Antes de Cristo

A expresión antes de Cristo empregase para referirse e datar os anos e séculos anteriores á era cristiá, que comeza co ano convencional do nacemento de Xesucristo. Aínda que existe controversia acerca do ano de nacemento de Xesucristo, isto non é importante para a utilización da expresión. Os poucos datos dispoñibles apuntan a que esa data podería estar situada entre o ano 7 e o ano 4 antes de Cristo.

Abreviaturas usuais

As abreviaturas creadas de acordo coas regras de formación de abreviaturas son:

  • a. C. (-antes de Cristo-), quizais a abreviatura máis utilizada.[1]
  • a. de C. (-antes de Cristo-), menos usual.
  • a. de X. C. (-antes de Xesucristo-) menos usual.
  • a. X. C. (-antes [de] Xesucristo-).
  • AEC (-antes [da\] Era Común-, acrónimo aconfesional.
  • a. e. c. (-antes da era común-), ídem anterior.
    • É tradución do inglés BCE (before Common Era: antes da Era Común).
    • Ten a desvantaxe de parecer que significa -antes da era cristiá-.
  • ANE (-antes da Nosa Era-) acrónimo aconfesional infrecuente, pero libre de ambigüidade. No mundo galo, tamén se usa a.e.v. (antes da era vulgar) e e.v. (da era vulgar), como alternativa laica ao «antes de Cristo» e «logo de Cristo».
  • a. n. e. (-antes de nosa era-), ídem anterior.

Abreviaturas erróneas

Considéranse incorrectas:

  • adC - As letras a e de terían que estar en maiúscula: ADC, ou levar un punto logo de cada elemento abreviado: a. de C.
  • a.C. - Falta un espazo tralo punto da a.
  • a.X.C. - Faltan dous espazos, tralos puntos da a e da X.
  • a. d. C. - de hase abreviado.
  • a.d.C. - Puntos sen espazo posterior e de abreviado.
  • a.d.X.C. - Puntos sen espazo posterior e de abreviado.
  • aec ('antes da Era Común') - Como acrónimo debería ir con maiúsculas (AEC), e como abreviatura podería ir con minúscula pero requiriría puntos logo de cada sigla, e espazo tralos puntos (a. e. c.).

O adecuado emprego do punto abreviativo, o espazo e a maiúscula son moi importantes debido a que axudan considerablemente a identificar as abreviaturas, e por conseguinte a diferencialas inequivocamente do resto de métodos de abreviación, así como distinguir e entender rápida e correctamente cada un dos seus elementos.

Notas

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2014.

Véxase tamén

Carro

Un carro ( pronunciación ) é un vehículo deseñado para o transporte, que ten dous ou catro rodas e é tirado por un ou máis animais de tiro.

Castro de Zoñán

O Castro de Zoñán ou A Croa de Zoñán é un castro situado na parroquia dos Remedios, no concello de Mondoñedo, na provincia de Lugo.

As datas de ocupación do mesmo, segundo a cultura material atopada, móvense entre os séculos II e IV d. C., pero segundo os resultados das análises de carbono-14 os inicios do mesmo situaríanse en datas antes de Cristo.

Lévase escavando dende o ano 2002 e téñense recuperado diversas vivendas e restos de cultura material. No ano 2004 colocáronse dúas mesas interpretativas para poder facer unha visita libre ao castro. No ano 2007 o Concello de Mondoñedo editou o libro O Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo) Campañas 2002-2004, que recolle os traballos e conclusións das tres primeiras campañas: 2002, 2003 e 2004.

Cultura Kurgan

A cultura Kurgan foi unha hipotética cultura neolítica nómade e gandeira, desenvolvida cara ao V milenio antes de Cristo en adiante nas chairas situadas ó nordeste do mar Negro e nos lugares cara os que se expandiu. A hipótese da existencia desta cultura creouna Marija Gimbutas, e nela combina arqueoloxía e lingüística para situar a sede orixinaria dos pobos falantes do protoindoeuropeo (PIE).

