Antas, A Lama

Santiago de Antas é unha parroquia que se localiza na parte central do concello da Lama. Segundo o IGE en 2010 tiña 296 habitantes (131 homes e 165 mulleres), 27 menos ca en 1999.

Coordenadas: 42°24′32.98″N 8°25′33.86″O / 42.4091611, -8.4260722

Santiago de Antas
Antas
igrexa parroquial
ConcelloA Lama
Poboación218 hab. (2017)
Entidades de poboación12

Toponimia

O topónimo de Antas procede da voz latina anta 'marco', 'columna' e pode facer referencia a marcos de pedra para dividir leiras e outras propiedades. Noutra vía, podería proceder dos restos megalíticos existentes na parroquia, xa que sábese que os dolmens son chamados antas.[1]

Poboación

Ano Poboación (hab.) Variación
1999 323 -
2001 281 -13 %
2003 278 -1,07 %
2005 294 +5,76 %
2007 276 -6,12 %
2009 275 -0,36 %
2010 296 +7,64 %

A poboación está bastante repartida. A aldea máis poboada é Ramallal, con 74 habitantes.

Lugares e parroquias

Parroquias da Lama

Notas

  1. Morgade Martínez, X. C. (1995): A Lama. Os nomes dos lugares.

Véxase tamén

Outros artigos

Abelaído, Antas, A Lama

Abelaído é un lugar da parroquia de Antas no concello pontevedrés da Lama na comarca de Pontevedra. Segundo o INE en 2010 tiña 9 habitantes (3 homes e 6 mulleres). Este lugar esta a 4,5 quilometros da capital do concello.

O fitónimo Abelaído fai referencia á abundancia de abeleiras.

Manuel Gómez Durán

Manuel Gómez-Durán Martínez, nado en Antas (A Lama) o 27 de marzo de 1898 e finado en Madrid o 23 de febreiro de 1984, foi un médico cirurxián galego.

O Calvario, Antas, A Lama

O Calvario é un lugar da parroquia de Antas, no concello da Lama. Segundo o IGE, no 2010 vivían no lugar 30 persoas (15 homes e 15 mulleres), o que supón unha baixada do 33,33 % respecto a 1999, cando o lugar tiña 45 habitantes.

O Portamedos, Antas, A Lama

O Portamedos é un lugar da parroquia de Antas, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra.

Xosé Cerviño García

Xosé Cerviño García, tamén coñecido como o Mestre Cerviño ou, máis popularmente, como Pepe da Pena nado en Aguasantas, Cerdedo-Cotobade, o 23 de maio de 1843 e falecido no mesmo concello o 4 de xaneiro de 1922, foi un canteiro e escultor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.