Antas de Ulla

Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2 152 habitantes (2 219 no 2012, 2 275 no 2011, 2 346 no 2010, 2 407 no 2009, 2 499 no 2008, 2 549 no 2007, 2 573 no 2006, 2 602 no 2005, 2 640 no 2004, 2 676 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é seoanés, ullán[5] ou ullao[6].

Coordenadas: 42°46′56.39″N 7°53′26.34″O / 42.7823306, -7.8906500

Antas de Ulla
Bandeira de Antas de Ulla
---
Escudo de Antas de Ulla
AntasPrazaConcello
Praza do Concello.
Situacion Antas de Ulla
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Ulloa
Poboación2.008 hab. (2018)
Área103,6 km²
Densidade19,38 hab./km²
Entidades de poboación132 (28 parroquias)
Capital do concelloAntas de Ulla
Política (2019 [2][3])
AlcaldeJavier Varela Pérez (PP)
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 4
Outros: AVA1
Eleccións municipais en Antas de Ulla
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes83,26%
Na rede
www.concellodeantas.org

Xeografía

Mapa parroquias de Antas de Ulla Lugo v3
Mapa de Antas de Ulla, Lugo.

O concello limita ao norte con Palas de Rei, ao sur con Taboada, ao oeste con Agolada e Rodeiro e ao leste con Monterroso. A capital municipal, do mesmo nome, dista 45 km da capital provincial, Lugo.

Do seu relevo, tendente á horizontalidade, destaca o monte Farelo, con 951 m de altura[7], e da súa hidrografía o río Ulla, que nace na parroquia de Olveda e conta con afluentes coma o Estanco, o Fadal, o Peizal, o Medeiros, o Peibás ou o Pequeno[8].

Demografía

Censo total 2014 2.152 habitantes
Menores de 15 anos 147 (6,83 %)
Entre 15 e 64 anos 1.129 (52,46 %)
Maiores de 65 anos 876 (40,7 %)

Fonte: INE

Evolución da poboación de Antas de Ulla   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.409 5.290 5.401 4.287 2.640 2.407 2.275 2.219 2.171 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

O Neolítico: os primeiros poboadores

Crese que os primeiros poboadores do territorio que na actualidade ocupa o Concello de Antas de Ulla se asentaron nesas terras no período Neolítico.

O Megalitismo

De especial interese é o Megalitismo, xa que son moitas as antas (tamén chamadas mámoas, modias ou dolmens) que podemos atopar no Concello, aínda que ningunha está escavada. De feito, crese que é da civilización megalítica da que provén o topónimo (anta). Ademais, tamén existe na capital do Concello o chamado Campo das Antas cuxo nome se pode deber aos numerosos dolmens existentes na zona[8]. Neste lugar construíuse unha capela cristiá e, dalgún xeito, cristianízase tamén o seu nome pola confusión que na pronuncia pode haber entre Campo das Antas e Campo das Santas.

O Bronce

Do Bronce inicial ou Protoatlántico consérvanse unhas espirais de prata rectangulares, que se poden ver no Museo Provincial de Pontevedra[8].

A arte rupestre: os petróglifos do Monte Farelo

A medio camiño entre a Idade de Bronce e a Cultura castrexa é onde se sitúa unha arte rupestre fortemente relacionada co comercio do metal, da que destacan os petróglifos. Os petróglifos que hoxe podemos atopar no Monte Farelo son as mostras desta arte rupestre máis afastadas da costa que atopamos en Galiza e tamén as mellor conservadas.

Son un total de 54 petróglifos que presentan formas de catro tipos: cazoletas, combinacións circulares, espirais e labirintos.

Destes, 22 foron descubertos en 2003 pola investigadora Cristina Varela Cadahía. Con todo, a maioría do conxunto está sen catalogar e o último estudo publicado sobre el, que data de 2000 (María José Bóveda e María Paz Blanco), só se refire a 16 petróglifos. Ademais, non se tomou ningunha medida para protexelos nin están debidamente sinalados.