É a primeira cultura indoeuropea, e polo tanto, a polémica en séculos pasados causada pola Urheimat (patria ancestral dos indoeuropeos), é establecida segundo as hipóteses de Gimbutas nas chairas meridionais rusas, entre o nordeste do mar Negro e o noroeste do mar Caspio, acoutada polo sur polo Cáucaso.

Escudo de Armenia

O Escudo de Armenia (en armenio: Հայաստանի Զինանշան, Hayastani Zinanshan) consiste nunha aguia e nun león que soportan un escudo. O escudo de armas mestura novos e vellos símbolos. A aguia e o león son vellos símbolos armenios que datan dos primeiros reinos armenios que existiron antes de Cristo.

O escudo actual foi adoptado o 19 de abril de 1992 por decisión do Consello Superior Armenio.

Guerras púnicas

As guerras púnicas foron guerras sostidas nos séculos III e II antes de Cristo entre Roma e Cartago. A causa foi a competencia económica e militar da emerxente Roma coa potencia marítima hexemónica no Mediterráneo occidental e central dos cartaxineses.

Herodes

Herodes o Grande, nado en Ascalón o 74 antes de Cristo e finado en Xerusalén o 4 antes de Cristo, foi rei dos xudeus e unificou Galilea e Xudea e reconstruíu o Templo de Xerusalén.

Hipócrates

Hipócrates de Cos, nado en Cos (Espóradas) no século V a.C. (c. 460 a.C.) e finado en Lárisa, Tesalia no século IV a.C. (c. 370 a.C.), foi un médico da Antiga Grecia que exerceu durante o chamado século de Pericles.

É considerado unha das figuras máis destacadas da historia da medicina e moitos autores refírense a el como o «pai da medicina» moderna, en recoñecemento ás súas importantes e duradeiras contribucións a esta ciencia como fundador da escola que leva o seu nome. Esta escola intelectual revolucionou a medicina da Antiga Grecia, establecéndoa como unha disciplina separada doutros campos cos cales se asociaba tradicionalmente (notablemente a teúrxia e a filosofía), convertendo o exercicio da medicina nunha auténtica profesión.Con todo, adoitan mesturarse os descubrimentos médicos dos escritores do Corpus hippocraticum, os practicantes da medicina hipocrática e as accións do mesmo Hipócrates, polo que se sabe moi pouco sobre o que o propio Hipócrates pensou, escribiu e fixo realmente. A pesar desta indefinición, Hipócrates é representado a miúdo como paradigma do médico antigo. En concreto, atribúeselle un gran progreso no estudo sistemático da medicina clínica, reunindo o coñecemento médico de escolas anteriores e prescribindo prácticas médicas de grande importancia histórica, como o xuramento hipocrático e outras obras.Non hai que confundilo con Hipócrates de Quíos, matemático grego do século V antes de Cristo, e que naceu na illa de Quíos, non moi lonxe da de Cos.

III milenio a. C.

O terceiro milenio antes de Cristo comezou o 1 de xaneiro do 3000 a. C. e terminou o 31 de decembro do 2001 a. C.

II milenio a. C.

O segundo milenio antes de Cristo comezou o 1 de xaneiro do 2000 a. C. e terminou o 31 de decembro do 1001 a. C.

IV milenio a. C.

O cuarto milenio antes de Cristo comezou o 1 de xaneiro do 4000 a. C. e rematou o 31 de decembro do 3001 a. C.

I milenio a. C.

O primeiro milenio antes de Cristo comezou o 1 de xaneiro de 1000 a. C. e rematou o 31 de decembro do 1 a. C.

Iraq

Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten un franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro leste. Os dous grandes ríos do país, o Tigris e o Éufrates, discorren polo centro do país dende o noroeste cara o sueste. Estes ríos, proporcionan a Iraq de terras aptas para a agricultura, en contraste das terras áridas que cobren a meirande parte de Asia Occidental.

