Antonio Romero Ortiz

Antonio Romero Ortiz, nado en Santiago de Compostela o 24 de marzo de 1822[1] e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 1884, foi un político liberal[2], ministro de Gracia y Justicia durante o Sexenio e ministro de Ultramar durante os gabinetes de Zavala e de Sagasta. Tamén foi un persoeiro importante no movemento do provincialismo galego.

Antonio Romero Ortiz
Antonio Romero Ortiz, ministro de Ultramar (Museo del Prado)
Nacemento24 de marzo de 1822
 Santiago de Compostela
Falecemento18 de xaneiro de 1884
 Madrid
SoterradoSan Lorenzo and San José graveyard
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico, avogado e xornalista

Traxectoria

Fillo do notario Domingo Manuel Romero e de Rita García Mariño[1], en 1837 conseguiu o título de Bacharel en Filosofía e en 1843 licenciouse en Dereito na Universidade Central de Madrid.

Romero Ortiz participou na Academia Literaria de Santiago durante os seus anos de estudante. Fundou con José Rúa Figueroa o periódico satírico de literatura e costumes Santiago y a ellos, que axiña foi prohibido. Máis tarde, xunto con Rúa Figueroa e Antolín Faraldo, foi editor da revista El Porvenir, dirixida por Faraldo.

Foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1854, polo de Noia en 1858, polo de Benisa (Alacant) e Noia en 1863 (o 20 de abril de 1864 optou por Noia), volveu ser elixido por Noia en 1864, en 1865 por Alcoi e Santiago de Compostela (correspondeulle representar a Compostela mediante sorteo); outra vez por Alcoi e Santiago en 1869 (optou de novo por Compostela). Volveu ser elixido por Noia en 1871, volvendo ser reelixido polo mesmo distrito ata 1884.

Foi Ministro de Gracia y Justicia inmediatamente despois da Gloriosa (de 8-10-1868 a 22-2-1869 e de 25-2-1869 a 18-6-1869). O 13 de marzo de 1878 foi nomeado ministro de Ultramar, cargo que desempeñou con Zavala e con Sagasta. Foi un destacado masón, que acadou o grao de Soberano Gran Comendador do Supremo Consello en 1882. Dende marzo de 1881 até outubro de 1883, foi gobernador do Banco de España.

Predecesor:
Martín Belda
 Gobernadores do Banco de España 
1881-1883
Sucesor:
Juan Francisco Camacho

Notas

  1. 1,0 1,1 Priego Fernández del Campo & Cabezón 1998
  2. Baró Pazos, Juan (1993). La codificación del derecho civil en España, 1808-1889. Santander: Servicio de publicaciones Universidad de Cantabria. p. 163. ISBN 84-8102-002-8.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

18 de xaneiro

O 18 de xaneiro é o 18º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 347 días para finalizar o ano, 348 nos anos bisestos.

24 de marzo

O 24 de marzo é o 83º día do ano do calendario gregoriano e o 84º nos anos bisestos. Quedan 282 días para finalizar o ano.

Antolín Faraldo

Antolín Faraldo Asorey, nado en Betanzos o 2 de setembro de 1822 e finado en Granada o 20 de xuño de 1853, foi un escritor e xornalista galego e un dos pais do movemento provincialista galego da primeira metade do século XIX e precursor do movemento literario.

El Porvenir (1845)

El Porvenir foi un periódico que se publicou en Santiago de Compostela en 1845.

Eleccións xerais de España de 1869

As eleccións xerais de España de 1869 foron convocadas para o 15 de xaneiro de devandito ano baixo sufraxio universal masculino. Foron as primeiras realizadas trala revolución de 1868, encabezada polos xenerais Juan Prim e Francisco Serrano Domínguez que supuxo a abdicación de Isabel II e o fin do goberno de Narváez, xefe do Partido Moderado. Realizáronse durante o Goberno Provisional de 1868-1871, primeiro período do Sexenio Democrático.

En total foron elixidos 352 deputados, separadamente dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. O xeneral Prim encabezou unha coalición monárquica formada polo Partido Progresista, a Unión Liberal e os demócratas "cimbrios", que gañou as eleccións. O sector republicano maioritario no Partido Demócrata, que o había refundado baixo o nome de Partido Republicano Democrático Federal, e que estaba encabezado por Pi i Margall, Nicolás Salmerón e Emilio Castelar, obtivo un bo resultado. Tamén se presentaron os carlistas, aínda que non obtiveron os resultados que esperaban.

Foi nomeado Presidente do Congreso dos Deputados o demócrata "cimbrio" Nicolás María Rivero, que foi substituído o 18 de xaneiro de 1870 polo progresista Manuel Ruiz Zorrilla.

O xefe de goberno foi o xeneral Prim ata que foi asasinado o 27 de decembro de 1870, tras conseguir a aprobación da Constitución de 1869 (214 votos contra 55) e a elección como rei de España de Amadeo de Savoia. O almirante Juan Bautista Topete e Serrano organizaron o goberno ata que se convocaron novas eleccións en marzo de 1871, que foron as primeiras do reinado de Amadeo I.

Eleccións xerais de España de 1876

As Eleccións Xerais de 20 de xaneiro de 1876 en España foron convocadas baixo o reinado de Alfonso XII e tiveron carácter constituínte cuxo resultado foi a Constitución española de 1876, vigente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.

