavadores e finado en Vigo o 15 de decembro de 2011 foi un médico vigués

Forno de cal

Un forno de cal, tamén chamado caleira ou caleiro, é un forno que permite crear óxido de calcio, é dicir cal, mediante a calcinación da pedra calcaria. O humanista Antonio de Nebrija definiu a «caleira» no século XVI como lugar ou enxeño «do se haze cal».

José Ramón Fontán

José Ramón Fontán González, nado en Mos en 1915 e finado en Vigo en 1996, foi un político galego.

Policarpo Sanz

José Policarpo Sanz Souto, nado en Marín o 25 de xaneiro de 1841 e finado en Nova York en 1889, foi un industrial e mecenas galego.

Ramón Abeleira Menéndez

Ramón Abeleira Menéndez foi un político de mediados do século XIX, alcalde presidente de Vigo.

Século de Ouro

O Século de Ouro é o período histórico do século XVII, no que a literatura en castelán e as artes en España acadan un dos seus mellores niveis. Durante os reinados de Filipe III e Filipe IV, autores -como Miguel de Cervantes, Lope de Vega, Francisco de Quevedo ou Calderón de la Barca-, pintores e músicos de España fan que as letras castelás e as artes hispanas sexan admiradas por toda Europa.

Talvez sería máis apropiado falar dos Séculos de Ouro, en plural, pois abarcan a época clásica ou de apoxeo da cultura española tanto do Renacemento (século XVI) como do Barroco (século XVII). Existen dúas datas clave :

1492, coa publicacion da Gramática castelá de Antonio de Nebrija, que inicia o período

1681, coa morte de Pedro Calderón de la Barca, que sinala o esmorecemento dos séculos dourados.O punto máis alto deste apoxeo atópase na obra de Miguel de Cervantes e Lope de Vega.

Universidade Antonio de Nebrija

A Universidade Antonio de Nebrija é unha universidade privada española. O seu nome rende homenaxe a Antonio de Nebrija.

Ángel Ilarri

Ángel Ilarri Gimeno, nado en 1913 en Corella, Navarra, e finado en 1998 en Vigo, foi durante corenta anos administrador e director do Museo Quiñones de León de Vigo.

Ángela Iglesias Rebollar

Ángela Iglesias Rebollar, alcumada A Protestante, nada en Tui ou na Guarda e finada o 11 de abril de 1937 en Vigo, foi unha muller asasinada aos 26 anos de idade, durante a Guerra Civil Española.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.