Antiga e Barbuda

Antiga e Barbuda (en inglés: Antigua and Barbuda) é un país situadas ó leste do Mar Caribe, en América Central, e que forma parte das Pequenas Antillas. Antiga e Barbuda está formada principalmente polas dúas illas de Antiga, Barbuda e illas pequenas como Redonda, Great Bird, Green, Guiana, Long, Maiden e York Islands.

Coordenadas: 17°03′N 61°48′O / 17.050, -61.800

Antiga e Barbuda
Antigua and Barbuda
Bandeira de Antiga e Barbuda
Escudo de Antiga e Barbuda
BandeiraEscudo
ATG orthographic
Lema: Each endeavouring, all achieving
(galego: «Cada un esforzándose, todos logrando»)
Himno: [["Fair Antigua, We Salute Thee"
]]
Capital
 • Poboación
Saint John's
21.926 (2013)
Cidade máis poboadaSaint John's
Linguas oficiaisInglés
Forma de gobernoMonarquía constitucional
Raíña Isabel II
Rodney Williams
Gaston Browne
Independencia do Reino Unido1 de novembro de 1981
SuperficiePosto 182º
 • Total443 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras0 km
Costas153 km
PoboaciónPosto 199º
 • Total (2005 est.)81.799 (censo 2011), 100.963 (est. 2016) hab.
 • Densidade186 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 178º
 • Total (2005)835 mill. US$
 • per cápita11 604 US$
MoedaDólar Caribe-Leste (EC$, XCD)
IDHn/d
XentilicioAntiguano, -a
Fuso horarioUTC-4
 • Horario de veránUTC-4
Dominio de Internet.ag
Prefixo telefónico+1-268
Prefixo radiofónicoV2A-V2Z
Código ISO028 / ATG / AG
Membro de: ONU, Commonwealth, OEA, CARICOM, OECS

Historia

Os primeiros habitantes das illas de Antiga e Barbuda cara ao 2400 a. C. foron amerindios pre-cerámicos. Máis tarde, as tribos amerindias arauacas e caribes poboaron as illas. A illa de Antiga foi chamada orixinalmente polos nativos Wadadli. Cristóbal Colón desembarcou na súa segunda viaxe en 1493 e deulle á illa o nome de Antiga. Barbuda recibiu máis tarde o seu estraño nome polas "barbas" de líquenes que adornaban as súas palmeiras.

Aos primeiros colonos españois e franceses sucederon os ingleses, quen formaron unha colonia en 1667 ao transportar católicos irlandeses a Antiga. A escravitude, establecida para dirixir as plantacións de azucre en Antiga, foi abolida oficialmente en 1838 en todas as colonias británicas, pero en Antigua e Barbuda persistiu ata o advenimiento dos sindicatos en 1939. Vere Bird foi o fundador do Partido Laborista de Antiga (PLA), primeiro partido político creado no país, e tamén o primeiro líder sindical da nacente nación. Logo de décadas de loita, conseguiu gañar as eleccións de 1960 e converterse en Primeiro Ministro.

En 1960 promulgouse unha constitución segundo a cal Antigua e Barbuda comezaba a autogobernarse a través dun Parlamento electo democraticamente, pero o poder oculto de Inglaterra quedaba evidenciado no feito de que Londres exercía os ministerios de Relacións Exteriores e Defensa antiganos.

As illas convertéronse nun estado asociado á coroa británica en 1967, cando Vere foi reelixido, e comezou un longo período en que a familia deste político entrou e saíu do goberno. A primeira derrota electoral de Vere foi en 1971 ante George Walter, pero regresou ao poder tras volver gañar en 1976.

O país obtivo o status de membro independente da Mancomunidade de Nacións o 1º de novembro de 1981, cando Vere Bird converteuse no Primeiro Ministro por enésima vez. País finalmente soberano, unitario e democrático, Antigua e Barbuda foi admitido no CARICOM e a ONU. A pesar da oposición, que non recoñecía o carácter de loitador social de Bird e acusábao por diversos supostos episodios de corrupción, o dirixente conseguiu manterse no poder ata ser reelixido en 1984.

Un ano antes, Antigua e Barbuda adoptou unha alianza con Estados Unidos, mediante a cal permítelle usar o seu territorio con fins militares a cambio do pago dun canon anual de arrendamento. Durante a invasión da illa de Granada de 1983, tropas antiganas acompañaron ás estadounidenses.