Eleccións xerais de España de 1879

As Eleccións Xerais de 20 de abril de 1879 en España foron convocadas baixo o reinado de Afonso XII en base ao disposto na Constitución española de 1876, vixente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.

Eleccións xerais de España de abril de 1872

As eleccións xerais de España de abril de 1872 foron convocadas o 3 de abril baixo sufraxio universal masculino. Foron as segundas eleccións convocadas durante o breve reinado de Amadeo I, debido á división interna do Partido Progresista que provocou a súa división en dúas forzas políticas, o Partido Demócrata-Radical dirixido por Manuel Ruiz Zorrilla e o Partido Constitucional dirixido por Práxedes Mateo Sagasta, que incorporara algúns membros da Unión Liberal de Francisco Serrano Domínguez.

En total foron elixidos 391 deputados, ademais dos 11 correspondentes a Porto Rico e 18 de Cuba. Os Progresistas presentáronse en coalición cos conservadores e gañaron as eleccións. Os federales de Pi i Margall quedaron segundos (abstivéronse os federalistas intransixentes). Foi nomeado presidente do Congreso dos Deputados o conservador Antonio de los Ríos Rosas, e presidente do Senado Francisco Santa Cruz Pacheco. Práxedes Mateo Sagasta foi nomeado xefe de goberno, pero o estallido da Terceira Guerra Carlista o 15 de abril dificultó as tarefas de goberno, e foi substituído por Francisco Serrano Domínguez o 26 de maio, quen dimitiu tamén o 13 de xuño, sendo nomeado xefe de goberno Manuel Ruiz Zorrilla, quen ante a imposibilidad de formar goberno estable convocou novas eleccións para o 24 de agosto de 1872.

Eleccións xerais de España de agosto de 1872

As eleccións xerais de España de agosto de 1872 tiveron lugar o día 24 de devandito mes e ano baixo sufraxio universal masculino. Foron as terceiras e últimas eleccións convocadas durante o breve reinado de Amadeo I, cando o seu xefe de goberno, Manuel Ruiz Zorrilla, non obtivo maioría suficiente para poder formar goberno.

En total foron elixidos 391 deputados ao Congreso, ademais dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. Debido ao estallido da Terceira Guerra Carlista, o País Vasco atopábase en estado de insurrección e os carlistas controlaban parte de Aragón, Navarra e a actual Comunidade Valenciana. Así mesmo, os conservadores (que perderan o poder), os republicanos federales intransixentes e os partidarios da Primeira Internacional pediron a abstención.

Os radicais gañaron de novo as eleccións e Ruiz Zorrilla volveu formar goberno. O Presidente do Congreso dos Deputados foi Nicolás María Rivero e o presidente do Senado foi Laureano Figuerola Ballester, ambos radicais. Pero o 11 de febreiro de 1873, Amadeo I abdicou e o Congreso e o Senado, en sesión conxunta, constituíronse en Asemblea Nacional, presidida por Cristino Martos Balbi (ata o 20 de marzo) e despois por Emilio Castelar. Proclamouse a República por 258 votos contra 32, e foi nomeado primeiro presidente Estanislao Figueras, quen convocou novas eleccións para o 10 de maio de 1873.

Eugenio Montero Ríos

Eugenio Montero Ríos, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1832 e finado en Madrid o 12 de maio de 1914, foi un destacado xurista e político galego, alcumado o "cuco de Lourizán" onde residiu até pouco antes de morrer.Foi partidario da separación entre Igrexa e Estado, e á súa iniciativa débense a Lei do Rexistro Civil e a Lei do Matrimonio Civil.

Exposición Rexional de 1880

A Exposición Rexional Galega de 1880 foi un evento celebrado en Pontevedra en 1880. Foi promovido polo gobernador civil Filiberto Abelardo Díaz, coincidindo coa inauguración da nova casa consistorial deseñada polo arquitecto Alejandro Sesmero.

José Rúa Figueroa

José Rúa Figueroa, nado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1820 e falecido en Madrid o 22 de maio de 1855, foi un xornalista, revolucionario e escritor galego. Foi un dos pais do movemento provincialista en Galicia.

La Opinión Pública

La Opinión Pública foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1863 e 1865, localizado no número 28 da rúa Nova.

Provincialismo galego

O provincialismo foi un movemento político galeguista que naceu ao redor de 1840 e tivo en 1846 un levantamento a causa dunha insurrección militar. Tiña como obxectivo a recuperación de Galicia como única provincia que mantivese a unidade administrativa, social, cultural e económica. Esta unidade rachárase coa división provincial de 1833, que rematara co reino de Galicia.

Revolución de 1846

Revolución de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe o alzamento do coronel Miguel Solís o 2 de abril de 1846 en Lugo (ó que se uniron posteriormente A Coruña o día 5, Pontevedra o 9, e o día 10 Tui e Vigo) contra o goberno de Ramón María de Narváez. A conspiración foi dirixida desde A Coruña, impulsada por Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina e viúva do ministro Francisco Espoz y Mina; en Vigo foron Benigno Cid, Ramón Buch e Juan Nogueira, en contacto co exiliado Mártir Molíns; e en Ourense, algúns militares. Gerónimo Piñeiro de las Casas facía de correo entre eles, e fixaron a data do alzamento para o mes de abril.

Santiago y a ellos

Santiago y a ellos foi un semanario editado en Santiago de Compostela en 1842.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.