Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Antonio Couceiro Freijomil
Nacemento2 de xuño de 1888
 Pontedeume
Falecemento9 de maio de 1955
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e profesor
Coñecido/a porDiccionario bio-bibliográfico de escritores

Traxectoria

Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores
Os tres tomos do Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.
Placa casa natal Couceiro Freijomil
Placa na casa natal de Couceiro Freijomil na rúa de Santo Agostiño de Pontedeume.

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e fundou en Pontedeume un colexio de primeiro ensino. Exerceu como profesor en varios colexios de Lugo e Ourense, onde casou con Elisa Pavón Rodríguez. Foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos.

Foi redactor de Ecos del Eume, redactor xefe de El Diario de Orense e colaborou en La Zarpa, Galicia, El Norte de Galicia, Vida Gallega, El Compostelano, El Correo Gallego e La Noche.

Obra

  • La aceptación del dolor, 1914.
  • Ortografía gallega. Bases para su unificación, 1929.
  • La bandera de Galicia, 1929.
  • Los factores del desenvolvimiento humano, 1934.
  • El idioma gallego, Historia, Gramática, Literatura, 1935.
  • Los niños anormales y su educación especial, 1936.
  • Historia de Pontedeume y su comarca, 1944.
  • Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1951-1953.
  • Programa escolar, 1955.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brais da Bouza [Ignacio Pérez Vázquez] (2005). "Couceiro Freijomil". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
  • Fernández del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 100. ISBN 978-84-7492-465-7.
  • Simposio sobre Antonio Couceiro Freijomil. Actas do congreso realizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, Santiago de Compostela, o día 13 de maio de 2005. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. 2006. ISBN 978-84-453-4146-9.

Ligazóns externas

2 de xuño

O 2 de xuño é o 153º día do ano do calendario gregoriano e o 154º nos anos bisestos. Quedan 212 días para finalizar o ano.

9 de maio

O 9 de maio é o 129º día do ano do calendario gregoriano e o 130º nos anos bisestos. Quedan 236 días para finalizar o ano.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Diccionario bio-bibliográfico de escritores

O Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores é unha obra enciclopédica de Antonio Couceiro Freijomil en lingua castelá. Trátase dunha referencia biobibliográfica de diferentes autores literarios que publicaron en Galiza. Foi editada de 1951 a 1954 en Santiago de Compostela pola Editorial de los Bibliófilos Gallegos, dentro da colección Enciclopedia Gallega. Inclúe 4169 entradas.

Ecos del Eume

Ecos del Eume foi un semanario editado en Pontedeume entre 1910 e 1918.

Editorial de los Bibliófilos Gallegos

Bibliófilos Gallegos foi unha editorial galega fundada en Santiago de Compostela en 1949.

El Norte de Galicia

El Norte de Galicia foi un xornal que se editou en Lugo entre 1901 e 1923.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Francisca Herrera Garrido

Francisca Herrera Garrido, nada na Coruña o 6 de marzo de 1869 e finada o 4 de novembro de 1950, foi unha escritora galega, primeira muller elixida académica na Real Academia Galega. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Juan Rodríguez Cabrero

Juan Rodríguez Cabrero, nado en Cristosende, A Teixeira, Provincia de Ourense, o 8 de febreiro de 1880 e finado en Marín o 27 de decembro de 1949, foi un relixioso da Congregación de María e escritor galego en lingua castelá, membro numerario da Real Academia Galega.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Polígrafo (autor)

Un autor polígrafo (do grego antigo πολυγράφος: poly: moitas e graphos: escrituras) é unha persoa que escribe sobre materias diversas.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.