Na actualidade, o primeiro ministro é Gaston Browne.

Aínda que as fermosas praias do país convertérono nun dos máis prósperos da rexión, a súa industria azucreira (que debese ser a primordial) foi intermitente durante toda a súa historia, e nos últimos tempos acusouse a Antigua e Barbuda de ser un dos maiores paraísos mundiais para narcotraficantes e branqueadores de diñeiro.

Política

Antiga e Barbuda forma parte da Commonwealth de Nacións, polo que a xefa do estado é a raíña Isabel II, que está representada nas illas por un Gobernador Xeral.

O poder executivo está nas mans do primeiro ministro, que é tamén o xefe de goberno. O primeiro ministro é normalmente o líder do partido vencedor das eleccións para a Cámara de Representantes (17 membros elixidos), celebradas cada cinco anos. A outra cámara do parlamento, o Senado, ten 17 membros que son nomeados polo gobernador xeral. O seu actual primeiro ministro é Gaston Browne (dende o 13 de xuño de 2014).

Organización político-administrativa

A illa de Antiga divídese en seis parishes ou parroquias:-

  • 1 Saint George (4,473)
  • 2 Saint John (14,121)
  • 3 Saint Mary (5,303)
  • 4 Saint Paul (6,117)
  • 5 Saint Peter (3,622)
  • 6 Saint Philip (2,964)
Parroquias Antiga

Tanto a illa de Barbuda como a illa deshabitada de Redonda gozan cada unha de status de dependencia.

Xeografía

Antigua and Barbuda map
Mapa de Antigua e Barbuda

O país consta de varias illas, da cal Antiga ten unha extensión de 280 km², é a maior e máis poboada; Barbuda que posúe 160,5 km², ao norte de Antiga e Redonda ao suroeste do país con 1,5 km². As illas teñen un clima tropical cálido, con suaves temperaturas constantes durante o ano. Tanto Antiga como Barbuda pertencen ao grupo das Illas de Sotavento.

As illas son na súa maioría de terras baixas, co punto máis alto no monte Obama, a 470 metros, situado en Antiga. A principal vila do pequeno país é a capital Saint John's en Antiga; a maior localidade de Barbuda é Codrington.

Antiga é calcaria e arenosa, con fermosas praias que atraen ao turismo internacional. Barbuda, chamada Dulcina polos antigos conquistadores españois, áchase situada a 40 km ao norte da anterior. Constitúe nunha gran reserva de caza habitada por cervos, xabarís e gran variedade de aves como pombas e patos. A illa Redonda é rochosa e deshabitada pero ten xacementos de fosfato.

Os ríos son moi escasos en Antiga e directamente non existen en Barbuda e Redonda.

O clima é tropical, con escasa amplitude térmica. Entre os meses de febreiro e maio é fresco e seco. A illa Redonda, anexada na década de 1860 cando se descubriu fosfato, ficou deshabitada despois de 1930.

Economía

Artigo principal: Economía de Antiga e Barbuda.
Antigua beach view
As praias de Antiga e Barbuda son un excelente reclamo turístico para o país.

A economía depende maiormente do turismo. É importante tamén a produción agrícola de cana de azucre, algodón e froitas; así como o refinado de petróleo e manufacturas téxtiles, de ebanistería e de produción de ron. Produce algo de cervexa, roupa, cemento, artesanías locais e mobiliario.

Entre os seus produtos agropecuarios, ademais dos nomeados, cóntanse as papaias, goiabas, laranxas, ananases, limóns e cenorias. O seu gando consiste en bóvidos e lanares.

A moeda oficial é o dólar caribe leste, cunha paridade de 2,69:1 co dólar EUA (2005). O produto bruto interno era de 11.000 dólares per cápita en 2003 e a taxa de inflación anual é moi baixa (0,4% en 2000). O país ten unha débeda externa de 231 millóns de dólares (2002) e unha moderada taxa de desemprego do 11% (2001).

Antiga e Barbuda exporta derivados do petróleo, maquinaria, equipos de transporte e alimentos á Organización de Estados do Caribe Oriental (16%), Barbados (15%), Güiana (4%), Trinidad e Tobago (2%) e os Estados Unidos (0,3%) (2000).

Importa principalmente dos Estados Unidos (27%), Reino Unido (16%), Canadá (4%), a OECO (3%) e outros países (50%) produtos agrícolas e derivados do petróleo.

