Antigüedad

Antigüedad é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 410 habitantes (INE 2011).

Coordenadas: 41°56′48″N 4°7′7″O / 41.94667, -4.11861

Antigüedad
Bandera de Antigüedad
Escudo de Antigüedad
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
ComarcaEl Cerrato
Xeografía
Altitude770 msnm
Superficie62,83 km²
Demografía
Poboación410 hab. (2011)
Densidade6,53 hab./km²
XentilicioAntigüedeño/a
Outros datos
Código postal34248
AlcaldeLuis Fernando Cantero Mena (PSOE)
antiguedad.es

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antigüidade tardía

A Antigüidade tardía é o período de transición entre a Idade Antiga e maila Idade Media; as dúas primeiras divisións da periodización tradicional do tempo histórico que se adoitan aplicar á Historia da civilización occidental. Cronoloxicamente abranguería o período que vai dende a crise do século III, que marca o comezo da descomposición da Antigüidade clásica, até a expansión musulmá e a constitución do Imperio Carolinxio (finais do século VIII), procesos que representaron o asentamento definitivo do mundo medieval.

Henri Pirenne (Mahoma e Carlomagno) pode considerarse o creador do concepto, ao pór de manifesto o esencial que para a caracterización definitivo de o medieval significaron dous grandes acontecementos: o Imperio de Carlomagno e a chegada do islam a Europa; e os procesos que carrexaron: a ruptura da unidade da conca do Mediterráneo (no económico e no ideolóxico, unha verdadeira fronteira de civilizacións) e o peche en si mesma da Europa Occidental ou Cristiandade latina (previamente separada da Cristiandade oriental do Imperio Bizantino), onde levarán á súa culminación as formas económicas, sociais, políticas e ideolóxicas do que se veu en chamar feudalismo e que víñanse desenvolvendo dende o comezo deste período, cincocentos anos antes.

Antonio de la Iglesia

Antonio María de la Iglesia González, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1822 e finado na Coruña en 1892, foi un escritor galego, fundamental no comezo do rexurdimento.

Carriarico

Segundo Gregorio de Tours na súa Historia Francorum, Carriarico foi un rei suevo de Galiza entre os anos 550 e 559, responsable da conversión dos suevos ao catolicismo. Sucedeuno Teodomiro.

Cuñaxe

No ámbito numismático, a cuñaxe é o proceso de fabricación de moedas mediante estampaxe de metais utilizando cuños, que poden ser utilizados á man ou mediante maquinaria. Oponse, xa que logo, á obtención de moeda en moldes con fundición do metal, característica das emisións dos primeiros séculos.Un cuño monetario é cada unha das dúas pezas metálicas utilizadas para a cuñaxe de moeda, unha para os motivos do anverso e outra para os do reverso, que aparecen impresos en negativo.Os cuños actuais, elaborados con aceiro endurecido, son capaces de cuñar centos de milleiros de pezas antes de seren retirados pola súa deformación.

Domingo de Andrade

Domingo Antonio de Andrade, nado en Cee en 1639 e finado en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1712, foi un arquitecto galego de proxección universal.

Escrituras paleohispánicas

As escrituras paleohispánicas son os sistemas de escritura que foron creados na Península Ibérica antes de que o alfabeto latino se convertese no sistema de escritura dominante.

Fenicios

Os fenicios foron un pobo de orixe semítica que habitaron na Fenicia, no norte da rexión hoxe coñecida como Líbano. Fundaron colonias nas costas do mar Mediterráneo e durante longo tempo dominaron o comercio nas súas augas.

Figueroa, Abegondo

San Miguel de Figueroa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha extensión de 112 hectáreas e está a unha altitude media de 149 metros. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 204 habitantes (104 mulleres e 100 homes) distribuídos en oito entidades de poboación. Linda cara ao leste coa parroquia de Abegondo, ao oeste coa de Sarandós, ao sur coa de Montouto, todas do concello de Abegondo, e cara ao norte con Cañás, do concello de Carral.

A Torre de Figueroa é un castelo da parroquia que se construíu no século XII, propiedade do marquesado do mesmo nome, e que está protexido e declarado como ben de interese cultural. Figueroa contou co couto de Gundín, fóra dos seus lindes e en Vizoño, entre o século XVII e XVIII. A súa ribeira do Barcés está dentro do ZEC do encoro de Abegondo-Cecebre e ten a carballeira da Chousa declarada como de interese local.

