Antonio Gil Merino

Antonio Gil Merino, nado en Castrillo de Villavega (Palencia), o 4 de xuño de 1916, e falecido na Coruña o 18 de outubro de 2009, foi un historiador, arquiveiro e escritor galego.

Antonio Gil Merino
Nacemento4 de xuño de 1916
 Castrillo de Villavega
Falecemento18 de outubro de 2009
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador, escritor e arquiveiro

Formación

Estudou o bacharelato en Santander e despois marchou a Valladolid a estudar Filosofía e Letras, onde se licenciou en 1936, pouco antes do estoupido da guerra civil española. Comeza a traballar como profesor de bacharelato en Santander e Torrelavega ao rematar a guerra, ata que en agosto de 1944 aproba as oposicións a arquiveiro e é destinado á Biblioteca pública de Lugo. En 1948 ocupa o cargo de arquiveiro de Facenda en Lugo, pero non abandona o seu traballo como bibliotecario: durante a súa xestión fusiónase a biblioteca da Deputación coa estatal, empréndese a creación de bibliotecas municipais nalgunhas vilas da provincia e créase o Arquivo Histórico Provincial de Lugo, que preside.

Académico

Nomeado director do Arquivo Histórico do Reino de Galicia, en 1954 é nomeado académico correspondente da Real Academia Galega. O 13 de decembro de 1975 le o seu discurso de ingreso e convértese en membro de pleno dereito da institución, a proposta de Enrique Chao Espina, Antonio Meijide Pardo, Francisco Vales Villamarín e Eugenio Torre Enciso. En 1993, logo do falecemento de Juan Naya Pérez, comeza a desenvolver o labor de arquiveiro da institución, pero non é nomeado oficialmente para o posto ata o 29 de novembro de 1997, cargo que ocupará ata o 16 de novembro de 2005.

Tamén foi membro de diversas institucións culturais, coma o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses ou o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

Obra

É autor de numerosos artigos e contribucións en arquivística, publicados en revistas e volumes colaborativos. Tamén publicou unha biografía de José Cornide Saavedra: La vida y obra de Don José Cornide Saavedra (breve biografía) (1992).

Vida persoal

Casado, tivo un fillo e unha filla[1]. Foi soterrado no camposanto coruñés de San Amaro.

Predecesor:
Juan Naya Pérez
 Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 
1997-2005
Sucesor:
Xosé Luís Axeitos Agrelo

Notas

  1. Nota necrolóxica de Antonio Gil Merino.

Véxase tamén

Ligazóns externas

4 de xuño

O 4 de xuño é o 155º día do ano do calendario gregoriano e o 156º nos anos bisestos. Quedan 210 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Olga Gallego

Olga Gallego Domínguez, nada en Ourense o 8 de decembro de 1923 e finada na mesma cidade o 4 de setembro de 2010, foi unha historiadora galega. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Xosé Luís Axeitos

Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asados (Rianxo) en 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.