Antonio Eiras Roel

Antonio Eiras Roel, nado en Buenos Aires o 10 de marzo de 1931 e finado o 20 de abril de 2017[1], foi un historiador galego, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela durante corenta anos e Cronista Xeral de Galicia.

Antonio Eiras Roel
Nacemento10 de marzo de 1931
 Buenos Aires
Falecemento20 de abril de 2017
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, Cátedra universitaria e historiador

Traxectoria

Nado na Arxentina, fillo de emigrantes galegos, licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1954) e foi doutor pola Universidade Complutense de Madrid (1957). Foi profesor (1960) e catedrático (1965-2000) de Historia Moderna na USC e xestor da creación do Arquivo Histórico desta universidade (1969). Dedicouse ao estudo da historia política do século XIX, da historia social, rural e económica, da demografía histórica e da historia institucional.

Dende 1999 foi Cronista Xeral de Galicia e organizou diversos congresos e reunións, como os Coloquios Internacionais de Metodoloxía Histórica Aplicada (Universidade de Santiago, 1973, 1982, 1984 e 1989). Foi membro da Société d’Histoire Moderne de París, da Association Française des Historiens Economistes (1974-2000), da Société de Démographie Historique de París (1975-2000), da Real Academia de la Historia e membro fundador da Asociación Española de Historia Moderna, que presidiu entre 1988 e 1991.

Obras

  • El partido demócrata español, RIALP, 1961
  • Estudios sobre agricultura y población en la España Moderna, Tórculo Edicións, 1990. ISBN 84-86728-56-8
  • Los gallegos y América, xunto con Ofelia Rey Castelao, Fundación MAPFRE, 1992. ISBN 84-7100-540-9
  • I Conferencia Europea de la Comisión Internacional de Demografía Histórica, xunto con Ofelia Rey Castelao (dir. congr.), Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 1994. ISBN 84-605-3434-0
  • La población de Galicia, 1700-1860: crecimiento, distribución espacial y estructura de la población de Galicia en los siglos XVIII y XIX, Santiago de Compostela: Fundación CaixaGalicia, D.L. 1996. ISBN 84-89231-30-3

Como director ou coordinador

  • Metodología de la historia moderna: economía y demografía, 1975.
  • La historia social de Galicia en sus fuentes de protocolos, 1981.
  • Actas de las Juntas del Reino de Galicia (2 vol.), 1995-1999.
  • El Reino de Galicia en la época del Emperador Carlos V, 2000.

Premios

  • Premio Antonio López Ferreiro de Investigación (2000).
Predecesor:
Antón Fraguas
 Cronista Xeral de Galicia 
1999 -2017
Sucesor:
-

Notas

  1. "A Xunta lamenta o falecemento do historiador Antonio Erias Roel". Galicia Confidencial. 20 de abril de 2017.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

10 de marzo

O 10 de marzo é o 69º día do ano do calendario gregoriano e o 70º nos anos bisestos. Quedan 296 días para finalizar o ano.

20 de abril

O 20 de abril é o 110º día do ano do calendario gregoriano (111º nos anos bisestos). Quedan 255 días para finalizar o ano.

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Cronista Xeral de Galicia

O Cronista Xeral de Galicia ou Cronista Oficial do Reino de Galicia é un posto oficial vitalicio designado por Decreto da Xunta de Galicia que se lle asigna a historiadores para definir a versión oficial da historia contemporánea de Galicia. Seguindo a tradición antiga de cronistas mandados pola Xunta do Reino de Galicia como e dentro da política de autoidentificación de Manuel Fraga, créase en 1991, e co paso dos anos e a morte de cada persoa asignóuselle a:

Emilio González López (1991-1992)

Antón Fraguas (1992-1999)

Antonio Eiras Roel (1999-2017)

Finados en 2017

Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2017. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe ordenada alfabeticamente, véxase a categoría "Finados en 2017".

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

María Dolores Vila Jato

María Dolores Vila Jato, nada en Lugo o 9 de xullo de 1950, e finada o 2 de abril de 2001, foi unha historiadora galega especializada en historia da arte.

Ofelia Rey Castelao

Ofelia Rey Castelao, nada en Valboa, Arnois (A Estrada) en 1956, é unha historiadora galega.

Xosé Ramón Quintana

Xosé Ramón Quintana Garrido, nado en Ourense en 1957, é un historiador galego. Actualmente dedícase á docencia.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.