Antonio Noriega Varela

Antonio Noriega Varela, nado en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869[1] e finado en Viveiro o 27 de marzo de 1947[2], foi un mestre, xornalista e poeta galego de ideoloxía tradicional-católica.

Antonio Noriega Varela
Antonio Noriega Varela 1919
Antonio Noriega Varela, retrato en Vida Gallega, 1919.
Nacemento19 de outubro de 1869
 Mondoñedo
Falecemento27 de marzo de 1947
 Viveiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta, xornalista e escritor
XénerosPoesía
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1969.

Traxectoria

Seminario01
Seminario de Mondoñedo, onde estudou.

Estudou no seminario de Mondoñedo, onde trabou amizade con Manuel Leiras Pulpeiro. En 1895, cunha composición de carácter costumista, resultou vencedor dun certame poético realizado na súa cidade natal, onde estaban de xurado, entre outros, Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Andrés Martínez Salazar.

En 1901 ocupou o posto de mestre de escola en Foz, onde coñeceu a Antón Villar Ponte e entrou en contacto co movemento agrario que abandeiraba Basilio Álvarez. Neste intre foi cando Noriega comezou a escribir poemas cívicos alentando á loita agraria e formou parte do periódico local ¡Guau... Guau!, no cal estaban Villar Ponte e Camilo Cela, pai de Camilo José Cela. Por estas actividades foi trasladado forzosamente a Calvos de Randín, no extremo sur da Provincia de Ourense, preto da fronteira portuguesa.

Tres anos despois logrou o seu traslado á escola de Trasalba, preto da cidade de Ourense, onde fixo amizade con Ramón Otero Pedrayo e os demais integrantes do Grupo Nós. Grazas ás lecturas na extensa biblioteca do pazo de Trasalba, propiedade de Otero Pedrayo, Noriega Varela coñeceu en profundidade a literatura portuguesa, que deixaría unha gran pegada na súa obra.

Colaborou en O Gaiteiro de Lugo e Vallibria.

Co tempo, Noriega foise afastando das directrices culturais e políticas do movemento agrario, chegando a apoiar ao réxime franquista:

Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939. Morreu en 1947 en Viveiro, onde pasou os derradeiros anos da súa vida.

Obra

Á parte da época de escritor na revista ¡Guau... Guau!, Noriega Varela é autor dun único libro, Montañesas (1904), que a partir da 3ª edición cambia o seu título polo de Do ermo (1920), que viu a súa edición definitiva en 1946 (Imprenta La Voz de la Verdad). Neste libro hai tres tendencias fundamentais:

  • O Costumismo: as circunstancias da vida dos labregos, na liña do XIX.
  • O lirismo da natureza: canta os aspectos máis humildes da natureza. Estes poemas caracterízanse pola ausencia de anécdota, neles atópanse sós o poeta e a natureza; Noriega identificábase coa soidade do ermo e denominábaa como unha actitude de tenrura polas cousas máis humildes da paisaxe de montaña.
  • Poemas "franciscanos", a súa achega máis orixinal, onde o eu do poeta aparece só, mergullado no medio da paisaxe na procura da estética do máis sinxelo da natureza. Poemas a un penedo, ao orballo, á flor do toxo... Formalmente estes poemas imitan a poesía popular; a lingua usada é tamén a do pobo chan.
  • Sonetos franciscanos, que inciden na temática anterior pero enmarcándoa dentro do molde métrico do soneto e engadíndolle pinceladas de influencia lusa. A lingua é, tamén, máis culta e elevada, coa introdución de cultismos de orixe portuguesa. O poema "Toda humilde beleza" é quizais o máis representativo desta tendencia.
  • Algúns exemplos de poesía social de corte agrarista e anticaciquil, finalmente repudiados polo propio autor

Tamén publicou unha recompilación de cantigas populares en honra da Virxe María: A Virxe e a paisanaxe (1913) e unha colección de refráns e cantares populares: Como falan os brañegos (1928).

Viveiro - Xardins de Noriega Varela - 01
Placa adicada a Antonio Noriega Varela no parque homónimo en Viveiro.

Antonio Noriega Varela comezou o vieiro dunha poesía, denominada franciscano, neovirxiliana ou humanista paisaxista, que ha de ter posteriores imitadores coma Xosé María Díaz Castro, Xosé Crecente Vega, Aquilino Iglesia Alvariño e, máis no presente, mesmo Uxío Novoneyra.

