Antón Villar Ponte

Antón Villar Ponte (tamén coñecido como Antón Vilar Ponte), nado en Viveiro o 2 de outubro de 1881 e finado na Coruña o 4 de marzo de 1936, foi un dos fundadores dunha das primeiras Irmandades da Fala e un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra. Estudou farmacia, aínda que exerceu tamén o xornalismo. A súa obra abrangueu varios eidos (novela, ensaio, conferencias, discursos etc) e especialmente a produción dramática, transmisora do ideario galeguista. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1977.[2]

Na súa traxectoria política foi un dos fundadores da ORGA (1929) e, como membro dela, foi elixido deputado da Federación Republicana Gallega pola provincia da Coruña nas eleccións de xuño de 1931. En 1934 incorporouse ao Partido Galeguista e volveu ser electo nas eleccións de febreiro de 1936 na candidatura da Fronte Popular, se ben non chegou a prometer o cargo nin presenciar o plebiscito do Estatuto de Galicia de xuño, pois morreu en marzo por mor dunha perforación gástrica.

Antón Villar Ponte
Detalle do Billete quilométrico de Villar Ponte co garimbo Cortes Generales. Arquivo RAG
Foi un dos intelectuais galegos máis destacados da súa época.
Nome completoAntón Villar Ponte [1][2][3][4][5][6][7][8][9]
Antón Vilar Ponte [10][11][12]
Nacemento2 de outubro de 1881
 Viveiro
Falecemento4 de marzo de 1936
 A Coruña
SoterradoCemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónXornalismo
CónxuxeMicaela Chao Maciñeira[13]
† 27/11/1928
FillosAntonio Villar Chao futbolista
María del Carmen Villar Chao
IrmánsRamón Villar Ponte
XénerosEnsaio, comedia, teatro
EstudosLicenciado en farmacia
OrganizaciónIrmandades da Fala
Sinatura de A. Villar Ponte
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1977.

Traxectoria

Dedicatoria autógrafa de Villar Ponte a Murguía, do libro Nuestra afirmación regional
Dedicatoria a Murguía no libro Nuestra afirmación regional, 1916.

Pertencente a unha familia de clase media e ideoloxía monárquico-conservadora, estudou nos institutos de Lugo e Santiago[10] e fundou o semanario republicano Nueva Brisa en 1899.[9] Durante a súa carreira participou no movemento republicano e colaborou en El Combate. Licenciouse en farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1901 e dende ese ano rexentou unha botica en Foz. Alí dirixiu o periódico El Automóvil, fundou ¡Guau... Guau! e colaborou en La Idea Moderna. Actuou como secretario do comité republicano que presidía Manuel Leiras Pulpeiro en Mondoñedo e colaborou esporadicamente coa Revista Gallega de Galo Salinas.

Placa en homenaxe ás Irmandades da Fala na Coruña
Fundouse aquí…. Placa na Coruña.

En 1906 marchou a Madrid onde se adicou ao xornalismo, ingresando na redacción do republicano El País. En 1907 foi redactor da coruñesa Tierra Gallega. Emigrou a A Habana en maio de 1908, onde tamén traballou en diarios e revistas como Follas Novas e dirixiu a revista Alma Gallega en 1910. Foi nomeado secretario da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. En Cuba contactou con Ramón Cabanillas.

En 1910 volveu a Galiza, establecéndose na Coruña con botica aberta en Monelos, chegando mesmo a ser parte da directiva provincial do Colexio Farmacéutico en 1926. Colaborou nas páxinas de varios xornais e revistas: Germinal, La Voz de Galicia (1911-1917) que o envía a cubrir a información da revolución portuguesa, Nós (dende 1920), El Pueblo Gallego, El Noroeste, Galicia. Diario de Vigo, Alborada de Pontevedra, Alborada de Monforte de Lemos, Claridad, O Irmandiño, Mi Tierra, El Agrario Barcalés, Faro Villalbés, Ser, El Momento, El Heraldo Gallego, Mariñana, Céltiga..., que foron a palestra dende a que espallou o seu ideario.