Iraq era coñecido antigamente polo topónimo grego Mesopotamia (Terra entre dous ríos) e foi o lugar de sucesivas civilizacións dende o milenio 6 antes de Cristo. A rexión entre os ríos Tigris e Éufrates é considerada como o berce da civilización e o lugar onde apareceu a escrita. En diferentes períodos da súa historia, Iraq foi o centro dos imperios indíxenas acadio, sumerio, asirio, e babilónico. Formou parte dos imperios medo, aqueménida, helenístico, parto, sasánida, romano, rashidun, umayyad, abbásida, mongol, safávida, afsárida e otomán. Por outra banda, estivo baixo dominio británico como Mandato da Sociedade de Nacións. Iraq é o fogar de dous dos lugares máis sagrados do mundo para o xiísmo: Najaf e Karbala.Os seus límites modernos foron establecidos en 1920 pola Sociedade de Nacións cando o Imperio Otomán foi divido segundo o Tratado de Sèvres. Iraq foi posta baixo a autoridade do Reino Unido como "Mandato británico de Mesopotamia". A monarquía foi establecida en 1921 e o Reino de Iraq obtivo a independencia en 1932. En 1958, a monarquía foi abolida e creouse a República de Iraq. Iraq foi controlado polo Partido Ba'ath dende 1968 ata o 2003. Despois da invasión de 2003 liderada polos Estados Unidos de América e forzas multinacionais, o partido Ba'ath foi eliminado do poder e celebráronse eleccións parlamentarias. A presenza americana en Iraq rematou no 2011.

L'Hospitalet de Llobregat

L'Hospitalet de Llobregat é unha cidade e concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, que dá continuidade á trama urbana de Barcelona cara o sur. Está situada entre os concellos de Barcelona, Esplugues de Llobregat, Cornellà de Llobregat e El Prat de Llobregat, na ribeira esquerda do río Llobregat.

Cunha poboación de 257.349 habitantes en 2017, é a segunda cidade máis poboada de Cataluña e a 16ª de España. Ademais é, con 20.588 hab./km², unha das cidades con maior densidade demográfica de España e de Europa.

Linguas célticas

As linguas célticas son as linguas que descenden do protocéltico, ou "céltico común", unha rama da gran familia lingüística indoeuropea. Durante o primeiro milenio antes de Cristo, faláronse ao longo de toda Europa, dende a baía de Biscaia e o mar do Norte, entre o Rin e o Danubio ata o Mar Negro e a parte alta da península dos Balcáns, e mesmo Asia Menor (Galacia).

Hoxe en día, as linguas célticas ven limitada a súa extensión a algunhas áreas das Illas Británicas, ao leste do Canadá, a Patagonia, algúns grupos nos Estados Unidos e Australia, e na península de Bretaña. Actualmente fálanse en Europa seis linguas célticas, dúas delas "recuperadas" despois de desapareceren completamente. Das seis só o gaélico irlandés é oficial en Irlanda. O gaélico escocés e, máis ca ningún o galés posúen certo status legal e protección. O bretón continental fica desprotexido mentres perde falantes e o córnico e o manés están rexurdindo despois de se daren por extintos.

Megalitismo en Galicia

Para comprender mellor os caracteres xerais deste fenómeno tan estendido, consulte o artigo megalitismo.O megalitismo na Galiza considérase que forma parte dunha mesma zona megalítica na que entra, ademais da Galiza, o norte de Portugal até o río Douro, Asturias e o occidente das provincias de León e Zamora. Esta zona ten arquitecturas, enxovais, unha organización social e un sistema de crenzas que, desde a análise de inicios do século XXI, se estima que son relativamente homoxéneos. O megalitismo atlántico peninsular caracterízase pola abundancia de sitios arqueolóxicos, máis de cinco mil só na Galiza, e revela a existencia dunha poboación numerosa e moi espallada. O fenómeno tumulario galego dátase entre o VI milenio antes de Cristo e o 2000 a. C.

O megalitismo corresponde ás primeiras sociedades campesiñas, que habitaban un territorio dominado polo bosque caducifolio (carballos, piñeiros e bidueiros). O período climático é o que se coñece coma período atlántico e parte do subboreal, isto é, un clima cálido cunha temperatura media superior á actual, mais bastante chuvioso. Abundaban tamén os prados. Detéctase unha menor porcentaxe de arboredo no contorno dos sitios arqueolóxicos, probabelmente debido á deforestación co obxecto de aproveitar a leña.

