Antiga estación de Vigo

A estación de Vigo foi unha estación de ferrocarril de Adif na cidade de Vigo destinada principalmente ao tráfico de pasaxeiros. Estaba situada na Praza da Estación, no céntrico barrio de Casablanca e próxima á rúa Urzáiz, foi derrubada en 2011 e constituía unha das dúas cabeceiras da liña Monforte - Vigo.[1]

Coordenadas: 42°14′05″N 8°42′46″O / 42.23472, -8.71278

Vigo
(clausurada)
Estación de Ferrocarril, fachada, Vigo
fachada
SituaciónPraza da Estación s/n
36201 Vigo
Servizoscafetaría, aparcamento
Liñas
Media distanciaMD, Rexional
Intermodalidade

Historia

Primeira terminal de pasaxeiros (1878)

Vigo. Estación de Ferrocarril, s. XIX
Primeira estación de Vigo, no século XIX.

A primeira estación de tren de Vigo foi un proxecto do ano 1860 do enxeñeiro Francisco Javier Boquerín. As obras concluíron en 1878, tres anos antes da finalización da liña Ourense - Vigo. O primeiro servizo ferroviario partiu dela o 18 de xuño de 1881. En 1923 construíuse unha nova planta nas ás laterais, quedando á mesma altura da parte central do edificio.[2]

No ano 1981 concluíron as obras de electrificación da liña Monforte-Vigo, permitindo así a chegada dos primeiros servizos con trens eléctricos, sendo as UT 440 as encargadas de inaugurar devandita electrificación, e permitindo posteriormente a chegada de trens máis rápidos e máis potentes a Vigo, como as UT 444 ou as locomotoras 251 ou 252, sendo tamén locomotoras habituais por esta zona ata a súa baixa as locomotoras 277. A electrificación era a estándar de RENFE: 3 kV CC.

O edificio de viaxeiros foi protexido como Ben de Interese Cultural por Resolución do 6 de outubro de 1990 da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental, DOG nº 231 do 23 de novembro de 1990.[3]

Segunda terminal de pasaxeiros (1987)

No ano 1987 construíuse un novo edificio para viaxeiros, que sería inaugurado o 28 de setembro dese mesmo ano, substituíndo o orixinal. Ambos predios conviviron até finais da década de 1990, en espera de que se decidira cal ía ser o uso do edificio máis vello, expondo entre outras posibilidades a instalación do Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Porén, ese proxecto non saíu adiante e a antiga terminal foi finalmente desmantelada, levando as súas pedras para seren almacenadas na parcela de Mantemento de Infraestruturas na estación de Redondela.

En xaneiro 2011 o Ministerio de Fomento adxudicou á UTE formada polas empresas FCC Construcción e Acciona Infraestructuras as obras da nova estación, que pasaría a ser denominada Vigo-Urzáiz, cabeceira do Eixe Atlántico de alta velocidade. O orzamento da adxudicación ascendeu a 68,4 millóns de euros. O proxecto consistía na execución da obra civil a nivel de praia de vías (nivel de plataformas) da nova estación, a cal se había de situar no mesmo lugar que anterior, mais a unha cota 15 m inferior, como consecuencia do trazado adoptado para o acceso a Vigo da nova liña ferroviaria do Eixe atlántico, e cuxo acceso se realiza, desde Redondela, a través dun túnel de 8 km de lonxitude, o túnel das Maceiras.[1]

O 27 de agosto de 2011 pechou a estación de Vigo, procedendo ao progresivo derrubamento de todas as instalacións, incluíndo as naves de mantemento, para proceder á construción dunha estación soterrada a 15 m por debaixo da cota orixinal. Os servizos de pasaxeiros desviáronse á ata a que entón era estación de mercadorías: Vigo-Guixar. Os talleres de mantemento foron trasladados definitivamente á estación de Redondela en xullo de 2012.

Como consecuencia da supresión desta estación foi tamén desmantelada a vía existente até Bifurcación de Chapela e así, a liña Monforte - Vigo pasou a ser denominada no catálogo oficial da Rede Ferroviaria de Interese Xeral como "liña Monforte - Bifurcación de Chapela". Inevitablemente, tamén quedou desafectada do tráfico ferroviario a estación de Chapela.