Relacionouse con Rodrigo Sanz e Aurelio Ribalta. Ribalta realizara en 1915 un chamamento dende a revista Estudios Gallegos para defender a lingua galega. O 5 de xaneiro de 1916 Antón Villar Ponte recolleu a chamada de Aurelio Ribalta e comezou dende as páxinas de La Voz de Galicia unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego e en marzo publicou o folleto Nacionalismo gallego (Apuntes para un libro). Nuestra afirmación regional, no que volve sobre a cuestión da defensa, dignificación e fomento do uso da lingua galega.

O 18 de maio de 1916, Villar Ponte convocou unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega na Coruña, á que asistiron arredor de vinte persoas, entre as que se encontraban Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde, Uxío Carré Aldao, Luís Porteiro Garea, Francisco Tettamancy e Ramón Villar Ponte, irmán de Antón, entre outros. Nesta xuntanza acordouse a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala, que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua galega, e nomeouse a Antón Villar Ponte como Primeiro Conselleiro. Canda Lois Peña Novo e Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte dirixiu o voceiro escrito das Irmandades da Fala, A Nosa Terra, que apareceu en novembro de 1916.

Presidiu a Asociación da Prensa Coruñesa. En 1919 colaborou na formación do Conservatorio Nazonal de Arte Galego, que traduciu autores estranxeiros ao galego.[2] Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e membro de número da Real Academia Galega, a proposta de Eladio Rodríguez González, Félix Estrada Catoyra e Francisco Ponte Blanco, lendo o discurso de ingreso, O sentimento liberal na Galiza,[15] con limiar de Sebastián Martínez-Risco e resposta de Otero Pedrayo, en xullo de 1934, publicado por primeira vez en 1977 nos obradoiros tipográficos da Editorial Moret, na Coruña.[16] Moitas das súas propostas (inseridas no traballo das primeiras Irmandades da Fala), foron posteriormente asumidas por símbolos do galeguismo como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Amosouse partidario de colaborar, como o resto da ING, coa ditadura de Primo de Rivera e aceptou entrar o 7 de febreiro de 1924 no concello da Coruña como concelleiro en calidade de directivo da Reunión de Artesáns. As Irmandades da Fala da Coruña criticaron con dureza esa súa decisión e finalmente a súa oposición a devolverlle a xestión das institucións de beneficiencia á igrexa católica levou á súa renuncia o 18 de marzo desa ano e a opoñerse á ditadura, mesmo chegou a estar arrestado por artigos contrarios á ditadura en maio de 1926 e mais en xaneiro de 1927. Na súa traxectoria política foi un dos fundadores da ORGA (1929) e, como membro dela, foi elixido deputado da Federación Republicana Gallega pola provincia da Coruña nas eleccións de xuño de 1931. En 1934 incorporouse ao Partido Galeguista e volveu ser electo nas eleccións de febreiro de 1936 na candidatura da Fronte Popular, mais non chegou a prometer o cargo nin presenciar o plebiscito do Estatuto de Galicia de xuño, pois morreu en marzo por mor dunha perforación gástrica.[10]

Ideario

O traballo e as reflexións de Villar Ponte contextualízanse nun momento de desenvolvemento intelectual e estético en toda Europa, e que en Galiza coincidiu co agromar de dúas posturas enfrontadas no seo do galeguismo. Dunha banda, a corrente culturalista (de dereitas, personificada por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas) e, da outra, a máis activista politicamente (de esquerdas, con Manuel Lugrís Freire, Uxío Carré Aldao ou Víctor Casas).

Villar Ponte foi parte deste segundo grupo, xuntamente con Xoán Vicente Viqueira. A súa propia visión do nacionalismo galego inclúeo dentro desta corrente, pois defendeu construír os sistemas políticos desde a racionalidade e desde o servizo ás persoas, xa que consideraba as persoas de forma individual e non como ente abstracto (contrariamente do que defendían os culturalistas).

