Antonio Palacios Ramilo

Antonio Palacios Ramilo, nado no Porriño o 8 de xaneiro de 1874 e finado en Madrid o 27 de outubro de 1945, foi un arquitecto galego.

Antonio Palacios Ramilo
Antonio Palacios Ramilo 1929
Antonio Palacios, retrato en Vida Gallega, 1929
Nome completoAntonio Palacios Ramilo
Nacemento8 de xaneiro de 1874
 O Porriño
Falecemento27 de outubro de 1945
 Madrid
Cónxuxe(s)Adela Ramírez

Traxectoria

Antonio palacios monument
Estatua a Antonio Palacios no Porriño.

Antonio Luciano Juan Palacios Ramilo naceu na rúa de Ramón González do Porriño. Seu pai era madrileño, mais de ascendencia galega, e fora a Galicia para traballar como axudante de obras públicas na liña de ferrocarril en obras entre Guillarei e Valença do Minho. Afincouse no Porriño ao casar con Jesusa Ramilo de Nieves, veciña da localidade. O matrimonio tivo sete fillos, dos cales Antonio era o menor.

En 1892, Palacios marchou para Madrid para estudar arquitectura, obtendo o título en 1900, sendo posteriormente profesor de debuxo na Escola de Arquitectura de Madrid. Aínda que acabou por radicarse na capital de España, onde casou con Adela Ramírez, practicamente todos os veráns pasaba as súas vacacións na súa localidade natal, excepto nos últimos anos nos que parou en Vigo.

Hospital de Maudes (Madrid) 01
Hospital de Jornaleros de Maudes.

O éxito profesional acaeulle moi loguiño, ao gañar xunto co seu compañeiro Joaquín Otamendi o concurso de edificación do Pazo de Comunicacións de Madrid. Tal fortuna levou aparelladas unha serie de honras. Así, en 1916 foi nomeado membro da Academia de Ciencias históricas e artísticas de Toledo, en 1922 foi nomeado membro da prestixiosa Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, mentres en 1934 Vigo nomeouno Arquitecto Honorario, e até aínda foi distinguido como cóengo da catedral de Ourense polas obras de reforma que acometera na mesma. Ademais Palacios desempeñou cargos oficiais, como o de arquitecto-xefe do Ministerio de Fomento.

Durante os anos da guerra civil, Palacios permaneceu en Madrid, adicándose a completar o plano de urbanización desa cidade, que acometera anos antes. Ó acabar a guerra, o seu proxecto foi rexeitado pola Xunta de Reconstrución por ser considerado inviable economicamente.

Antonio Palacios-Banco Rio Plata
O Banco Río de La Plata en Madrid.

Nos últimos anos da súa vida, Palacios estivo doente dos ollos, que o levaron á perda paulatina da súa capacidade de visión, o que non lle impediu traballar en obras como a igrexa da Vera Cruz do Carballiño. Mantivo ademais, neses anos, aberto un obradoiro arquitectónico en Vigo, no que traballou no proxecto do ensanche da cidade olívica, que lle fora encargado xa en 1930. Faleceu en Madrid o 27 de outubro de 1945, na súa casa de "El Plantío", sendo sepultado nesa cidade. O 30 de outubro de 1976, os seus restos foron trasladados para o camposanto municipal do Porriño, onde descansan na actualidade.

Madrid

A figura de Palacios supuxo para Madrid a introdución dunha imaxe moderna: o seu persoal estilo monumentalista, herdeiro tanto da obra do seu mestre Otto Wagner como da arquitectura histórica española, condicionou en boa medida a percepción urbana da cidade. A el débese a construción das primeiras liñas do metro, e os seus deseños de accesos ás estacións aínda se contemplan hoxe en día. En cambio, os seus templetes de acceso da Rede de San Luis e Sol non chegaron á actualidade.

O Pazo de Comunicacións de Madrid (1904-1918) foi a súa primeira obra. Realizada en colaboración co seu socio Joaquín Otamendi, mostra un exterior con forte influencia do gótico salmantino e dos Entretiens de Viollet-le-Duc, aínda que no sistema estrutural e na busca de sinceridade nos acabados interiores así como no mobiliario, se atopan influencias de Wagner e das vangardas arquitectónicas do momento.

Madrid-Metro-Tribunal-Entrada
Unha das bocas do Metro de Madrid, deseñadas por Palacios.

Outras obras súas foron o Círculo de Belas Artes de Madrid (1919-1926), o Banco do Río da Plata (Banco Central), hoxe sede central do Instituto Cervantes (Madrid, 1910-1919), o Hospital de Jornaleros de Maudes (Madrid, 1908) ou o Banco Mercantil e Industrial de Madrid (1933-1945).

Galicia

Iglesia da Veracruz 2 - Antonio Palacios
Igrexa da Veracruz do Carballiño.

