Antigo Hospital de San Roque

O Antigo Hospital de San Roque de Santiago de Compostela é un edificio orixinario do século XVI, que foi reformado no XVIII.

Na actualidade, e tras da súa compra pola Xunta de Galicia e a súa rehabilitación a finais do século XX, o edifcio serve de sede a diversas institucións culturais da cidade.

Coordenadas: 42°53′0.2″N 8°32′30.09″O / 42.883389, -8.5416917

Hospital San Roque Santiago
Portada do Hospital.

Localización

Está situado no alto da rúa das Rodas, onde comeza a rúa de San Roque, no nº 2 desta rúa.[1]

Historia

Un hospital do século XVI

Antigo Hospital de San Roque, Santiago de Compostela (4471289592)
Claustro do Hospital.

Terminado en 1583,[1] o hospital foi inaugurado en 1578 polo arcebispo Francisco Blanco para acoller aos afectados polas terríbeis epidemias de peste que asolaron a cidade no século XVI,[2] dedicándose a San Roque por ser este un dos santos máis invocados para protexer contra esta enfermidade.[1]

O deseño do edificio encargouse a Gaspar de Arce, mestre de obras da Catedral de Santiago. Da súa antiga traza só conserva a portada renacentista, xa que foi reedificado na segunda metade do século XVIII.[1] A súa estrutura conta cunha planta rectangular e un claustro.[2] Destaca pola súa gran sobriedade e as súas liñas simples. A fachada segue a estrutura dun arco de triunfo: sobre as pilastras toscanas levántase un arco de medio punto apoiado en impostas. A continuación, un entablamento sobre o que se ergue un segundo corpo de menores proporcións. Remata cun frontón triangular sobre unhas delgadas pilastras que enmarcan dúas fornelas coas figuras dos santos Cosme e Damián, os imáns xemelgos que practicaban a medicina gratuitamente.[2]

Do interior cabe resaltar o fermoso claustro de dúas galerías, con catro arcos en cada lado que descansan sobre columnas dóricas.[1][2]

Igrexa do século XVIII

Formando conxunto co hospital, está a Igrexa de San Roque (ou Capela de San Roque), de planta tamén rectangular e de estilo barroco.[1]

No seu interior acolle un dos máis importantes retablos de Simón Rodríguez.[1]

En tempos modernos

Cando deixou de exercer a súa función hospitalaria foi convertido en residencia do bispo auxiliar da arquidiocese.[Cómpre referencia] Tras da súa adquisición pola Xunta de Galicia, o edificio foi sometido nos últimos anos do século XX a unha profunda rehabilitación e adaptación funcional, a fin de dotalo de espazos adecuados para os depósitos bibliográficos e o desenvolvemento de actividades de carácter científico e cultural. As novas instalacións foron inauguradas o 14 de febreiro de 2001.[3]

Na actualidade serve de sede a diversas institucións culturais da cidade: a Secretaria Xeral de Política Lingüística, o Centro Ramón Piñeiro;[2] desde o ano 2002 acolle tamén ao Instituto Padre Sarmiento (C.S.I.C.),[3] e desde a súa fundación, en 2004, é a sede da Academia de Farmacia de Galicia.[4]

No seu interior pódese ver a maqueta da Cidade da Cultura, de Peter Eisenman. Deixando a un lado o seu pequeno xardín, chégase ao conxunto formado polas contrastadas arquitecturas do Centro Galego de Arte Contemporánea e do Convento de San Domingos de Bonaval, que conforman un estreito pasadizo a través do que se accede ao parque de San Domingos de Bonaval.[5]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Antiguo Hospital e Iglesia de San Roque en Santiagoturismo.com.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Antigo Hospital de San Roque, en Turismo.gal.
  3. 3,0 3,1 CSIC. Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Edificio.
  4. Decreto 156/2004, do 1 de xullo, polo que se acorda a creación da Academia de Farmacia de Galicia.
  5. Conventos del Carmen y de Santa Clara y Antiguo Hospital de San Roque en Santiagoturismo.com.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bonet Correa, Antonio (1984): La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII. Madrid: CSIC. ISBN 84-00-02646-2.
  • Martínez, Pablo F. (1935): "Hospitales de San Lorenzo y San Roque". Galicia. Revista Mensual Ilustrada, ano 4, nº 19, pp. 88–89.
  • Vázquez Pardo, Emilio (1928): "El Hospital de San Roque". Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, nº 179, pp. 186–189.

Ligazóns externas

Academia de Farmacia de Galicia

A Academia de Farmacia de Galicia (AFG) é unha institución creada pola Xunta de Galicia o 1 de xullo de 2004, coa finalidade primordial de acadar mellores resultados no desenvolvemento e na difusión das ciencias farmacéuticas dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.A Academia ten a súa sede no Antigo Hospital de San Roque, na rúa de San Roque, nº 2, de Santiago de Compostela.

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia é un edificio situado en Santiago de Compostela, deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Inaugurouse o 20 de outubro de 1989.

Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o concello de Compostela, coa colaboración de entidades privadas.

Desde 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Monte Pedroso

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras.

Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela e na zona consérvase unha ponte medieval. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes pretos como o de Fontecova. No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión. Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006.

Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Pazo de Vaamonde

A Casa-pazo de Vaamonde ou pazo de Vaamonde é un pazo urbano construído no século XVIII en Santiago de Compostela. Na actualidade acolle o Consorcio de Santiago.

Pazo do Hórreo

O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, na cidade capital galega de Santiago de Compostela, actual sede do Parlamento de Galicia.

Residencia oficial de Monte Pío

A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).

Santiago Black Ravens

O Club Deportivo Black Ravens Fútbol Americano, tamén coñecido como Santiago Black Ravens (corvos negros de Santiago), é o equipo de fútbol americano de Santiago de Compostela.

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.