Antonio Rosón

Antonio Rosón Pérez, nado en Becerreá o 8 de xuño de 1911 e finado na cidade de Lugo o 19 de agosto de 1986, foi un avogado galego, primeiro presidente da preautonomía Xunta de Galicia antes aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981. Tamén foi o primeiro presidente da Caixa Rural de Lugo ata o seu falecemento.

Antonio Rosón
Datos persoais
Nacemento8 de xuño de 1911
 Becerreá
Falecemento19 de agosto de 1986
 Lugo
OrganizaciónAlianza Popular
Unión de Centro Democrático
Partido Liberal
Alma máterUniversidade de Valladolid
ProfesiónPolítico e avogado

Traxectoria

No franquismo

Fillo maior do farmacéutico de Becerreá, Eulogio Rosón López. Estudou o bacharelato no Instituto de Lugo, estudando logo en Santiago de Compostela e Oviedo, rematando por licenciarse en Dereito pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa vida profesional en Lugo ao abeiro do seu tío Eduardo Rosón López. Na altura da sublevación do 18 de xullo de 1936, Antonio Rosón ingresou na Falanxe[1] e no Exército golpista co grao de alférez, encargándose de labores represivos na provincia lucense, segundo acusacións posteriores da revista Interviú. Logo participou intensamente na vida política do franquismo. Foi delegado provincial de educación popular da Falanxe de Lugo[1], subxefe provincia de FET y de las JONS, procurador nas Cortes en representación do denominado "Tercio familiar" pola provincia de Lugo, durante a IX e a X Lexislatura; presidente da Deputación Provincial de Lugo entre 1949 e 1951; presidente da Cámara provincial Agraria desa provincia. Aínda foi vicedecano do Colexio de Avogados de Lugo; presidente da Comisión de Agricultura do Consello Económico e Sindical do Noroeste de España e conselleiro de FRIGSA, Frigoríficos Industriales de Galicia, S.A.

Democracia

Logo da constitución da Xunta preautonómica (1977), a UCD, partido maioritario na Galiza, rexeitou a posibilidade de que un galeguista histórico a presidise. Despois de ter barallado a opción de situar como presidente a Pío Cabanillas Gallas, finalmente optou por nomear a Antonio Rosón, que fora un dos fundadores de Alianza Popular en Galicia, aínda que deseguido se afastou dela.

Rosón impulsou o denominado Estatuto dos dezaseis, aberto a todas as forzas políticas, incluídas as extraparlamentarias como o Partido Galeguista recentemente reconstituído e o Partido Obreiro Galego. Porén, o intento do entón presidente do Goberno, Adolfo Suárez, para aprobar un estatuto cun conxunto de competencias inferior aos do País Vasco e Cataluña, provocou un gran malestar na comunidade galega, ao que se sumaría unha parte da UCD local e o mesmo presidente da Xunta preautonómica, Antonio Rosón, quen tentaba involucrar a unha parte do nacionalismo no proceso de creación da autonomía e foi el quen outorgou ao 25 de xullo o carácter de Día Nacional de Galicia. A UCD decidiu substituílo e, en 1979, Xosé Quiroga foi nomeado novo presidente da Xunta de Galicia.

Desfeita a UCD, Rosón uniuse ao Partido Liberal coaligado con Alianza Popular, atinxindo aínda a ser presidente do Parlamento de Galiza na I lexislatura (1981-1985) e na súa segunda lexislatura entre 1985 e 1986, sendo substituído, pola súa mala saúde, o 13 de maio dese último ano por Tomás Pérez Vidal.

Rosón foi tamén Deputado por Lugo (1977-1979) e mais Senador tamén por Lugo (1979–1982)

Foi membro de número da Real Academia Galega de Lexislatura e Xurisprudencia. Estaba na posesión da Gran Cruz del Mérito Agrícola.