En Galicia realizou diversas obras, o Teatro García Barbón de Vigo (1910-1927), a Virxe da Rocha en Baiona (1912), o Banco de Viñas Aranda (Vigo, 1942), o Templo Votivo do Mar (Panxón) ou a Igrexa da Veracruz (O Carballiño).

A súa inclinación cara ao rexionalismo arquitectónico propiciou a súa amizade con Valentín Paz Andrade e Castelao, aínda que nunca chegou a adquirir un compromiso ideolóxico: as súas colaboracións co periódico Galicia convivían con escritos técnicos, como a memoria do proxecto non realizado de reestruturación da Porta do Sol madrileña na que enxalzaba a Hispanidade.

Nas súas estancias en Galicia foi asiduo visitante do Pazo de Lourizán onde tiñan lugar longos parladoiros con Eugenio Montero Ríos e outros intelectuais destacados da época.

Foi membro numerario da Academia de Belas Artes de San Fernando, e en 1924 foi nomeado fillo predilecto da súa vila natal. Na súa memoria, o Concello do Porriño instituíu en 1999 o premio anual de arquitectura en granito Antonio Palacios.

Plan do Ensanche de Vigo

Palacios intentou levar a cabo un proxecto racionalista para o ensanche de Vigo, que nunca chegou a callar na cidade olívica. Para intentar convencer o pobo vigués e as autoridades da necesidade do mesmo para a cidade, que daquela comenzaba a crecer a gran velocidade, Palacios deu dúas conferencias no Teatro García Barbón os días 5 e 6 de setembro de 1934. No seu discurso expresou as súa preocupación polo que podería acontecer se ese proxecto non se levaba a cabo:

Obras (selección)

En Galicia

Resto de España

  • Gran Casino (1903), Madrid, en colaboración con Joaquín Otamendi.
  • Palacio de Comunicacións (1904-1918), Madrid, en colaboración con Joaquín Otamendi.
  • Banco do Río de la Plata (1910-1919), Madrid, en colaboración con Joaquín Otamendi, que posteriormente foi Banco Central, e na actualidade é sede do Instituto Cervantes.
  • Hospital de Jornaleros de Maudes (1908-1912), Madrid, en colaboración con Joaquín Otamendi.
  • Edificio para o Círculo de Bellas Artes (1919-1926), Madrid.
  • Edificio para a Sociedad de Autores (1923), Madrid.
  • Proxecto de urbanización da Alcazabilla de Málaga (1927-1932).
  • Banco Mercantil e Industrial (1933-1945), Madrid.
  • Santuario da Gran Promesa (1942), Valladolid.

Galería de imaxes

Antonio Palacios, 1917.
Antonio Palacios, 1917. 
Templo Votivo do Mar de Panxón.
Templo Votivo do Mar de Panxón. 
Igrexa da Veracruz do Carballiño. Detalle da portada.
Igrexa da Veracruz do Carballiño. Detalle da portada. 

Notas

  1. Galicia: O oficio de vivir. A cidade, de Gonzalo Allegue "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2007. Consultado o 13 de outubro de 2008. (páx 5). No mesmo libro recóllese unha imaxe da conferencia (páx. 6), así coma unha maqueta do proxecto (páx. 5). Texto orixinal en castelán.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fullaondo, Juan Daniel (1986). Antonio Palacios y el Hospital de Maudes en la memoria arquetectonica de Madrid, (en castelán). Madrid: Centro de Información y Documentación, Consejería de Ordenación del Territorio, Medio Ambiente y Vivienda. ISBN 9788450541557.
  • González Amézqueta, Adolfo; Iglesias Veiga, José Ramón; Pereira Alonso, José Luis (1999). Arquitecto Antonio Palacios 1874-1945. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
  • Iglesias Veiga, Xosé Marí Ramón (1993). Antonio Palacios, arquitecto: de O Porriño a Galicia (en castelán). Pontevedra: Excma Deputación Provincial de Pontevedra, Servicio de Publicaciones. ISBN 9788486845940.
  • Iglesias Veiga, Xosé María Ramón (1993). Antonio Palacios: a pedra, o país, a arte, o urbanismo, a renovada tradición : o oficio de arquitecto. Col. Galegos na historia, nº 3. Vigo: Ir Indo. ISBN 9788476801741.
  • Palacios, Antonio (1991). Antonio Palacios, 1874-1945 (en castelán). A Coruña: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
  • Tovar Martín, Virginia (1988). Tradición y modernidad en la arquitectura de Antonio Palacios Ramilo: la Casa del Conde de Bugallal en Madrid (en castelán). Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. OCLC 24111460.

Outros artigos

Ligazóns externas

27 de outubro

O 27 de outubro é o 300º día do ano do calendario gregoriano (301º nos anos bisestos). Quedan 65 días para finalizar o ano.

