Anticapitalistas

Anticapitalistas é unha organización política que funciona como confederación no eido de España. Fundada en 1995 co nome de Espacio Alternativo, en febreiro de 2009 inscribiuse formalmente no rexistro de partidos políticos do Ministerio de Interior como Izquierda Anticapitalista, presentándose a varias citas electorais. En xaneiro de 2015 transformouse en asociación para integrarse no partido político Podemos, adoptando o nome actual.[2][3] Defínses como revolucionaria, anticapitalista, internacionalista, feminista e socialista, asumindo o marxismo nun senso aberto, plural e crítico. O seu obxectivo declarado é recompoñer o proxecto revolucionario mediante a creación dunha expresión política unitaria e anticapitalista sustentada no altermundismo, o movemento obreiro en senso amplo e os movementos sociais.

Anticapitalistas
Partido político de España
Anticapitalistas
Dirixentes e organización
LíderEsther Vivas
MocidadesNon ten
Filiación internacionalEsquerda Anticapitalista Europea
Secretariado Unificado da IV Internacional
Historia
Fundación1995,1 20072 e 2015
Posicións políticas
IdeoloxíaTrotskismo
Anticapitalismo
Internacionalismo
Ecoloxismo
Feminismo
Outros datos
SedeC/ Limón nº 20, baixo exterior. Madrid[1]
PublicaciónCorriente Alterna
Páxina webPáxina oficial
1 Integrado en Izquierda Unida.
2 Saída de Izquierda Unida.
Creado orixinalmente como Espazo Alternativo, cambiando de nome en 2008.

Historia

Anticapitalistas formouse en 1995 baixo o nome de Espacio Alternativo polos antigos membros da Liga Comunista Revolucionaria que se integraron en Izquierda Unida e independentes ecosocialistas. Posteriormente ten ido sumando membros dentro e fora desta coalición, malia ter perdido peso de xeito progresivo como corrente no seo de IU, por mor do distanciamento dos sectores ecosocialistas que participaron na súa fundación. Algúns dos máis destacados dirixentes da coalición vencellados a Espacio Alternativo, como Julio Setién, Oskar Matute ou Concha Denche, abandonaron a corrente cara a 2003, xunto coa maior parte dos afiliados a IU, restando EA como unha corrente maioritariamente externa a IU.

Ten celebrado até hoxe cinco xuntanzas confederais, a derradeira delas en decembro de 2007, cando se aprobou unha resolución pola que Espacio Alternativo abandonaba Izquierda Unida, na que funcionaba como corrente organizada. O 22 de novembro de 2008 tivo lugar unha conferencia política confederal para converterse nun partido político co cal se presentarán ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009. Nesta mesma conferencia, co 70 % dos votos, decidiron cambiar o nome do partido, deixando Espacio Alternativo, tomando en troques o de Izquierda Anticapitalista (IZAN) e para isto iniciou unha campaña de recollida das 15.000 sinaturas en todo o territorio do estado que precisa; campaña que rematou con máis de 18.000 sinaturas. Así, entra activamente na política estatal, coa activista Esther Vivas como testa de lista.

Forma parte da Esquerda Anticapitalista Europea, que é un conglomerado de partidos e grupos políticos socialistas de diferentes tendencias (dende trotskistas, outros marxistas-leninistas, nacionalistas).

Constitución como asociación Anticapitalistas

Tralos bos resultados obtidos, a finais de 2014 Podemos celebrou un congreso fundacional no que definiu as súas regras de funcionamento como partido político, que prohibían ós seus cargos orgánicos militar en calquera outro partido de eido estatal. Por este motivo, Izquierda Anticapitalista adiantou o seu II Congreso a xaneiro de 2015, no cal se decidiu cambiar de nome e estrutura xurídica, para que os seus militantes puidesen integrarse en Podemos e optar ós seus órganos directivos. Co apoio do 82,6%, o congreso aprobou pasar a definirse como un movemento denominado "Anticapitalistas".[3]

O 21 de febreiro, discrepancias internas na organización sobre a estratexia política e a orientación definida con respecto a Podemos culminaron na expulsión da asociación dos militantes de Almería e Granada e gran parte dos de Málaga.[4] Posteriormente estes colectivos, xunto a outros militantes que abandonaron Anticapitalistas, formaron a organización política "Izquierda Anticapitalista Revolucionaria" (IZAR).[5]