A Cultura castrexa

O mundo castrexo, que se estende desde o século IV a.C. até a caída do Imperio Romano no 476 d.C., tamén deixou unha importante pegada no Concello de Antas de Ulla. De feito, o centro de Galiza é un dos lugares do país no que son máis abundantes estes asentamentos. Son moitos os castros que podemos atopar, como é o caso do das parroquias de Santa Mariña do Castro de Amarante, Amoexa, Olveda ou o Castro de Seoane, situado na capitalidade do Concello no lugar no que hoxe se atopan as instalacións deportivas municipais.

Os castros do concello son[9]:

  • Monxa (Amoexa)
  • Outeiro (Outeiro de Amoexa-Amoexa)
  • Seoane (Antas de Ulla)
  • O Castro e Somoza (Areas)
  • Aboi (Casa de Naia)
  • O Pazo e Xerdimil (A Cervela)
  • Pena Escachelada (Cibreiro)
  • Morgade (Cutián)
  • Os Carreiros (Dorra)
  • Castro Redondo (Queixeiro)
  • Edra (Casteda-Queixeiro)
  • Martín (Reboredo)
  • Vilasión (San Fiz de Amarante)
  • San Martiño (San Martiño de Castro de Amarante)
  • San Lucas (Santa Mariña de Castro de Amarante)
  • Orela (O Castro-Santo Estevo do Castro de Amarante)
  • Castrillón (Vilapoupre).

Idade Media

Na Idade Media o poder representábao nestas terras o Castelo de Amarante, situado na parroquia de Castro de Amarante, propiedade dos Noguerol, e que máis tarde pasaría a formar parte da casa de Camarada.

A construción das igrexas parroquiais do Concello datan deste período, e nelas predomina o estilo románico. Ademais, coma no resto de Galiza, son moitos os cruceiros que podemos atopar, de entre os que destaca o cruceiro de Amoexa.

Malia seren numerosas as igrexas parroquiais, o grande centro de poder no concello era o Castelo de Amarante, unha boa mostra de que en Antas de Ulla, coma no resto da Ulloa, o poder civil era máis importante ca o relixioso. De feito, a Ulloa é a única comarca de Galiza na que acontece isto, xa que non atopamos nesta comarca ningún mosteiro, convento ou catedral, agás o antigo convento de Vilar de Donas en Palas de Rei.

Idade contemporánea

Até 1916 recibía simplemente o nome de Antas, pero nese ano pasou a ser chamado Antas de Ulla para distinguilo do concello de Antas (Almería).[10].

Cultura

Toponimia

O topónimo procede do nome común anta (dolmen ou menhir) combinado coa do río Ulla, que tamén lle dá nome á comarca da Ulloa onde está asentada. O rexistro máis antigo do topónimo Antas nun documento en galego data de 1390. Trátase dun foro do arquivo de Vilar de Donas en que se fai referencia ao actual Antas de Ulla como Sayoane das Antas[11], forma abreviada de San Xoán das Antas. A forma moderna, Seoane das Antas, rexístrase por primeira vez en 1473, nunha relación de bens do Tumbo de Pergamiño de Oseira[11]. Non se documenta nos textos medievais o topónimo Antas de Ulla, nome oficial do concello, da parroquia en que se atopa a súa capitalidade e dun dos lugares desa mesma parroquia[12].

Economía

A economía da zona baséase principalmente no sector primario, agricultura e gandería. O sector primario ocupa ó 60% da poboación. No sector gandeiro predomina a cabana vacún: a rubia galega para carne, e a raza frisoa na produción leiteira.

Os produtos elaborados máis coñecidos de Antas son:

  • O pan de Antas
  • O queixo da Ulloa
  • A carne

Ademais de ovos, castañas, cogomelos, espárragos e outros produtos da terra.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Antas de Ulla.
Fiestra absidal de Santa María de Arcos.
Fiestra absidal de Santa María de Arcos. 
Igrexa de San Miguel de Cervela.
Igrexa de San Miguel de Cervela. 
Porta Norte Igrexa S.Martiño do Carrasco.
Porta Norte Igrexa S.Martiño do Carrasco. 
Capela da Mercede na Ponte Mercé.
Capela da Mercede na Ponte Mercé. 
Columnas pórtico Igrexa de Peibás.
Columnas pórtico Igrexa de Peibás. 
Igrexa de Santa Mariña.
Igrexa de Santa Mariña. 
Cruceiro de Santa María de Alvidrón.
Cruceiro de Santa María de Alvidrón. 