O topónimo oficial Figueroa é unha deturpación de Figueiroa, que xorde do termo latino FĪCĀRĬŎLA (diminutivo de "figueira") entre o século X e o XI.

Guindastre

Un guindastre é un aparello de elevación de cargas. A ampla gama de modelos de guindastres teñen poucas cousas en común: a pluma e elevación mediante polipastos accionados por cables.

Denomínase tamén coa forma grúa, que o Dicionario da Real Academia Galega admite como forma menos recomendable.

Idade Media

A Idade Media foi un período histórico da civilización occidental comprendido entre o século V e o século XV. Normalmente considérase a súa extensión entre a fin do Imperio Romano do Occidente, no século V (476 d.C.), e o descubrimento de América, no século XV (1492 d.C.), ou en 1453 coa caída do Imperio Bizantino, data que coincide coa invención da imprenta (Biblia de Gutenberg) e coa fin da guerra dos Cen Anos. O adxectivo relacionado con este período é medieval (ver, por exemplo, literatura medieval, arte medieval, arquitectura medieval ou ciencia medieval). Certas sociedades non occidentais, como o Xapón, atravesaron períodos históricos "de transición" que se denominan tamén como Idade Media.

A 2015, os historiadores do período prefiren matizar esta ruptura entre Antigüidade e Idade Media de maneira que entre os séculos III e VIII adóitase falar de Antigüidade Tardía, que fora unha gran etapa de transición en todos os ámbitos: no económico, para a substitución do modo de produción escravista polo modo de produción feudal; no social, para a desaparición do concepto de cidadanía romana e a definición dos estamentos medievais, no político para a descomposición das estruturas centralizadas do Imperio romano que deu paso a unha dispersión do poder; e no ideolóxico e cultural para a absorción e substitución da cultura clásica polas teocéntricas culturas cristiá e islámica (en cadanseus espazos).Adoitase dividir en dous grandes períodos: Temperá ou Alta Idade Media (do século V ao X, sen unha clara diferenciación coa Antigüidade Tardía); e Baixa Idade Media (do século XI ao XV), que á súa vez pode dividirse nun período de plenitude, a Plena Idade Media (do século XI ao XIII), e os dous últimos séculos, ou Idade Media Tardía, que presenciaron a Crise da Idade Media ou do século XIV.

Se ben hai algúns exemplos de utilización previa, o concepto de Idade Media naceu como a segunda idade da división tradicional do tempo histórico debida a Cristóbal Cellarius (Historia Medii Aevi a temporibus Constantini Magni ad Constaninopolim a Turcis captam deducta, Jena, 1688), quen a consideraba un tempo intermedio, sen apenas valor por si mesmo, entre a Idade Antiga identificada coa arte e a cultura da civilización grecorromana da Antigüidade clásica e a renovación cultural da Idade Moderna —na que el se sitúa— que comenza co Renacemento e o Humanismo. A popularización deste esquema perpetuou un preconcepto erróneo: o de considerar á Idade Media coma unha época escura, sumida no retroceso intelectual e cultural, e un aletargamento social e económico secular (que á súa vez se asocia co feudalismo nos seus trazos máis escurantistas, tal como se definiu polos revolucionarios que combateron o Antigo Réxime). Sería un período dominado polo illamiento, a ignorancia, a teocracia, a superstición e o medo milenarista alimentado pola inseguridade endémica, a violencia e a brutalidade de guerras e invasións constantes e epidemias apocalípticas.Porén, neste longo período de mil anos houbo todo tipo de feitos e procesos moi diferentes entre si, diferenciados temporal e xeograficamente, respondendo tanto a influencias mutuas con outras civilizacións e espazos como a dinámicas internas. Moitos deles tiveron unha gran proxección cara ao futuro, entre outros os que sentaron as bases do desenvolvemento da posterior expansión europea, e dos axentes sociais que produciron unha sociedade estamental de base predominantemente rural pero que presenciou o nacemento dunha incipiente vida urbana e unha burguesía que co tempo levarán ao capitalismo. Lonxe de ser unha época inmobilista, a Idade Media, que comezara con migracións de pobos enteiros, e continara con grandes procesos repoboadores (como o derivado da Reconquista na Península Ibérica, ou o Ostsiedlung en Europa Central e Oriental) viu como nos seus últimos séculos os antigos camiños (moitos deles vías romanas decaídas) se reparaban e modernizaban con airosas pontes, e se enchían de toda clase de viaxeiros (guerreiros, peregrinos, mercadores, estudantes, goliardos, etc.), encarnando a metáfora espiritual da vida coma unha viaxe (homo viator).Tamén xurdiron na Idade Media novas formas políticas, que van desde o califato islámico aos poderes universais da cristiandade latina (Pontificado e Imperio), ou o Imperio bizantino e os reinos eslavos integrados na cristiandade oriental (aculturación e evanxelización de Cirilo e Metodio); e, en menor escala, todo tipo de cidades estado, desde as pequeñas cidades episcopais alemás ata repúblicas que mantiveron imperios marítimos como Venecia; deixando na metade da escala á que tivo maior proxección futura: as monarquías feudais, que transformadas en monarquías autoritarias prefiguran o estado moderno.