Igualmente, prescindiu das paixóns e apelaba á racionalidade. Estes razoamentos, en principio críticos co nacionalismo galego, utilizounos contra o nacionalismo español:

Céltiga Antón Villar Ponte Almas Mortas facsímile
Portada dunha edición facsimilar de Almas mortas.

Segundo Villar Ponte, os sistemas sociais constrúense historicamente pola humanidade, co que acontecería o mesmo cos conceptos nación e estado: se os constrúen os seres humanos, non son realidades eternas nin feitos que determinen ou deban determinar, en principio, unha imposición moral para as persoas. Este punto de vista bate frontalmente co tipo de discurso historicista que predominaba nos nacionalismos do século XIX e de comezos do XX.

Obra bibliográfica

Ensaio

  • Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional (1916)[18]
  • Os nosos valores (1920). Conferencia lida na Sociedade Económica de Santiago, publicada en A Nosa Terra, nº 120.[19]
  • Do cosmopolitismo, do universalismo e da mansedume galega (1921), traballo lido na "Oliva" de Vigo, A Nosa Terra nº 139.[20]
  • "Preludio cordial" en Abellas de ouro de Xosé Lesta Meis, Nós, 1930.
  • O sentimiento liberal na Galiza, discurso de ingreso na RAG en 1934.[15]

Teatro

O Mariscal traxédia histórica en verso por Ramon Cabanillas e Antonio Villar Ponte, dibuxos de Cebreiro, ediciós Lar
O Mariscal.
  • Do caciquismo: A patria do labrego (1905)[21]
  • Da superstición. Entre dous abismos (1920)[22]
  • Da emigración: Almas mortas: novela dialogada cómico tráxica en tres estancias (Céltiga, 1922), ilustrada por Camilo Díaz Baliño.[23]
  • O Mariscal (1926). Canda Ramón Cabanillas, con debuxos de Álvaro Cebreiro. Ediciós Lar.[24]
  • Teatro galego: tríptigo (Nós, 1928). Inclúe: Do caciquismo: a patria do labrego; Da emigración: almas mortas e Da superstición: entre dous abismos.
  • Os evanxeos da risa absoluta: anunciación do antiquixote. Folk-drama da sinxeleza campesina. Ilustracións de Castelao (Nós, 1934).
  • Nouturnio de medo e morte, bárbara anécdota realista en dous tempos (sin literatura) que puido andar nos romances dos cegos (Nós, 1935)[25]
  • A festa da malla. Ed. de Dolores Vilavedra et al. Col. Os libros do Centro Dramático Galego (1997, Xerais). ISBN 978-84-8302-100-2.[26]
  • Xuana de Vega ou "Os mártires": dúas versións dunha obra inconclusa de Antón Vilar Ponte. Ed. de Ernesto Vázquez Souza. Laiovento, 2001.

Amais, traduciu obras clásicas de William Shakespeare ou Molière.[11]

Escolmas e estudos

Galería de imaxes

Véxase tamén: Galería de imaxes de grupo de personalidades de Galicia.
Antón Villar Ponte foi o animador de toda unha xeración.
Antón Villar Ponte foi o animador de toda unha xeración.[32] 
Carné das Irmandades da Fala asinado por A. Villar Ponte.
Carné das Irmandades da Fala asinado por A. Villar Ponte. 
Carta de Villar Ponte a Bernardino Machado.
Carta de Villar Ponte a Bernardino Machado. 
Nun acto de homenaxe a Pondal no centenario do seu nacemento.
Nun acto de homenaxe a Pondal no centenario do seu nacemento. 
Placa na casa natal de Antón e Ramón Villar Ponte en Viveiro.
Placa na casa natal de Antón e Ramón Villar Ponte en Viveiro. 
A. Villar Ponte na Coruña, en 1927, con Álvaro Cebreiro, Bernardino Machado e as fillas deste.
A. Villar Ponte na Coruña, en 1927, con Álvaro Cebreiro, Bernardino Machado e as fillas deste. 