Pertenceu á Xeración de entre dous séculos xunto con Ramón Cabanillas, entre outros.[4]

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1969.[5]

Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!

Eu venero as floriñas dos toxos.

Dos toxales as tenues floriñas,

que sorrín, a medo, entre espiñas.

Entre espiñas que o ceo agasalla

con diamantes as noites que orballa.

Oh, do ermo prezado tesouro:

as floriñas dos toxos son d'ouro!

De ouro vello son, mai, as floriñas

Vida persoal

Casou en Foz con Ramona Bello Maiña en 1902, con quen tivo seis fillos. Ramona faleceu en 1913, e en 1914 casou con Dorinda Almansa Vázquez, con quen tiivo outros fillos[6].

Notas

  1. Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. Xerais. ISBN 978-84-9121-107-5.
  2. Couceiro Freijomil, A. (1952). "NORIEGA VARELA, Antonio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 479-480.
  3. Xesús Alonso Montero; Miro Villar, eds. (2006). Guerra Civil (1936-1939) e Literatura galega. CCG. p. 134. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 02 de setembro de 2018.
  4. Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 31–38. ISBN 84-7507-139-2.
  5. Real Academia Galega. «Figuras homenaxeadas»
  6. "Antonio Noriega Varela (1869 ¿ 1947)". Concello de Mondoñedo.

Véxase tamén

Bibliografía

Gravacións de son externas
Ramón Otero Pedrayo dando unha conferencia sobre Noriega Varela

Ligazóns externas

19 de outubro

O 19 de outubro é o 292º día do ano do calendario gregoriano (293º nos anos bisestos). Quedan 73 días para finalizar o ano.

27 de marzo

O 27 de marzo é o 86º día do ano do calendario gregoriano e o 87º nos anos bisestos. Quedan 279 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Antonio López Ferreiro

Antonio López Ferreiro, nado en Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1837 e finado en Vedra o 20 de marzo de 1910, foi un escritor e historiador galego. En 1978 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Francisca Herrera Garrido

Francisca Herrera Garrido, nada na Coruña o 6 de marzo de 1869 e finada o 4 de novembro de 1950, foi unha escritora galega, primeira muller elixida académica na Real Academia Galega. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Leiras Pulpeiro

Manuel Leiras Pulpeiro, nado en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 9 de novembro de 1912, foi un escritor galego do Rexurdimento.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1983.

Neovirxilianismo

O neovirxilianismo é unha vangarda galega da primeira metade do século XX e que fai referencia a Virxilio, autor de xeórxicas e bucólicas inducidas por César para gabar a vida do campo nun momento de éxodo rural.

Ramón Cabanillas

Ramón Cabanillas Enríquez, tamén chamado O Poeta da Raza, nado en Fefiñáns (Cambados) o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959, foi un escritor galego. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1976, coincidindo co centenario do seu nacemento.

Valentín Lamas Carvajal

Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. No ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.

Vallibria

Vallibria foi un semanario literario de Mondoñedo fundado por Xosé Trapero Pardo en 1930 e que apareceu ata 1940. Contou como colaboradores con xente como o crego Celestino Cabarcos, José Rodríguez Fernández, Eduardo Lence-Santar, Aquilino Iglesia Alvariño, Antonio Noriega Varela, José Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro.

Vallibria foi a primeira publicación onde escribiu Álvaro Cunqueiro e onde apareceu un texto literario en galego en Galicia durante a Guerra Civil española, o 25 de xullo de 1936, durante toda a contenda continuaron a aparecer nela textos galegos inseridos, as máis das veces, nun ton de exaltación do bando franquista.

Xeración de antre dous séculos

A Xeración de antre dous séculos foi nomeada por Xosé Luís Méndez Ferrín e comprendía a tódolos escritores galegos nados entre 1869 e 1879. Estes escritores serían os protagonistas da transición da Literatura galega do século XIX ó século XX.

O nome foi tomado dunha obra de Xerardo Álvarez Limeses que xunto con Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas, entre outros, formarían parte desta xeración.

Xosé Ramón Freixeiro Mato

Xosé Ramón Freixeiro Mato, nado en Vilanova (Cances, Carballo) o 13 de outubro de 1951, é profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Galego-Portuguesa.

Xosé Trapero Pardo

Xosé Trapero Pardo, nado en Castro de Rei o 29 de setembro de 1900 e finado en Lugo o 10 de outubro de 1995, foi un escritor e xornalista galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.