Montouto, Abegondo

Santa Cristina de Montouto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Linda ao norte coas parroquias de Figueroa e Sarandós, Cabanas, ao sur con Folgoso e con Beira, Carral ao leste. Segundo o IGE en 2016 tiña 312 habitantes (156 homes e 156 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.

Onintza Enbeita

Onintza Enbeita Maguregi, nada en Muxika, o 19 de maio de 1979, é unha xornalista, bertsolari e política vasca de ideoloxía independentista vasca.

Ourivaría

A ourivería ou ourivaría é o traballo artístico realizado sobre utensilios ou adornos de metais preciosos, ou aliaxes deles para facer xoias, obxectos de adorno ou de culto. Procede do latín auri ‘ouro’ e faber ‘fabricador’. Os metais que constitúen os obxectos de ourivaría propiamente devanditos son eminentemente a prata e o ouro ou unha mestura de ambos que na antiguedade adoitava chamarse Electró.

Pinzás, Tomiño

Santa María de Pinzás é unha parroquia do concello de Tomiño, na Comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 173 habitantes (90 mulleres e 83 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 140 habitantes. Pertence á diocese de Tui-Vigo, e dentro dela, ó arciprestado da Guarda-Tebra.

Sarandós, Abegondo

Santa María de Sarandós é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 525 habitantes (267 mulleres e 258 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 630 habitantes. Linda coa parroquia de Figueiroa ao leste, ao norte e oeste con Carral e Herves e ao sur con Montouto, Abegondo.

Serantes, Ferrol

San Salvador de Serantes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ferrol na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.901 habitantes (961 mulleres e 940 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.066 habitantes.

Susana Reboreda

Susana Reboreda Morillo, nada en Vigo o 12 de novembro de 1962, é unha historiadora galega especializada en mitoloxía grega e as mulleres na antigüidade grega. É profesora titular de Historia Antiga na Universidade de Vigo (campus de Ourense).

Vascóns

Os vascóns (ou tamén en latín gens vasconum - pobo dos vascóns) foron un pobo da Idade Antiga cuxo territorio abranguía en tempos dos romanos dende o alto val do río Ebro e a vertente peninsular dos Pireneos occidentais, a rexión que se corresponde na época contemporánea coa práctica totalidade de Navarra e áreas do noroeste de Aragón e nordés de A Rioxa.Os vascóns, que alcanzaron un elevado grao de integración no mundo romano especialmente nas terras chairas, ribeiregas do río Ebro e nas áreas na contorna dos seus asentamentos de Pompaelo e Oiasso, poboaron a rexión máis norteña e montañosa, coñecida como o Vasconum Saltus, durante a crise económica e social que acompañou á descomposición do Imperium e a presión causada polas grandes migracións de pobos xermánicos e eslavos de comezos do século V, entrando posteriormente en conflito en diversas ocasións cos reinos dos visigodos e francos formados en ambas as dúas vertentes dos Pireneos.

Trala invasión musulmá da Península Ibérica a comezos do século VIII, que resultou na disolución da Hispania visigoda e a retirada parcial dos gobernadores francos ao norte de Aquitania, os descendentes vascóns, que adoptaran o cristianismo durante o baixo imperio, reorganizáronse cara ao século IX ao redor das entidades feudais do ducado de Vasconia, na área de Gascuña, e a do reino de Pamplona. A derradeira entidade daría orixe durante a Idade Media ao reino de Navarra.

50.000+
5.000+
1.000+
Menos de
1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.