Antonio Reigosa

Antonio Reigosa Carreiras, nado en Zoñán (Mondoñedo) o 15 de agosto de 1958, é un escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral.

Antonio Reigosa
Antonio Reigosa
Nacemento15 de agosto de 1958
 Zoñán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosNarrativa e ensaio

Traxectoria

Nós tamén navegar Antonio Reigosa, Afonso Becerra, Silvia Penas e Miguel Sande
Antonio Reigosa, Afonso Becerra, Silvia Penas e Miguel Sande no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Colabora con numerosos traballos de divulgación relacionados coa historia, a arte, a etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral en diversos medios de comunicación e revistas especializadas.

É o cofundador de Chaira, Grupo de Investigación Etnográfica (Lugo, 1992), do que tamén forman parte Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Xoán Ramiro Cuba, ten intervido en campañas de recollida de literatura oral en distintos concellos da provincia de Lugo.

Relator en numerosas xornadas e congresos. Participa en campañas de promoción da lectura nos centros de ensino, bibliotecas e asociacións culturais.

Creador e coordinador de contidos da Enciclopedia Virtual da Fantasía popular de Galicia denominada Galicia Encantada[1].

Coordinador da revista oral de periodicidade trimestral O pazo das musas, editada polo Museo Provincial de Lugo desde 2004 e da revista oral de periodicidade semestral A voz dos carraos editada polo Museo Provincial do Mar desde 2006.

En xaneiro de 2015 foi nomeado Cronista Oficial de Mondoñedo pola corporación municipal dese concello.

Obra en galego

É autor, ou coautor, de arredor de 40 títulos de textos literarios ou de investigación entre os que salientan:

Literatura infanto-xuvenil

  • Memorias dun raposo, 1998, Xerais.
  • Resalgario, 2001, Xerais.
  • O galo avisado e o raposo trampulleiro, 2003, Xerais.
  • Bacoriño, 2004, Xerais.
  • A raposa no galiñeiro, 2004, Deputación de Lugo.
  • A escola de Briador, 2006, Everest Galicia.
  • A noite dos pesadelos, 2006, Luis Vives, Vigo.
  • O polimacho e outras criaturas, 2008, Tambre.
  • Lu e Go pola muralla, 2010, Obradoiro.
  • O aprendiz de home do saco, 2013, Xerais.

Narrativa

  • Os dous irmáns e outros contos populares do antigo Exipto, 2008, Morgante.

Ensaio

  • Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, 2011, Xerais.
  • Galicia encantada. O país das mil e unha fantasías, 2014, Xerais.
  • Celebración de Mondoñedo, 2017, Embora.

Obras colectivas

  • Polavila na Pontenova, 1998, Deputación de Lugo.
  • Contos para levar no peto, 2001, Xerais.
  • Manuel María, 2001, Ophiusa.
  • Ninguén está só, 2001, Tris Tram.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Palabra por palabra. Contos da Policía, 2003, Ir Indo.
  • Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín, 2004, Deputación de Lugo. Con Xoán Ramiro Cuba.
  • Contos de medo no museo, 2005, Museo Provincial de Lugo.
  • Balada do neno cego, en Contos de ogras, aventuras, baladas e piratas, 2006, Xunta de Galicia.
  • Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo.
  • Lendo lendas, digo versos, 2015, Xerais, con Antonio García Teijeiro e Xosé Cobas.
Con Xosé Miranda
  • Colección Cabalo Buligán. 20 volumes, 1998-2003, Xerais.
  • Contos fantásticos. I e II, 2001, Xerais.
  • Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo, 2002, Xerais.
  • Contos de encantamento. I e II, 2002, Xerais.
  • Máis contos de animais. I e II, 2002, Xerais.
  • Contos de parvos e pillos. I e II, 2003, Xerais.
  • Arrepíos e outros medos, 2004, Xerais.
  • Contos prodixiosos. I e II, 2004, Xerais.
  • A flor da auga: historias de encantos, mouras, serpes e cidades mergulladas, 2006, Xerais.
  • Mitoloxía da morte: agoiros, ánimas e pantasmas. Actas das III xornadas de literatura de tradición oral, (Lugo, 5 e 6 de novembro 2010), 2011, AELG.
Con Xoán Ramiro Cuba e Xosé Miranda
  • Contos marabillosos. I e II, 1998, Xerais.
  • Contos marabillosos. III e IV, 1999, Xerais.
  • Dicionario dos seres míticos galegos, 1999, Xerais. Traducido ao castelán como Diccionario de los seres míticos gallegos no 2006 na mesma editorial.
  • Contos de maxia. I, II, III e IV, 2000, Xerais.
  • Antoloxía do conto de tradición oral, 2001, Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia.
  • Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral, 2001, Xerais.
  • Contos de animais. I e II, 2001, Xerais.
  • Pequena mitoloxía de Galicia, 2001, Xerais.