Galería de imaxes

Estación de Tren de Vigo (6081321748)

Acceso ás plataformas desde a zona de despacho de billetes.

Estación de Tren de Vigo (6080884099)

Saída dun Trenhotel.

Estación de Tren de Vigo (6081427506)

Vista nocturna da zona dos talleres desde a pasarela peonal.

Estación de Tren de Vigo (6081345654)

Vista desde Vía Norte.

Estación de Tren de Vigo (6080804627)

Vista nocturna do aparcamento.

Estación de Tren de Vigo (6081437750)

S-449 estacionada en Vigo.

Estación de Tren de Vigo (6081325514)

Vista dun S-599 na estación de Vigo.

Estación de Tren de Vigo (6081440850)

Un S-599 abandonado a estación.

Estación de Tren de Vigo (6080795289)

Vista do vestíbulo principal coas xanelas de despacho de billetes.

Renfe 470 em Vigo (3776070288)

As unidades da serie 440 foron as primeiras en empregar a tracción eléctrica até a estación de Vigo.

Estación de ferrocarril de Vigo (220986633)

S-598, que na súa maioría foron destinados a cubrir os traxectos directos entre esta estación e a da Coruña.

EstVigo 32

Vehículo dos Comboios de Portugal estacionado en Vigo.

Retirada Vias de la antigua Estación de Vigo - panoramio

Plataformas e praia de vías xa sen o edificio de viaxeiros.

Estación de Vigo, obras do AVE, abril 2012

Instalacións para viaxeiros derrubadas e vías levantadas.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Fomento adjudica 68,4 millones a las obras de nueva estación Vigo-Urzáiz del Eje Atlántico de Alta Velocidad" en Interempresas.net (en castelán).
  2. Mosquera, Javier (14 de agosto de 2011). "Una estación histórica en el olvido". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2015.
  3. RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1990, da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, pola que se incoa expediente de declaración de ben de interese cultural, con categoría de monumento, do edificio da antiga estación de ferrocarril de Vigo., DOG.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles

Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles máis coñecido pola contracción do seu nome: CAF, é unha empresa vasca con sede social en Beasain (Guipúscoa) que leva décadas a construír trens e material ferroviario para as redes de tranvía, ferrocarril metropolitano e suburbano, de medio e longo percorrido e de alta velocidade máis importantes do mundo.

Estación de Vigo

Estación de Vigo pode referirse a unha das seguintes estacións de ferrocarril da cidade de Vigo:

Antiga Estación de Vigo, derrubada en 2011.

Estación de Vigo-Urzáiz, situada no mesmo lugar que a anterior.

Estación de Vigo-Guixar.

Estación de Vigo-Guixar

A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.

Estación de Vigo-Urzáiz

A estación de Vigo-Urzáiz é unha estación de ferrocarril de Adif na cidade de Vigo, constitúe unha das cabeceiras da liña 06-850 "Vigo-Urzáiz - Bifurcación de Arcade", integrada no Eixe atlántico de alta velocidade. Foi inaugurada oficialmente o 16 de abril de 2015 e dous días máis tarde abríu ao público.Está situada na Praza da Estación, no céntrico barrio de Casablanca da cidade, próxima á rúa Urzáiz (que da nome á terminal) e no mesmo lugar onde se atopaba a antiga estación de Vigo, derrubada en 2011 e substituída provisionalmente pola estación de Vigo-Guixar. Actualmente, Guixar concentra os servizos de Longa Distancia, Rexionais e internacionais; mentres que Urzáiz é punto de chegada e partida dos trens directos entre Coruña e Vigo.

Serie 598 de Renfe

A Serie 598 de Renfe é unha familia de automotores rexionais diésel dedicados a cubrir liñas de Media Distancia de Renfe Operadora. Foron fabricados pola empresa vasca CAF. Acadan unha velocidade de 160 km/h.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos
De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.