Antonio López Ferreiro

Antonio López Ferreiro, nado en Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1837 e finado en Vedra o 20 de marzo de 1910, foi un escritor e historiador galego. En 1978 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.[1]

Antonio López Ferreiro
Antonio López Ferreiro
Nacemento9 de novembro de 1837
 Santiago de Compostela
Falecemento20 de marzo de 1910 (72 anos)
 Vedra
NacionalidadeEspaña
Relixióncatólica
Ocupaciónescritor, historiador, novelista, clérigo, sacerdote católico e bibliotecario
Xénerosnovela histórica
Profesiónsacerdote

Traxectoria

Estudou a carreira eclesiástica en Santiago, onde aprendeu latín, filosofía, teoloxía e dereito canónico, ata 1862, cando foi ordenado presbítero polo cardeal Miguel García Cuesta. Ó ano seguinte marchou a Madrid e licenciouse en Sagrada Teoloxía. Na Escola Superior de Diplomática dedicouse durante tres anos á transcrición de documentos galegos do Arquivo Histórico Nacional, e rematou conseguindo o título de arquiveiro bibliotecario.

En 1866 regresou a Galicia como párroco de Santa Eulalia de Vedra, desde onde continuou publicando artigos sobre as súas investigacións históricas. En agosto de 1871 foi nomeado cóengo do Cabido compostelán. En 1872 dirixiu o periódico carlista La Emancipación. Dende o seu posto de cóengo puido acceder ao arquivo documental da catedral, e aproveitalo para realizar traballos de investigación, labor no que destaca a creación da revista Galicia Histórica (publicada entre 1901 e 1903).

En 1892 foi nomeado correspondente da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona e socio correspondente da Real Academia da Historia. Foi presidente da sección arqueolóxica da Exposición Rexional de 1909.

Cultivou a novela histórica, xénero de enorme vixencia no Romanticismo que ata o momento non fora tratado na literatura galega. En 1905 foi elixido académico de número da Real Academia Galega.

Nas novelas de López Ferreiro abundan os relatos históricos ambientados na Galicia rural
Nas novelas de López Ferreiro abundan os relatos históricos ambientados na Galicia rural.[1]

A partir de 1871, tras a súa designación como cóengo do Cabido da Catedral de Santiago de Compostela, fixaría a súa residencia na rúa do Castro durante un bo número de anos, e posteriormente -até o seu falecemento- no número 16 da rúa da Raíña[2].

Obra

Obra literaria

Deixou tres novelas históricas:

O propósito historiográfico fai que López Ferreiro inclúa nas tres novelas descricións de monumentos e transcricións de documentos históricos.

Retrato post mortem de Antonio López Ferreiro
Fotografía post mortem de López Ferreiro.

O autor tiña plena conciencia do seu labor a prol da resurrección e rehabilitación do idioma galego. É asombrosa a súa riqueza de léxico e sintaxe, en ocasións incluíndo arcaísmos recuperados da documentación medieval.

Ensaios

  • El protestantismo y los errores que de él se derivan: racionalismo y panteísmo (1862).
  • La Historia de Compostela y su reprobación crítica por Masdeu (1866).
  • Leyenda sobre la vida de San Pedro de Mezonzo (1872).
  • El Sepulcro del Apóstol Santiago (1882).
  • Galicia en el último tercio del siglo XV (Biblioteca Gallega, 2 t., 1885).[4]
  • El Pórtico de la Gloria (1886).
  • Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela (1898-1911, once tomos).

Galería de imaxes

A tecedeira de Bonaval, 2ª ed.
A tecedeira de Bonaval, 2ª ed. 
Galicia en el último tercio del siglo XV, 2ª edición.
Galicia en el último tercio del siglo XV, 2ª edición. 
Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela.
Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela
A CIBDA DE COMPOSTELA ô SEU FILLO PREDILEUTO, 1911.
A CIBDA DE COMPOSTELA ô SEU FILLO PREDILEUTO, 1911. 

Notas

  1. 1,0 1,1 "Figuras homenaxeadas" RAG.
  2. Antonio López Ferreiro na páxina do CEIP López Ferreiro.
  3. A tecedeira de Bonaval, 2ª ed. Arquivado 07 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en Galiciana.
  4. Galicia en el último tercio del siglo XV, 2ª ed. en Galiciana.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

20 de marzo

O 20 de marzo é o 79º día do ano do calendario gregoriano e o 80º nos anos bisestos. Quedan 286 días para finalizar o ano.

9 de novembro

O 9 de novembro é o 313º día do ano do calendario gregoriano e 314º nos anos bisestos. Quedan 52 días para rematar o ano.

A tecedeira de Bonaval

A tecedeira de Bonaval é unha novela de Antonio López Ferreiro, publicada por entregas no xornal El Pensamiento Galaico, do 5 de xullo ao 21 de decembro de 1894. En 1895 foi editada por Andrés Martínez Salazar no volume X da Biblioteca Gallega, e en 1953 reeditouna Pedret Casado en Bibliófilos Gallegos nun volume conxunto coas súas outras dúas novelas: O niño de pombas e O castelo de Pambre.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Antonio Noriega Varela

Antonio Noriega Varela, nado en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869 e finado en Viveiro o 27 de marzo de 1947, foi un mestre, xornalista e poeta galego de ideoloxía tradicional-católica.

Biblioteca Gallega

A Biblioteca Gallega, foi unha editorial galega, fundada na Coruña en 1885 por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre.

Castelo de Pambre

O castelo de Pambre é unha fortaleza que se alza a 44 m de altitude nun penedo á beira do río Pambre, situada na parroquia de Pambre (Palas de Rei).

O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé tras a revolta irmandiña. Atópase en bo estado de conservación. A capela románica contida nas súas murallas é anterior á súa construción e foi durante séculos igrexa parroquial de Pambre baixo a advocación de San Pedro, patrón da parroquia de Pambre.

Hoxe coñecido como "Castelo de Pambre", tal denominación popularízase en Galicia, máis que debido á súa cualidade de tal, a partir da publicación no ano 1895 da novela O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro. Con anterioridade era coñecido como Fortaleza ou Torre de Pambre, e así aparece citada na cartografía e outra documentación dos séculos anteriores. Esta denominación aínda é habitual entre as xentes da Ulloa.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Eladio Oviedo Arce

Eladio Oviedo Arce, nado en Noia o 20 de marzo de 1864 e finado na mesma vila o 19 de xaneiro de 1918, foi un sacerdote e escritor galego.

Francisca Herrera Garrido

Francisca Herrera Garrido, nada na Coruña o 6 de marzo de 1869 e finada o 4 de novembro de 1950, foi unha escritora galega, primeira muller elixida académica na Real Academia Galega. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Leiras Pulpeiro

Manuel Leiras Pulpeiro, nado en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 9 de novembro de 1912, foi un escritor galego do Rexurdimento.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1983.

Novela histórica

A novela histórica é un xénero literario que reflicte máis ou menos fielmente o ambiente, os personaxes e os acontecementos dunha época histórica, mesturando a ficción cos acontecementos históricos. Aínda que con precedentes, naceu no século XIX en Alemaña, aínda que o escritor mais coñecido deste xénero sexa Walter Scott ao que grazas á súa fama estendeu este xénero por todo o mundo.

Valentín Lamas Carvajal

Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. No ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.