Obra en castelán

Literatura infanto-xuvenil

  • Cuentos y leyendas de Galicia, 2012, Anaya.

Premios

  • Certame Nacional de Artes e Tradicións populares do Ministerio de Cultura (1987).
  • 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1989, por O sumidoiro Calcarrúas.
  • Premio Merlín no 1998, por Memorias dun raposo.
  • Premio Supernova (1999).
  • Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil o ano 1999 con Memorias dun raposo
  • Premio Raíña Lupa (2000), por Resalgario.
  • Lucense do Ano (2002).
  • I Premio Literario Frei Martín Sarmiento (Categoría de 11 a 13 anos) no 2004, por Contos de parvos e pillos. I. Con Xosé Miranda.
  • Premio Frei Martín Sarmiento (2005).
  • Premio de Comunicación, da Asociación Cultural María Castaña de Lugo, pola web Galicia Encantada.
  • Premio á mellor iniciativa bibliográfica na I Gala do Libro Galego en 2016, por Lendo lendas, digo versos.

Notas

  1. Galiciaencantada.com

Véxase tamén

Ligazóns externas

15 de agosto

O 15 de agosto é o 227º día do ano do calendario gregoriano e o 228º nos anos bisestos. Quedan 138 días para finalizar o ano.

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña. A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios, nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.

Bautismo anticipado

O bautismo anticipado, tamén chamado bautismo prenatal ou bautismo no ventre da nai é un rito supersticioso que se practicaba en distintos lugares de Galicia e que consistía en bautiza-lo feto, aínda no ventre da nai xestante, sobre unha ponte con poderes máxicos e ás 12 da noite, co fin de asegura-lo embarazo nas mulleres que sufriran anteriormente algún aborto. Tamén se realizaba no norte de Portugal.

Antonio Reigosa asegura que este costume estaba moi estendido por toda Galicia. E Eliseo Alonso escribía en 1990 que "tal vez por esta creencia [a da súa completa eficacia] o vello rito higromántico aínda se mantén en vixencia".

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Biosbardo

Os biosbardos son unha figura mitolóxica existente en Galicia coa que se adoita gastar bromas aos non iniciados na caza. Adoita falarse deles coma paxaros ou mozos de gran beleza que ninguén sabe describir e que quen consegue cazalos ten despois moita sorte na vida, a condición de que non llos ensine a ninguén.

Dicionario dos seres míticos galegos

O Dicionario de seres míticos galegos é un ensaio enciclopédico escrito por Xoán Ramiro Cuba, Xosé Miranda e Antonio Reigosa que a modo de dicionario contén 710 entradas do patrimonio mitolóxico galego. É unha compilación dos protagonistas de lendas, mitos e contos populares galegos ordenados alfabeticamente. Orixinalmente publicado no ano 1999, conta con outras catro edicións, no 2000 (2ª ed.), 2002 (3ª ed.), 2004 (4ª ed.) e 2008 (5ª ed.).A obra está baseada nunha ampla biografía que abarca numerosos antropólogos e intelectuais galegos como Murguía, Risco, Cunqueiro, Ferrín etc), amais de pescudas dos propios autores nos concellos de Abadín, Begonte, Cangas, Chantada, A Fonsagrada, Lugo, Mondoñedo Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, A Pontenova e Vilalba.

Miguel Sande

Miguel Anxo Sande Corral, nado en Pastoriza (Arteixo) en 1961, é un escritor e xornalista galego.

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Pepa a Loba

Pepa a Loba é unha figura mítica de Galicia é unha figura lendaria de bandoleira galega de finais do século XIX, que, segundo a lenda, acadou a súa fama asaltando camiños e roubando a caciques e cregos.

Polafías

As polafías son un proxecto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co propósito de recuperar e pór en valor a literatura galega de tradición oral. O proxecto está coordinado por Antonio Reigosa, vogal de literatura de tradición oral, e conta coa colaboración de diversas asociacións e co patrocinio de institucións públicas.