8 de xaneiro

O 8 de xaneiro é o 8º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 357 días para finalizar o ano, 358 nos anos bisestos.

Casa consistorial do Porriño

A casa consistorial do Porriño é a sede do concello homónimo. Corresponde a un edificio construído de 1919 a 1924 polo arquitecto galego Antonio Palacios Ramilo dentro da corrente rexionalista. Os deseños son realizados sen encarga previa, e ensaia nun pequeno soar un edificio con carácter monumental. Algúns autores de Galiza gabaron o labor comparándoo ao dun poeta.En setembro de 1976 o edificio sufriu un grave incendio.

Círculo de Belas Artes de Madrid

O Círculo de Belas Artes (CBA) de Madrid é unha entidade cultural privada sen ánimo de lucro localizada na rúa Alcalá e fundada en 1880. Desde 1921 está declarado Centro de Protección das Belas Artes e de Utilidade Pública. É un centro multidisciplinar, no que se desenvolven actividades que abranguen desde as artes plásticas ata a literatura, pasando pola ciencia, a filosofía, o cine ou as artes escénicas.

Emilio Salgado Urtiaga

Emilio Salgado Urtiaga, nado en Punxín o 6 de xaneiro de 1897 e finado en Madrid o 27 de xuño de 1970, foi un arquitecto e político galego.

Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid

A Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM), é a escola de arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid (España). Prepara e expide o título de Arquitecto, así como doutorados e diversos masters de posgrao. Esta escola creouse en 1844 co nome de Escuela Especial de Arquitectura de Madrid e é a escola de arquitectura máis antiga de España. O actual edificio inaugurouse en 1936.

Galería de imaxes de Antonio Palacios Ramilo

Antonio Palacios Ramilo naceu no Porriño o día 8 de xaneiro de 1874 e foi un arquitecto galego.

Galería de imaxes de Mondariz-Balneario

Galería de imaxes do concello de Mondariz-Balneario na provincia de Pontevedra.

Gerardo Campos

Gerardo Campos Ramos, nado en Vigo en 1881 e finado o 11 de setembro de 1964, foi un ciclista, comerciante, emprendedor e xornalista galego.

Guillermo González Vázquez

Guillermo González Vázquez, nado en Vigo o 28 de maio de 1961, é un fotógrafo galego.

Lista de personalidades galegas en selos do mundo

Esta é unha lista de mulleres e homes galegos que apareceron nos selos de correos do mundo desde 1926 até xuño de 2013, sendo un total de 44 personalidades (39 homes e 5 mulleres).

Inclúese na lista o ano e o país nos que apareceron.

Nesta lista aparecen persoas que naceran no territorio do Condado Portucalense antes do ano 1128, data na que Afonso Henriques independiza o condado de Portugal do Reino de Galiza. Xunto aos seus nomes levan as iniciais [CP] (Condado Portucalense).

Manuel Gómez Román

Manuel Gómez Román, nado en Vigo o 24 de xullo de 1875 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1964, foi un arquitecto galego.

Ramilo

O topónimo galego Ramilo pode referirse a:

Ramilo, parroquia do concello de Viana do Bolo;

Ramilo, lugar de dita parroquia;

Ramilo, lugar da parroquia de Monteagudo, no concello de Arteixo;

Vilar Ramilo, lugar da parroquia de Gándara, no concello de Zas.Amais, como apelido pode referirse a:

Antonio Palacios Ramilo, arquitecto galego (1874-1945);

José Carrera Ramilo, farmacéutico e político galego (1874-1959);

Antonio Ramilo, empresario e político galego (1928-2006).

Ricardo Velázquez Bosco

Ricardo Velázquez Bosco, nado en Burgos o 21 de marzo de 1843 e finado en Madrid o 31 de xullo de 1923, foi un arquitecto español. Foi profesor do galego Antonio Palacios Ramilo.

Practicou un historicismo eclecticista de corte academicista oposto ao modernismo. O seu estilo denomínase ás veces "eclecticismo enfático".

Teatro Rosalía de Castro de Vigo

O Teatro Rosalía de Castro, de Vigo, inaugurado en 1900 e desaparecido nun incendio en 1910, foi o mellor de Galicia do seu tempo.

Templo Votivo do Mar

O Templo Votivo do Mar é un templo católico adicado a San Xoán Bautista, tamén coñecido como igrexa parroquial de San Xoán de Panxón. Situado na parroquia do mesmo nome pertencente ao concello de Nigrán.

Este edificio foi deseñado polo arquitecto galego Antonio Palacios Ramilo autor de obras como o Palacio de Comunicacións de Madrid, o Teatro García Barbón de Vigo (hoxe Centro Cultural Afundación Vigo) ou a Virxe da Rocha en Baiona. A súa construción tivo lugar entre 1932 e 1937.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.