Lugares de Antas de Ulla

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Antas de Ulla vexa: Lugares de Antas de Ulla.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Abadín". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ullán.
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  7. "Farelo (s.d.). En Enciclopedia Galega Universal Ir Indo. Vigo: Ir Indo.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2013.
  8. 8,0 8,1 8,2 "Antas de Ulla. (s.d.). Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2013.
  9. O Noso Patrimono, Antas de Ulla
  10. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
  11. 11,0 11,1 Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)
  12. "Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2014. Consultado o 03 de outubro de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Cervela, Antas de Ulla

San Miguel da Cervela é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 88 habitantes (47 mulleres e 41 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 112 habitantes.

Agüela, Antas de Ulla

San Mamede de Agüela é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 46 habitantes (27 mulleres e 19 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes.

Alvidrón, Antas de Ulla

Santa María de Alvidrón é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 46 habitantes (27 homes e 19 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación (Alvidrón, Feás e Mancegar), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 57 habitantes.

Antas de Ulla, Antas de Ulla

San Xoán de Antas de Ulla é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 703 habitantes (360 mulleres e 343 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 653 habitantes. Nela sitúase a vila de Antas de Ulla, capital do concello, que ten a súa orixe no núcleo de Seoane (antigo nome da capital).

Areas, Antas de Ulla

Santa Cristina de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 82 habitantes (49 mulleres e 33 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.

Barreiro, Antas de Ulla

San Cibrao de Barreiro é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 43 habitantes (21 mulleres e 22 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 67 habitantes.

Casa de Naia, Antas de Ulla

Santa María de Casa de Naia é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2011 tiña 135 habitantes (60 mulleres e 75 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 158 habitantes.

Cutián, Antas de Ulla

San Xoán de Cutián é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 31 habitantes (18 mulleres e 13 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 44 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 26 habitantes, sendo 12 homes e 14 mulleres.

Dorra, Antas de Ulla

Santiago de Dorra é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 135 habitantes (69 homes e 66 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 150 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 103 habitantes, sendo 47 homes e 56 mulleres.

Facha, Antas de Ulla

San Xiao de Facha é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Ten tres entidades de poboación Segundo o IGE en 2014 tiña 41 habitantes (16 homes e 25 mulleres), 29 menos ca en 2004 (42 mulleres e 28 homes), e 36 menos ca en 1999.

Olveda, Antas de Ulla

Santa María de Olveda é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 95 habitantes (49 mulleres e 46 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 92 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 66 habitantes, sendo 30 homes e 36 mulleres.

Queixeiro, Antas de Ulla

San Pedro de Queixeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 44 habitantes (25 mulleres e 19 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 55 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 33 habitantes, sendo 14 homes e 19 mulleres.

San Fiz de Amarante, Antas de Ulla

San Fiz de Amarante é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2014 tiña 87 habitantes (40 homes e 47 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.

San Martiño de Amarante, Antas de Ulla

San Martiño de Amarante é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 56 habitantes (32 homes e 24 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 52 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 64 habitantes, sendo 33 homes e 31 mulleres.

Santa Mariña do Castro de Amarante, Antas de Ulla

Santa Mariña do Castro de Amarante é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2011 tiña 112 habitantes (58 mulleres e 54 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 139 habitantes.

Terra Chá, Antas de Ulla

San Xurxo de Terra Chá é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 64 habitantes (36 homes e 28 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 67 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 61 habitantes, sendo 35 homes e 26 mulleres.

Vilanuñe, Antas de Ulla

San Salvador de Vilanuñe é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Ten unha única entidade de poboación.

Vilapoupre, Antas de Ulla

San Martiño de Vilapoupre é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 100 habitantes (59 homes e 41 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 78 habitantes, sendo 44 homes e 34 mulleres.

Árbol, Antas de Ulla

Santalla de Árbol é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 30 habitantes (18 homes e 12 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación (Randulfe e Funsín), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 41 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.