Notas

  1. "Rexistro de partidos políticos". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2011. Consultado o 19 de maio de 2009.
  2. "Izquierda Anticapitalista decide dejar de ser un partido político para integrarse en Podemos". eldiario.es. EFE. 16 de xaneiro de 2015. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
  3. 3,0 3,1 «Izquierda Anticapitalista se integra en Podemos», eldiario.es, 19 de xaneiro de 2015.
  4. Néstor Cenizo, «Militantes de Anticapitalistas Andalucía denuncian que han sido expulsados por su postura en Podemos», eldiario.es, 8 de abril de 2015.
  5. Página web de Izquierda Anticapitalista Revolucionaria (IZAR).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Anticapitalismo

O anticapitalista refírese á oposición, total ou parcialmente, ó capitalismo. O termo abrangue unha extensa colección de ideoloxías. En xeral, algúns anticapitalistas poden estar a favor dalgún tipo de colectivismo ou comunitarismo económico ou social, mais non todos e non necesariamente (existen anticapitalistas que defenden diferentes niveis de propiedade privada).

Aurelio Salgueiro

Aurelio Salgueiro López, nado en Monforte de Lemos en 1936 e finado en Arrasate (Guipúscoa) o 28 de agosto de 1978, foi un Garda Civil galego, asasinado por membros dos Comandos Autónomos Anticapitalistas, unha escisión de ETA de carácter anarquista.

Barricada (grupo musical)

Barricada é un grupo de rock de Pamplona (España) formado en 1982 no barrio da Txantrea. Cos seus 18 discos ata a data e infinidade de concertos ás súas costas é un dos grupos con máis anos dentro do panorama roqueiro español.

Beatriz Gimeno

Beatriz Gimeno Reinoso, nada en Madrid o 9 de maio de 1962, é unha política e activista española en favor dos dereitos LGBT. Desde xuño de 2015 é deputada por Podemos da X Lexislatura da Asemblea de Madrid e responsable da área de igualdade de Podemos na Comunidade de Madrid. Foi presidenta da Federación Española de Lesbianas, Gays, Transexuales y Bisexuales entre 2003 e 2007, período no que se aprobou o matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España e Madrid foi elixida como sede do Europride 2007.

Black Liberation Army

O Black Liberation Army ou BLA (Exército Negro de Liberación en galego) foi unha organización nacionalista negra de inspiración marxista e carácter clandestino que operou nos EUA entre 1971 e 1981. Composto na súa maior parte por membros do Black Panther Party (Partido das Panteras Negras), tiña por obxectivo iniciar a loita armada co fin de conseguir a liberación e autodeterminación da xente negra nos Estados Unidos (liberation and self-determination of black people in the United States). Deste xeito o grupo protagonizou atentados con bombas, expropiacións e fugas do cárcere.

Die fetten Jahre sind vorbei

Die fetten Jahre sind vorbei (Os anos de abundancia están contados en galego) é un filme alemán de 2004 escrito e dirixido polo austríaco Hans Weingartner e protagonizada por Daniel Brühl. Narra os eventos sucedidos a tres activistas anticapitalistas (aparentemente anarquistas): Jule (Julia Jentsch), Peter (Stipe Erceg), Jan (Daniel Brühl).

Ebba Grön

Ebba Grön foi unha banda sueca de punk rock formada en Estocolmo en 1977. O grupo estaba composto por Joakim Thåström (voces, guitarra) Gunnar Ljungstedt (batería) e Lennart Eriksson (baixo, coros). Thåström, Ljungstedt e Eriksson tamén eran coñecidos como Pimme, Gurra e Fjodor. Tras a publicación do seu segundo álbum en 1981 uníuselles un cuarto membro, Anders Sjöholm, tamén coñecido como Stry Terrarie, nos teclados. A banda separaríase no ano 1983.

Unha das cancións máis famosas que gravaron é unha versión de "Den ena handen vet vad den andra gör" da banda sueca de progg Blå Tåget. Rebautizada como "Staten och kapitalet", a canción expresa un sentimento anti-capitalista sobre como o estado (staten) e o capitalismo controlan as corporacións (kapitalet) e escravizan á clase obreira.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Enric Duran

Enric Duran Giralt, nado en Vilanova i la Geltrú en 1976, é un activista catalán polo decrecemento e a revolución integral.

Espiral - Mocidade Republicana Galega

Espiral - Mocidade Republicana Galega é unha organización política da mocidade galega, republicana e anticapitalista que pula pola República Galega e por un modelo económico alternativo que "pretende canalizar a frustración dunha mocidade cansa de falsas promesas e das nulas oportunidades que o Réxime do 78 ofrece"

Hertzainak

Hertzainak foi un grupo musical vasco xurdido en 1981 e separado en 1993. Pertenceu ó movemento musical chamado Rock Radical Vasco. As letras das súas cancións reflectían a situación política que se vivía no País Vasco durante os seus anos en activo. Como exemplo, Pakean utzi arte (Até que nos deixen en paz), foi composta en lembranza de Javier San Martín Goikoetxea Piti, militante dos Comandos Autónomos Anticapitalistas e amigo do grupo.