Notas

  1. Adoitaba asinar «A. Villar Ponte». Hemeroteca Virtual da RAG
  2. 2,0 2,1 2,2 "Figuras homenaxeadas. Antón Villar Ponte". Real Academia Galega.
  3. "Membros da Academia. Antón Villar Ponte". Real Academia Galega.
  4. "Villar Ponte, Antón". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e Ediciós do Castro. 2006. p. 2181.
  5. "Villar Ponte, Antón". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. p. 390-391. ISBN 84-7680-288-9.
  6. "Villar Ponte, Antón". Diccionario enciclopédico galego universal 59. Ir Indo para La Voz de Galicia. p. 99. ISBN 84-7680-429-6.
  7. "Villar Ponte, Antón". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo. pp. 314–315.
  8. Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da Literatura Galega (2ª ed.). Vigo: Galaxia. pp. 174–176.
  9. 9,0 9,1 Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et al (1995). Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores), pp. 617-618. Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
  10. 10,0 10,1 10,2 Monterroso Devesa, X. M.; Baramendi, X. et al.: "Vilar Ponte, Antón" na GEG.
  11. 11,0 11,1 Gómez Sánchez, A.; Queixas Zas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). A Nosa Terra. pp. 229, 232–233. ISBN 84-95350-79-3.
  12. Antón Vilar Ponte. Biblioteca Virtual Galega Universidade da Coruña.
  13. Ínsua López, E. X. (2004). Antón e Ramón Villar Ponte. Unha irmandade alén do sangue Cadernos Ramón Piñeiro, VII. CIRP.[1]
  14. "Dúas entrevistas...". Factoría Ronsel. 27 de marzo de 2014.
  15. 15,0 15,1 "O sentimento liberal na Galiza, discurso lido o día 24 de xullo de 1934 no acto da súa recepción..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015.
  16. "Dossier de prensa do ingreso de Antón Villar Ponte e Alfonso Rodríguez Castelao..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2015.
  17. "Discursos a nazón galega", en A Nosa Terra, nº 75, 15 de decembro de 1918, p. 4.
  18. Na web da RAG
  19. 19,0 19,1 Escolma de textos do libro Pensamento e sementeira, Terra e Tempo, 18 pp
  20. Hemeroteca da Deputación de Pontevedra.
  21. Ficha dunha edición de A patria do labrego (Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia, 2002) en Google Books.
  22. Entre dous abismos Biblioteca Virtual Galega.
  23. Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4.
  24. Ínsua López, E. X. (2005). Sobre 'O Mariscal', de Cabanillas e Villar Ponte. UDC. ISBN 84-9749-144-0.
  25. Nouturnio de medo e morte, bárbara anécdota realista en dous tempos...
  26. A festa da malla na Biblioteca Nacional de España.
  27. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.
  28. "Pensamento e sementeira. Leiciós de patriotismo galego. Imaxe da portada". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 22 de setembro de 2015.
  29. Imaxe da portada de Castelao, Otero Pedrayo, Suárez Picallo, Villar Ponte. Discursos Parlamentarios (1931-1933).
  30. Imaxe da portada de Xuana de Vega ou «Os mártires».
  31. Imaxe da portada de 100 Artigos de Antón Villar Ponte
  32. High-contrast-camera-video.svg Ledo Andión, Margarita: "1977" 1'32'', YouTube.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

2 de outubro

O 2 de outubro é o 275º día do ano do calendario gregoriano (276ºnos anos bisestos). Quedan 90 días para finalizar o ano.

A Nosa Terra (1916)

A Nosa Terra foi o voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936). Editouse integramente en galego e foi fundamental para o espallamento do ideal galeguista, así como para o achegamento a outras nacións. Publicáronse en total 422 números.

Abellas de ouro

Abellas de ouro é un libro de Xosé Lesta Meis, publicado por primeira vez en 1930, pola Editorial Nós, con prólogo de Antón Villar Ponte e portada de Álvaro Cebreiro.

Alejandro Barreiro Noya

Alejandro Barreiro Noya, nado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1874 e finado na Coruña o 22 de novembro de 1948, foi un escritor e xornalista galego.

David Fernández Diéguez

David Fernández Diéguez, nado na Coruña o 11 de outubro de 1875 e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1936, foi un matemático galego.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Ediciones Galicia

Ediciones Galicia foi unha editorial galego-arxentina, do Centro Gallego de Buenos Aires.

