Antonio Pol

Antonio Pol González, nado en Lugo o 11 de xaneiro de 1931 e finado o 25 de novembro de 2013,[1] foi un notario e político galego.

Antonio Pol
Nacemento11 de xaneiro de 1931
 Lugo
Falecemento25 de novembro de 2013
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónnotario e político
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Cursou o Bacharelato en Lugo onde tamén se fixo perito mercantil. É licenciado en Dereito e graduado social pola Universidade de Santiago de Compostela. Notario dende 1959, exerceu en Jalón (Alacant), Arzúa, Sarria e Valdepeñas. Foi alcalde de Arzúa (1964-1968) e alcalde de Lugo (1974-1975). Como alcalde de Lugo foi procurador en Cortes. Foi gobernador civil de Salamanca (1975-1977) e Coruña (1977). Nas eleccións xerais de 1982 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Partido Popular. Asumiu a presidencia da xestora de Alianza Popular de Ourense en abril de 1986 e meses despois foi elixido presidente provincial. Foi membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (1987-1996). Foi Vicevaledor do Pobo. Recibiu a Medalla Castelao en 2001.

Predecesor:
?
 Arzúa.svg
Alcalde de Arzúa
 
1964 - 1968
Sucesor:
?
Predecesor:
Fernando Pedrosa Roldán
 Escudo de Lugo 3.svg
Alcalde de Lugo
 
1974 - 1975
Sucesor:
Víctor Basanta Varela

Notas

  1. La Voz de Galicia, 26-11-2013, p. L4.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Nosa Terra (1977)

A Nosa Terra é un xornal que primeiro se editou en papel, para posteriormente pasar a ser electrónico, que opera en Galicia dende 1977. Encadrado na órbita do nacionalismo, e escrito integramente en galego, estivo dirixido por Margarita Ledo, Xosefina López Corral, Xosé Currás, Afonso Eiré e Manuel Veiga Taboada. Tivo un parón en 2012, reanudando a edición electrónica en 2018.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Carmen Fraga

María del Carmen Fraga Estévez, nada en León o 19 de outubro de 1948, é unha política galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.