Holocausto

O Holocausto (en grego antigo: ὁλόκαυστος, holókaustos: ὅλος, "todo" e καυστον, "queimado"), tamén coñecido como Shoá (en hebreo: השואה, HaShoá, "a catástrofe"; yiddish: חורבן, Churben ou Hurban, do hebreo para "destrución"), foi o xenocidio ou asasinato en masa de case seis millóns de xudeus durante a segunda guerra mundial, no maior xenocidio do século XX, a través dun programa sistemático de exterminio étnico patrocinado polo estado nazi, liderado por Adolf Hitler e polo Partido Nacionalsocialista e que ocorreu en todo o Terceiro Reich e nos territorios ocupados polos alemáns durante a guerra. Dos nove millóns de xudeus que residían en Europa antes do Holocausto, cerca de dous terzos foron exterminados. Máis dun millón de nenos, dous millóns de mulleres e tres millóns de homes morreron neste período.O vocábulo ten orixes remotas en sacrificios rituais pagáns da antigüidade en que animais (ás veces até seres humanos) eran ofrecidos ás divindades, sendo completamente queimados durante a noite. A partir do século XIX, o termo "holocausto" pasou a designar grandes catástrofes e masacres, até que trala Segunda Guerra Mundial o termo "Holocausto" (con inicial maiúscula) pasou a ser utilizado especificamente para se referir ao xenocidio sistemático realizado polos nazis contra varios grupos étnicos, relixiosos, nacionais e outros grupos durante a Segunda Guerra Mundial.

Jean-Jacques Rousseau

Jean-Jacques Rousseau, nado en Xenebra (Suíza) o 28 de xuño de 1712 e finado en Ermenonville o 2 de xullo de 1778, foi un filósofo suízo, escritor, teórico político e un compositor autodidacta. Unha das figuras sobranceiras do Iluminismo francés, Rousseau é tamén un precursor do romanticismo. Rousseau cóntase entre os autores que mitificaron un pasado fraternal e feliz de todos os Homes, fronte a un presente desordenado e desigual do século XVIII. Voltaire criticou a Rousseau afirmando que: "ninguén colocou algunha vez tanto enxeño en nos querer converter en animais" do que el. Ler a Rousseau fai nacer "o desexo de camiñar a catro patas".

Rousseau asóciase frecuentemente ás ideas anticapitalistas e considérase un antecesor de socialismo e comunismo. Foi un dos primeiros autores modernos en atacar a propiedade privada. Victor Klemperer, ao estudar o Iluminismo francés en xeral e Rousseau en particular, viu en Adolf Hitler a concretización suprema dos ideais defendidos polo filósofo do século XVIII. Rousseau cuestionou a afirmación de que a maioría está sempre no certo e argumentou que o obxectivo do goberno debería ser asegurar a liberdade, igualdade e xustiza para todos, independentemente da vontade da maioría.

Joseph Goebbels

Paul Joseph Goebbels, nado en Rheydt, hoxe Mönchengladbach (Imperio Alemán), o 29 de outubro de 1897 e finado en Berlín o 1 de maio de 1945, foi un político, xornalista e escritor alemán, amais dun dos máis importantes xerarcas nazis. Foi Ministro de Propaganda no Terceiro Reich de 1933 a 1945, Gauleiter de Berlín desde 1926 a 1945 e, logo do suicidio de Hitler o 30 de abril de 1945, foi durante algunhas horas Chanceler do Reich. As súas innovadoras, brillantes e prexudiciais técnicas de propaganda foran un dos factores que permitiran ao Partido Nacionalsocialista o ascenso ao poder na Alemaña de 1933.

Nelson Mandela

Nelson Rolihlahla Mandela, nado en Mvezo o 18 de xullo de 1918 e falecido en Xohanesburgo o 5 de decembro de 2013, foi un activista, líder político e filántropo surafricano, presidente do país dende 1994 ata 1999. Foi o primeiro xefe de estado de raza negra do país e o primeiro elixido nunha elección democrática completamente representativa. O seu goberno centrouse na disolución do apartheid procurando combater o racismo institucionalizado e fomentar a reconciliación racial. De ideoloxía nacionalista africana e socialista, presidiu o Congreso Nacional Africano (CNA) dende 1991 ata 1997.