El Norte de Galicia

El Norte de Galicia foi un xornal que se editou en Lugo entre 1901 e 1923.

Eladio Rodríguez González

Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio o 24 de xullo de 1864 e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Galeguismo (política)

O galeguismo é unha ideoloxía política de tipo nacionalista que ten como obxectivo a soberanía de Galiza mediante a creación de institucións propias.[Cómpre referencia]

Gonzalo López Abente

Gonzalo Francisco López Abente, nado en Muxía o 24 de marzo de 1878 e finado na mesma vila o 23 de xullo de 1963, foi un escritor en lingua galega que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, baseando na Costa da Morte boa parte da súa obra. Dirixiu a Irmandade da Fala de Muxía. En 1971 foi homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala. foi unha organización nacionalista galega activa entre 1916 e 1931. Coas Irmandades da Fala, o movemento galeguista asumiu por vez primeira o monolingüismo en galego.

La Zarpa

La Zarpa foi un diario agrarista que se publicou en Ourense entre 1921 e 1936. Fundouno o crego e xornalista Basilio Álvarez o 27 de xullo de 1921 e foi dirixido, entre outros, por Antonio Buján, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Colaboraron no xornal, entre moitos outros, Ramón Cabanillas, Manuel Lustres Rivas, Ramón Fernández Mato, Xaime Quintanilla Martínez, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Villar Ponte e Antonio Rey Soto.

Manuel Lugrís Freire

Manuel Lugrís Freire, nado en Sada o 11 de febreiro de 1863 e finado na Coruña o 15 de febreiro de 1940, foi un poeta, ensaísta e dramaturgo galeguista, un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do século XX. Fundou o primeiro periódico americano redactado en lingua galega. Foi director ou cofundador da Escola Rexional de Declamación, da Real Academia Galega, do sindicato Solidaridad Gallega, das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista e membro do Seminario de Estudos Galegos. Foi pai do pintor Urbano Lugrís González. En 2006 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

O Mariscal

O Mariscal é unha obra teatral de intención política escrita por Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte, baseada na vida de Pardo de Cela. Se ben o primeiro manuscrito está datado en Mos en 1920, foi publicada pola editorial Lar en 1926, con debuxos de Álvaro Cebreiro.

Pacto de Barrantes

O pacto de Barrantes ou compromiso de Barrantes fai referencia ó acordo concertado o 25 de setembro de 1930 entre varias figuras do galeguismo (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo) e do republicanismo da época (Santiago Casares Quiroga, Antón Villar Ponte, Manuel Portela Valladares) no pazo de Barrantes (Ribadumia, Pontevedra).

Pangaleguismo

O pangaleguismo é o pensamento a prol da unión dos galegos con independencia da súa residencia ou non en Galiza. A palabra foi acuñada en 1918 no contexto da Irmandades da Fala por Antón Villar Ponte e o concepto veu sendo empregado por diversos intelectuais galegos desde entón. Fai referencia á cuestión da dualidade da identidade galega (Galiza + diáspora galega) e ten de ver con outras como a galaicidade (termo acuñado por Valentín Paz-Andrade) ou galeguidade (no senso que lle daba Ramón Otero Pedrayo), a galusofonía a Galiza Mundial e na acepción de Antón Villar Ponte refírese á consolidación nacional e mais á expansión internacional da identidade galega: pangaleguismo quer dicir defensa das formas e valores da conciencia cívico-cultural galega dentro e fóra dos lindeiros da Galiza territorial.Tamén existe unha acepción cunha connotación máis limitada pola que o Pangaleguismo que consisite en incorporar Portugal no deseño político futuro do nacionalismo galego.

Ramón Villar Ponte

Ramón Villar Ponte,

(tamén coñecido como Ramón Vilar Ponte) nado en Viveiro o 10 de xullo de 1890 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1953, foi un dos máis importantes ensaístas das Irmandades da Fala, xunto ao seu irmán Antón.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.