Predecesor:
Eduardo García Rodríguez
 Escudo Diputación de Lugo.svg
Presidente da Deputación de Lugo
 
1949–1951
Sucesor:
Rafael Sarandeses Pérez
Predecesor:
Ninguén
 Escudo de Galicia.svg
Presidente da Xunta de Galicia
 
19771979
Sucesor:
Xosé Quiroga Suárez
Predecesor:
Ninguén
 Presidente do Parlamento 
1981–1986
Sucesor:
Tomás Pérez Vidal

Obra publicada

Rosón publicou obras fundamentalmente dedicadas a temática agraria desde perspectiva xurídica. A destacar:

  • Ordenación jurídico-agraria de Gaicia (1949).
  • Concentración parcelaria e patrimonio familiar. Bases de la revolución agraria gallega (1952).

Notas

  1. 1,0 1,1 Villanueva Gesteira, María Dolores (2015). A editorial Galaxia: proxecto e traxectoria 1950-1963. Santiago de Compostela: USC. p. 156.

Véxase tamén

Bibliografía

  • RODRÍGUEZ-POLO, Xosé Ramón (2011): "Rosón Pérez, Antonio" en DICCIONARIO BIOGRÁFICO ESPAÑOL, Madrid: Real Academia de la Historia.

Ligazóns externas

19 de agosto

O 19 de agosto é o 231º día do ano do calendario gregoriano e o 232º nos anos bisestos. Quedan 134 días para finalizar o ano.

8 de xuño

O 8 de xuño é o 159º día do ano do calendario gregoriano e o 160º nos anos bisestos. Quedan 206 días para finalizar o ano.

Agustín Sixto Seco

Agustín Sixto Seco, nado en Meá (Mugardos) o 3 de decembro de 1926 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 2004, foi un médico e intelectual galeguista.

Caixa Galicia

Caixa Galicia foi unha entidade financeira de Galiza, activa entre 1978 e 2010. Foi a maior de Galiza e unha das dez maiores de España nos anos finais do século XX. Cunha rede superior ás 800 oficinas en todas as comunidades autónomas españolas, a entidade estaba tamén presente en dez países de Europa e América, incluíndo as súas últimas aberturas en Miami, Panamá, e Brasil. Logo dunha importante crise económica e financeira, en 2010 anunciouse a súa fusión con Caixanova, dando lugar a Novacaixagalicia e posteriormente a Abanca.

Ceferino Díaz

Manuel Ceferino Díaz Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) o 1 de abril de 1947 e finado o 23 de decembro de 2012, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Centro Gallego de Buenos Aires

Co nome Centro Gallego de Buenos Aires denomínanse dous centros galegos da capital da Arxentina. Primeiramente o fundado en 1879, desaparecido en 1892, e posteriormente o fundado en 1907.

O centro é a única institución correspondente da Real Academia Galega.

Composición do Parlamento de Galicia

No Parlamento de Galicia sentan 75 deputados (71 nas dúas primeiras lexislaturas). A maioría absoluta son 38 deputados (36 nas dúas primeiras lexislaturas).

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Estatuto dos dezaseis

O coñecido como Estatuto dos dezaseis foi un texto redactado en 1979 por unha comisión integrada por representantes de diferentes partidos por iniciativa da Xunta preautonómica presidida por Antonio Rosón Pérez que pretendía dar forma xurídica a prol de Galicia ao dereito á autonomía das nacionalidades e rexións consagrado no artigo 2 da Constitución española de 1978.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Fundación Penzol

A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963, cando Fermín Penzol (1901-1981) decidiu doar a súa biblioteca e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira e o director é Francisco Domínguez Martínez.

Instituto da Lingua Galega

O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971 para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega, tanto na súa primeira elaboración, de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG .

Medalla de Galicia

A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica.

Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición. Coa chegada ao goberno do bipartito liderado por Emilio Pérez Touriño reduciuse outra vez o número e a tipoloxía a unha soa, e de ouro.

É notoria a escaseza de mulleres entre os premiados.

ONCE

A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) é unha entidade de Dereito Público de carácter social e democrático sen ánimo de lucro que ten o propósito fundamental de mellorar a calidade de vida dos cegos e deficientes visuais de toda España.

Real Coro Toxos e Froles

O Real Coro Toxos e Froles é unha agrupación musical de carácter tradicional galego, fundada en Ferrol en 1914.

Tomás Pérez Vidal

Tomás Pérez Vidal, nado en Casaio (Carballeda de Valdeorras) o 21 de decembro de 1954, é un político galego.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

1984–1999
Desde 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.