Mandela naceu no seo da familia real tembu do pobo xosa. Estudou dereito na Universidade de Fort Hare e na Universidade de Witwatersrand antes de traballar como avogado en Xohanesburgo. Alí comezou a involucrarse na política nacionalista africana e anticolonialista, uníndose ó CNA en 1943 e cofundando a súa Liga Xuvenil en 1944. O CNA encomendouse á disolución do apartheid, o sistema de segregación racial establecido polo goberno de raza branca minoritaria dominante do Partido Nacional. Mandela foi nomeado presidente da rama de Transvaal do CNA, acadando notoriedade coa súa participación na Campaña de Desafío de 1952 e no Congreso do Pobo de 1955. Foi arrestado en varias ocasións por sedición e xulgado no chamado Xuízo por Traizón de 1956, quedando en liberdade. Influenciado polo marxismo, uniuse en segredo ó Partido Comunista Surafricano (PCS). Malia que inicialmente comprometeuse coa protesta pacífica, cofundou a organización armada Umkhonto we Sizwe en 1961 xunto con outros membros do PCS e liderou unha campaña de sabotaxe contra o goberno. En 1962 foi arrestado por conspirar para derrocar o estado e sentenciado a cadea perpetua no Xuízo de Rivonia.

Pasou os seguintes 27 anos en prisión, primeiro na illa Robben e posteriormente na prisión Pollsmoor e na prisión Victor Verster. Tras unha crecente presión doméstica e internacional e temendo unha guerra civil racial, o presidente F. W. de Klerk liberouno en 1990. Mandela e de Klerk negociaron a fin do apartheid e organizaron as eleccións xerais multirraciais de 1994 nas que Mandela liderou ó CNA para obter a maioría converténdose no presidente do país. Liderando un goberno de coalición que promulgou unha nova constitución, Mandela centrouse na reconciliación entre os grupos raciais do país e creou a Comisión para a Verdade e a Reconciliación para investigar abusos dos dereitos humanos no pasado. Economicamente, a súa administración mantivo o marco liberalista do seu predecesor malia as súas propias crenzas socialistas, introducindo tamén medidas para promover reformas territoriais, combater a pobreza e mellorar a sanidade. No marco internacional actuou como mediador no xuízo do bombardeo do voo 103 de Pan Am e actuou como secretario xeral do Movemento de Países Non Aliñados dende 1998 ata 1999. Rexeitou presentarse de novo ás eleccións do seu país e foi sucedido polo seu adxunto Thabo Mbeki. Mandela converteuse nun home de estado e centrouse en combater a pobreza e a SIDA por medio da súa fundación ata a súa morte no ano 2013 por mor dunha infección respiratoria.

Mandela foi unha figura controvertida durante gran parte da súa vida. Mentres que os críticos da dereita política denunciárono por terrorista comunista, a esquerda radical considerouno demasiado aberto a negociar unha reconciliación cos simpatizantes do apartheid. Porén, acadou a aclamación internacional polo seu activismo e está considerado unha icona da democracia e da xustiza social. Recibiu máis de 250 distincións, incluíndo o premio Nobel da Paz, e pasou a ser unha personalidade de culto. Obtivo un profundo respecto no seu país, onde adoita ser chamado polo seu nome de clan xosa Madiba, sendo descrito en ocasións como o "Pai da Nación".

Partido da Esquerda Europea

O PEE é un partido político de ámbito europeo que agrupa no seu seo a unha gran parte dos partidos comunistas e anticapitalistas europeos.

Paula Quinteiro

Paula Quinteiro Araújo, nada en Vigo o 10 de maio de 1990, é unha enfermeira diplomada e política galega militante de Anticapitalistas Galiza e Podemos Galicia e deputada no Parlamento de Galicia dende o 2016 por En Marea.

Pep Subirós

Josep Subirós i Puig, nado en Figueres en 1947, e finado en Torroella de Montgrí, Baix Empordà o 7 de maio de 2016, foi un escritor e filósofo catalán.

Socialismo autoxestionario

O socialismo autoxestionario ou socialismo de autoxestión é un sistema político que está baseado na participación das diferentes comunidades próximas á vida cotiá colectivizada (empresa, sindicato, partido) na xestión de comunidades políticas superiores (Estado, federacións, confederacións etc.).

As comunidades autoxestoras do estado, federación ou confederación serían:

Comunidade laboral, representado polos sindicatos.

Comunidade ideolóxica, representado por partidos.

Comunidade territorial, representados por nacións ou nacionalidades do estado, federación, ou confederación.Apareza a comunidade política superior como estado ou non, segundo as diferentes concepcións socialistas autoxestionarias, dita comunidade política será garante dun plan económico froito da participación do traballador e cidadán nos diferente ámbitos da súa vida. Resulta imprescindible así nos modelos de estado autoxestionario dotarse dun parlamento tricameral ou tricameralidad, composto por unha cámara de baixa ou parlamento, cámara alta ou senado cunha función de representación territorial e cámara laboral coa representación sindical.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.