Suponse que os lugares habitados non estarían lonxe de onde se atopan os túmulos, mais son poucos os que se teñen atopado. De aí a famosa frase de Alonso del Real: "Os habitantes do mundo megalítico morrían, pero non vivían".

Orde dórica

A orde dórica é un termino de arquitectura que se refire as normas canónicas creadas na Grecia antiga para rexer a construción dos edificios e en particular os templos. É unha das tres, e a máis antiga, das ordes clásicas da arquitectura grega, xunto coa xónica e a corintia, e tamén é a máis sobria dende o punto de vista decorativo. A súa antigüidade non está clara pois.

De xeito xeral, acéptase a idea de Vitrubio de que a súa orixe provén da adaptación á pedra (mármore, normalmente) das anteriores construcións de madeira. Apareceu entre finais do século VII antes de Cristo, e o século VI a.C., no Peloponeso estendéndose sobre todo por Occidente por mor do proceso colonizador.

Pergamiño

Pergamiño ou pergameo (do grego pergaméne e do latín pergamina ou pergamena) é o nome dado a unha pel de animal, xeralmente de cabra, carneiro, cordeiro ou ovella, preparada para escribir nela. Designa tamén o documento escrito nesa pel. Foi largamente utilizado na antigüidade occidental, en especial na Idade Media, até a difusión do papel, invención chinesa.

A orixe deste nome ven da cidade de Pérgamo, onde existía unha grande produtividade de elevada calidade do pergamiño, mais realmente a existencia deste material remóntase a dous milenios antes de Cristo (cando Pérgamo aínda non existía).

Plovdiv

Plovdiv (en búlgaro: Пловдив, pronuncia [ˈpɫovdif]) é a segunda meirande cidade de Bulgaria tras a capital Sofía da que dista 130 km, ten unha poboación de 341 567 habitantes no 2015, e con 544 628 na súa área urbana. É un importante centro económico, cultural, educativo e de transportes.

Plovdiv é unha cidade con máis de 8000 anos de antigüidade, dende a prehistoria ata hoxe. Os primeiros asentamentos neolíticos dentro dos límites da cidade comezaron no sexto milenio antes de Cristo e da Idade do Cobre (IV-III milenio antes de Cristo.) A vida na cidade nunca se detivo, ven sendo un dos máis antigos asentamentos continuamente habitados das cidades no mundo. O patrimonio conservado e reservado son monumentos antigos como o antigo teatro romano, Odeón Romano, ágora (Foro Romano), estadio romano e outros.

Será Capital Europea da Cultura en 2019 xunto con Matera en Italia.

O lema de Plovdiv é Древен и вечен, "Antigo e eterno".

Rennes

Rennes (en bretón: Roazhon, en galó: Resnn) é un concello francés, cabeza do departamento de Ille e Vilaine e da rexión da Bretaña en Francia, así como unha das capitais históricas do ducado da Bretaña. Sitúase ao leste da Bretaña na confluencia do río Ille e do río Vilaine, no Arco Atlántico, a 50 km da canle da Mancha e a 80 km do océano Atlántico.

Rennes xorde entre o II e o primeiro século antes de Cristo como capital da tribo gala dos redóns. A cidade chamábase Condate. Durante a Idade Media, coa chegada dos pobos bretóns e a consolidación do ducado da Bretaña fronte o poder carolinxio e logo dos reis de Francia, Rennes confirmouse como unha das poboacións máis importantes da rexión fronteiriza do ducado, a marca da Bretaña. Após a anexión do ducado da Bretaña ó reino de Francia, Rennes converteuse nunha capital provincial e acolleu o Parlamento da Bretaña.

Trala segunda guerra mundial, Rennes aumentou fortemente a súa poboación, desenvolvendo o sector industrial (destacando a gran fábrica de Citröen) e consolidouse como importante centro educativo grazas ás súas universidades. Hoxe en día, Rennes é un centro de innovación dixital e tecnolóxico recoñecido en Francia.

En 2012, cunha poboación de 210 000 habitantes (incluíndo 60 000 estudantes) e 700 000 habitantes na súa área urbana, Rennes é a décima cidade máis importante de Francia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.