Demografía

A maioría da poboación son descendentes dos escravos que traballaban nas plantacións de azucre, pero tamén hai grupos de europeos, principalmente ingleses e portugueses.

Case todos son cristiáns, sendo a Igrexa Anglicana (arredor do 50%) a predominante.

.ag

.ag é o código de internet do dominio de primeiro nivel (ccTLD) de Antiga e Barbuda, administrado pola Escola de Medicina da Universidade de Ciencias da Saúde de Antiga, aínda que quen presta o servizo é NIC AG.

Os rexistros pódense realizar no segundo nivel directamente con .ag, ou nun terceiro nivel con .com.ag, .org.ag, .net.ag, .co.ag, or .nom.ag. Non hai ningún tipo de limitación no rexistro.

Aeroporto V. C. Bird

O aeroporto internacional V. C. Bird (IATA: ANU, OACI: TAPA) é un aeroporto situado na illa Antiga, a 8 quilómetros ao nordés de Saint John's, a capital de Antiga e Barbuda.

Baldwin Spencer

Winston Baldwin Spencer, nado o 8 de outubro de 1948, é un político antigano, que foi Primeiro ministro de Antiga e Barbuda dende o 24 de marzo de 2004 até o 13 de xuño de 2014.

Foi durante un cuarto de século un importante líder sindical. Foi elixido para o parlamento por primeira vez en 1989. Pertence ao Partido Progresista Unido.

Bandeira de Antiga e Barbuda

A bandeira de Antiga e Barbuda foi adoptada o 27 de febreiro de 1967. Deseñada polo mestre dunha escola, Reginald Samuels, está composta pola metade superior dun Sol emerxendo dunha franxa horizontal de cor azul. Baixo esta franxa hai un fondo branco e sobre este, un fondo negro. A ambos os lados da bandeira sitúanse dous triángulos (cos seus ángulos rectos nas esquinas inferiores) de cor vermella.

O Sol representa o amencer dunha nova era para o país, mentres que o negro representa os antergos africanos, o azul a esperanza e o vermello a enerxía. A combinación amarelo ouro, azul e branco tamén representa o ambiente natural das illas do Caribe: Sol, mar e area.

En embarcacións estatais e militares, utilízase unha bandeira que consiste nunha cruz vermella sobre un campo branco e a bandeira nacional no cantón.

Barbuda

Barbuda é unha illa do mar Caribe que forma parte de Antiga e Barbuda, localízase ao norte de Antiga. Ten 161 km² e 1.638 habitantes (censo 2011), deles máis da metade (1.252 habitantes) viven na vila de Codrington. Non obstante, en setembro de 2017, o furacán Irma danou ou destruíu o 95% dos edificios e infraestruturas da illa e, como resultado, todos os habitantes da illa foron evacuados a Antiga, deixando Barbuda baleira por primeira vez na historia moderna.

Dólar do Caribe Oriental

O dólar do Caribe Oriental (en inglés, East Caribbean Dollar) é a moeda oficial en 6 estados independentes pertencentes á Organización dos Estados do Caribe Oriental (Antiga e Barbuda, Dominica, Granada, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía e San Vicente e as Granadinas) e dous territorios do Reino Unido (Anguila e illa Montserrat) que se encontran localizados no mar Caribe.

O código ISO 4217 para o dólar do Caribe Oriental é XCD e comunmente é representado como EC$. Subdivídese en 100 cents ou céntimos. Hai en circulación moedas de 1, 2, 5, 10 e 25 cents e 1 dólar, e billetes de 5, 10, 20, 50 e 100 dólares.

Escudo de Antiga e Barbuda

O escudo de Antiga e Barbuda foi deseñado en 1966 por Gordon Christopher. Foi adoptado oficialmente o 16 de febreiro de 1967.

Gaston Browne

Gaston Browne, nado en Potters Village, Antiga e Barbuda, o 9 de febreiro de 1967, é un político antigano, actual Primeiro ministro de Antiga e Barbuda. Realizou os seus estudos superiores na Universidade de Salamanca, España. En 2014, comezou a liderar o Partido Laborista de Antiga co que resultou gañador das eleccións xerais do país, cun total de 14 dos 17 escanos, cuxo partido volveu ó poder despois de 10 anos.

O 13 de xuño dese mesmo ano, en sucesión de Baldwin Spencer, foi xuramentado pola gobernadora xeral Louise Lake-Tack como novo primeiro ministro do país, sendo o máis novo en ocupar este cargo.

