Antonio Crespo

Antonio Crespo, Capitán ou Fotógrafo, finado no Porriño 31 de marzo de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Antonio Crespo
AlcumeCapitán e Fotógrafo
Falecemento31 de marzo de 1946
 O Porriño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência

Traxectoria

En 1936 era capitán de Carabineiros da 5ª Brigada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. En 1945 estaba na comarca de Deza como enlace do Comité Central do PCE. O 14 de novembro de 1945 asaltou o domicilio do cura de Atios (O Porriño) Policarpo Bernárdez Rodríguez, ao que matou dun disparo. Agochouse durante un tempo na zona do Porriño. Foi morto pola Garda civil na estación do Porriño na madrugada do 31 de marzo de 1946 cando trataba de subir a un tren de mercancías que se dirixía a Madrid[1]. No enfrontamento morreu tamén o garda civil Ángel Lareo Alfonso.

Notas

  1. Antonio Crespo viaxaba con documentación falsa, pois no Rexistro civil do Porriño aparece rexistrada a súa morte co nome de Eladio Hortecillas Aroca, xornaleiro nado en Cuenca de 28 anos, aínda que nun primeiro momento foi rexistrado como Arturo R. Villar.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Instituto de Estudios Vigueses, ed. Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo. pp. 490–491. ISBN 84-89599-33-5.
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 53. ISBN 84-8485-231-8.

Ligazóns externas

Antonio Crespo Iglesias

Antonio Crespo Iglesias, nado en Lalín o 27 de marzo de 1961, é un veterinario e político galego do PPdeG.

Antonio Crespo Pampín

Antonio Crespo Pampín, nado en Donramiro (Lalín) en 1851 e finado en 1928, foi un político galego.

Blas de Lezo

Blas de Lezo y Olavarrieta (ou Olabarrieta) nado en Pasaia, Guipúscoa o 3 de febreiro de 1689 e finado en Cartaxena de Indias, Nova Granada (Colombia hoxe) o 7 de setembro de 1741, primeiro marqués de Ovieco (a título póstumo) foi un almirante español coñecido como Patapalo ou máis tarde como Mediohome, polas moitas feridas sufridas ao longo da súa vida militar, é considerado un dos mellores estrategos da historia da Armada Española.

Campionato de España de Ciclismo en Ruta

Os Campionatos de España de ciclismo en ruta organízanse anualmente desde o ano 1902 (aínda que a primeira edición foi en 1897) para determinar o campión e campioa ciclista de España de cada ano.

O título outórgase ao vencedor e vencedora dunha única carreira, que obtén o dereito a portar unha camisola coas cores da bandeira de España até o Campionato do ano seguinte. A competición de 1937 non se disputou por mor da guerra civil, e a de 2006 non tivo lugar por mor dun boicot dos ciclistas, que se plantaron tras percorrer o primeiros tres quilómetros do percorrido como medida de protesta pola recente Operación Porto. Juanma Gárate, como vencedor do Campionato de España anterior, mantivo o seu título até o ano seguinte.

O ciclista con máis títulos no seu haber é o navarro Mariano Cañardo, cun total de catro, máis outro catro subcampionatos e un terceiro posto.

En dúas ocasións o Campionato disputouse en Galicia, nas edicións de 1988 (en Ponteareas) e 1993 (Vigo).

Castelo de Vilamarín

O castelo de Vilamarín, tamén coñecido como Pazo de Vilamarín, é un pazo que conserva moito da súa función como fortificación medieval, e que na actualidade funciona como sala de exposicións albergando ao mesmo tempo unha exposición permanente da obra de Xaime Quessada. Foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1977.

Consellería do Medio Rural

A Consellería de Medio Rural é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, e da política forestal. O seu titular actual é Ángeles Vázquez Mejuto.

Cándido Soto

Cándido Soto Colmeiro, nado no concello de Lavadores (hoxe integrado en Vigo) en 1876 e finado en Donsión (Lalín) o 13 de outubro de 1945, foi un médico e político galego.

Donramiro, Lalín

Santa María de Donramiro é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 1002 habitantes (484 mulleres e 518 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 912 habitantes. Conta cos lugares de Agruchave, Donramiro, Filgueiroa, Penela (onde se formou a Banda de música da Penela), Regueiriño, Trascastro e Feás

Está a unha altura de seiscentos metros.

José Crespo Villar

José Crespo Villar, nado na Xesta (Lalín) en 1808 e finado en 1881, foi un avogado e político galego.

José María Crespo Rodríguez

José María Crespo Rodríguez, nado na Xesta (Lalín) o 7 de agosto de 1882 e finado en Lalín o 2 de xuño de 1971, foi un profesor e escritor galego.

La Banda de Mozart

La Banda de Mozart é unha serie de animación española producida por BRB Internacional e Marathon Animation Studios. A serie céntrase en catro mozos, cada un co nome dun compositor famoso de música clásica, os cales viven unha aventura en cada episodio que pode equivaler máis ou menos no momento da vida real do compositor homónimo da personaxe e como foi motivado a escribir algunha das súas obras.

La Defensa (Lalín)

La Defensa foi un periódico editado en Lalín entre 1905 e 1910.

Laureano Blanco Rodríguez

Laureano Blanco Rodríguez, finado en Lalín en 1913, foi un político e xornalista galego.

Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa

O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC), antes coñecido como Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF) é o museo que acolle a colección de arte da compañía eléctrica Unión-Fenosa, reunida a partir das achegas das bienais de arte contemporánea que dende 1989 promove a devandita entidade. Cómpre destacar unha importante mostra do denominado "movemento renovador" de artistas galegos. Comparte edificio co Museo da Electricidade.

En outubro de 2018 a Fundación Naturgy anunciou o peche do museo para o 30 de decembro do mesmo ano.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.