O termo polafía é un neoloxismo que pretende englbar os diferentes matices e acepcións de termos como polavilas, fías, fiadas, fiandóns ou seráns, referidos ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais. O proxecto válese de tecnoloxías como aparellos de gravación que favorecen o arquivo e estudo do recompilado e medios como internet para darlle difusión.

O formato das polafías, duns 90 minutos, require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introduce e comenta as principais características das pezas e xéneros literarios amosados; dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Non obstante, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constitúeno os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores etc., veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.

Premio Merlín

O Premio Merlín é un premio que concede Edicións Xerais desde 1986 entregándose de maneira conxunta co Premio Xerais de novela, ata o ano 2005 denominábase Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil, pero desde 2006 quedou reservado para a literatura infantil coñecéndose como Premio Merlín de literatura infantil, mentres que para a literatura xuvenil quedou instaurado o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.

Premio Raíña Lupa

O Premio Raíña Lupa é un premio de literatura infantil e xuvenil en lingua galega, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña desde 1998.

Raíña Lupa

A Raíña Lupa, (tamén coñecida como Raíña Lopa, Raíña Luparia, Raíña Luca e Raíña Loba) é un personaxe da mitoloxía galega.

Reigosa

O topónimo galego Reigosa (do latín Radicōsa, con raíces) pode referirse a:

Reigosa, parroquia do concello da Pastoriza;

Reigosa, lugar da parroquia de San Cristovo do Real, no concello de Samos;

Reigosa, lugar da parroquia de Xestoso, no concello de Silleda;

A Reigosa, lugar da parroquia de Aciveiro no concello de Forcarei;

A Reigosa, lugar da parroquia de Pígara no concello de Guitiriz;

A Reigosa, lugar da parroquia de Tourón no concello de Ponte Caldelas.Amais, como apelido pode referirse a:

Antonio Reigosa, escritor e investigador galego (n. 1958);

Carlos González Reigosa, escritor e xornalista galego (n. 1948).

Resalgario

Resalgario é unha novela de Antonio Reigosa publicada en 2001 por Edicións Xerais. De temática fantástica, vai dirixida especialmente ao público infantil e xuvenil. Publicáronse ata este momento sete edicións, a última no ano 2006.

Santa Compaña

A Santa Compaña é unha procesión de mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños dunha parroquia. Trátase dun tema do folclore galego. O tema das procesións de mortos e/ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia, incluíndo o norte de Portugal e Asturias, xa que esta zona posúe características que a identifican como unha comunidade, reflectidas nos seus contos e na súa literatura e testemuñas do fenómeno.

A crenza na Santa Compaña, analizada por Vicente Risco como unha tradición cristiá de poucas pegadas anteriores, está rexistrada por outras fontes anteriores vinculada a tradicións europeas de raigame diferente, integrada máis ou menos ao cristianismo. Recollendo isto por exemplo Martín Sarmiento despois da súa viaxe a Galicia como elemento da antiga cultura aínda vixente. Logo, nos séculos seguintes, atópase en dicionarios, almanaques e na literatura, con máis ou menos consideración da súa función na cultura tradicional galega. Ramón María del Valle-Inclán deulle o toque máis poético. Está tamén estudada dende finais do século XX coma un elemento da antropoloxía cultural galega.

Na súa función de mito, a disgregación da crenza ilustra a desestruturación e a desintegración das partes constituíntes da antiga sociedade galega, é dicir, a desaparición dun estilo de vida tradicional anterior que se constrúe dende a urbanización e a industrialización modernas. Polo tanto a cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI considera a Santa Compaña como unha das lendas da mitoloxía popular galega máis arraigada no medio rural.

Visións (programa)

Visións foi un un programa cultural da TVG que se emitiu na tempada 1987-1988.

Estaba dirixido e presentado por Xosé Antonio Perozo, coa colaboración, entre outros de, Luís Rei Núñez, Miguel Anxo Seixas, Xaime Aguiar, Xosé Henrique Rivadulla Cordón, Xosé Manuel Barreira, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba. O programa consistía en entrevistas e reportaxes arredor da cultura galega

Xosé Miranda

Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955, é un escritor galego.

Xoán Ramiro Cuba

Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, nado en Lugo o 20 de xaneiro de 1958, é un escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.