Gobernador Xeral de Antiga e Barbuda

O Gobernador Xeral de Antiga e Barbuda é o representante do Monarca de Antiga e Barbuda, actualmente a Raíña Isabel II. A residencia oficial do Gobernador Xeral é a Casa do Goberno e o actual Gobernador Xeral é Rodney Williams.

A posición do Gobernador Xeral foi estabelecida cando a Antiga e Barbuda lle foi concedida a independencia o 1 de novembro de 1981, antes diso existía o cargo equivalente de Gobernador de Antiga e Barbuda.

Illa Antiga

Antiga tamén coñecida como Antigua e Waladli ou Wadadli pola poboación nativa, é unha illa das Indias Occidentais no Caribe, e a illa principal do país de Antiga e Barbuda. Antiga e Barbuda convertéronse nun estado independente dentro da Commonwealth o 1 de novembro de 1981.

Antiga do español "antigua" e chamada así por unha icona na catedral de Sevilla, "Santa María de la Antigua" Santa María da Antigua. O nome Waladli provén dos habitantes indíxenas e significa aproximadamente "nosa propia".[Cómpre referencia]

Illa Redonda

Redonda é un peñón deshabitado nas Illas de Barlovento que forma parte, como dependencia, de Antiga e Barbuda. A illa ten aproximadamente 1´6 km. de longo, 0´5 km. de largo, e 296 m. de altura no seu punto máis alto.Esta pequena illa atópase entre as illas de Nevis e Montserrat, 56´2 km ao suroeste de Antiga. Redonda está máis próxima a Montserrat que a calquera outra illa; se atopa a 22´5 km ao noroeste de Montserrat, e 32 km ao sueste de Nevis.

Redonda é o fogar dun gran número de aves mariñas, e a illa foi unha fonte importante de guano antes de que os fertilizantes artificiais comezaron a ser producidos en masa. As operacións mineiras co guano comezaron nos anos 1860 e cesaron despois do inicio da Primeira Guerra Mundial. Durante estas operacións mineras construíronse na illa algúns edificios e outras instalacións, algúns restos físicos desa fase da súa historia son aínda visibles.

A finais do século XIX, un banqueiro irlandés fincado na illa veciña de Montserrat, Matthew Dowdy Shiell, reclamouna, ata que foi incorporada ao Imperio Británico. Shiell proclamou ao seu fillo Rei de Redonda pero actualmente hai varias controversias sobre a quen pertence o título, isto sen que a illa deixe de estar, contraditoriamente, baixo a soberanía de Antigua e Barbuda desde 1967.

Isabel II do Reino Unido

Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Mar Caribe

O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co Océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade. O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:

En América Central: México (península do Iucatán), Belize, Guatemala, Honduras, Costa Rica e Panamá.

En América do Sur: Colombia (Rexión Caribe) e Venezuela.

Grandes Antillas: Cuba, Xamaica, Haití e a República Dominicana na illa da Española e Porto Rico.

Pequenas Antillas: Illas Virxes, divididas en británicas e estadounidenses, Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Guadalupe (departamento francés de ultramar), Dominica, Martinica (departamento francés de ultramar), Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Granada, Trinidad e Tobago, e as holandesas de Aruba, Curaçao e Bonaire (as dúas últimas forman parte das Antillas Neerlandesas).

Parroquia civil

A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. As parroquias de Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello.

Dependendo do país (especialmente do seu tamaño) varía a relevancia administrativa:

Andorra: son as subdivisións principais do Estado, ver Andorra#Organización político-administrativa.

Antiga e Barbuda: son as subdivisións principais do Estado, ver Antiga e Barbuda#Organización político-administrativa.

Australia (parish): son divisións catastrais en Queensland, Nova Gales do Sur, Vitoria e Tasmania, ver divisións catastrais de Australia.

Barbados: son as subdivisións principais do Estado, ver Barbados#Organización político-administrativa.

Canadá (parish):

Novo Brunswick (parish): son divisións censuais, ver Parroquias de Novo Brunswick.

Quebec (municipalité de paroisse): son concellos rurais, ver Municipios Quebec#Rexións administrativas.

Dominica: son as subdivisións principais do Estado, ver Dominica#Organización político-administrativa.

España:

Asturias: unha forma tradicional de organización administrativa, relixiosa e agraria dos concellos, ver Asturias#Organización territorial.

Galicia: entidade local inferior ao concello, ver Parroquias de Galicia.

Ecuador: subdivisión dos concellos, ver Ecuador#Subdivisións.

Estonia (vallad): son os concellos rurais, ver Estonia#Divisións administrativas e Condados de Estonia

Estados Unidos (parish):

Luisiana: equivalente ao condado dos outros estados, ver Luisiana#Subdivisións

Irlanda (parish): son subdivisións dos condados que só se usan en contadas ocasións (como venda de terras), ver Irlanda#Divisións administrativas e Condados de Irlanda.

Granada: son as subdivisións principais do Estado, ver Granada, Caribe#Organización político-administrativa.

Portugal (freguesias): son subdivisións dos concellos, ver Freguesía.

Reino Unido

Escocia: son divisións censuais sen ningún tipo de entidade nin comunitaria nin política. Véxase tamén Escocia#Divisións administrativas e Subdivisións de Escocia.

Inglaterra (parish): son unidades de goberno local inferiores, ver Inglaterra#Subdivisións e Gobernos locais e Condados de Inglaterra.

Saint Kitts e Nevis: son as subdivisións principais do Estado, ver Saint Kitts e Nevis#Subdivisións.

San Vicente e as Granadinas: son as subdivisións principais do Estado, ver subdivisións de San Vicente e as Granadinas.

Suecia (socken): son as subdivisións dos concellos, ver Suecia#Subdivisións administrativas e Condados de Suecia.

Venezuela: subdivisións dos concellos, ver Venezuela#Entidades Federais de Venezuela.

Xamaica: son as subdivisións administrativas principais do Estado, ver Subdivisións de Xamaica.

Primeiro ministro de Antiga e Barbuda

O primeiro ministro de Antiga e Barbuda é o xefe de goberno de Antiga e Barbuda. Esta é a lista dos primeiros ministros de Antiga e Barbuda de 1960 ata o presente.

Rodney Williams (político)

Rodney Errey Lawrence Williams, nado en Swetes en 1947, é un político antiguano, actual gobernador xeral de Antiga e Barbuda.

Saint John's

Saint John's é a capital de Antiga e Barbuda, un país situado nas Antillas, no Mar Caribe. Cunha poboación de 21.926 habitantes (2013), St. John's é o centro comercial do país e o principal porto da illa de Antiga.

Saint John's foi o centro administrativo de Antiga e Barbuda desde que as illas foron colonizadas por primeira vez en 1632, e tras a independencia do Reino Unido en 1981 converteuse en sede do goberno.

Saint John's é o principal centro de comunicacións do país. A cidade conta cun porto ao que arriban numerosos cruceiros turísticos, e co aeroporto VC Bird.

Saint Kitts e Nevis

Saint Kitts e Nevis (/-ˈkɪts...ˈniːvɪs/) (en inglés: Saint Kitts and Nevis) é un país do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher, e Nevis. Os territorios veciños máis próximos son as Antillas Holandesas no noroeste, Antiga e Barbuda polo leste e sueste, e Saint-Barthélemy, unha dependencia de Guadalupe, no norte. É o estado soberano máis pequeno no hemisferio occidental, tanto en superficie como en poboación. O país é un reino da Commonwealth, con Isabel II do Reino Unido como raíña e xefe do Estado.A súa capital é Basseterre na illa máis grande de Saint Kitts. A pequena illa de Nevis está aproximadamente a 3 km. ao sueste a través dunha canle pouco profunda chamada The Narrows.A dependencia británica de Anguila tamén foi parte desta unión, que entón era coñecida colectivamente como Saint Christopher-Nevis-Anguila, así a todo optou por apartarse da unión e segue sendo un Territorio Británico de Ultramar. Ao norte-noroeste atópanse as illas de San Eustaquio, Saba, Saint-Barthélemy, Saint-Martin / Sint Maarten e Anguila. Ao leste e ao nordés atópanse Antiga e Barbuda, e ao sueste a pequena illa deshabitada de Redonda (parte de Antigua e Barbuda) e a illa de Montserrat.

Saint Kitts e Nevis foron as primeiras illas do Caribe en colonizarse polos europeos. Saint Kitts foi o fogar das primeiras colonias británicas e francesas do Caribe, e así foi tamén chamada "A Colonia Nai das Indias Occidentais". [Cómpre referencia]

Países
Territorios dependentes
Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.